Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 259 de 30 de agosto de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...to de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 259 de 30 de agosto de 2023

Tiempo de lectura: 48 min

Tiempo de lectura: 48 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 30/08/2023

Num. Resolución: 259


Cuestión

Recurso administrativo de revisión

Resumen

Recurso extraordinario de revisión interposto por G. contra a resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 28.4.2023, na que se lle denega unha axuda para unha mobilidade complementaria á achegada pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+ para o alumnado do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Organismo:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia)

Letrado:

Blanco Serrano

Propuesta:

Estimatoria

Conclusion:

Favorable

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Por resolución do 28.4.2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11.5.2023, se adxudican as axudas da mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus

+, para o alumnado das universidades públicas de Galicia.

Nesta resolución figura denegada a solicitude de G. por ?Non se axusta ás bases da convocatoria?.

De acordo co indicado pola Universidade de Vigo no procedemento:

?O alumno G. matriculado na Universidade de Vigo no Grao en Enfermaría foi seleccionado no marco da convocatoria Erasmus+

Estudos para cursar o primeiro cuadrimestre do curso 2022-23 na Escola Superior de Enfermagem de Coimbra. Finalizado o seu

período de estudos en decembro de 2022, presentou na Oficina de Relacións Internacionais unha certificación de estadía final,

xustificando dous meses de estadía. Por este motivo, trala publicación da convocatoria de axudas complementarias da Xunta

de Galicia en xaneiro de 2023, desde a ORI certificamos unha estadía de dous meses á Xunta de Galicia?.

2.- Con data 28.6.2023 G. presenta recurso extraordinario de revisión fronte á Resolución citada sinalando:

?Un error con la documentación requerida para cumplir los requisitos, esta figura con una duración de la movilidad inferior

a la real. En el documento de fin de estadía consta una duración de dos meses, de 17 de octubre al 16 de diciembre de 2022.

Tras ponerme en contacto con la universidad de destino, esta ha corregido el error y ha envíado el nuevo documento corregido,

donde constan las fechas, de 15 de septiembre al 16 de diciembre de 2022, cumpliendo con la estancia mínima requerida para

la ayuda (3 meses)?.

Co recurso xunta certificación da Universidade de Coimbra, do 19.6.2023, na que figura unha duración da estadía do 15.9.2022 ao 16.12.2022 (tres meses e dous días).

3.- Instruído o correspondente procedemento administrativo consta no expediente remitido a este Consello Consultivo informe da

Subdirección Xeral de Universidades do 20.7.2023.

4.- Con data 31.7.2023 se formula proposta de resolución en sentido estimatorio do recurso de revisión presentado nos seguintes termos:

?Estimar o recurso extraordinario de revisión interposto por G. contra a resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación

Profesional e Universidades de 28 de abril de 2023, na que se lle denega unha axuda para unha mobilidade complementaria á achegada pola Unión Europea no marco do programa comunitario

Erasmus+ para o alumnado do Sistema universitario de Galicia (SUG) que participa en Erasmus Estudos no curso 2022/23.

Conceder a G., con NIF, unha subvención de 995? por unha estadía en Portugal de 3 meses e 2 días.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado

do contencioso administrativo correspondente, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa recepción,

de conformidade co disposto polo artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa?.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, tendo entrada neste organismo con data 3.8.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia resulta competente para a emisión do ditame solicitado, de acordo co artigo 12.f) da Lei

3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado

polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, ao tratarse dun expediente relativo a un recurso extraordinario de revisión.

O ditame ten carácter preceptivo, de acordo co estipulado na citada norma.

Segunda.

O recorrente está lexitimado para intervir no procedemento tendo en conta que resulta ser o suxeito directamente afectado

pola resolución adoptada que deu fin á vía administrativa.

O recurso foi presentado en prazo, atendendo á dicción do artigo 125.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (en diante, LPAC), que establece o prazo de tres meses a contar á data dende o coñecemento

dos documentos.

Terceiro.

Como reiteradamente vén sinalando este Consello Consultivo, recollendo a máis consolidada doutrina e xurisprudencia, o recurso

de revisión é unha vía excepcional fronte a certos actos que adquiriron firmeza, ao que só cabe acudir cando concorra algunha

das circunstancias taxadas previstas legalmente, recollidas hoxe no artigo 125.1 da LPAC.

Conseguintemente, o recurso de revisión non é un instrumento apto para corrixir eventuais apreciacións máis ou menos rigorosas

nas que, potencialmente, puidera ter incorrido unha resolución, xa que tales supostos teñen que ser canalizados por outras

vías revisoras. Neste sentido, podemos facer referencia á sentenza do Tribunal Supremo do 16.3.2004, recurso de casación núm.

