Convenio Colectivo de Sector de LIMPIEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS (15000945011981) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
11/04/2013

C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Sector de LIMPIEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS (15000945011981) de Coruña

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2011

Tiempo de lectura: 35 min

Tiempo de lectura: 35 min

Documento oficial en PDF(Páginas 13-24)

Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña. Codigo de convenio 15000945011981 (Boletín Oficial de A Coruña num. 69 de 11/04/2013)

Preambulo

Visto o expediente do CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA (código de convenio 15000945011981), que foi suscrito pola comisión negociadora na xuntaza do 14.03.2013, de conformidade co disposto no artigo 90 do Real decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e na Orde de 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia

ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:

1º.

Ordenar a súa inscripción no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2º.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 25 de marzo de 2013.

Xefa territorial

MARÍA PILAR CARIDAD ALONSO

CONVENIO COLECTIVO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA

 

PREÁMBULO

Determinación das partes que o concertan:

Este convenio colectivo concértano, recoñecéndose mutuamente capacidade e lexitimación suficiente derivada dos poderes ou mandatos outorgados a cada unha das partes para tal efecto, as que a continuación se expresan:

- Dun lado, en calidade de representación empresarial:

Asociación Provincial Empresas Limpeza

Ramón Salgado Fuentes

Jesús Gómez Vázquez

ASPEL

José Félix Valderrey de la Huerga

Ubaldo Pérez Rodríguez

Asesora empresarial

Marina Graña

- Doutro lado, en calidade de representación social:

UGT FES (representando al 36,98% do personal afectado polo convenio)

Gabriel Acitores López

Sandra Pedreira Precedo

María Jesús García Pérez

Juan M. Carreira García (asesor)

CC.OO. FNAADB (representando al 18,49% do personal afectado polo convenio)

Carlos Villar Cures (asesor)

Miguel Ángel Sáez Fernández

Vitoria Bello Barbeito

Purificación Álvarez López (asesora)

Artigo 1º.Ámbito funcional e territorial.

Este convenio regulará as relacións de traballo entre as empresas adicadas á contratación da limpeza de edificios e locais da Provincia da Coruña e os seus traballadores/as, cuxa relación laboral básica está establecida no acordo marco estatal ou equivalente.

Artigo 2º.Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores/as que presten os seus servicios nas empresas descritas no ámbito funcional, ou que sexan contratados durante a súa vixencia, tanto por empresas establecidas como polas que se establezan no futuro.

Artigo 3º.Vixencia e duración.

Con independencia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia ou Diario Oficial de Galicia, este convenio terá unha vixencia de catro anos dende o 1 de xaneiro de 2011 ó 31 de decembro do 2014.

Artigo 4º.Denuncia.

O presente convenio deberá denunciarse, por calquera das partes antes dos tres meses últimos do 2014.

Artigo 5º.Prórroga.

O presente convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, se ningunha das partes o denunciase ó seu termo ou ó dalgunha das súas prórrogas.

No caso de prorrogarse por un ano, efectuarase un aumento salarial, equivalente ó incremento porcentual do IPC no seu conxunto estatal nos doce meses anteriores.

Artigo 6º.Comisión paritaria.

A comisión paritaria constituirase no momento da sinatura do presente convenio. Esta comisión paritaria, constituída por seis representantes da parte empresarial, seis da Parte Social (3 de UGT e 3 de CCOO), será o Organismo cuxa función consistirá en vixiar e interpretar o cumprimento de cada un dos pactos que interveñen e constitúen a normativa do vixente pacto colectivo. Así mesmo, terá dentro das súas funcións todo o concernente á Formación Profesional, así como todas as funcións atribuidas na lexislación vixente.

No suposto de discrepancias no seo da comisión paritaria, estas poderán, por acordo das partes, ser sometidas ós sistemas non xudiciais de solución de conflitos establecidos no AGA.

Artigo 7º.Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores/as que con anterioridade á sinatura do convenio disfrutasen de mellores condicións, consideradas en conxunto e cómputo anual, que as aquí pactadas, conservarán as mesmas, a excepción do disposto no artigo 18.º.

