Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 277 de 27 de septiembre de 2023
Resoluciones
Dictamen de Consello Cons...re de 2023

Última revisión
05/10/2023

Dictamen de Consello Consultivo de Galicia 277 de 27 de septiembre de 2023

Tiempo de lectura: 49 min

Tiempo de lectura: 49 min

Relacionados:

Órgano: Consello Consultivo de Galicia

Fecha: 27/09/2023

Num. Resolución: 277


Cuestión

Reclamación de responsabilidade patrimonial

Resumen

Reclamación de responsabilidade patrimonial interposta por G., por mor dos danos e perdas tras unha intervención inicial de mastectomia bilaterial e reconstrución inmediata a causa dun carcinoma ductal e posteriores intervencións (6) no complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Organismo:

Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)

Letrado:

López Paz

Propuesta:

Arquivo

Conclusion:

Desfavorable

Relator:

Aranguren Pérez

Contestacion

ANTECEDENTES

1.- Con data 19.4.2023, G. presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial solicitando a indemnización dos danos que entende derivados

do proceso asistencial no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, iniciado cunha intervención de mastectomia bilaterial e reconstrución

inmediata a causa dun carcinoma ductal (9.1.2018), e que requiriu de posteriores intervencións cirúrxicas: o 10.1.2018, de

forma urxente, por hematoma en mama dereita; o 7.2.2018, para resección de pezón de mama dereita; o 5.12.2018, para substitución

de expansores por próteses mamarias; o 23.4.2020, para retirada das próteses por infección e rexeitamento; o 24.3.2021, para

implantación de novas próteses; e 6.5.2022, lipofilling para corrección de rippling.

Reclámase unha indemnización por importe de 56.598,34 ?.

Ao escrito de reclamación xúntase informe pericial asinado o 31.3.2023 por especialista en medicina legal e forense.

2.- Con data 2.6.2023, a instrutora do expediente concede trámite de audiencia á reclamante a respecto da consideración da existencia de prescrición

do dereito a reclamar.

3.- A reclamante, con data 15.6.2023, presenta un escrito de alegacións opoñéndose á existencia de prescrición.

4.- Con data 12.7.2023, dítase unha proposta de arquivo do expediente por razón da extemporaneidade da reclamación, se ben en relación co hematoma,

cefalea e anemia postoperatorias sufridas tras a última intervención invócase que a inadmisión se asenta na falta de precisión

por parte da reclamante da mala praxe que censura e no feito de que a historia clínica acredita que as complicacións ?se resolveron axeitadamente sen que xerasen secuelas?.

5.- O expediente de razón foi remitido, para preceptivo ditame deste Consello Consultivo de Galicia, polo señor conselleiro de

Sanidade tendo entrada neste organismo con data 28.8.2023.

6.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do ditame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.

O Consello Consultivo de Galicia é competente para coñecer do expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial das

administracións públicas ao que se fixo referencia nos antecedentes a teor do previsto nos artigos 12.j) da Lei 3/2014, do

24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 17.a) do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo

Decreto 91/2015, do 18 de xuño, por tratarse dunha reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración autonómica

de contía superior a 30.000,00 ?.

Segunda.

O expediente sobre o que se solicita a emisión de ditame suscita un caso de responsabilidade patrimonial das administracións

públicas que, como tal suposto, vén regulado basicamente polo artigo 106.2 da Constitución española, pola Lei 39/2015, do

1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), nos seus aspectos procedementais

e polos artigos 32 a 37 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

Terceira.

Na proposta de resolución sometida a ditame prevese a inadmisión da reclamación por extemporánea, ao entenderse que foi interposta

logo de transcorrido máis dun ano dende a determinación do alcance do dano.

