Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE MATERIAIS DA CONSTRUCCION E SANEAMEN...00175011982) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE MATERIAIS DA CONSTRUCCION E SANEAMENTO (27000175011982) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1998

Tiempo de lectura: 48 min

Resolución do 23 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento. (Diario Oficial de Galicia num. 20300 de 20/10/1998)

Preambulo

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175) , da provincia de Lugo, asinado o día 10 de xullo de 1998, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) , e das centrais sindicais CC. OO. (45,5%) , UGT (27,3%) , USO (18,2%) e CIG (9,1%) , e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-

Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de xullo de 1998. José María Fernández Olea Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de traballo revisado para a actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento Disposicións xerais

 
Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio colectivo regula as condicións de traballo en tódalas empresas que se dediquen á actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento.

Artigo 2º.-Carácter.

As condicións que nel se estipulen, teñen o carácter de mínimas e, na súa virtude, son nulos e non producirán efecto ningún, entre as partes, os pactos ou cláusulas que individual ou colectivamente impliquen condicións menos favorables para os traballadores.

Artigo 3º.-Lexislación supletoria.

No non previsto no presente convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE do 4 de xuño de 1998 e Acordo Sectorial Nacional do 27 de abril de 1998.

Artigo 4º.-Ámbito funcional.

O convenio afecta a tódolos traballadores e empresas incluídas no ámbito funcional agás o persoal directivo nivel 1.

Artigo 5º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo de traballo é de aplicación obrigatoria a toda a provincia de Lugo e afectará os centros de traballo establecidos nela, aínda cando tiveran as empresas o seu domicilio social noutras, e os traballadores que foran trasladados doutras a esta.

Artigo 6º.-Vixencia e incrementos salariais.

Este convenio terá vixencia para efectos económicos e de xornada laboral desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998. As condicións económicas para este período son as que figuran na táboa salarial como anexo I. A xornada laboral pactada para este período será de 1.764 horas anuais de traballo efectivo conforme acordo publicado no DOG do 10 de xuño de 1998.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial.

Haberá que aterse ó disposto no Acordo Sectorial Nacional do sector para 1998, que se incorpora como anexo IV.

Artigo 8º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese tal suposto as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolve- lo problema presentado. Se no prazo de 45 días a partir da data da firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non alcanzasen un acordo, comprométense a fixa- lo calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 9º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisión do convenio haberá de efectuarse cunha antelación de tres meses á súa data de remate, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 10º.-Absorción, compensación, condicións mínimas e condicións máis beneficiosas.

As condicións do presente convenio absorberán ou compensarán calquera outra que exista á entrada en vigor e as que puideran establecerse durante a súa vixencia, con respecto das condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidos á entrada en vigor do convenio.

Artigo 11º.-Aviso previo de cesamento.

O persoal comprendido neste convenio obrígase a comunicar, por escrito o cesamento na empresa coa anticipación seguinte:

Técnicos: tres meses, como mínimo. Empregados: quince días de traballo efectivo como mínimo.

Persoal obreiro: dez días de traballo efectivo como mínimo.

Artigo 12º.-Conservación do equipo mecánico.

Todo traballador responsable dun equipo mecánico de traballo, terá a obriga, durante a xornada laboral de traballo -e nos tempos mortos- de coidar da súa boa conservación e mantemento, podéndose esixir responsabilidades en caso contrario.

Artigo 13º.-Categorías profesionais.

Os empregados percibirán niveis retributivos que lles correspondan segundo a súa categoría profesional e aténdose, para isto, á clasificación que fai a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica de 1970, modificada pola Orde do 27 de xullo de 1973.

Réxime de traballo

Artigo 14º.-Xornada laboral.

Para 1998 a xornada normal de traballo será de 1.764 horas efectivas anuais de traballo que se realizarán en razón de 40 horas semanais, que se repartirán de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario fixado pola comisión mixta do convenio.

Artigo 15º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais, para tódalas categorías.

