Convenio Colectivo de Empresa de VIGO RECICLA, UTE (36004013012005) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
14/03/2017

Revision. Convenio Colectivo de Empresa de VIGO RECICLA, UTE (36004013012005) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2016

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

TABOAS SALARIAIS DA EMPRESA VIGO RECICLA U.T.E. (Boletín Oficial de Pontevedra num. 51 de 14/03/2017)

Código de Convenio número 36004013012005.

Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se establecen as táboas salariais correspondentes ao ano 2016 (definitiva) e 2017 (provisional) na empresa VIGO RECICLA, U.T.E., subscrito en representación da parte económica, por unha representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal da empresa, en data 23 de xaneiro do 2017.

Primeiro.-Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 31 de xaneiro do 2017.

Segundo.-Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.-Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.-Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

Vigo, 20/02/2017.-O Xefe Territorial, Ignacio Rial Santomé.

ACTA DA REUNIÓN ENTRE O DELEGADO DE PERSOAL, XEFE DE RR.HH

E O RESPONSABLE DE CONTRATO DE VIGO RECICLA U.T.E.

PARTE EMPRESARIAL:

Guillermo Davila Davila (Xerente)

Fernando Caamaño de Aramburu (Xefe de RR.HH. de FCC/Delegación Galicia

Medio Ambiente)

Emiliano Lomba Rial (Responsable do Contrato)

PARTE SOCIAL:

CIG: Segastián Amorín Rodríguez (Delegado de Persoal)

En Vigo, ás 12 horas e 15 minutos, do día 23 de Xaneiro de 2.017 reúnense as persoas antes relacionadas, Delegado de Personal, Xefe de RR.HH. e Responsable de Contrato, para tratar dos puntos da orde do día seguintes:

1.-Revisión das Táboas Salariais

Tal e como está disposto no punto 2 (Cláusula de Garantía Salarial) do artigo 18 (Condicións Salariais), procédese a actualización das Táboas Salariais para o ano 2016.

Así mesmo, de acordo co punto 1 (Salarios) do artigo 18 (Condicións Salariais), procédese a un incremento do 1,5% sobre as táboas salariais definitivas do ano 2016, o cal queda reflectido nas Táboas Salariais provisionais para o ano 2017.

Tódalas partes mostran a súa conformidade e firman as Táboas Salariais correspondentes (2016 definitiva e 2017 provisional).

A parte empresarial manifesta que se procederá ao abono das diferenzas entre a táboa provisional de año 2016 e a definitiva unha vez que sexan enviadas e rexistradas a través do programa RECGON do Ministerio de Emprego.

Autorízase expresamente para este trámite a Don Luis Suárez Zarcos.

Sen máis puntos que tratar dáse por finalizada a reunión as 13:00 horas firmando tódolos presentes en proba de conformidade.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI