Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITAR...12007) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
23/03/2017

Sentencia/Laudo. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITARIA, PASTELARIA, REPOSTARIA E PRATOS PREPARADOS (36004185012007) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 23 de Noviembre de 2016

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 9-10)

LAUDO ARBITRAL DO CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACION, CONFITERIAS, PASTELERIAS, REPOSTERIAS E PRATOS PRECOCIÑADOS (Boletín Oficial de Pontevedra num. 58 de 23/03/2017)

Convenio o Acordo:

INDUSTRIAS Y DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFITERÍA, PASTELERÍA, REPOSTERÍA Y PLATOS PREPARADOS

- Expediente: 36/01/0258/2016

- Data: 06/03/2017

- Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

- Código de Convenio número 36004185012007.

Visto o texto do laudo arbitral para dirimir as discrepancias relativas á salarios e atrasos na negociación do Convenio Colectivo Provincial do SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS PRE-COCIÑADOS, que foi ditado o día 23 de novembro do 2016, e tivo entrada no rexistro telemático de convenios e acordos colectivos de traballo da xefatura territorial da consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo o 15 de decembro do 2016, de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e deposito dos convenios e acordos colectivos de traballo, artigo 24.4 do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA), e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.10.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

ACTA DE ACORDO COLECTIVO

En Vigo, sendo as 11:00 horas do día 23 de novembro de 2016, no procedemento do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais e Solución de Conflitos de Traballo (AGA), promovido en escrito de data 22 de novembro de 2016 e constituída a mesa de mediación por compromiso de 22 de novembro de 2016, no conflito sobre salarios e atrasos na negociación do Convenio Colectivo Provincial do SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS COCIÑADOS, na que se nomea mediador a José Mª Casas de Ron, as partes que se reflicten a continuación chegan a acordo, co seguinte contido e cláusula única.

Son partes no procedemento en representación dos empresarios a representante de Aproinppa, Dª. Natalia Galán Tato, e co seu letrado asesor D. Raúl Vázquez Carneiro, e a representación das centrais sindicais con cláusula de representatividade no ámbito do convenio, que son: D. Ignacio Couñago Lara en representación de UGT, Dª Mercedes Carrera González en representación de CCOO e D. Luciano Villar González en representación da CIG.

O mediador considera cumpridos todos as garantías establecidas no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais e Solución de Conflitos de Traballo (AGA), e os de publicidade e principio de contradición entre as partes. Ase mesmo considérase perfectamente ilustrado sobre a materia en discusión, tamén consonte á anterior acta de 2 de agosto de 2016.

ÚNICA

As partes chegan ó acordo de actualizar as táboas salariais dos anos 2014, 2015 e 2016. Establecen que non se devengarán os atrasos correspondentes ós anos 2014 e 2015. Os traballadores/as afectados polo ámbito deste Convenio Colectivo Provincial do SECTOR DE INDUSTRIAS E DESPACHOS DE PANIFICACIÓN, CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, REPOSTERÍAS E PRATOS COCIÑADOS, terán regularizados os seus salarios consonte ó anterior antes do remate do presente ano 2016.

En proba de conformidade, asinan tódalas partes conxuntamente co mediador, no lugar e data anteditos.

O Xefe Territorial, Ignacio Rial Santomé.