O inicio das vacacións por parte dos traballadores farase sempre en día laborable, que non sexa venres, en tanto subsista esta obriga no convenio xeral do sector construcción.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores que di textualmente:

1º O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por compensación económica, será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

2º O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. Na falta de acordo, haberá que aterse ó disposto nos convenios colectivos sobre planificación anual das vacacións, respectándose, en calquera caso, os criterios seguintes:

a) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, logo da consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderase fixa- los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia para que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e a súa decisión será inimpugnable.

3º O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

4º As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

5º O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboa mento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación da súa baixa na empresa.

6º Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó vencemento del, o traballador continuase de baixa aínda que manterá o dereito a percibi- la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

7º Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobreviñese a situación de incapacidade laboral transitoria, a duración dela computarase como días de vacación, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación do IT.

Se a incapacidade temporal se producira despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega- la dita data, o traballador manterá o dereito a desfruta- las vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida a alta da IT.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

8º O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

Artigo 16º.-Permisos e licencias.

1º O traballador, logo de aviso de polo menos corenta e oito horas, agás acreditada urxencia e xustificación posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopen vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Un día, por matrimonio de fillos.

d) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Dous días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Un día, por traslado do domicilio habitual.

g) Polo tempo necesario para concorrer a exames, como consecuencia dos estudios que estea realizando en centros de ensino, universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado recoñecidos.

Cando polos motivos expresados nas alíneas b) , c) , d) e e) , o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, os prazos sinalados incrementaranse en dous días naturais.

2º Nas mesmas condicións que as previstas no apartado 1 do presente artigo, o traballador poderá ausentarse do traballo polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal un período determinado de ausencia, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á súa duración e compensación económica.

No suposto de que, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo público, o traballador perciba unha compensación económica, calquera que sexa a súa denominación, descontarase o importe dela da retribución a que tivera dereito na empresa.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación de traballo en máis do vintecinco por cento das horas laborais nun período de tres meses, a empresa atópase facultada para decidi- lo paso do traballador afectado á situación de excedencia forzosa, con tódolos efectos inherentes a ela.

3º Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito, sen perda ningunha de retribución, a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, e igualmente sen perda de retribución, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral en media hora diaria coa mesma finalidade. No caso de que a nai e o pai traballen, este permiso poderá ser desfrutado unicamente por un deles.

4º O traballador que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

O exercicio deste dereito por parte do traballador durante os primeiros nove meses de vida do menor é incompatible co previsto no apartado 3 do presente artigo.

Réxime económico

Artigo 17º.-Percepcións económicas.

1. Do conxunto de percepcións económicas, en diñeiro ou en especie, que o traballador obtén na relación de traballo por conta allea, unhas percíbeas como retribución ou contraprestación directa pola prestación do seu traballo e son as que constitúen o salario. Outras recíbeas como compensación de gastos, como prestacións e os seus complementos e indemnizacións ou por modificacións na súa relación de traballo, non formando ningunha delas parte dos salario por seren percepcións de carácter extrasalarial.

2. Percepcións económicas salariais.

a) Salario base é aquela parte da retribución que se fixa atendendo exclusivamente á unidade de tempo, co rendemento normal esixible, de acordo coa táboa salarial exposta no anexo I.

b) Complementos salariais ou cantidades que, se é o caso, deban adicionarse ó salario base, atendendo ás seguintes circunstancias distintas da unidade de tempo:

Persoais, tales como antigüidade consolidada, se é o caso.

De posto de traballo, tales como as derivadas de traballo, incentivos, traballo axustado, pluses de actividade ou asistencia ou horas extraordinarias.

As cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente ós seus traballadores.

As pagas extraordinarias e a retribución de vacacións.

3. Percepcións económicas non salariais.

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social e os seus complementos.

b) As indemnizacións ou suplidos por gastos que tiveran que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custo, gastos de viaxe ou locomoción, pluses extrasalariais e aquelas diferencias de aluguer ou custo de vivenda que viñera percibindo o traballador, en aplicación do artigo 146.7º da derrogada, para o sector da construcción, ordenanza laboral da construcción.

c) As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Aqueles complementos salariais que teñan carácter funcional ou circunstancial como os de posto de traballo, os de calidade ou cantidade de traballo realizado e as cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente, consideraranse non consolidables no salario do traballador e non se computarán como base das percepcións enumeradas no apartado 2 deste artigo.