Artigo 8º.Xornada laboral.

1.-A xornada máxima será de 39 horas semanais de traballo efectivo, sendo distribuídas a elección de cada empresa, e de cuxa distribución terá coñecemento o persoal. Esta distribución farase por traballador/a e a xeito de calendario, o cal deberá ser asinado polo traballador/a afectado e o seu representante. A xornada estará dividida en quendas de mañá, tarde e noite, sen que ningún traballador/a poida realizar máis de dous quendas.

Establecese o día de SábadoSanto como día festivo e non recuperable. Aqueles traballadores/as que por necesidades do servizo non puideran disfrutar este día daráselles outro día de descanso en compensación. Este día sinalarase pola empresa dependendo das necesidades do servicio.

Considerase como un mesmo centro de traballo as rutas e os comprendidos dentro dunha mesma zona comercial.

2.-Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo terán preferencia para o incremento da xornada laboral, antes de novas contratacións, os seguintes traballadore/as:

• Aquele/as traballadores/as que presten servizos en dito centro e houbesen tido reduccions de xornada dende o 1/1/2008 por causas obxectivas como consecuencia da actual crise economica, e non teñan a xornada completa.

• Aquele/as traballadore/as que presten servizos en dito centro e non teñan a xornada completa.

• Aquele/as traballadore/as que presten servizos en outros centros da empresa e houbesen tido reducions de xornada desde o 1/1/2008 por causas obxectivas como consecuencia da actual crise economica, e non teñan a xornada completa.

• Aquele/as traballadore/as que presten servizos en outros centros da empresa e non teñan a xornada completa.

En todolos casos anteriormente citados, caberán excepcións cando existan razóns organizativas ou productivas xustificadas.

Este punto 2 estará vixente ata o 31 de decembro de 2014, non lle sendo de aplicación ningún tipo de ultravixencia nin prórroga.

 

NOTA: Ver "Resolucion de inscricion e publicacion do acordo da comision paritaria do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña, no que se interpreta o contido dos artigos 12 e 8 do citado convenio", publicada o 21/07/2015

Artigo 8º.Xornada laboral.

1.- A xornada máxima será de 39 horas semanais de traballo efectivo, sendo distribuídas a elección de cada empresa, e de cuxa distribución terá coñecemento o persoal. Esta distribución farase por traballador/a e a xeito de calendario, o cal deberá ser asinado polo traballador/a afectado e o seu representante. A xornada estará dividida en quendas de mañá, tarde e noite, sen que ningún traballador/a poida realizar máis de dous quendas.

Establécese o día de Sábado Santo como día festivo e non recuperable. Aqueles traballadores/as que por necesidades do servizo non puideran disfrutar este día daráselles outro día de descanso en compensación. Este día sinalarase pola empresa dependendo das necesidades do servizo.

Considerase como un mesmo centro de traballo as rutas e os comprendidos dentro dunha mesma zona comercial.

2.- Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo, ou se proceda a cubrir unha vacante existente, terán preferencia para o incremento da xornada laboral, antes de novas contratacións:

• En primeiro lugar, o/as traballadores/as que presten servizos en dito centro e tiveran reducións de xornada por causas obxectivas dende o 1 de xaneiro de 2008, como consecuencia da crise económica actual, e non teñan xornada completa.

• En segundo lugar, o/as traballadores/as que presten servizos en dito centro e non teñan xornada completa.

• En terceiro lugar, o/as traballadores/as da empresa que presten servizos en outros centros da empresa e que tiveran reducións de xornada por causas obxectivas dende o 1 de xaneiro de 2008, como consecuencia da crise económica actual, e non teñan xornada completa.

• En cuarto lugar, o/as traballadores/as da empresa que presten servizos en outros centros da empresa e que non teñan xornada completa.

En tódolos casos anteriormente citados, caberán excepcións cando existan razóns organizativas ou produtivas xustificadas.

