Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 251 de 12 de julio de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...io de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 251 de 12 de julio de 2023

Tiempo de lectura: 27 min

Tiempo de lectura: 27 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 12/07/2023

Num. Resolución: 251


Cuestión

Revisión de oficio

Resumen

Revisión de oficio dos expedientes sancionadores SCOVID/SOTUOMAIOR/0048 e SCOVID/SOUTOMAIOR/0051 seguidos fronte ao señor C.

Organismo:

Concello de Soutomaior (Pontevedra)

Letrado:

Oreiro Romar

Propuesta:

Desestimatoria

Conclusion:

Desfavorable

Relator:

Martínez Yáñez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data do 15.6.2023, emitiuse informe proposta da Asesoría Xurídica do Concello de Soutomaior, validado o 22.6.2023 polo secretaria interventora municipal, como consecuencia das queixas formuladas por C. á Valedora do Pobo en relación con

dúas multas impostas durante o estado de alarma.

En esencia, o informe analiza a legalidade das multas impostas ao señor C. como consecuencia do non uso da máscara durante

o estado de alarma decretado pola crise sanitaria provocada polo virus COVID-19, ?sen que se aprecen razóns, nin xustificación suficiente, para a incoación de expediente revisorio?, propoñendo ?dar traslado ao Consello Consultivo de Galicia da presente resolución como resposta razoada a petición de avaliación de revisión

dos expedientes sancionadores incoados a D. C. en materia de infracción da normativa de saúde pública, non entendendo a concorrencia

os presupostos legais para a incoación de oficio dos expedientes finalizados polos motivos indicados?.

2.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor alcalde do concello

de Soutomaioir, tendo entrada neste organismo con data 5.7.2023.

3.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer dos procedementos de revisión de oficio nos termos establecidos

nos artigos 12.f) da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia e 17.a) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño,

polo que se aproba o seu Regulamento de organización e funcionamento deste órgano consultivo, preceptos ambos os dous que

establecen a preceptividade do ditame deste órgano nos supostos de revisión de oficio dos actos administrativos, en canto

garantía de preservación da seguridade xurídica e de suxeición a dereito da actuación administrativa.

Segunda.

O exercicio da potestade revisora require unha adecuada e inescusable formalización, así como o escrupuloso acomodo a un procedemento

do que os preceptos legais dan esencial razón en canto aos seus trámites fundamentais, o que garda directa relación coa configuración

do procedemento administrativo como instrumento de garantía da legalidade e dos dereitos da cidadanía.

Cómpre tamén lembrar que é cita comunmente admitida a de que a revisión de oficio dos actos administrativos constitúe unha

fórmula privilexiada e excepcional, en canto actividade que ten por fin privar de toda eficacia actos administrativos mediante

un unilateral pronunciamento do órgano administrativo competente e sen acudir ao proceso contencioso-administrativo.

Conflúen así na revisión de oficio valores contrapostos provenientes, por unha banda, do principio de seguridade xurídica,

e, por outra, do principio de legalidade, pois mediante a revisión de oficio a Administración expulsa do mundo do Dereito

algún acto administrativo que, por expresa previsión legal, goza do reforzo da presunción de axuste á legalidade. Mais non

todas as infraccións susceptibles de provocar a anulación dun acto administrativo, mediante o exercicio das vías ordinarias

de impugnación, poden ser esgrimidas nesta vía excepcional da revisión de oficio. Antes ben, esta só procederá nos supostos

nos que o acto se atope viciado por algunha das causas de nulidade previstas no artigo 47.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,

do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), considerando ademais que aquelas causas

deben ser apreciadas con cautela e prudencia, sen que poidan ser obxecto de interpretación extensiva, tendo en conta o carácter

extraordinariamente restritivo que no noso Dereito Administrativo ten a nulidade de pleno dereito (CCG 193/2022).

En suma, a revisión de oficio reviste un carácter excepcional de modo que ?únicamente debe ser utilizada cuando realmente se detecten vicios que hagan precisa la retirada del acto del mundo jurídico?

(sentenza do Tribunal Supremo do 2.2.2017, rec. 91/2016, e as sentenzas que nela se citan).

