Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE MOBLES (36000355011985) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE MOBLES (36000355011985) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1999 en adelante

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Resolución do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de mobles. (Diario Oficial de Galicia num. 7400 de 20/04/1999)

Vista a acta da reunión da comisión negociadora do convenio colectivo do sector do comercio de mobles, da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-2-1999, na que se acordou con data do 23-2-1999 a revisión salarial para 1999, consonte co disposto nos artigos 9 e 10 do citado convenio colectivo, esta delegación provincial, de conformidade co sinalado no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de marzo de 1999. Antonio Coello Bufill Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial anexa do convenio colectivo de traballo provincial para o sector do comercio de mobles de Pontevedra Vixencia do 1-1-1999 ó 31-12-1999

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Os conductores percibirán o salario correspondente ás categorías de profesional de oficio de 1ª ou 2ª, de acordo co seu carné de conducir.

Vigo, 23 de febreiro de 1999.