Considérase pola Administración consultante que:

?Segundo o princio da ?Actio Nata? o prazo de prescripción anual establecido no artigo 67 da Lei 39/2015 empeza a contar dende

o momento en que o dano irrogado é coñecido na súa exacta dimensión, pois so nese momento podemos afirmar que o perxudicado

terá un coñecemento preciso da entidade dos prexuízos causados. No caso presente enténdese, de acordo co comunicado no trámite

de audiencia, que este coñecemento acádase de xeito reiterado tras das consultas no Servizo de Cirurxía Plástica de datas

21/08/2020, 11/09/2020 e 17/03/2021 -data da sinatura do consentimento informado- e, finalmente, tras da intervención cirúrxica

de data 23 de marzo de 2021 con alta hospitalaria do 02/04/2021.

De feito, a reclamación imputa as lesións á actuación da Unidade de Patoloxía Mamaria do CHUVI e non se recolle reproche algún

á actuación do Servizo de Cirurxía Plástica, que atendeu á paciente dende agosto de 2020?.

Igualmente, na proposta de resolución razóase que:

?Sen menoscabo do antedito, saliéntase que non sería a prescrición o motivo de inadmisión da reclamación respecto ao hematoma,

cefalea e anemia postoperatorias sufridas tras a intervención cirúrxica efectuada polo S° de Cirurxía Plástica o día 6 de

maio de 2022. Neste caso, a inadmisión vén motivada por unha banda porque a reclamación non detalla cal é a suposta mala praxe

causante das mesmas (o argumento de que ?non é normal? non abonda por si mesmo) e pola outra, porque a historia clínica acredita

que se resolveron axeitadamente sen que xerasen secuelas?.

Cuarta.

Así exposto o criterio establecido na proposta de resolución, hai que considerar que, tratándose dunha reclamación vinculada

a danos de carácter físico, e diante do transcurso dun longo prazo dende a data na que se realizou a intervención á que en

esencia se reprocha a existencia de mala praxe -e dende a que se constrúe a argumentación sobre os danos cuxo resarcimento

se solicita-, procede analizar os presupostos para a fixación do dies a quo do cómputo do prazo de prescrición.

En primeiro lugar, hai que considerar a xurisprudencia que ten definido os criterios para a determinación do inicio do cómputo

do referido prazo de cara a verificar a extemporaneidade ou non da reclamación.

Así, para que poida entenderse determinado o alcance das secuelas é preciso que poida establecerse o alcance do dano real

polo que se reclama. En sentenza do Tribunal Supremo 1212/2016, do 27 de maio (recurso de casación 3483/2014), razoouse que

o coñecemento do alcance das secuelas ?dependerá de los datos existentes y de que éstos sirvan para determinar que la lesión o secuela se ha consolidado y sea posible

conocer el alcance real del daño que se reclama?. A determinación de cando se produce esta circunstancia e, polo tanto, cando é posible exercitar a acción, comezando o cómputo

do prazo de prescrición, segundo se indica na propia STS citada ?depende de las circunstancias de cada caso, y de las pruebas practicadas?.

Por outra parte, ao fío da distinción entre danos continuados e permanentes, en sentenza do Tribunal Supremo 2135/2015, do

6 de maio (recurso de casación 2099/2013), con cita da sentenza do mesmo Tribunal de data 26.2.2013 (recurso de casación 367/2011),

define estes coma os que se refiren a lesións irreversibles e incurables ?aunque no intratables?.

Ademais debe ser considerado que para que se entenda producida a determinación do alcance das secuelas non é necesario que

estas sexan perfectamente uniformes e homoxéneas no tempo, pois o Tribunal Supremo ten apreciado o inicio do cómputo do prazo

de prescrición cando se coñecen as secuelas dunha doenza ?aunque en los aspectos no esenciales de la enfermedad, la evolución puede ser más o menos gravosa? (sentenza do Tribunal Supremo 4024/2014, do 3 de outubro, recurso de casación 3957/2012).

Para o inicio do cómputo do prazo de prescrición abondaría, pois, con que o dano fose ?previsible en su evolución y en su determinación, y por tanto, cuantificable? (Vide a citada sentenza do Tribunal Supremo 2135/2015, do 6 de maio, recurso de casación 2099/2013).