Este artigo do convenio colectivo finalizará a súa vixencia o 31 de decembro de 2014, non sendo de aplicación ningún tipo de ultravixencia nin prórroga.

Artigo 9º.Descansos.

Todo traballador/a de xornada continuada, terá dereito a un descanso de quince minutos obrigatorios, computable a todos os efectos como tempo de traballo efectivo.

Artigo 10º.Período de proba.

O período de proba quedará establecido nas seguintes formas:

a) Persoal obreiro ou subalterno: 15 días.

b) Persoal técnico e administrativo: 2 meses.

c) Persoal titulado: 2 meses.

Artigo 11º.Traballos de categoría superior.

No caso de que por necesidade da empresa, fixéranse traballos de categoría superior, percibiríanse os salarios correspondentes a esta categoría.

Artigo 12º.Vacacións.

Serán de trinta días naturais para tódolos traballadores e traballadoras afectados por este convenio, retribuídas de acordo co salario base, antigüidade, plus de asistencia e plus de transporte, así como o 50 % do Plus de Nocturnidade que se viñera percibindo.

As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, agás no caso de liquidación de contrato ou despido. As vacacións disfrutaranse por cada ano natural de servicio. No caso de que un traballador, ou traballadora, se empregue no transcurso do ano ou deixe a empresa no transcurso do mesmo, disfrutará do tempo de vacacións, segundo vínculo coa empresa.

O disfrute das vacacións anuais, será rotatorio, non estando ningún traballador/a obrigado a disfrutar as vacacións no inverno durante dous anos consecutivos, entendendo como meses de inverno, todos os do ano agás os de xuño a setembro, ambos inclusive.

O inicio do período de vacacións sempre será nun día laborable.

Aqueles traballadores/as que presten servicios para máis de unha empresa, estas deberán poñerse de acordo á hora de sinalar o período de vacacións destes traballadores/as. No caso de falta de acordo establecerase como período de vacacións aquel que se sinale na empresa para a que preste servicios con maior xornada.

No caso de que un/a traballador/a se atope en situación de I.T. orixinada por accidente laboral, iniciada con anterioridade o momento no que estivese previsto iniciar o seu período de vacacións, aprazaranse estas, disfrutaranse cando o servicio o permita, e en todo caso dentro do ano natural. En ningún caso se aprazarán cando o centro de traballo peche ou exista período fixo de disfrute para o persoal do centro de traballo.

 

NOTA: Ver "Resolucion de inscricion e publicacion do acordo da comision paritaria do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña, no que se interpreta o contido dos artigos 12 e 8 do citado convenio", publicada o 21/07/2015.

Artigo 13º.Licencias retribuídas.

As empresas darán obrigatoriamente licencias retribuídas, como se de traballo efectivo se tratasen a todos os traballadores que o soliciten, polos seguintes motivos:

- Por matrimonio: 20 días.

- Por matrimonio de fillos ou irmáns: un día.

- Por nacemento, adopción e acollemento de fillo/a ou por enfermidade grave ou hospitalización do conxuxe, pais e fillos, ou morte do conxuxe, pais, irmáns, irmáns políticos, sogros, avós, fillos e xenros/noras: tres días naturais. Se fose fóra da localidade: catro días. As licencias recollidas neste apartado entenderanse feitas ao compañeiro/a que de forma estable, e en situación de feito asimilable ao matrimonio, conviva co traballador/a, e logo de certificación de convivencia que acredite dita situación.

Enténdese por hospitalización o ingreso hospitalario con pernocta mínima dun día no centro hospitalario.

Nos supostos non recollidos neste apartado estarase ó establecido no Estatuto dos Traballadores.

- Cumprimento dun deber público ou para asistir ó médico: o tempo necesario.

- Cambio de enderezo: 1 día natural. Se fose fóra da localidade: dous días naturais.

- Por exames: o tempo necesario.

- Asistencia a xuízos: o tempo necesario.