Artigo 18º.-Estructura das percepcións económicas.

1. Conceptos salariais e extrasalariais que forman parte da táboa de percepcións económicas.

a) Os conceptos son os seguintes: Salario base. Gratificacións extraordinarias. Pluses salariais.

Pluses extrasalariais.

b) No concepto gratificacións extraordinarias enténdese incluída a retribución de vacacións.

c) En pluses salariais considéranse incluídos tódolos complementos que se pacten, que constitúan contraprestación directa do traballo e non compensación de gastos orixinados por asistir ou realiza- lo traballo.

d) En pluses extrasalariais considéranse incluídos cantos conceptos se pacten, de carácter indemnizatorio de gastos orixinados ó traballador pola prestación do seu traballo, tales como distancia, transporte, percorrido, ferramentas e roupa de traballo.

2. Dentro do citado espírito de homoxeneización e racionalización, acórdase establece- las proporcións que deban gardar algúns dos conceptos, en relación co total anual pactado nas táboas de percepcións económicas do presente convenio.

a) Os conceptos de salario base e gratificacións extraordinarias definidos no artigo anterior, sumados, deberán quedar comprendidos entre o 65 por 100 e o 75 por100dototal anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel.

b) O plus extrasalarial deberá quedar comprendido, durante 1998, para cada categoría ou nivel retributivo, entre o 5%e o 9%.

c) Os pluses salariais sumados ocuparán a restante porcentaxe que resulte de aplica- los dous criterios anteriores sobre o total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

3. Ademais dos conceptos citados, poderán existir no recibo de salarios dos traballadores as restantes percepcións a que fai referencia o artigo anterior.

Todo iso mentres subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 19º.-Devengo das percepcións económicas.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais, polos importes que, para cada categoría e nivel, se establecen no anexo I.

2. Os pluses salariais de convenio devengaranse durante os días efectivamente traballados, polos importes que, para cada categoría e nivel, se fixen no anexo I.

3. O plus extrasalarial de convenio devengarase durante os días de asistencia ó traballo, polos importes que se fixan no anexo I.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais, na seguinte forma:

a) Paga de xuño: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

5. A remuneración anual mencionada comprenderá tódalas percepcións económicas pactadas no convenio, por nivel e categoría profesional.

De acordo coas formas de devengo, a remuneración anual virá dada pola seguinte fórmula:

RA= SB× 335+{ (PS+ PE) × número de días efectivos de traballo}+ vacacións PX+ PN

RA= remuneración anual. SB= salario base. PS= pluses salariais. PE= pluses extrasalariais. PX= paga de xuño. PN= paga de Nadal.

Artigo 20º.-Pagamento das percepcións económicas.

1º Pagamento do salario.

a) Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos primeiros cinco días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía que non será superior ó 90% das cantidades devengadas.

b) As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

c) O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como simple permanencia no centro de traballo e, por tanto, non retribuído para ningún efecto.

d) As empresas quedan facultadas para paga- las retribucións e anticipos a conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

As empresas que veñan obrigadas a efectua- lo pagamento de salarios por talón bancario ingresarán o importe deles, por petición do traballador, na conta bancaria que sinale o traballador, sen que iso poida ocasionar mingua ou ningún gasto para os citados.

e) O traballador deberá facilitar á empresa ó tempo do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF) , de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

2º O réxime retributivo salarial, para tódolos traballadores comprendidos no presente convenio, será o establecido para cada categoría profesional nas táboas salariais que figuran como anexo.

Para unha maior simplificación dos cálculos retributivos, como anexo ó presente convenio, tamén figurará a táboa de retribucións mensuais e anuais de tódalas categorías profesionais.

Para tódalas categorías os salarios estipúlanse mensualmente, con independencia do número de días naturais de cada mes.

Cando proceda a aplicación do salario/día, resolverase dividindo a retribución mensual por trinta (30) .

O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio, terá dereito a percibir como atrasos o tanto por cento que se determine a primeiro de ano entre a representación sindical e patronal, que terá como base o IPC previsto polo Goberno.

Artigo 21º.-Plus de asistencia, puntualidade e productividade.

