Convenio Colectivo de Sector de AXUDA A DOMICILIO (82000675011900) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Revision. Convenio Colectivo de Sector de AXUDA A DOMICILIO (82000675011900) de Galicia

Sector Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2011 en adelante

Tiempo de lectura: 4 min

Documento oficial en PDF(Páginas 35-36)

RESOLUCION do 30 de xaneiro de 2012, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se ordena o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision paritaria do Convenio colectivo autonomico para a actividade de axuda a domicilio de Galicia, relativo a aprobacion das taboas salariais para o ano 2011. (Diario Oficial de Galicia num. 32 de 15/02/2012)

Preambulo

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2011, que subscribiu a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de axuda a domicilio da Comunidade Autónoma de Galicia, na xuntanza do 23 de xaneiro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.

Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo.

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO. Acta da xuntanza da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de axuda a domicilio da Comunidade Autónoma de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do 23 de xaneiro de 2012, na sede de Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas que a continuación se sinalan:

- Representación empresarial:

José Félix Valderrey de la Huerga (AESSADG)

Mónica Valiño Suárez (AESSADG)

Miguel Á. Vilas Martínez (AESSADG)

- Representación sindical:

Sonia Outón Casal (UGT)

Javier Martínez Fente (UGT)

María del Mar Castro Cristobo (CC.OO.)

José Manuel Crespo García (Asesor CC.OO.)

Pedro Pérez Caride (CIG).

Cristina Padín (CIG).

O motivo da xuntanza é dar cumprimento ao acordo de conciliación que se acadou en sede xudicial o 12 de xaneiro de 2012. Acórdase o seguinte:

1. Táboas salariais para o ano 2011.

Táboas salariais 2011

Categorías profesionais

S. base 2011

Antigüidade

Festivo/domingos

Horas nocturnas (2011)

Complemento de

dispoñibilidade

H. extraordinarias (2011)

Festivos especial significación (2011)

- Grupo A

Responsable coordinación

1.929,82 €

18,03 €

18 €

3,85 €

20 €

26,62 €

64,32 €

Xefe/a administrativo

1.439,48 €

18,03 €

18 €

2,87 €

20 €

19,86 €

47,99 €

- Grupo B

Coordinador/a

1.364,16 €

18,03 €

18 €

2,72 €

20 €

18,82 €

45,48 €

- Grupo C

Oficial administrativo

1.244,21 €

18,03 €

18 €

2,48 €

20 €

17,17 €

41,48 €

Axudante coordinación

1.091,34 €

18,03 €

18 €

2,17 €

20 €

15,06 €

36,38 €

Auxiliar administrativo

941,56 €

18,03 €

18 €

1,88 €

20 €

12,99 €

31,38 €

Auxiliar axuda a domicilio

941,56 €

18,03 €

18 €

1,88 €

20 €

12,99 €

31,38 €

2. O pagamento dos atrasos farase do seguinte xeito: o 100% dos atrasos de 2011 en 30 de xuño de 2012, aboados a pro rata mensual desde a sinatura das táboas.

3. Facúltase o persoal do Consello Galego de Relacións Laborais para os trámites de rexistro, depósito e publicación destas táboas.

E non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 13.00 horas, no lugar e data enriba sinalados, asínase esta acta por duplicado exemplar en proba de conformidade.