- Por acompañamento ao médico a fillo/as menores de 14 anos ou ascendentes con dependencia recoñecida e que convivan co/a traballador/a: ata 8 horas anuais.

- A muller traballadora ten dereito a dezaseis semanas ininterrompidas ampliables por parto múltiple ata dezaoito semanas. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que ó menos seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso das mesmas, o pai ó coidado do fillo/a.

Artigo 14º.Licencias non retribuídas.

Durante o ano concederanse sete días de licencias non retribuídas, segundo as necesidades dos traballadores/as. Estas licencias non se poderán fraccionar en máis de dous períodos.

Artigo 15º.Prendas de traballo.

As empresas darán dende o primeiro día de traballo as prendas de protección, hixiene e traballo que fosen necesarias segundo o que prescribe a actual normativa de prevención de riscos laborais, incluindo o calzado con sola antideslizante e suxecion o tobillo. Ademais e obrigatoriamente entregaranse, como mínimo, dous buzos ou prendas de traballo por ano de servicio. No momento da entrega das prendas de traballo, ou ó remate do contrato de traballo, o traballador/a deberá devolver as prendas usadas, se así é requirido pola empresa.

Artigo 16º.Vestiarios.

A empresa virá obrigada a solicitar de cada un dos seus clientes que se facilite un cuarto apropiado ás necesidades de persoal.

Artigo 17º.Salarios.

Os salarios serán os que se reflexan nas táboas salariais anexas.

Artigo 18º.Antigüidade consolidada para os/as traballadores/as con data de ingreso anterior o 1/1/1998.

Dende do 31.12.1998 non se devengan novos trienios. No caso de aqueles/as traballadores/as que estivesen contratados antes do 01.01.1998, abonarase un complemento persoal de antigüidade consolidada, devengada ata o 31.12.1998, segundo as contías recoñecidas no seu intre. A todos aqueles traballadores que na fecha da firma do convenio colectivo do ano 1998 tiveran pendente de cumprir un novo trienio, abonaráselles a parte corresponde ó tempo transcorrido dende a dato do último trienio cumprido e o 31.12.1998, rateado por meses, segundo as contías recoñecidas no seu intre.

Artigo 19º.Plus de asistencia.

Establecese un plus de asistencia nas contías que figuran nas táboas salariais anexas.

Este Plus percibirase nas doce mensualidades, e a prorrata da xornada realizada.

No caso de faltar ó traballo 1 día ou 2 medios, sen xustificar, descontarase a totalidade do plus.

No caso de enfermidade descontarase a parte proporcional ós días faltados, coas excepcións que quedan recollidas no artigo 37 do convenio.

Artigo 20º.Plus de transporte.

Establecese un Plus de Transporte das seguintes cuantías:

- 65,91 euros mensuais durante os anos 2011 e 2012;

- 66,44 euros mensuais durante o ano 2013.

- 67,10 euros mensuais durante o ano 2014,

Para tódolos traballadores e traballadoras, calquera que sexa a súa idade ou categoría.

Este plus percibirase nas doce mensualidades, e a prorrata da xornada realizada.

Artigo 21º.Anticipos.

Os traballadores e traballadoras terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o cobro dos salarios, anticipos a conta do traballo xa realizado, non podendo ser superior ó 90 por 100 do realmente traballado. Entenderase como salario o correspondente a unha mensualidade, máis a parte proporcional das pagas extraordinarias.

Artigo 22º.Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose aos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: Si á súa realización.

b) Horas extraordinarias habituais: supresión.

c) Horas extraordinarias estructurais, que serán as necesarias por contratos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural ou técnico da propia natureza da actividade: mantenemento, sempre que non quede a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

d) En relación ó obxectivo de estimular a creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do E.T. O incumprimento deste artigo será considerado falta grave.

As horas extraordinarias serán abonadas con un 25 % de recargo por encima do valor da hora ordinaria. O persoal que viñera cobrando as horas extras nunha cuantía superior á aquí establecida, respectaráselle esa cuantía a nivel individual.

Artigo 23º.Pago de salarios.

