Revision. Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (15000745011981) de Coruña

Sector Autonomico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Volver al Convenio

Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion de inscripcion e publicacion do convenio colectivo do sector de hostaleria da provincia da Coruña. Codigo nº15000745011981 Convenio afectado por 30/08/2013 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2011 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de hostaleria (codigo convenio 1500745) Convenio afectado por 29/09/2007 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2006 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 31 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de hostalería. Convenio afectado por 26/09/2003 Diario Oficial de Galicia 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo do sector de hostalería 04/09/2003 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 12 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de hostalería da provincia da Coruña. Convenio afectado por 17/02/1999 Diario Oficial de Galicia 01/01/1997 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 21 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de hostelería. Convenio afectado por 26/02/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1995 No Vigente

Convenios anteriores

Modificación/Interpretación

    • Boletín Oficial de A Coruña nº 73 del 19/04/2017

      • Código: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña
      • Fecha Publicación: 19/04/2017
      • Fecha de efecto: desde 30/03/2017

      Visto o acordo relativo á prórroga da ultraactividade do convenio colectivo do sector de Hostalería da provincia da Coruña, (código de convenio 15000745011981), publicado no Boletín Oficial da provincia da Coruña o 30 de agosto de 2013, que foi suscrito pola comisión negociadora na xuntaza do 30.03.2017, de conformidade co disposto no artigo 90 do Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no Real decreto ...
    • Boletín Oficial de A Coruña nº 48 del 13/03/2017

      • Código: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña
      • Fecha Publicación: 13/03/2017
      • Fecha de efecto: desde 09/02/2017 hasta 30/03/2017

      Visto o acordo relativo á prórroga da ultraactividade do convenio colectivo do sector de Hostalería da provincia da Coruña, (código de convenio 15000745011981), publicado no Boletín Oficial da provincia da Coruña o 30 de agosto de 2013, que foi suscrito pola comisión negociadora na xuntaza do 09.02.2017, de conformidade co disposto no artigo 90 do Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no Real decreto ...
    • Boletín Oficial de A Coruña nº 120 del 29/06/2015

      • Código: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña
      • Fecha Publicación: 29/06/2015
      • Fecha de efecto: desde 20/05/2015 hasta 09/02/2017

      Vista o texto da acta da reunión celebrada o 20.05.2015 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de HOSTALERÍA da provincia da Coruña, na que aclara o artigo 22.6 do convenio colectivo publicado no B.O.P. do 30.08.2013, de conformidade co disposto no artigo 90 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos co...

Corrección

    • Diario Oficial de Galicia nº 7500 del 17/04/1996

      • Código: 15000745011981
      • Tipo: Sector
      • Ámbito: Coruña
      • Fecha Publicación: 17/04/1996
      • Fecha de efecto: desde 01/01/1995 hasta 01/01/2007

      Advertidos erros e omisións na publicación das táboas salariais do citado convenio colectivo no DOG nº 40, do 26 de febreiro, cómpre face– las oportunas correccións: 1995. Sección terceira: catering Categorías profesionais Luxo I. L. G. L. –Persoal cociña Xefe cociña 18.643 124.277 2ª xefe de cociña 18.017 120.115 Xefe partida 17.411 116.075 Reposteiro 17.411 116.075 Ofc. reposteiro 16.797 111.970 Cociñeiro 16.797 111.970 Axd. Coc.– Repos. 14.988 99.919 Pinche– Fregdra. 14.657...

Resolución do 29 de marzo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para os anos 2003 e 2004 do convenio colectivo do sector de hostalaría. (Diario Oficial de Galicia núm. 78 de 23/04/2004)

Primeiro

Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.


Segundo

Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.


Terceiro

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de marzo de 2004. Luis Alberto Álvarez Freijido Delegado provincial da Coruña

Na cidade da Coruña e na sede da Asociación Provincial de Hostalaría, reúnese a comisión paritaria del convenio colectivo provincial de hostalaría, integrada polas persoas que se relacionan á marxe.

Parte social: CC. OO.: José Paz Pena.

UGT: Elena Martínez López. José Luis Otero Gendre.

Parte empresarial:

Asociación de Ferrol: Emilio Vázquez Rey.

Asociación de Santiago de Compostela:

Juan Silva Alvite. Hospeco: Luis Gurriarán Rodríguez.

Asociación da Coruña:

Enrique Cornide Rodríguez. Punto único.

A comisión paritaria acorda a revisión das táboas salariais para os anos 2003 e 2004, segundo as táboas que se xuntan.

Artigo 6º.-Retribucións.

Os salarios garantidos e fixos que corresponden ás diversas categorías profesionais serán, a partir da vixencia deste convenio, os que figuran para calquera clase e categoría nas táboas anexas.

Aos traballadores que tivesen xa recoñecido o dereito da manutención e aloxamento, incrementaránselles, durante o ano 2003 a 40,70 e 11,56 euros mensuais, respectivamente, os salarios garantidos que figuran nas táboas citadas, durante o ano 2004 a 41,92 e 11,91 euros respectivamente, sempre e cando non fagan uso de tal dereito. Durante os anos 2004 e 2005 as devanditas cantidades aumentarán nas mesmas contías que os salarios.

Para todos os efectos entenderanse como salarios reais os garantidos establecidos nas táboas salariais anexas, incrementados co importe de aloxamento, manutención e antigüidade consolidada, en cada caso.

Artigo 19º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda nos establecementos clasificados de luxo, 1-A, 1-B e 2 daordenanza laboral, percibirán:

No ano 2003: O caixeiro xeral, 18,72 euros/mes; o caixeiro de hotel, 14,05 e 14,06 os caixeiros de departamento.

No ano 2004: O caixeiro xeral, 19,09 euros/mes; o caixeiro de hotel, 14,33 e 14,33 os caixeiros de departamento.

Para os anos 2004 e 2005 as devantidas contías incrementaranse no IPC.

Artigo 20º.-Servizos extraordinarios.

O persoal alleo á empresa que realice servizos extraordinarios percibirá as seguintes retribucións.

Durante o ano 2003:

- Xefe de cociña: 74,40 euros por servizo.

- Cociñeiro: 57,67.

- Axudante: 57,67.

- Fregadora: 57,67.

Persoal de comedor:

- Xefe de comedor: 74,40 euros por servizo.

- Camareiro: 57,67.

- Axudante: 57,67.

Durante o ano 2004:

- Xefe de cociña: 76,63 euros por servizo.

- Cociñeiro: 59,40.

- Axudante: 59,40.

- Fregadora: 59,40.

Persoal de comedor:

- Xefe de comedor: 76,63 euros por servizo.

- Camareiro: 59,40.

- Axudante: 59,40.

Nos anos 2004 e 2005 as contías incrementaranse na mesma forma que os salarios.

Cando o persoal extra realice a faena de montaxe, percibirá por isto a cantidade de 4,60 euros durante o ano 2004, incrementándose esa cantidade na mesma contía que os salarios.

O servizo corrente de restaurante ou limoada será retribuído con 1,79 euros de soldo inicial e tanto por cento correspondente garantido de 39,48 euros diarios.

Durante os anos 2004 e 2005 as contías serán incrementadas na mesma forma que os salarios.

Os servizos desta índole fóra da localidade producirán un aumento do 50% correspondente, sendo a cargo da empresa os portes de desprazamento, manutención e aloxamento a que houber lugar.

Táboas salariais definitivas 2003 Convenio colectivo provincial da hostalaría

(Incremento do 3,6%)

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)