Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS VITIVINICOLAS, ALCOHOLEIRAS, LICOREIR...75012000) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS VITIVINICOLAS, ALCOHOLEIRAS, LICOREIRAS E SIDREIRAS E O SEU COMERCIO (VENCIDO) (32000875012000) de Ourense

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2001

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Resolución de corrección de erros do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a publicación do texto do anexo I, táboa salarial para o ano 2001 do convenio colectivo de industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense, o cal non foi achegado para a súa publicación co texto deste. (Diario Oficial de Galicia num. 176 de 11/09/2001)

Preambulo

Visto o texto do anexo I, táboa salarial para o ano 2001 do convenio colectivo de industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense (código de convenio número 3200875) , con entrada nesta delegación provincial e que por erro non foi enviada para a súa publicación co texto do citado convenio.

Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro

Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 2 de xullo de 2001. José Lage Lage Delegado provincial de Ourense

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)