Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE LA PIEL (27000165011982) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE LA PIEL (27000165011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 6 min

Revision das taboas salariales para os anos 2004 e 2005 do convenio colectivo para o sector "COMERCIO DA PEL E O CALZADO DE LUGO"(Codigo 2700165) (Boletín Oficial de Lugo num. 64 de 05/04/2005)

RELACIONS LABORAIS

CONVENIOS COLECTIVOS

Exp. 0012-2004 (Código 2700165) (REVISIÓN)

Visto o acordo para a revisión das táboas salariales para os anos 2004 e 2005 do convenio colectivo para o sector "COMERCIO DA PEL E O CALZADO DE LUGO", asinado o día 28 de febreiro de 2005, pola representación da Asociación Empresarial de Comercio da Pel e Calzado da Provincia de Lugo e das centrais sindicais, U.G.T. (66. 7%). CC.OO. (33.3%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexisiativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores,. e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTA DELEGACIÓN PROVINCIAL, ACORDA:

PRIMElRO: Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Delegación, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO: Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 23 de marzo de 2005.- A DELEGADA PROVINCIAL, Ana Chao Vázquez.

ASISTENTES

Pola parte empresarial

Asociación Empresarial de Comercio da Pel e Calzado da Provincia de Lugo:

ÁNGEL FOUZ FOLGUEIRA

Mª JOSÉ ROUCO LAMELA

Pola parte sindical

U.G.T. (66,7%)

FERNANDO TEIJEIRO VALLEDOR

PASTOR FUENTESECA DÍAZ

FERMÍN VARELA RODRÍGUEZ

CC.OO. (33,3%)

JAIME HERNÁNDEZ PENA

FRANCISCO JAVIER TRASHORRAS NOGUEIRA

ANSELMO SAMPEDRO ANIA (Asesor)

ACTA

En Lugo, sendo as 17:00 horas do día 28 de febreiro do 2005, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Provincial do Comercio da Pel e o Calzado de Lugo, co obxecto de elabora-la táboa salarial revisada do ano 2004 e a táboa salarial do ano 2005, elo conforme ó pactado no artigo 8 do convenio en vigor.

Logo das oportunas deliberacións, adóptanse os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.- Aproba-la táboa salarial revisada do ano 2004 do Convenio Colectivo Provincial do Comercio da Pel e o Calzado de Lugo conforme ó previsto no artigo 8 de dito Convenio.

Segundo.- Aproba-la táboa salarial do ano 2005 do Convenio Colectivo Provincial do Comercio da Pel e o Calzado de Lugo conforme ó previsto no artigo 8 de dito Convenio.

Terceiro.- Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da aprobación das táboas salariais ás que se fai referencia nos Acordos anteriores aboaránse ós traballadores no prazo dun mes dende a publicación das táboas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.- Remiti-la presente Acta, así como as táboas salariais aprobadas, á Autoridade Laboral competente ós efectos legais oportunos.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, e en proba de conformidade asinan os á marxe reseñados a presente acta, en lugar e data sinalados no encabezamento.

Ángel Fouz Folgueira, Mª. José Rouco Lamela, Fernando Teijeiro Valledor, Pastor Fuenteseca Díaz, Fermín Varela Rodríguez, Jaime Hernández Pena, Francisco Javier Trashorras Nogueira, Anselmo Sampedro Ania.

TÁBOA SALARIAL REVISADA 2004: CONVENIO COMERCIO PEL E CALZADO DE LUGO

Vixencia: 01/01/04 ó 31/12/04

CATEGORÍA PROFESIONAL

SOLDO MENSUAL

P.TRANSP E VESTUA.

RETRIBUCIÓN ANUAL

PERSOAL MERCANTIL TÉCNICO NON TITULADO

Xefe de Persoal

922,72

53,62

14.430,62

Xefe de Compras

922,72

53,62

14.430,62

Encarregado Xeral

922,72

53,62

14.430,62

Xefe de Almacén

791,33

53,62

12.459,77

PERSOAL MERCANTIL PROPIAMENTE DITO

Viaxante

689,45

53,62

10.931,57

Corredor de Praza

689,45

53,62

10.931,57

Dependente

651,33

53,62

10.359,77

Dependente Maior

716,46

53,62

11.336,72

Axudante (menor de 22 anos)

593,37

53,62

9.490,37

PERSOAL ADMINISTRATIVO

Contable

689,45

53,62

10.931,57

Oficial Administrativo

651,33

53,62

10.359,77

Auxiliar Administrativo

593,37

53,62

9.490,37

Auxiliar de Caixa de 16 a 18 anos

493,44

53,62

7.991,42

Auxiliar de Caixa

593,37

53,62

9.490,37

PERSOAL DE SERVICIOS E ACTIVIDADES AUXILIARES

Mozo

593,37

53,62

9.490,37

TÁBOA SALARIAL 2005: CONVENIO COMERCIO PEL E CALZADO DE LUGO

Vixencia: 01/01/05 ó 31/12/05

CATEGORÍA PROFESIONAL

SOLDO MENSUAL

P.TRANSP E VESTUA.

RETRIBUCIÓN ANUAL

PERSOAL MERCANTIL TÉCNICO NON TITULADO

Xefe de Persoal

948,09

55,09

14.827,34

Xefe de Compras

948,09

55,09

14.827,34

Encarregado Xeral

948,09

55,09

14.827,34

Xefe de Almacén

813,09

55,09

12.802,34

PERSOAL MERCANTIL PROPIAMENTE DITO

Viaxante

708,41

55,09

11.232,14

Corredor de Praza

708,41

55,09

11.232,14

Dependente

669,24

55,09

10.644,59

Dependente Maior

736,16

55,09

11.648,39

Axudante (menor de 22 anos)

609,69

55,09

9.751,34

PERSOAL ADMINISTRATIVO

Contable

708,41

55,09

11.232,14

Oficial Administrativo

669,24

55,09

10.644,59

Auxiliar Administrativo

609,69

55,09

9.751,34

Auxiliar de Caixa de 16 a 18 anos

507,01

55,09

8.211,14

Auxiliar de Caixa

609,69

55,09

9.751,34

PERSOAL DE SERVICIOS E ACTIVIDADES AUXILIARES

Mozo

609,69

55,09

9.751,34