Convenio Colectivo de Sector de CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (82000775012003) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
10/04/2006

Revision. Convenio Colectivo de Sector de CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (82000775012003) de Galicia

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2006

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 14 de marzo de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego. (Diario Oficial de Galicia num. 70 de 10/04/2006)

Preambulo

Vista a acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo galego de centros especiais de emprego, que tivo lugar o 9 de marzo de 2006, na que se acorda revisar as táboas salariais para o ano 2006, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro

Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo

Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2006. Pilar Cancela Rodríguez Directora xeral de Relacións Laborais

ACTA DA REUNIÓN DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO AUTONÓMICO DE CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

En Santiago de Compostela, ás 12.30 horas do día 9 de marzo de 2006, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24-baixo, reúnese a comisión paritaria do convenio autonómico de centros especiais de emprego asisten as persoas a continuación sinaladas:

Representación empresarial: Isabel Fraga Castro. Gonzalo Fariña Pérez. Ignacio Rodríguez Sáez.

Representación sindical:

- Paulo Rubido Bará (CIG).

- Alexandre Lago Portela (CIG).

- María Luisa Rodríguez Vázquez (UGT-Galicia).

- Clara Gamarra (SN de CC. OO. de Galicia).

Asiste á xuntanza Demetrio Fernández López, presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

O motivo da xuntanza é revisar as táboas salariais para o ano 2006. Logo das oportunas deliberacións e debate, acordan:

1º Centros especiais de emprego incluídos no anexo I do convenio colectivo Centros especiais de emprego de Galicia, incluídos no anexo I do convenio colectivo

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

2º Acórdase remitir á autoridade laboral para os efectos do seu rexistro, depósito e publicación.