A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de
transferencia de competencias á Comunidade Autónoma
de Galicia, transfírelle a competencia exclusiva en materia
de espectáculos públicos, sen prexuízo da
competencia estatal sobre seguridade pública, de acordo co
artigo 149 da Constitución española.
O Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, recolle o traspaso de
funcións e servizos da Administración do Estado
á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de
espectáculos públicos.
Polo Decreto 336/1996, do 13 de setembro, a comunidade
autónoma asume as funcións e servizos transferidos en
materia de espectáculos públicos, e procede a
asignarlle as ditas funcións á Consellería de
Xustiza, Interior e Relacións Laborais, que actualmente son
desempeñadas pola Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade
co previsto no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se
establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.
Actualmente en Galicia, en materia de persoal controlador de
acceso, continúa vixente o Real decreto 2816/1982, do 27 de
agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral de policía de
espectáculos públicos e actividades recreativas que,
no seu artigo 60, fai só unha referencia xenérica
á posibilidade de que os porteiros impidan a entrada ou
permanencia dos menores de dezaseis anos en determinados
establecementos ou espectáculos públicos.
A actividade de control de acceso a establecementos de
espectáculos públicos e actividades recreativas debe
exercerse en condicións de máximo respecto e
garantía para as persoas clientes, de tal xeito que en todo
momento queden salvagardados os seus dereitos como usuarios/as e
garantido o libre acceso en condicións de igualdade e non
discriminación. Para alcanzar esta finalidade é
requisito básico que o persoal encargado desta
función conte coa capacitación, formación e
habilitación precisas para desenvolver as súas
tarefas no respecto aos dereitos e garantías expostos.
En consecuencia, cómpre superar a inseguridade
xurídica que xera o baleiro normativo actual e, ademais
diso, faise necesario regular a actividade de control de acceso por
dúas razóns inaprazables: a primeira, para dar
resposta á lexítima reivindicación que
manteñen as persoas representantes dos sectores implicados
sobre a urxente ordenación dos requisitos de
capacitación e funcións do persoal encargado destas
tarefas para alcanzar a súa profesionalización; e, a
segunda e principal, porque esta regulación é
demandada pola...