Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
01/03/2010

Revision. Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

Sector Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2010 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 72-73)

Resolucion do 29 de xaneiro de 2010, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro, o deposito e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2010. (Diario Oficial de Galicia num. 40 de 01/03/2010)

Preambulo

Visto o acordo polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2010, que subscribiu a comisión mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, na xuntanza que tivo lugar o 20 de xaneiro de 2010, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-

Ordenar a inscrición da dita revisión salarial no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo.-

Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Tercero.-

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

En Vigo, na sede da Editorial Galaxia, S.A., ás 10.30 horas do día 20 de xaneiro de 2010, coa asistencia de Pilar Sampil Sanchez e Carlos del Pulgar Sabín, en representación da Asociación Galega de Editores e de Fernando Fernández González e Jesús Costa Argibay, en representación do Sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), ten lugar a reunión da comisión mixta paritaria do convenio galego de editoriais, coa seguinte orde do día:

1º.-Táboa salarial ano 2010.

Adoptanse os seguintes acordos:

1º.-Táboa salarial ano 2010.

Consonte os artigos 48º.-Salario mínimo anual, 49º.-Salario Base, 50º.-Complemento lineal, 51º.-Gratificacións extraordinarias e 52º.-Paga de beneficios, do convenio colectivo galego de editoriais, establécese que:

Con efecto desde o 1 de xaneiro de 2010, a comisión mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais acorda proceder ao aumento do salario mínimo anual, no IPC real do ano 2009 que para Galicia calculase o Instituto Nacional de Estatística, 0,9% máis 0,25%, consonte a táboa salarial anexa.

O que, de conformidade con esta acta, asinamos en Vigo, o 20 de xaneiro de 2010.

Pola organización sindical CIG:

Jesús Costa Argibay

Fernando Fernández González

Pola Asociación Galega de Editores:

Pilar Sampil Sánchez

Carlos del Pulgar Sabín

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI