Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTAR...11981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
01/11/2003

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITARIAS, REPOSTARIAS E PRATOS COCIÑADOS (NO VIGENTE. Ver 36004185012007) (36001015011981) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1994

Tiempo de lectura: 15 min

Tiempo de lectura: 15 min

Resolución do 19 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías e repostería para a provincia de Pontevedra. (Diario Oficial de Galicia num. 2400 de 02/02/1996)

Preambulo

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías e repostería para la provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o 11- 12- 1995, subscrito, en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios Artesanos de Pastelería y Panificación de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CNT e CIG o 6- 11- 1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena- la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena- lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) .

Terceiro.-

Dispoñe- la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de decembro de 1995. Antonio Coello Bufill Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para obradoiros e despachos de confiterías, pastelerías e repostería para a provincia de Pontevedra

 

Disposicións xerais

 
Artigo 1º.- Ámbito persoal.

O presente convenio afecta no seu contido normativo os traballadores de obradoiro e persoal mercantil propiamente dito de confeiterías e, no non previsto no desenvolvemento do seu articulado, aplicarase o contido na ordenanza laboral para as industrias da alimentación, aprobada por Orde do 8 de xullo de 1975, modificada nos seus artigos 2 e 7 porOrde do 8 de setembro de 1976, e ordenanza laboral para o comercio, respectivamente, así como as demais disposicións que, con posterioridade ás ditas normativas, puidesen regula- la actividade profesional dos ditos traballadores.

Artigo 2º.- Ámbito territorial.

A eficacia e obrigatoriedade do presente convenio alcanza a cantas empresas e sucursais estean establecidas e domiciliadas dentro dos límites da provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.- Vixencia e prórroga.

Este convenio producirá efectos económicos plenamente a partir do 12 de decembro de 1994 ata o 30 de novembro de 1995.

A súa duración será de 1 ano, é dicir, desde o 1 de decembro de 1994 ata o 30 de novembro de 1995.

Artigo 4º.- Denuncia.

A denuncia será feita por calquera das partes cunha anticipación mínima de dous meses á data da súa terminación. A dita denuncia terase que facer por escrito á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 5º.- Comisión paritaria.

1. Establécese unha comisión paritaria que terá as seguintes funcións:

a) As de mediación, arbitraxe e conciliación nos conflictos individuais e colectivos que lles sexan sometidos e dimanadas das redaccións dos acordos do presente convenio.

b) As de interpretación e aplicación do pactado.

c) As de seguimento do conxunto dos acordos.

2. Os acordos a que se cheguen na comisión paritaria en cuestións relacionadas polo presente convenio consideraranse parte del e terán a súa mesma eficacia e obrigatoriedade. Tales acordos remitiránselle á autoridade laboral para o seu rexistro.

3. A comisión paritaria queda composta por 5 membros da Asociación de Empresarios de Confeiterías e por 5 membros da representación social; os membros da dita representación social serán os sindicatos que correspondan en proporción ó seu número de representantes nas empresas deste convenio. Poderán asistir cun asesor, con voz pero sen voto.

4. Ámbalas partes asinantes deste convenio comprométense no prazo máximo de 20 días a partir da sinatura do presente convenio a reunirse para elabora- lo seu regulamento de funcionamento da comisión paritaria.

Réxime de traballo

Artigo 6º.- Xornada de traballo.

A xornada semanal de traballo será de 40 horas semanais, tanto para a xornada continuada como para a xornada partida, sendo a xornada dominical de 4 horas.

A xornada dominical para o persoal mercantil non se poderá prolongar máis das 21 horas.

Cando a xornada normal de traballo se realice de forma continuada establecerase un período de descanso de, cando menos, 15 minutos.

Artigo 7º.- Días de inactividade obrigatoria.

Consideraranse días de inactividade laboral obrigatoria os seguintes:

-Día 27 de abril: festividade da patrona do gremio. -Día 25 de decembro: festividade da Natividade do Señor.