Establécese este plus, a contía do cal figura no anexo I, para os traballadores que con rendemento normal e correcto e ademais coa debida puntualidade, non teñan ningunha falta de asistencia inxustificada ó traballo.

O dito plus será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

No suposto de hospitalización do traballador, percibirá o plus completo pero, neste caso, non será cotizable á Seguridade Social nin accidentes de traballo pola súa condición de indemnización ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa situación laboral.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído directamente da base para o cálculo do importe das horas extraordinarias.

Artigo 22º.-Perda do plus de asistencia, puntualidade e productividade.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días de plus.

A segunda xornada non traballada completa suporá a perda de dez días de plus.

A terceira xornada non traballada completa suporá a perda do importe total mensual, do dito plus.

As faltas non xustificadas computaránse dentro de cada mes natural.

Para a determinación do dito plus diario para tódolos efectos, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura baixo este concepto nas táboas de salarios. A perda deste plus é independente das sancións que por comisión de faltas de asistencia poida ser imposta pola empresa, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia.

Para estes efectos non se entenden como faltas inxustificadas as faltas en situación de baixa oficial. Por enfermidae ou accidente, vacacións, licencias retribuídas ó abeiro do convenio xeral do sector e demais disposicións legais, e licencias retribuídas con permiso ou expresa autorización da empresa. A perda deste plus é independente das sancións que, por comisión de faltas de asistencia, poida impor a empresa, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia.

Puntualidade. Respecto do horario de traballo, por parte dos traballadores a puntualidade é de necesaria observancia e esixirase a tódolos traballadores comprendidos neste convenio.

Enténdese por puntualidade a presencia do persoal á hora de comezo da xornada, no seu centro de traballo, así como non abandona- lo traballo, antes da finalización daquela.

Complementos salariais

Artigo 23º.-Antigüidade consolidada.

Como consecuencia do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, asinado o 18 de outubro de 1996, Boletín Oficial del Estado do 21 de novembro, é asumido por ambas partes asinantes os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tiveran dereito polo complemento persoal de antigüidade o 21 de novembro de 1996.

Ó importe anterior así determinado adicionarase, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo algunha contía por este concepto, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivera devengada e non cobrada ó 21 de novembro de 1996, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe o convenio.

b) Os importes obtidos, ó amparo do previsto na letra a) manteranse invariables e por tempo indefinido, como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa súa empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 24º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo I máis antigüidade consolidada.

3. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 25º.-Proporcionalidade no devengo das pagas extraordinarias.

O importe das pagas extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado conforme os seguintes criterios:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural devegará a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante o dito tempo.

b) Ó persoal que cese no semestre respectivo faráselle efectiva a parte proporcional da gratificación no momento de realiza- la liquidación dos seus haberes.

c) Opersoal que preste os seus servicios en xornada reducida ou a tempo parcial, devengará as pagas extraordinarias en proporción ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 26º.-Indemnizacións non salariais.

1º Plus extrasalarial. Comprende plus de transporte e distancia ata 12 km do centro urbano e roupa e calzado de traballo.

Será satisfeito unicamente en xornada realmente traballada completa e non será cotizable para efectos de Seguridade Social e accidentes de traballo, precisamente pola súa condición de indemnización ou suplido polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación deste plus diario dividirase entre vintecinco (25) , a cantidade que figura, para cada nivel profesional, no presente artigo e nas táboas de retribucións, mensuais e anuais anexas ó presente convenio.

A empresa dotará de uniforme a aqueles traballadores comprendidos no presente convenio ós que lles sexa esixido levalo.

Os importes mensuais deste plus para cada nivel fíxanse na táboa anexa.

2º Premio por estudios para 1998. Establécese un premio por estudios que consistirá no aboamento de media paga sobre o salario base máis antigüidade que teña, se é o caso, consolidada, que se aboará na primeira quincena de outubro e que se establece, co carácter de indemnización extrasalarial non cotizable á Seguridade Social.

Artigo 27º.-Compensación por enfermidade en accidente de traballo.