As retribucións mensuais serán abonadas polas empresas dentro dos catro primeiros días de cada mes. A empresa concederá unha hora para o cobro cando se faga por talón e coincida totalmente o horario laboral do/a traballador/a co horario bancario de atención ao público.

Artigo 24º.Pagas extraordinarias.

Todo o persoal percibirá dúas pagas extraordinarias: paga extra de xullo e paga extra de Nadal. As citadas pagas abonaranse non máis tarde do 15 de xullo, a de xullo, e non máis tarde do 20 de decembro, a de Nadal.

O devengo das citadas pagas extraordinarias serán do 1 de xullo ó 30 de xuño, a de xullo, e do 1 de xaneiro ó 31 de decembro, a de Nadal.

O importe destas pagas será unha mensualidade de salario base máis o complemento de antigüidade consolidada.

As pagas extras percibiranse na súa integridade, independentemente que o traballador, ou traballadora, estivera en situación de I.T. por calquera causa.

Artigo 25º.Gratificación en concepto de beneficios.

Consideraranse como tais e na cuantía dunha mensualidade de salario base máis o complemento de antigüidade consolidada. Esta paga deberá referirse ó ano natural anterior, abonándose a prorrata do tempo de servicio. Dita paga abonarase entre os días 10 e 20 do mes de marzo.

Ó igual que nas recollidas no artigo anterior, a paga de beneficios percibirase na súa integridade independentemente que o traballador, ou traballadora, estivera en situación de I.T. por calquera causa.

Artigo 26º.Dietas.

Establecese un importe mínimo para as dietas establecidas no acordo marco estatal ou acordo que o substitúa, na contía de 40,77 € cando se teña que comer e pernoctar fóra de casa, de 24,46 € cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 13,68 € cando se realice unha soa comida.

Artigo 27º.Nocturnidade.

Fíxase un plus de traballo nocturno dun 30 por 100 do salario base da táboa anexa para todos os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e as 6 horas.

Todos o persoal que traballe máis do 80 por 100 da súa xornada en horas nocturnas, cobrarán o plus de nocturnidade sobre o 100 por 100 do salario base mensual.

Artigo 28º.Cláusula de Inaplicación do convenio.

É intención das partes asinantes dar pleno cumprimento ó contido pactado no convenio colectivo durante toda a vixencia do mesmo. Por elo, si excepcionalmente xurdira calquera posible necesidade de inaplicación do mesmo, a empresa exporá tal circunstancia a súa comisión paritaria, coa vontade de buscar solucións non traumáticas que permitan facer fronte á problemática plantexada, comprometéndose ambas partes a poñer todos os esforzos para alcanzar un acordo.

Una vez transcurrido un prazo non superior a 7 días sen que as partes alcanzasen un acordo no seo da comisión paritaria, poderase acudir, de conformidade co disposto no artigo 82 do Estatuto dos Traballadores, ós procedementos establecidos no AGA, de mediación ou conciliación instadas por calesquera das partes, ou no seu caso de arbitraxe, sempre e cando este sexa instado de común acordo por ámbalas dúas partes.

Artigo 29º.Seguro de vida.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo a favor de todo o persoal por un capital de 22.000 € para as continxencias de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez derivadas calquera delas de accidente laboral, incluído o accidente "in itinere".

Todos aqueles traballadores que realicen ½ xornada ou menos, terán como capitais asegurados o 50% do expresado anteriormente. Aqueles que traballen en máis dunha empresa, terán ditas coberturas en cada unha delas.

Artigo 30º.Embarazos.

Durante a época de embarazo, por prescrición médica ou indicación do facultativo, a traballadora ocupará un posto de menos esforzo.

A traballadora embarazada disporá dos permisos necesarios para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto, previo aviso á empresa, e xustificación posterior da súa necesidade de efectualos dentro da xornada de traballo.

Artigo 31º.Xustificantes médicos.