-Día 1 de xaneiro. -Día 1 de maio: festa do traballo. Se por necesidades da empresa o traballador decidise traballar, terá dereito, ademais de á percepción económica como festivo, a 1 día máis de vacacións.

Artigo 8º.- Vacacións

O persoal acollido ó presente convenio terá dereito a desfrutar dunhas vacacións anuais retribuídas conforme as seguintes condicións:

1. As vacacións terán unha duración de 31 días naturais para todo o persoal afectado, calquera que sexa a súa clasificación profesional.

2. O salario que se percibirá durante o período de vacacións calcularase sobre o salario base do convenio máis antigüidade.

3. O período de vacacións será concedido de común acordo entre a empresa e o traballador en épocas que tradicionalmente non teñan unha especial actividade no sector de forma rotativa, pero preferentemente no verán.

4. O persoal de baixa por incapacidade laboral transitoria, con independencia da causa motivadora, disporá ou desfrutará da totalidade das vacacións, sempre que a súa reincorporación ó traballo se produza dentro do mesmo ano.

Artigo 9º.- Ingresos e cesamentos.

Todo traballador, salvo pacto en contrario, farao a título de proba, que terá a seguinte duración:

-Persoal técnico: 2 meses. -Persoal administrativo: 1 mes. -Persoal mercantil: 1 mes. -Persoal non cualificado: 15 días. Transcorrido o período de proba sen denuncia por ningunha das partes, o traballador continuará na empresa baixo as condicións establecidas no presente convenio. Os cesamentos na empresa deberán ser comunicados polos traballadores e por escrito con 15 días de anticipación, requisito sen o cal a empresa poderá descontar da liquidación do productor afectado o importe das retribucións diarias por cada día de retraso no aviso.

Artigo 10º.- Licencias retribuídas.

O persoal terá dereito a desfrutar da licencia retribuída nos casos que a continuación se establecen:

a) Matrimonio do productor: 15 días naturais.

b) Parto da esposa ou nacemento de fillo/s legalmente recoñecido/s como tal/es polo traballador: 5 días naturais.

c) Intervención cirúrxica de pais, fillos ou cónxuxes: 5 días naturais.

d) Falecemento de esposa, pais ou fillos: 5 días.

e) Para a atención de asuntos porpios, ineludibles e de grande importancia segundo as necesidades e desprazamentos:1 a 6días.

f) Por cambio de domicilio: 1 día.

g) Visita médica para asistencia persoal ou de fillos menores, cando coincida co horario de traballo, as horas necesarias, sendo preceptivo que o volante estea datado e asinado polo médico, facéndose consta- la hora de finalización da consulta.

h) Estudios, o tempo necesario para exames segundo o Estatuto dos traballadores.

Artigo 11º.- Persoal eventual.

Salvo nos casos de reserva de praza por enfermidade ou deber inescusable de carácter público, o contrato de traballo eventual non poderá ter unha duración superior a tres meses e pasado o dito prazo, e sen necesidade de denuncia, o productor converterase automaticamente en fixo, salvo as normas de categoría superior que contradigan o anteriormente mencionado. O persoal eventual deberá ser necesariamente contratado por escrito ante a oficina de emprego.

Artigo 12º.- Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade en tódolos postos de traballo, tanto para o home como para a muller, sen discriminación ningunha, desaparecendo calquera trato de desigualdade tanto favorable como adverso que tivese a muller, por calquera causa.

Condicións económicas

 
Artigo 13º.- Salario base.

Será o que se estableza exclusivamente para cada categoría na correspondente columna da táboa anexa.

Artigo 14º.- Antigüidade.

Consistirá en trienios ó 6 por cento sobre os salarios base do convenio. O número de trienios será de ata un máximo de 13 para aqueles traballadores que prestasen servicios antes do 15 de marzo de 1980. Para os que entrasen a traballar despois do 15 de marzo de 1980, o número de trienios será ata o máximo legal establecido.

