Convenio Colectivo de Sector de EDIFICACION Y OBRAS PUBLICAS (27000255011982) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Última revisión
02/06/2005

Revision. Convenio Colectivo de Sector de EDIFICACION Y OBRAS PUBLICAS (27000255011982) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 19 de abril de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2004 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas da provincia de Lugo. (Diario Oficial de Galicia num. 105 de 02/06/2005)

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2004 do convenio colectivo para o sector edificación e obras públicas da provincia de Lugo (código 2700255) , asinado o día 31 de marzo de 2005, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (36,0%) , FECOMA-CC. OO. (50.0%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e deposito de convenios colectivos de traballo

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Disponer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de abril de 2005. Ana Chao Vázquez Delegada provincial de Lugo

Asistentes. Representación sindical: Por MCA-UGT co 36%: Carlos García Vázquez. José Seijas Rouco. José Luis Combarro Infante.

Por FECOMA-CC. OO. co 50%: Ángel Barreiro Pérez. José Antonio Cabo Martínez. Jesús Varela Lodeiro.

José Manuel Brea Méndez. Por FCM-CIG co 8,5%: Antonio Niño Saavedra. Xosé Rios Cidrás. Luis Vigo Lage.

Representación patronal (APEC) : Hipólito Trinidad Losada. Ricardo Castro López. Luciano Méndez Lodos. Manuel Sánchez Varela. José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez. Na cidade de Lugo o 31 de marzo de 2005, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, e que integran a Comisión Mixta Deliberadora do convenio de edificación e obras públicas da provincia de Lugo, constituída o pasado día 23 de xuño de 2004, recoñecéndose lexitimación e capacidade suficiente para negociar en razón á representatividade que teñen, adoptan os seguintes acordos:

1. Aplicación da cláusula de garantía salarial establecida no artigo 7 do convenio, que establece: no suposto de que o índice anual de prezos ao consumo (IPC) ao 31 de decembro de 2004 supere o 2% correspondente ao IPC previsto para o 2004 nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica no exceso do respectivo tanto por cento con efectos desde o día 1 de xaneiro de 2004, conforme se establece no vixente acordo sectorial nacional.

A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6 deste convenio.

2. Apróbase a táboa que se xunta esta, aboándose os atrasos de retribucións en aplicación da referida cláusula de garantía salarial, no mes seguinte á publicación deste acordo no BOP ou no DOG. Aquelas empresas que aboasen cantidades á conta, aboarán unicamente as diferenzas que resulten de aplicación.

3. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Galicia en Lugo para o seu rexistro e envío ao DOG e o BOP.

E en proba de conformidade asinan esta acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, excepto a central sindical FCM-CIG, que non asiste, no lugar e a data indicados no encabezamento.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)