Será obrigación da empresa proporcionar a cada centro de traballo os volantes de asistencia para uso dos traballadores no caso de enfermidade. Dito volante, selado e asinado polo médico e cumprimentado polo mesmo, deberá ser suficiente como xustificante do tempo de ausencia do traballador.

Artigo 32º.Saúde laboral.

Será de aplicación a vixente Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e normativa que a desenvolve.

Dentro da vixilancia da saúde, á que todo/a traballador/a ten dereito, establécese a obrigatoriedade, dentro das revisións médicas establecidas nas evaluacions de riscos das empresas, de análise de sangue e ouriños.

As empresas recoñecen o dereito dos empregados/as a traballar nun medio exento de riscos de acoso sexual e comprométense a non permitir nin tolerar ningún comportamento desa natureza.

Acoso sexual.-Denomínase acoso sexual aquelas conductas verbais ou físicas de natureza sexual que son consideradas ofensivas e non desexables pola persoa que as sofre.

As persoas comprométense a tratar con discreción e prontitude as reclamacións que se presenten por este motivo tanto de xeito persoal ou a través dos comités de empresa ou delegados/as de persoal.

Tamén se comprometen a non exercer ningún tipo de represalias sobre as persoas que sufran ou denuncien actuacións deste tipo.

Artigo 33º.Adscrición do persoal.

1.-Ó termo da concesión dunha contrata de limpeza os traballadores da empresa contratista saínte pasarán a ser adscritos á nova titular da contrata quen se subrogará en todos os dereitos e obrigacións, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores en activo que presten servicios en dito centro cunha antigüidade mínima de seis meses, sexa cal fose a modalidade do seu contrato.

b) Traballadores que no momento do cambio de titularidade da contrata se atopen enfermos, accidentados,en excedencia, no servicio militar ou en situación análoga, sempre e cando prestaran os seus servicios no centro de traballo de subrogación con anterioridade á suspensión do contrato de traballo, e que reúnan a antigüidade mínima establecida no apartado a).

c) Traballadores que con contrato de interinidade substitúan a algúns dos traballadores citados no apartado anterior.

d) Traballadores de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporaran ó centro de traballo como consecuencia da ampliación da contrata, dentro dos últimos seis meses.

e) O persoal incorporado polo anterior titular a este centro de traballo dentro dos seis meses, seguirá pertencendo a dita empresa e non se producirá a subrogación citada agás que se acredite a súa nova incorporación ó Centro e a empresa.

2.-Todos os supostos anteriormente contemplados deberán acreditarse, feacientemente e documentalmente pola empresa saínte no prazo de cinco días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contará dende o momento no que a empresa entrante comunique feacientemente á saínte e á Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza da Coruña, ser a nova adxudicataria do servicio. De non cumprir este requisito a empresa entrante, automaticamente, e sen máis formalidades, subrogarase en todo o persoal que preste os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores, só se extingue no momento que se produza a subrogación do mesmo á nova adxudicataria.

3.-Non operará a subrogación no caso dun contratista que realice a primeira limpeza e non subscribise contrato de mantemento.

4.-Se a subrogación dunha nova titular da contrata, implicase que un traballador realizase a súa xornada en dous centros distintos afectando a un só deles o cambio de titularidade da contrata, os titulares das mesmas xestións o pluriemprego legal do traballador, así como o disfrute conxunto de período de vacacións, aboándose pola empresa saínte a liquidación por partes proporcionais das pagas correspondentes. esta liquidación non implicará o finiquito, se se segue traballando para a empresa.

5.-A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento ás partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador.

Non desaparecerá o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio suspendese o mesmo por un período inferior a dous meses, dito persoal con todos os seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos a facilitar pola empresa saínte á entrante:

- Documento de adscrición (anexo II)

- Certificado do organismo competente de estar ó corrente do pago da Seguridade Social.

- Fotocopias das 4 últimas nóminas do persoal afectado.

- Fotocopia dos TC1 e TC2 de cotización á Seguridade Social dos 4 últimos meses.

- Copia do último contrato de traballo e as súas prórrogas, no caso de existir.