Artigo 15º.- Gratificacións extraordinarias.

Establécense pagas extraordinarias de 30 días sobre o salario base do convenio e antigüidade. Estas pagas serán as do 15 de xullo e 23 de decembro, que serán aboadas no día anterior á data do seu devengo.

Así mesmo, percibirase unha paga consistente en 30 días do salario base do convenio máis antigüidade, en concepto de paga de beneficios, que se poderá fraccionar en dúas partes de 15 días, aboándose a primeira durante o mes de marzo e a segunda durante o mes de setembro.

Artigo 16º.- Axuda por xubilación.

A todo o persoal que se xubile con 10 anos como mínimo de servicio na empresa aboaráselle como premio de xubilación voluntaria a cantidade seguinte:

A partir dos 60 anos de idade 160.000 pesetas. Esta axuda estenderase igualmente ós traballadores que se vexan obrigados ó cesamento forzoso da súa actividade laboral como consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional, sempre que cumpra os requisitos esixidos neste artigo en canto á permanencia na empresa, calquera que sexa a súa idade, e que se fará efectivo unha vez que lle fose recoñecida legalmente a súa incapacidade.

Será de aplicación só para o persoal de obradoiro.

Artigo 17º.- Axuda por defunción.

Tódolos traballadores ó servicio das empresas suxeitas a este convenio colectivo causarán en caso de falecemento, en favor do cónxuxe, descendentes ou ascendentes e por esta orde, o dereito á percepción da cantidade correspondente a un mes de soldo e salario base máis antigüidade, que será aboado por ela. Esta axuda será compatible con calquera outra que lle corresponda.

Artigo 18º.- Plus de transporte.

En compensación dos gastos de transporte que ha de efectua- lo traballador para se desprazar ó seu posto de traballo, as empresas aboarán a cada un deles a cantidade de 208 pesetas diarias, como mínimo, en concepto de plus de transporte. Esta cantidade aboarase por día efectivamente traballado.

Os excesos que se produzan por encima desta cantidade serán pactados entre empresas e traballador.

Artigo 19º.- Horas extraordinarias.

En canto ás horas extraordinarias, aboaranse co 75% do recargo sobre o salario real, e dicir, sobre o total da táboa salarial anexa.

As horas extraordinarias traballadas en domingo e festivo aboaranse, en todo caso, no 150 por cento de recargo sobre o salario realmente percibido, é dicir, sobre o total da táboa salarial e a dita porcentaxe aplicarase exclusivamente para o persoal mercantil de confeiterías. Para o persoal de obradoiro o recargo será do cento por cento.

Tamén cabe que o traballador opte por compensa- las horas extraordinarias traballadas por tempos equi valentes a descanso retribuído incrementados nas porcentaxes correspondentes citadas.

Artigo 20º.- Complemento en caso de ILT.

Durante as situacións definidas como incapacidade laboral transitoria na Seguridade Social, a empresa aboará desde o primeiro día da baixa ó traballador afectado o 75 por cento do salario base máis antigüidade e a partir do 12º día da mesma o 100 por cen do dito salario base máis antigüidade. En caso de maternidade ou ingreso hospitalario aboarase o 100 por cen desde o primeiro día.

Artigo 21º.- Axudas de custo.

Terá dereito a axudas de custo o traballador que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexa obrigado a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lle imposibiliten o seu regreso, tendo que efectuar comidas ou tomar aloxamentos neses lugares.

A contía será: -Axuda de custo completa: 4.080 pesetas. -Comida: 1.166 pesetas. -Cea: 1.166 pesetas. -Cama: 1.748 pesetas. -Almorzo: 350 pesetas.

Artigo 22º.- Axuda escolar.

Todo traballador con fillos entre 2 e 6anos inclusives percibirá, en concepto de axuda de escolarización a contía de 3.730 pesetas anuais por cada fillo. Aboarao a empresa no mes de setembro.

