Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO TEXTIL (27000205011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2009

Tiempo de lectura: 4 min

Documento oficial en PDF(Páginas 6-10)

Revision das taboas salariais para o ano 2009 e a actualizacion das mesmas para o 2010 do convenio colectivo para o sector comercio textil, da provincia de Lugo. Codigo de convenio 2700205 (Boletín Oficial de Lugo num. 82 de 13/04/2010)

Preambulo

Exp. 010- 2008 (Código 2700205). (REVISIÓN).

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2009 e a actualización das mesmas para o 2010 do convenio colectivo para o sector COMERCIO TEXTIL, da provincia de Lugo, asinado o día 24 de febreiro de 2010, pola representación da Asociación Empresarial Textil de Lugo e das centrais sindicais UGT e CCOO, que contan co 100% da representatividade, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTE DEPARTAMENTO TERRITORIAL, ACORDA:

PRIMEIRO:

Ordenala insdrición da revisión para o ano 2009 e as táboas para o 2010 do citado convenio colectivo no rexistro de convenios deste Departamento, así como o seu depósito.

SEGUNDO:

Remitilo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO:

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Lugo, 25 de marzo de 2010.

- O Xefe Territorial, Antonio Dacal López.

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DO COMERCIO TEXTIL DE LUGO ASISTENTES:

PARTE EMPRESARIAL: En representación da Asociación Empresarial Textil de Lugo:

D. ANTONIO DE LOS OJOS PÉREZ. D. JOSÉ ANTONIO CASTRO FERREIRO.

PARTE SOCIAL: D. FERNANDO TEIJEIRO VALLEDOR (U. G. T.).

D. MANUEL CHAÍN RODRIGUEZ (U. G. T.).

D. JESÚS A. CASTRO BAAMONDE (CCOO).

ACTA

En Lugo, sendo as 13 horas do día 24 de febreiro do 2010, reúnense as persoas relacioadas o marxe, compoñentes da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Provincial do Comercio Textil de Lugo.

A parte social encóntrase representada polas centrais sindicais UGT e CCOO, que dacordo cos datos do S. M. A. C, contan co 100% dos delegados do sector.

Pola parte empresarial, os presentes representan á Asociación Empresarial Textil da Provincia de Lugo. Ambas partes se recoñecen mutuamente a capacidade necesaria para negociar o convenio de eficacia xeral e ACORDAN:

1.

Publicar a tabla salarial definitiva para o ano 2009, a cal queda igual que a tabla provisional publicada no BOP de Lugo en data de 4 de agosto do 2009. A razón é que, en aplicación da cláusula de revisión salarial prevista no artigo 10 do convenio aplicable, está prevista unha revisión salarial polo exceso no caso de que o IPC real para este ano, resultara superior o previsto, e dado que o IPC real estatal a 31 de decembro do 2009 foi de 1,4%, e dicir, inferior ó IPC previsto para dito ano, non procede neste caso aplicar revisión salarial algunha.

2.

Elabórase a tabla salarial definitiva para o ano 2009 conforme ó establecido no punto 1.

3.

Asimesmo, ós efectos da elaboración da tabla salarial provisional para o ano 2010 e segundo o previsto no artigo 10 do convenio en vigor, acórdase aplicar o incremento pactado de 1,75% sobre a tabla salarial definitiva do 2009.

4.

Elabórase a tabla salarial provisional para o ano 2010, conforme ó establecido no punto 3.

5.

Os atrasos os que haxa lugar por aplicación do incremento salarial do ano 2010, deberán abonarse nun plazo de 2 meses dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, da táboa salarial do 2010.

E non habendo máis asuntos que tratar, déuse por finalizada a sesión, sendo as 14 horas da data e lugar indicados no encabezado.

ANEXOS: TABLAS SALARIALES 2009- 2010

ANEXO I: Tabla salarial del convenio colectivo del comercio textil de Lugo. Vigencia: 1/1/2009 al 31/12/2009- definitiva.

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)