- Relación do persoal na que se especifique nome e apelidos, enderezo, n.ºde afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de disfrute das súas vacacións.

- Igualmente, e dentro dos 15 días seguintes á subrogación, a empresa saínte estará obrigada a enviar á empresa entrante, copia dos documentos, debidamente dilixenciados por cada traballador/a, no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente cantidade algunha. O incumprimento da entrega deste documento en nada afectará á subrogación dos traballadores/as.

Artigo 34º.Contratos para a formación e o aprendizaxe.

Os contratos de aprendizaxe en vigor, terán a retribución correspondente a aplicar o tanto por cen que establece a normativa vixente, sobre o salario establecido para cada categoría no presente convenio.

Artigo 35º.Contratos eventuais por circunstancias do mercado.

De conformidade co establecido no artigo 15.1.b) do Estatuto dos Traballadores, o contrato por circunstancias do mercado, a que se refire dito artigo, poderá celebrarse por períodos que, individualmente ou en conxunto, non superen os doce meses dentro dun período de 16 meses.

No suposto de non producirse a extinción á terminación da vixencia máxima do mesmo, se o traballador/a segue prestando servicios á empresa, o contrato se transformará en indefinido.

O presente contrato so será de aplicación para o persoal que preste servicios directamente para as empresas do sector, nunca ós de empresas de traballo temporal.

Artigo 36º.Ceses voluntarios.

O prazo de aviso previo nos casos de cese voluntario dos traballadores e traballadoras será de 15 días.

Artigo 37º.Incapacidade temporal.

Os traballadores e traballadoras afectados polo presente convenio que causen baixa por accidente laboral percibirán o 100 por 100 do salario convenio dende o primeiro día de baixa.

Así mesmo, percibirán o 100 por 100 do salario convenio dende o primeiro día de baixa ata un máximo de catro meses, os traballadores que causen baixa de I.T. con hospitalización ou por intervención cirúrxica, independentemente, de que parte de dito período estivese hospitalizado e parte de convalecencia domiciliaria.

O plus de asistencia, as pagas extras e a paga de beneficios non se verán afectadas no seu importe habitual polas situacións de I.T. derivadas de accidente de traballo. Tampouco se verán afectados no seu importe polas baixas de I.T. contempladas no parágrafo anterior durante o período e nas condicións sinaladas no mesmo. Con respecto á I.T. derivada de enfermidade común ou accidente non laboral terase en conta o disposto nos artigos 24 e 25 do presente convenio, en relación co abono das pagas extraordinarias e gratificación de beneficios.

Artigo 38º.Xubilación especial ós 64 anos.

Ambas partes acordan potenciar a xubilación especial ós 64 anos, segundo a normativa actual vixente.

Artigo 39º.Dereitos sindicais.

As empresas incluídas no ámbito funcional deste convenio, descontarán na nómina mensual dos traballadores, a petición destes, o importe da cota sindical correspondente. Para o cal, os traballadores interesados, remitiran á dirección da empresa un escrito no que expresarán con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato á que pertencen, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou libreta de aforros do banco ou caixa de aforros para poder ser transferida a citada cantidade.

Os traballadores que ostentando a condición de representantes sindicais realicen a súa xornada laboral en horas nocturnas poderán disfrutar as horas sindicais que puideran corresponderlles na xornada laboral anterior ou posterior, de común acordo coa dirección da empresa e seguindo en todo caso criterios organizativos.

Seccións sindicais: amplíase ás empresas de 50 ou máis traballadores todos os dereitos sobre seccións Sindicais de empresa, os estipulados na Lei orgánica 11/85, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Igualmente, nas empresas de 50 ou máis traballadore/as nas que non exista representación legal de traballadores, e en tanto en canto non se celebren eleccións sindicais, as organizacións sindicais firmantes deste convenio e que teñan a consideración de máis representativas, poderán constituir seccións sindicais e nomear delegado sindical nas mesmas condicións que no expresado neste artigo.