7301/1999:

?El recurso de Revisión supone una excepción a los efectos típicos de la firmeza de los actos administrativos y con ello del

principio de seguridad jurídica, por razones de justicia. Dado el carácter excepcional del recurso, únicamente puede fundarse

en alguna de las causas tasadas en la norma, que deben ser interpretadas en forma restrictiva ?STS de 17 de julio de 1981,

9 de octubre de 1984, 26 de septiembre de 1988 y 6 de julio de 1998?. Así, por todas, la STS de 26 de septiembre de 1988,

razona que ?dada la naturaleza extraordinaria del recurso de revisión, han de examinarse con estricto rigor los elementos

determinantes del mismo, limitando su alcance a los casos taxativamente señalados por la ley y al contenido de los mismos,

sin que sea lícito ampliarlos, ni en su número, ni en su significado, por interpretación o consideraciones de tipo subjetivo??.

Ou á sentenza do Tribunal Supremo do 25.5.2015 (recurso de casación núm. 519/2013), que ratifica pronunciamentos anteriores

da sala terceira:

?El recurso extraordinario de revisión previsto en el artículo 118 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, es un recurso excepcional

que, aparte de una interpretación estricta de los motivos invocados -sólo los enumerados en dicho precepto-, impide examinar

cuestiones que debieron invocarse en la vía de los recursos ordinarios o en el jurisdiccional contra el acto que puso fin

a la vía administrativa, pues lo contrario atentaría contra la seguridad jurídica, dejando en suspenso sine die la firmeza

de los actos administrativos, a la vez que permitiría soslayar la vía de los recursos ordinarios, por lo que no cabe la admisión

de argumento alguno de los contenidos en la demanda que suponga el examen, más allá de los motivos específicos invocados en

el recurso extraordinario, de la concurrencia de otras posibles circunstancias que pudieran afectar a la situación de los

recurrentes en este tipo de recursos?.

Por maior abastanza, tamén a consolidada doutrina do Consejo de Estado (ad exemplum, no seu ditame 953/2008, do 10 de xullo):

?Este Consejo de Estado viene sosteniendo que el recurso extraordinario de revisión es una vía excepcional que procede exclusivamente

en una serie de supuestos tasados, objeto de interpretación estricta, sin que pueda convertirse en una vía ordinaria de impugnación

de los actos administrativos. Ello explica, además, los muy rigurosos requisitos procedimentales que impone esta vía extraordinaria,

entre ellos el dictamen preceptivo de este Consejo de Estado?.

Como tal medio de impugnación extraordinario, debe considerarse como condición legal (conditio iuris) de admisibilidade do recurso a invocación dunha causa legal taxada, na medida na que é extraordinario, e precisamente baixo

esa cualificación singular, é de todo punto necesaria a concreción e explicitación dun alicerce específico lexitimador, para

non provocar que resten na vía administrativa expedientes ordinarios que xa esgotaron esa canle e deberían, en boa técnica,

acceder, en condicións normais, á vía xurisdicional contencioso-administrativa. No caso que nos ocupa, o interesado recorrente

invoca expresamente as causas referidas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, normativa derrogada no momento dos feitos, se ben as súas previsións se corresponden

co vixente art. 125 da LPAC, que regula as circunstancias nas que pode fundamentarse o recurso de revisión, polo que, con

independencia da errónea cita normativa, resulta clara a causa na que o interesado fundamenta o seu recurso.

Cuarta.

No presente caso, o señor G. presenta recurso extraordinario de revisión fronte a resolución de data 28.4.2021 que derrogou

a súa solicitude de axuda á mobilidade do programa Erasmus+.

Sinala o recurso que a duración da mobilidade que se tivo en conta para desestimar a súa solicitude era inferior á real, erro

que acredita mediante a achega dunha certificación da Universidade de Coimbra de data 19.6.2023.

Deste xeito, o interesado vén a fundamentar o recurso extraordinario de revisión na causa sinalada no artigo 125.1, letra

b) da LPAC, consonte co que:

?1. Contra os actos firmes en vía administrativa poderá interporse o recurso extraordinario de revisión ante o órgano administrativo

que os ditou, que tamén será o competente para a súa resolución, cando concorra algunha das circunstancias seguintes:

(...)

b) Que aparezan documentos de valor esencial para a resolución do asunto que, aínda que sexan posteriores, evidencien o erro

da resolución impugnada?.

Para que esta circunstancia poida aducirse no recurso haberá de interpoñerse no prazo de tres meses dende o coñecemento dos

documentos, como así resulta neste caso en que a certificación é de data 19.6.2023 e o recurso foi presentado o 28.6.2023.