Por tales razóns a existencia de procesos asistenciais en curso, como pode ser unha secuencia de rehabilitación, a realización

de sucesivas consultas en unidades da dor para tratar de paliar os padecementos estabilizados, ou a realización de controis

periódicos da doenza, non supoñen necesariamente a suspensión do cómputo de prescrición, e, de feito, non o suspenden cando

existe un cabal coñecemento do dano e este é razoablemente previsible, de modo que aquela asistencia vai encamiñada, con alcance

limitado, a ?obtener una mejor calidad de vida, o a evitar eventuales complicaciones en la salud, o a obstaculizar la progresión de la

enfermedad, no enervan la realidad de que el daño ya se manifestó con todo su alcance? (Vide a citada sentenza do Tribunal Supremo 2135/2015, do 6 de maio, recurso de casación 2099/2013).

A xurisprudencia transcrita, recollida por este Consello Consultivo en anteriores pronunciamentos (por todos, ditame CCG 55/2022)

e invocada en parte na proposta de resolución, senta unha evidente vocación de poñer couto temporal á acción de reclamación

nos supostos de danos físicos ou psíquicos, de característica tendencia a prorrogar os seus efectos no tempo.

Quinta.

Examinando á luz da xurisprudencia citada os criterios esgrimidos na proposta de resolución, non podemos compartir o criterio

de que a reclamación sexa extemporánea.

Así, respecto do argumento de que ?o eixo fundamental da reclamación céntrase na suposta comisión de mala praxe por parte da Unidade de Patoloxía Mamaria do

CHUVI? hai que indicar que debe ser claramente diferenciado o momento da causación do dano orixinario e aquel no que comeza a correr

o cómputo da prescrición ante a curación da doente ou a fixación do alcance das súas secuelas.

Baste considerar, a tales efectos, que o artigo 57.1 da LPAC establece expresamente tal diferenciación ao considerar que no

caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo empezará a computarse desde a curación ou a determinación

do alcance das secuelas.

Así pois, o feito de que a reclamante centre o seu reproche -no esencial- na actuación da Unidade de Patoloxía Mamaria, non

supón que o dies a quo deba ser fixado nas datas desa intervención para o caso de que exista unha curación ou fixación de secuelas en momento posterior,

presuposto do que, en realidade, parte igualmente a proposta de resolución pois, malia argumentar sobre o momento no que se

ten producido a mala praxe, sitúa o dies a quo nunha fase posterior.

A discrepancia entre o criterio sostido pola instrutora e o defendido pola reclamante céntrase no carácter interruptivo ou

non da prescrición que deba ser recoñecida á cirurxía de lipofilling á que foi sometida a doente o 6.5.2022, extremo determinante

para apreciar a temporaneidade ou non da reclamación e que de acordo co anterior deberá ser interpretado no modo máis favorable

para entender exercitable en tempo a acción.

Procede pois verificar a cuestión en disputa como presuposto do pronunciamento sobre o fondo que se demanda deste Consello

Consultivo.

Sexta.

Para os efectos de medir o impacto da cirurxía de referencia (a practicada o 6.5.2022) resulta determinante, a criterio deste

Consello Consultivo, reparar nunha circunstancia moi específica que concorre no suposto analizado, no que, malia estarmos

ante unha asistencia no seo na sanidade pública, non nos atopamos ante un proceso esencialmente curativo, senón de cirurxía

plástica reparadora, que aos meros efectos de analizar se a acción se atopa ou non prescrita, que é o que aquí estudamos,

resulta congruente co principio pro actiones considerala como reconstitutiva dunha aparencia física estrutural e non so estética.

Así, a segunda parte da cirurxía inicial, a practicada o 10.1.2018, e en boa medida, as cirurxías que a sucederon, tiñan por

obxecto a reconstrución das mamas da paciente, logo de ser practicada unha mastectomia bilaterial a causa dun carcinoma ductal.