En caso de enfermidade común, accidente non laboral, accidente de traballo ou enfermidade profesional, o persoal en situación de IT percibirá, con cargo á empresa, polo período dun ano como máximo, o salario que lle corresponda polo presente convenio, incrementado coa antigüidade que teña, se é o caso, consolidada.

A empresa descontará deles, durante o dito período de tempo, as prestacións económicas que corresponda aboar ó INSS.

Artigo 28º.-Axuda por xubilación.

As empresas concederán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que, con dez anos -como mínimo- de antigüidade na empresa, se xubilen voluntariamente durante a vixencia do presente convenio.

A súa cantidade irá en función da seguinte escala: Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 12 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 11 mensualidades. Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 10 mensualidades. Por xubilación voluntaria ós 63 anso: 9 mensualidades. Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 8 mensualidades. As ditas mensualidades serán calculadas sobre o salario base.

Para a súa percepción terán que solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente.

As mencionadas axudas soamente se concederán a aqueles traballadores que non se acollan ós beneficios determinados no artigo seguinte.

Outras disposicións

Artigo 29º.-Salario mínimo.

O salario mínimo interprofesional non modificará a estructura do presente convenio nin a contía das retribucións salariais pactadas nel, sempre e cando se lle garanta ó traballador ingresos superiores en cómputo anual ós mínimos fixados polas disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

Artigo 30º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Haberá que aterse ó disposto para o efecto no convenio xeral do sector e demais lexislación aplicable.

Artigo 31º.-Contrato par traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados.

Este contrato formalizarase sempre por escrito. A duración do contrato e o cesamento do traballador axustarase a algúns destes supostos:

1º) Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra con independencia da súa duración e rematará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, tendo que reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por remate dos traballos do seu oficio e categoría deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2º) Non obstante o anterior, logo do acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde- la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior; cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita de cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal. En canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

3º) Se se producira a paralizacion temporal dunha obra por causas imprevisibles para o empresario principal e allea á súa vontade, trala empresa dar conta á representación dos traballadores do centro ou no seu defecto á comisión paritaria provincial, operará a terminación de obra e cesamento previstos no suposto 1º. A respresentación dos traballadores do centro, ou no seu defecto, a comisión paritaria, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa contestación, contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer un novo emprego ó traballador cesado cando as causas de paralización da obra desapareceran. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo do acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado para o segundo suposto.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,50% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 32º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 254/1994, ou norma que o substitúa, ou formalizaran contratos de fomento de emprego dos regulados polo Real decreto 1989/1984, con anterioridade á súa derrogación, exceptuando o contrato de fixo de obra regulado no artigo anterior, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7% se a durción fora igual ou inferior a trescentos sesenta e cinco días e do 4,5% se a duración fora superior a trescentos sesenta e cinco días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. O contrato de duración determinado previsto na alínea 1.

b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores poderá concertarse para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, tendo unha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses, computándose a dita duración desde que se produza a causa que xustifica a súa celebración. En tales supostos, considérase que se produce a causa que xustifica a celebración do citado contrato, nos casos previstos no Estatuto dos traballadores, cando se incremente o volume de traballo ou se considere necesario aumenta- lo número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten un servicio.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servicios de traballadores con contratos de posta a disposición aplicarán as condicións pactadas nel.

4. Contrato para a formación:

4.1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica- la oportunidade de que a formación, teórica e práctica correspondente ós contratos para a formación se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

4.2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4.3. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no artigo 31 do convenio xeral do sector da construcción, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira do convenio xeral do sector construcción.

4.4. O contrato para a formación poderase celebrar con traballadores que cumprisen os dezaseis anos e sexan maiores de vinteún anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de formación ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

4.5. O tipo de traballo que debe presta- lo traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade, por razón de idade, os menores de dezaoito anos para os oficios de vixilante, poceiro e esteador, nin para aquelas tarefas ou postos de traballo que expresamente foran declarados como especialmente tóxicos, penosos, perigosos e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno de calquera actividade.

4.6. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder dous anos, sen prexuízo do establecido no apartado 4.10.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes da súa terminación por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica o artigo 28.1º do convenio xeral do sector da construcción.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

4.7. Para a impartición do ensino teórico adoptarase como modalidade a acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especificar o horario de ensino. O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do traballador en formación que deberá ser aquela que, polo seu oficio ou posto cualificado, desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi- las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra que o traballador en formación.