Finalmente, a declaración de nulidade de pleno dereito, conforme coa previsión contida no artigo 47 da LPAC, outorga ao ditame

o carácter de preceptivo e habilitante, tal e como así resulta do artigo 106 do mesmo texto legal, cando para esta vía revisora

esixe se emita previo e favorable ditame do Consejo de Estado ou órgano consultivo da Comunidade Autónoma.

Terceira.

Trasladando o exposto na consideración anterior ao asunto agora sometido a ditame, podemos ver que a petición de ditame non

se axusta aos parámetros indicados.

Por unha banda, non se tramitou ningún tipo de procedemento para o exercicio da potestade de revisión. Neste sentido, o Tribunal

Supremo, na recente sentenza do 24.2.2021, rec. 8075/2019, ten salientado que o procedemento de revisión de oficio é un procedemento

especial polo seu carácter extraordinario que, no non previsto de maneira especial na súa específica regulación contida no

capítulo I do título V da LPAC, debe rexerse polos principios xerais do procedemento administrativo previstos na mesma LPAC.

En concreto, non se observou o trámite cualificado da audiencia (CCG 234/2021)*, pero por enriba desta omisión, o certo é

que non consta acordo de incoación do procedemento de revisión, nin a solicitude que, se é o caso, tería formulado o particular,

con indicación da causa concreta de nulidade de pleno dereito invocado, dentro das previstos no citado artigo 47 do LPAC.

* CCG 234/2021:

?Un dos principios xerais do procedemento administrativo é o principio de contradición, debendo o órgano instrutor adoptar

as medidas necesarias para lograr o pleno respecto a este principio, tal e como prescribe o artigo 75.4 da LPAC.

Unha das manifestacións do dito principio, ademais de esixencia de dimensión constitucional conforme o artigo 105.c) da Constitución

española, é o trámite de audiencia á persoa interesada nun procedemento administrativo, actualmente regulado no artigo 82

da LPAC. Este precepto sitúa o trámite de audiencia tras a finalización da instrución do procedemento e antes da redacción

da proposta de resolución, fixando unha duración mínima de dez días e prevendo que só poderá prescindirse de tal trámite cando

non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas

polo interesado.

Respecto do contido e da finalidade deste trámite, este órgano consultivo ten salientado (por todos, acordos de devolución

CCG 67/2021 e CCG 226/2021) que a audiencia implica necesariamente, segundo se desprende do artigo 82, números 1 e 2, da LPAC:

a) a posta de manifesto do expediente á persoa interesada que leva consigo?.

Por outra banda, polo teor do informe proposta poderíase entender que o Concello considera conveniente inadmitir a solicitude,

posibilidade prevista no artigo 106.3 da LPAC. En virtude deste precepto, o órgano competente para a revisión de oficio poderá

acordar motivadamente a inadmisión a trámite das solicitudes formuladas polos interesados, sen necesidade de pedir ditame

do Consello Consultivo, cando estas non se baseen nalgunha das causas de nulidade do artigo 47.1 ou carezan manifestamente

de fundamento.

De acordo co exposto, a inadmisión pode acordarse sen necesidade de realizar ningún trámite e, en particular, sen necesidade

de solicitar o ditame deste órgano consultivo.

En definitiva, o Concello debe aclarar e expresar inequivocamente a súa vontade, ben para admitir, en cuxo caso debe tramitar

un procedemento de revisión de oficio e ditar resolución sobre o fondo do asunto, ou ben, en caso contrario, para inadmitir

a eventual solicitude do interesado mediante resolución motivada do órgano competente se entende que se cumpren os requisitos

necesarios para iso. Neste último caso, e de conformidade co citado artigo 106.3 da LPAC, non será necesario solicitar ditame

deste órgano consultivo, en tanto que carece de competencia para pronunciarse sobre este tipo de decisións.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de resolución á que o presente expediente se refire?

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Ley 39/2015 (LPACAP) para estudiantes y opositores
Disponible

Ley 39/2015 (LPACAP) para estudiantes y opositores

Editorial Colex, S.L.

8.50€

8.07€

+ Información

Estudios constitucionales sobre la pandemia
Disponible

Estudios constitucionales sobre la pandemia

Ignacio Álvarez Rodríguez

17.00€

16.15€

+ Información

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)
Disponible

Doctrina de los Consejos Consultivos de España (año 2021)

Consejo Consultivo de Andalucía

29.75€

28.26€

+ Información

Revisión de actos en vía administrativa
Disponible

Revisión de actos en vía administrativa

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información