Os propios termos do precepto apuntan á idea de que os documentos susceptibles de incluírse nesta causa, aínda que sexan posteriores,

deben ser aqueles que poñan de relevo, ou que fagan aflorar, a realidade dunha situación que xa era a existente ao tempo de

ditarse a resolución, ou que xa era a que debería terse considerado como tal nese momento; e, ademais, que teñan valor esencial

para resolver o asunto por telo para a dita resolución a situación que poñen de relevo ou que fagan aflorar. Son documentos

que, por iso, deben poñer de relevo un erro no presuposto que tomou en consideración ou do que partiu aquela resolución. En

definitiva, a apreciación de que se achegan documentos novos de carácter esencial require que a súa valía leve consigo que,

de ter existido, aparecido ou constado no momento de ditarse a resolución que se combate, esta tivera variado substancialmente

de sentido e signo.

O carácter extraordinario do recurso de revisión, en relación coa causa que neste caso invócase, trata de paliar as consecuencias

prexudiciais que para o interesado puidesen producirse, cando durante a substanciación do procedemento administrativo ignorásese

a existencia de documentos anteriores de relevancia para a resolución, ou cando tales documentos aparecesen con posterioridade,

e xa non puidese acudir aos medios normais de impugnación, por ser firme o acto que lle é prexudicial (Sentenza do 6.7.1998,

rec. núm. 6/1996 do Tribunal Supremo).

Como antes indicamos no caso que nos ocupa a resolución desestimatoria se fundamenta nunha inicial certificación da Universidade

de Coimbra que indicaba unha duración da estadía inferior á real, tal e como acredita a nova certificación da mesma universidade

achegada xunto co mesmo. De acordo coa nova certificación o recorrente cumpriría os requisitos da convocatoria da axuda solicitada

ao ser a estadía superior aos tres meses esixidos.

Así pois, no presente caso, o interesado non puido aportar os documentos que agora trae a revisión porque non lle foran facilitados

pola Universidade de Coimbra, que emitira previamente unha certificación errónea, o que xustifica a súa inclusión dentro do

suposto legal analizado.

Por outro lado, así mesmo, do teor da disposición de referencia despréndese que os documentos ?aparecidos? deben ser de valor esencial para a resolución do asunto e evidenciar o erro na resolución recorrida, o que esixe que se aprecie

a súa valía de tal modo que, de ter aparecido ou constado no momento de ditarse a resolución que se combate, esta tiña variado

substancialmente de sentido (ditame 1.662/1996, do Consejo de Estado). Neste senso, a nova certificación da Universidade de

Coimbra constitúe un ?documento cun valor esencial? para a resolución do asunto pois evidencia o erro da resolución recorrida, ao referir unha realidade de que a estadía na

citada universidade foi superior aos tres meses.

Deste xeito, e en mérito das precedentes consideracións xurídicas, enténdese procedente a estimación do recurso extraordinario

de revisión que motiva o presente ditame, por mediar o suposto previsto no artigo 125.1, b) da LPAC, que autoriza a adopción

de tal excepcional e extraordinaria medida.

Quinta.

De conformidade co disposto no artigo 126.2 da LPAC o órgano a que corresponda coñecer do recurso de revisión débese pronunciar

non só sobre a procedencia do recurso senón tamén, se for o caso, sobre a cuestión resolta polo acto impugnado.

Polo tanto, a resolución que se dite non debe pronunciarse só sobre a xa examinada estimación do recurso, senón tamén sobre

a cuestión de fondo en relación coas pretensións formuladas pola parte interesada. Neste senso, o interesado no escrito de

interposición do recurso extraordinario de revisión solicitou que coa estimación do recurso, se resolvese a súa solicitude

de conformidade co exposto no escrito.

Deste xeito, coincídese co criterio da proposta de resolución, no senso de que ao estimarse o recurso interposto, se concede

a subvención solicitada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa favorablemente a proposta de resolución estimatoria á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

Los recursos en el proceso civil. Paso a paso
Novedad

Los recursos en el proceso civil. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

15.30€

14.54€

+ Información

Los recursos en el proceso penal. Paso a paso
Disponible

Los recursos en el proceso penal. Paso a paso

V.V.A.A

14.50€

13.78€

+ Información

¿Quién quiere ser funcionario?
Disponible

¿Quién quiere ser funcionario?

Álvaro Barrio Román

6.75€

6.41€

+ Información

Los medios de impugnación ante la jurisdicción penal
Disponible

Los medios de impugnación ante la jurisdicción penal

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información

Gestión recaudatoria de la Seguridad Social
Disponible

Gestión recaudatoria de la Seguridad Social

Dpto. Documentación Iberley

6.83€

6.49€

+ Información