4.8. A retribución dos contratados para a formación será a seguinte:

Táboas salariais de contratados para a formación: De dezaseis e dezasete anos: Primeiro ano: 55 por 100. Segundo ano: 60 por 100. De dezaoito e vinteún anos: primeiro ano: 65 por 100. Segundo ano: 70 por 100. Porcentaxes referidos ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita resolución enténdese referida a unha xornada do 100 por 100 de traballo efectivo.

4.9. O plus extrasalarial regulado no artigo 64 do convenio xeral do sector construcción devengarase polos contratados en formación en igual contía có sinalado no respectivo convneio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días que dure o contrato.

4.10. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para a formación inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo ó que o contrato estivera suspendido.

4.11. Se, concluído o contrato, o contratado para a formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da formación e do aproveitamento que, ó seu xuízo, obtivo na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5% calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e dicidirá o seu paso á categoría de oficial.

Todo iso en tanto subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 33º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida na alínea 2.

b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998 os contratos de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 34º.-Recibo de finiquito.

1. O recibo de finiquito da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo III deste convenio. A Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo editarao e proverá de exemplares a tódalas empresas do sector da provincia.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de finiquito do modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubri- la parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo de finiquito, que será expedido pola Asociación Provincial da Construcción de Lugo, numerado, selado e datado e terá validez unicamente dentro dos quince días seguintes á data en que foi expedido. A organización patronal que o expida virá obrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, o recibo de finiquito producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores ou, no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio no acto da sinatura do recibo de finiquito.

Aviso previo de cesamento. O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa por escrito, con dez días de antelación, efectivos de traballo, perderá unicamente o dereito ó cobramento de tódalas perspectivas correspondentes ós días de retraso no aviso previo.

Artigo 35º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1998, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción serán dentro da xornada laboral ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega- la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. No caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo non superarán anualmente ó 10% dos cadros de persoal, nin naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas por conta da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas por conta da empresa, o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivera traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polos dispostos nel.

Artigo 36º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1º do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que no ámbito deste convenio colectivo poderán ser elixibles os traballadores que teñan 18 anos cumpridos e unha antigüidade na empresa de, polo menos, tres meses.

Artigo 37º.-Indemnizacións por morte e incapacidade permanente absoluta derivada de accidentes de traballo ou enfermidade profesional.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio.

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicables vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 5.250.000 ptas. no ano 1998; para a súa cobertura as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que deberán exhibir ó traballador que así o solicite.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaranse ós beneficiarios do traballador, segundo as normas de Seguridade Social.

A indemnización en caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional comezará a obrigar o día 1º do mes seguinte ó da entrada en vigor deste convenio e o seu improte considerarase entrega a conta das cantidades que como indemnización con cargo á empresa fixen os tribunais de calquera orde xurisdiccional.

Artigo 38º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpreta- lo contido deste convenio, vixia- lo seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe, nos problemas ou cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión deliberadora e como vocais un representante por cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, igual ó total dos das centrais sindicais e será secretario o vocal de menor idade.

As partes poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes someten expresamente á dita comisión mixta paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación do presente convenio. A este respecto fíxase como requisito de procedi bilidade, a submisión previa do asunto á Comisión

Mixta Paritaria do presente convenio. Artigo 39º No non previsto por este convenio haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción e Acordo Sectorial Nacional e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a ordenanza laboral da construcción do 28 de agosto de 1970, agás en materia de clasificación profesional.

