Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
08/04/2005

Revision. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Revisión Salarial para o ano 2004, do convenio colectivo para o sector da construcion da provincia de Ourense. Codigo de convenio n. º 3200155 (Boletín Oficial de Ourense num. 73 de 02/04/2005)

Unha vez visto o texto da acta levantada pola Comisión paritaria do convenio colectivo para o sector da construción da provincia de Ourense ( código de convenio n. º 3200155 - publicado no BOP n. º 242 do 19- 10- 2004) , que tivo entrada nesta delegación provincial o 3 de marzo de 2005, na que se acorda a actualización da táboa salarial do ano 2004, que subscribiron, con data 17 de febreiro do 2005, os membros da citada comisión, integrada: en representación da parte empresarial, pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción ( ACO) , e da parte social, en representación dos traballadores do sector, polas centrais sindicais: MCAUXT, FECOMACCOO e FCMCIG, e de conformidade co disposto no artigo 90. 2 º e 3 º , do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos d Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial acorda:

Primeiro. - Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. - Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación ( UMAC) .

Terceiro. - Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de marzo de 2005. O delegado provincial. Asdo. : José Lage Lage MCAUXT: D. Javier Carreiro Vázquez FECOMACCOO: D. Antonio Pérez Jácome FCMCIG: D. Xan Losada González

ACO: D. ª Sara González Jácome D. Cesáreo Fernández Ríos D. José Antonio Pérez Fernández En Ourense, sendo as 20: 00 horas do xoves día 17 de febreiro de 2005, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense ( ACO) os sinalados n marxe, previamente convocados para o efecto, partes signatarias do Convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense, ademais de membros integrantes da Comisión paritaria determinada polo artigo 7 º do Convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense. Preside a reunión D. Xan Losada González, nomeándose secretario a D. Cesáreo Fernández Ríos.

Como único punto da orde do día trátase o tema da revisión económica conforme co artigo 15 do Convenio provincial do sector da Construción da provincia de Ourense, e adóptanse os seguintes acordos, por unanimidade, previa deliberación, posterior debate e votación:

Primeiro: Unha vez publicado o IPC acumulado de xaneiro decembro de 2004 ( 3,2% ) , as partes signatarias do Convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense, de conformidade co artigo 15 ( cláusula de garantía salarial) do Convenio provincial do sector da construción da provincia de Ourense, acordan actualizala táboa de retribucións sobre o exceso producido ( 1,2% ) conforme o anexo I que se xunta á presente acta, e que forma parte integrante deste acordo, téndoo por reproducido nos seus propios e directos termos.

Conforme o pacto convencional, estes atrasos aboaranse dentro dos 15 días seguintes, contados desde a data da publicación do acordo no BOP.

Este acordo apróbase por unanimidade. Segundo: Por unanimidade facúltase a D. Cesáreo Fernández Ríos para presentar esta acta ante a Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

E ó non haber máis suntos que tratar remata a sesión, trala lectura e aprobación por unanimidade desta acta e do seu anexo, sendo as 20: 30 horas do día da data, asinado por sextuplicado, e para un só efecto.

Ver tabla no Anexo

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)