Esta particular finalidade do proceso asistencial analizado, condiciona transcendentalmente a lectura dos criterios de fixación

do dies a quo no caso analizado.

Entendemos, así, que -mais alá da cuestión da súa eventual configuración mesmo como unha prestación de resultado, aspecto

non transcendente agora- nun proceso asistencial de reconstrución de mamas, e por tanto de cirurxía reparadora, e non propiamente

curativa, non pode establecerse que as secuelas están xa fixadas no esencial cando a paciente presenta unha complicación por

rippling que afecta de modo evidente e importante á aparencia e conformación estrutural da súa anatomía en reconstitución.

E esta conclusión vese reforzada polo feito de que na cirurxía de lipofilling practicada o 6.5.2022 se conseguiu corrixir

en boa medida aquela complicación.

En tales circunstancias, e neste suposto concreto, e aos únicos efectos de non ter por abandonada a acción e consumada a súa

prescrición, entendemos que a secuela non estaba consolidada no esencial con carácter previo á cirurxía do 6.5.2022*, e que

ese tratamento cirúrxico non resultaba un mero proceso asistencial que non afectaba á homoxeneidade da secuela.

* Lémbrese que de conformidade coa sentenza do Tribunal Supremo 1212/2016, do 27 de maio (recurso de casación 3483/2014), a

determinación das secuelas nos seus elementos esenciais ?depende de las circunstancias de cada caso, y de las pruebas practicadas?.

Así o entendemos desde a ponderación do principio pro actione inspirado no antiformalismo do procedemento administrativo e a interpretación restritiva que debe ser obxecto o alcance da

figura da inadmisión das solicitudes en vía administrativa e a perención do procedemento de acordo co argumentado.

E de tal conclusión obtense a derivada de que non se pode considerar que a reclamación presentada o 19.4.2023 sexa extemporánea.

Sétima.

Finalmente, ao respecto da inadmisión da reclamación no relativo aos danos vinculados á cefalea, á anemia e ao hematoma sufridos

tras a intervención cirúrxica practicada o 6.5.2022, tampouco se comparten os argumentos aducidos na proposta para tal pronunciamento.

Así, en relación co presuposto de que a reclamación non detalla cal é a suposta mala praxe causante das complicacións hai

que indicar que, en canto estas están claramente vinculadas á cirurxía, a causalidade non está cuestionada no expediente,

polo que se deberá examinar se resultan ou non lesións antixurídicas. Por tal razón non nos atopamos ante unha circunstancia

que habilite a vía da inadmisión sen pronunciamento sobre o fondo.

E respecto do segundo argumento invocado para a inadmisión da reclamación nos extremos agora analizados, a circunstancia de

que ?a historia clínica acredita que se resolveron axeitadamente sen que xerasen secuelas? resulta ser un pronunciamento sobre o fondo, que debe ser establecido, de ser o caso, logo da apertura dun período probatorio,

para o caso de que a Administración non teña por certos os feitos alegados polos interesados (artigo 77.2 LPAC).

Polas razóns expostas non procede a inadmisión da reclamación, e consecuentemente co argumentado, o xuízo deste órgano consultivo

debe ser desfavorable á proposta de arquivo da reclamación.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección de Ditames do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros,

ditamina:

?Que informa desfavorablemente a proposta de arquivo da reclamación á que o presente expediente se refire?.

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS

La prueba pericial en el proceso civil
Disponible

La prueba pericial en el proceso civil

Belhadj Ben Gómez, Celia

21.25€

20.19€

+ Información

Los honorarios de peritos judiciales. Vías legales para su cobro
Disponible

Los honorarios de peritos judiciales. Vías legales para su cobro

José C. Balagué Doménech

18.70€

17.77€

+ Información

Delitos al volante. Paso a paso
Disponible

Delitos al volante. Paso a paso

Dpto. Documentación Iberley

16.15€

15.34€

+ Información

Derecho medioambiental. Paso a paso
Disponible

Derecho medioambiental. Paso a paso

V.V.A.A

12.70€

12.06€

+ Información