Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIA DE EBANISTERIA E AFINS (27000245011982) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIA DE EBANISTERIA E AFINS (27000245011982) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1995

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 25 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria da ebanistería e afíns. (Diario Oficial de Galicia num. 22400 de 15/11/1996)

Preambulo

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector da industria de ebanistería e afins (código 2700245) , da provincia de Lugo, asinado o día 29 de maio de 1996, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería e das centrais sindicais CIG, UGT, CC. OO e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 doReal decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real Decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena- la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-

Remiti- lo texto da revisión do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-

Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de xuño de 1996. Carlota Novo Ríos Secretaria provincial de Lugo

(Dto. 13/94, do 20.1)

Acta

Asistentes. Pola Asociación de Empresarios de Ebanistería da provincia de Lugo.

Ángel Hermida Seivane. Julio Moure López. Manuel López Insua. José Manuel López Barreal. Mª José Muñoz Rodríguez. Mª Jesús Pena Montouto. Gonzalo Expósito Choren.

Polas centrais sindicais. CIG (2) Guillermo Rey Rouco. Ignacio Javier García Gómez.

UGT (2) Jesús Darriba Burgo. Luis Castro Varela.

CC. OO. (2) Jesús Varela Lodeiro. Miguel Mendoza Sánchez.

USO (1) Jesús Cantero Pérez

En Lugo, sendo as 17 horas do día 29 de maio de 1996, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria prevista no artigo 3 do vixente convenio colectivo para a industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo, co obxecto de proceder á aplicación da cláusula de revisión salarial prevista no parágrafo segundo do artigo 11 bis do convenio colectivo para a industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo.

Despois das deliberacións pertinentes adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-

Aproba- la táboa de atrasos do convenio con vixencia desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995, atrasos que terán que facerse efectivos dentro do mes seguinte á acta.

Segundo.-

Aproba- la táboa de salarios do ano 1995 que servirá de base para aplica- lo incremento salarial que se pacte para o convenio colectivo para a industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo do ano 1996.

Terceiro.-

Remiti- la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión no lugar e na data indicados.

Táboa de atrasos convenio de industria de ebanisteria e afins da provincia de Lugo (Diferencia entre o incremento do 4,8% e o incremento xa aboado do 3,5%) . Vixencia: 1-1-1995 ó 31-12-1995

Categoria profesional Atrasos día Atrasos ano

Encargado e similares 42 19.110

Oficial de 1ª Conduc. e Asimil. 43 19.565

Oficial de 2ª Conduc. e Asimil. 41 18.655

Peón, axudante e asimilados 41 18.655

Aprendiz de 17 anos 25 11.375

Aprendiz de 16 anos 23 10.465

Categoría profesional Atrasos mes Atrasos ano

Xefe de oficina e proxectista 1.286 19.290

Oficial de 1ª Adm. e xefe taller 1.273 19.095

Oficial de 2ª Adm. e xefe taller 1.120 16.800

Auxiliar administrativo 1.215 18.225

Aprendiz maior de 18 anos 1.199 17.985

Táboa salarial convenio de industria de ebanisteria e afins da provincia de Lugo (unha vez aplicada a revisión do 4,8%; táboa base para aplica-lo incremento de 1996) . Vixencia: 1-1-1995 ó 31-12-1995

Categoria profesional Salario día Salario ano

Encargado e similares 3.438 1.564.290

Oficial de 1ª Conduc. e Asimil. 3.428 1.559.740

Oficial de 2ª Conduc. e Asimil. 3.319 1.510.145

Peón, axudante e asimilados 3.248 1.477.840

Aprendiz de 17 anos 2.059 936.845

Aprendiz de 16 anos 1.839 836.745

Categoria profesional Salario mes Salario ano

Xefe de oficina e proxectista 103.655 1.554.825

Oficial de 1ª Adm. e xefe taller 102.691 1.540.365

Oficial de 2ª Adm. e xefe taller 99.821 1.497.315

Auxiliar administrativo 97.916 1.468.740

Aprendiz maior de 18 anos 96.732 1.450.980