ANEXO I

Táboa salarial ano 1998 102,30 Vixencia do 1-1-1998 ó 31-12-1998

Mensual Anual Gratificacións

Niveis Categoría Salario base

Pluses Asit./Produ. puntualidade Plus

extrasalarial Total Vacacións Xullo Nadal Total anual II ó IV Encargado xeral e outros 85.804 31.539 12.017 129.360 118.554 118.554 118.554 1.778.622 V E. Xral. establecemento e outros 79.569 30.314 11.338 121.221 111.773 111.773 111.773 1.668.750 VI Of. Admnistr. 1ª e outros 77.477 25.240 9.091 111.808 109.797 109.797 109.797 1.559.279 VII Capataz e outros 77.477 20.541 8.511 106.529 105.847 105.847 105.847 1.489.360 VIII Oficial 1ª e outros 77.477 19.249 8.306 105.032 105.342 105.342 105.342 1.471.378 IX Oficial 2ª e outros 77.477 10.191 7.218 94.886 101.810 101.810 101.810 1.349.176 X Axudante e outros 77.477 9.497 7.080 94.054 101.267 101.267 101.267 1.338.395 XI Peón especialista e outros 77.477 9.292 7.015 93.784 101.106 101.106 101.106 1.334.942 XII Peón ordinario e outros 77.422 3.179 6.298 86.899 99.074 99.074 99.074 1.253.111

ANEXO II

Contrato de traballo de persoal fixo de obra En ............................ o..... de...................... de 19.... Reunidos: por parte da empresa, Don............................................................................. DNI ......................... En concepto de ......................... Empresa ......................................... Nº CIF ............... Domicilio.......................... Nº S. S. empresa............... Domicilio centro de traballo... Nº S. S. centro de traballo...

E do traballador, Don.......................... Nivel de estudios terminados ... Data de nacemento ......... DNI ......... Domicilio .........

Acordan formaliza-lo presente contrato de traballo persoal fixo de obra, que se rexerá polo disposto no convenio colectivo provincial de traballo para a actividade de..., subscrita o día... e publicado no BOP de Lugo nº..., de data..., e no seu defecto, polo convenio xeral do sector construcción e demais normativa de xeral observancia e polas cláusulas particulares seguintes:

1. O traballador prestará os seus servicios na categoría de: ..................................................................... na obra de: .................................................................

1.1. Non obstante, ambas partes tamén acordan que o traballador poderá prestar servicios á empresa, en distintos centros de traballo da provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perder-la condición de fixo de obra, devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

1.2. Se o traballador non aceptase, de modo expreso, a prestación de servicios noutras obras distintas da indicada no contrato, darase este por finalizado, debendo aboa-la empresa a indemnización que por cesamento se establece no convenio, consistente no 4,50% sobre os conceptos salariais devengados durante a prestación de servicios.

2. O tempo convido é o deduración dos traballos da súa especialidade na obra, onde preste os seus servicios, coa particularidade establecida nos apartados 1.1 e 1.2 do presente contrato, debendo comunicarse a terminación cun período de aviso previo de quince días, substituíble por unha indemnización equivalente ó importe dos conceptos salariais correspondentes ós días omitidos no aviso previo.

3. O período de proba será de... días efectivos de traballo. Durante o período de proba calquera das partes poderá dar por finalizada a relación laboral, sen aviso previo nin formalidade ningunha, nin dereito a indemnización.

4. O traballador percibirá as retribucións que correspondan conforme o convenio vixente para a actividade.

5. A situación de incapacidade laboral transitoria do trabajador, durante o período de proba, implicará a interrución deste mentres dura a incapacidade, podendo rescindirse o contrato conforme o disposto na cláusula 3.

E en proba de conformidade, con todo o exposto, ambas partes, asinan por cuadruplicado exemplar, o presente documento, no lugar e data indicado.

O traballador A empresa (sinatura) (sello e sinatura)

ANEXO III

Recibo de finiquito da relación laboral Nº 005436 Don ........................ con domicilio en ........................ rúa/praza de............................................ nº... piso..., con DNI nº....................................... que traballou na empresa...................... desde............... ata............... coa categoría profesional de................... nivel..........

Declaro que recibín desta, a cantidade de....................... ptas., en concepto de liquidación total pola miña baixa na dita empresa.

Quedando así indemnizado e liquidado, por tódolos conceptos que puideran derivarse da relación laboral que unía ás partes e que queda extinguida, manifestando expresamente que nada máis teño que reclamar.

.................................. o...... de.................. de 19...... Recibín: o traballador, Pola empresa, (data e sinatura) (sinatura e selo)

Este documento ten unha validez de 15 días naturais contados desde a data de expedición pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo.