O traballador que en abril de 1991 adquirise dereito a plus de incapacidade por fillo minusválido manterao nos termos do convenio de 1990.

Disposicións varias

 
Artigo 23º.- Altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada e lle entregar ós traballadores unha fotocopia da súa alta na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de 3 semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Artigo 24º.- Servicio militar.

Aplicarase o disposto no artigo 33 da ordenanza laboral para as industrias da alimentación.

Artigo 25º.- Roupa de traballo.

Con carácter xeral, as empresas suxeitas ó presente convenio colectivo proverán o persoal ó seu servicio obrigatoria e gratuitamente do seguinte número de pezas ó ano:

a) Dúas chaquetas.

b) Dous pantalóns.

c) Catro mandís.

d) Dous gorros. O seu uso será obrigatorio. Así mesmo, o persoal mercantil e de obradoiro terá a obriga de a conservar en bo estado. O persoal mercantil será provisto das pezas necesarias para o desempeño da súa función laboral.

Artigo 26º.- Excedencias e suspensións do contrato.

No referente a excedencia e outras suspensións de contrato, aplicarase o que establece o Estatuto dos traballadores nos seus artigos 45 e 48, matizando que o período mínimo da excedencia voluntaria será de 1 ano e só pode ser por menos se median fundamentos serios de orde familiar, de estudio, etc. O establecido no artigo 46, apartado 35 do Estatuto dos traballadores, no caso de excedencia por fillo menor queda ampliado a un período máximo de 3 anos.

Artigo 27º.- Comité de empresa.

A empresa facilitará local adecuado, caso de que dispoña del, para as reunións e consultas do delegado ou comité de delegados cos traballadores, así como un mural para pór comunicados, avisos, carteis, etc.

Artigo 28º.- Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores ou posterior lei que o modifique.

Disposicións derradeiras

 
Artigo 29º.- Garantía ad personam.

Polo presente convenio e, en concreto, por este artigo, respectaranse as condicións persoais que, globalmente consideradas, excedan do pacto no seu contido económico ou social, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 30º.- Partes asinantes.

O presente convenio foi concertado pola Asociación Provincial de Empresarios Artesanos de Pastelería y Panificación de Pontevedra e polas centrais sindicais CGT- CNT e CIG.

Artigo 31º.

Quedan incorporados ó texto do presente convenio os artigos 12 e 22 da ordenanza laboral para industrias da alimentación e artigos 16, apartados n) , ñ) , e o) e artigo 25 da ordenanza laboral para o comercio. Enténdese que o ascenso nas distintas categorías se orixinará cando se produza unha vacante en cada unha delas.

Táboa de salarios que rexirá desde o 1- 12- 1994 ata o 30- 11- 1995

Categorías profesionais Salario base Persoal de obradoiro: Mestre obradoiro 104.597 Encargado 104.597

Categorías profesionais Salario base Oficial técnico de primeira 95.294 Oficial de primeira 95.294 Oficial de segunda 79.176 Axudante 73.296 Peón 70.558 Aprendiz de 16 a 18 anos 53.527

Persoal acabado e empaquetado: Encargado 95.861 Auxiliar de máis de 18 anos 74.572 Auxiliar de menos de 18 anos 53.527 Aprendiz de 16 a 18 anos 53.527

Persoal de oficios varios: Oficial de primeira 95.861 Oficial de segunda 77.858 Oficial de terceira 73.296 Aprendiz de 16 a 18 anos 53.527

Subalternos: Vixilante (mercantil) 86.617 Vixilante (obradoiro) 71.775 Sereno 86.617 Muller de limpeza (por hora) .........

Administrativos: Xefe de primeira 107.630 Xefe de segunda 102.809 Oficial de primeira 99.073 Oficial de segunda 84.610 Auxiliar 75.329 Aspirante 54.237

Persoal mercantil propiamente dito: Corredor de praza 82.174 Dependente 79.176 Dependente maior 82.174 Axudante 74.377 Aprendiz de 16 a 18 anos 52.784