Lugo o....... de................... de 19....... (Sinatura e selo)

ANEXO IV

Acrdo Sectorial Nacional da Construcción para 1998 Preámbulo

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal da Construcción, Madeira e Afíns de Comisións Obreiras (FECOMA- CC. OO.) e traballadores (FEMCA- UGT) , todas elas en representación laboral e a Confederación Nacional da Construcción (CNC) , en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respectivos ámbitos e facendo uso das previsións contidas no artigo 3.2 do convenio xeral do sector da construcción (CGSC) , acordan.

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente Acordo Sectorial Nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do convenio xeral do sector da construcción (CGSC) .

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente no ano 1998, logo da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1998.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1998 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no apartado anterior.

3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexeran nas materias por el reguladas, agás que sexan de dereito necesario, substituíndoas, por tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Xornada.

A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente acordo será de 1.764 horas de traballo efectivo.

Os convenios colectivos provinciais que, á entrada en vigor do presente acordo, tiveran unha xornada superior, aplicarán a reducción de 4 horas á xornada do día 30 de decembro, agás pacto en contrario.

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1998, os convenios provinciais aplicarán un incremento do dous coma trinta por cento (2,30%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no artigo 85.6º do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.

4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento nos atrasos correspondentes.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos de consumo (IPC) ó 31 de decembro de 1998 supere o dous coma un por cento (2,1%) efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º. 1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 8º.-Achega á Fundación Laboral da Construcción.

1. A achega complementaria das empresas á FLC en 1998 continuará sendo do 0,05 por cento da masa salarial, establecida esta sobre a mesma base de cálculo das cotas da Seguridade Social de cada traballador.

2. Co obxecto de poder desenvolve- lo plan de reestructuración trienal da FLC 1998- 2000, segundo a liña aprobada pola comisión executiva da Fundación, para o ano 1998, establécese ademais unha achega extraordinaria das empresas do 0,1 por cento da masa salarial citada no apartado anterior. O director xeral disporá de poder suficiente para a súa execución.

3. O pagamento e recadación da achega extraordinaria establecida neste artigo, efectuarase nos termos e polo procedemento previstos no convenio para a recadación subscrito coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e na norma para cubri- lo Boletín de Cotización da FLC, publicados no BOE do 22 de setembro de 1993, por Resolución da Dirección Xeral de Traballo do 18 de setembro de 1993. A achega extraordinaria correspondente ó período de xaneiro a xuño de 1998 será aboada polas empresas no mes de xullo de 1998.

4. Mantéñense os tipo de recarga por demora previstos nos anexos no convenio de recadación subscrito entre a FLC e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, publicado no Boletín Oficial del Estado do 22 de setembro de 1993.

5. A obriga do empresario de nutri- los fondos que neste acordo se constitúen pasa a formar parte do ordenamento social. As accións xudiciais que procedan en reclamación das cantidades que deban as empresas serán exercidas en vía laboral polo servicio xurídico que para tal fin estableza a fundación.

6. A Fundación Laboral da Construcción do Principado de Asturias manterá o seu réxime propio en tanto non se produza a súa integración conforme o previsto no artigo 110.4º do convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 9º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida na alínea 2.

b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998, os contratos de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

O pacto establecido no parágrafo precedente intégrase como disposición adicional primeira no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 10º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1998, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que pre cise esa acción será dentro da xornada laboral ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións.

a) A empresa poderá denega- la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. No caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo non superará anualmente ó 10% dos cadros de persoal, nin naqueles centros de traballo con menos de dez traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas por conta da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas por conta da empresa, o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivera traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 11º.-Integración social de minusválidos.

Para os efectos do previsto no artigo 38.1º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e tendo en consideración que as actividades e traballos nas obras comportan riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, o cómputo do 2% realizarase sobre o persoal adscrito a centros de traballo permanentes.

Artigo 12º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ambas partes, sindical e empresarial. Os seus acordos interpretativos deste acordo sectorial nacional terán a mesma eficacia cá da cláusula que fora interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumindo xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do artigo 20 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para solventa- las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido polas partes no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 13º.-Denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1998.