Quen obteña cargos a nivel provincial, autonómico ou estatal, nas organizacións sindicais terán dereito á excedencia forzosa, con reserva do posto de traballo e reingreso automático. Así mesmo terán dereito á asistencia e ó acceso aos centros de traballo para participar en actividades propias do seu sindicato ou do conxunto dos traballadores, previa comunicación ó empresario e sen que o exercicio deste dereito poda interromper o desenvolvemento normal do proceso productivo.

As empresas facilitarán na medida das súas posibilidades a realización de asembleas cando fose necesario, naqueles centros que reúnan condicións para elo e nos demais centros facilitarán aos traballadores a asistencia a ditas asembleas cando se realicen noutro lugar. O exercicio deste dereito non afectará á xornada laboral polo que será recuperable o tempo de traballo que se vexa afectado pola realización das citadas asembleas.

Polo demais, as competencias e garantías da representación dos traballadores, será a establecida nos artigos 64 e 68 do E.T. e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 40º.Normas supletorias.

Serán normas subsidiarias do establecido neste convenio, o acordo marco estatal ou norma equivalente.

Artigo 41º.Solución de conflictos.

As partes asinantes deste convenio, durante a vixencia do mesmo, acordan someterse ás disposicións contidas no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), nos propios termos en que están formuladas.

Artigo 42º.Xubilación parcial.

Aos traballadores/as que reunindo as condiciones legais para a súa xubilación parcial, salvo a idade (menor de 65 anos), a soliciten e lles sexa recoñecida, as empresas estarán obrigadas a concederlla cando a reducción da xornada solicitada sexa o máximo legalmente establecido (o 85%) e o/a traballador/a opte por prestar os seus servicios de forma acumulada dentro de cada ano natural, debendo empresa e traballador/a acordar o período do ano no que deba traballarse.

Cando se solicite polo/a traballador/a outros porcentaxes de reducción terase que chegar a un acordo entre empresa e traballador/a.

Artigo 43º.Permiso por lactancia.

Os/as traballadores/as poderán acumular o permiso por lactancia, regulado no artigo 37-4 do Estatuto dos Traballadores, sempre que sexa a continuación da baixa por maternidade, por días completos e contabilizando en cada empresa o tempo que supón a hora de lactancia.

Cláusula adicional primeira.

Todo o establecido neste convenio estará vixente e de plena aplicación ata que sexa substituído por outro convenio negociado pola partes. Non obstante, para favorecer o interese negociador das partes, esta ultravixencia unicamente se producirá durante 24 meses seguintes á finalización de vixencia normal do convenio, ou de calesquera das suas prórrogas, segundo o artigo 5 do actual convenio.

ANEXO I. TÁBOAS SALARIAIS

Salarios base dende 1/01/2011 ata 31/12/2011

ADMINISTRATIVOS

Mensual (€)

Anual (€)

Xefe/a de primeira

1.327,66

19.914,90

Xefe/a de segunda

1.277,02

19.155,30

Caixeiro/a

1.246,45

18.696,75

Oficial de primeira

1.200,55

18.008,25

Oficial de segunda

1.069,40

16.041,00

Auxiliar

977,68

14.665,20

Telefonista

949,54

14.243,10

Cobrador/a

949,54

14.243,10

MANDOS INTEMEDIOS

Encargado/a xeral

1.233,84

18.507,60

Encargado/a de zona

1.145,51

17.182,65

Encargado/a de sector

1.098,03

16.470,45

SUBALTERNOS/AS

Ordenanza

886,01

13.290,15

Almaceneiro/a

869,33

13.039,95

Mozo/a de recados

698,14

10.472,10

PERSOAL DE LIMPEZA

Encargado/a

943,83

14.157,45

Responsable de equipo

897,65

13.464,75

Especialista

1.021,38

15.320,70

Conductor/a-limpador/a

1.070,39

16.055,85

Peón especialista

906,36

13.595,40

Peón

883,58

13.253,70

Limpador/a

883,58

13.253,70

Plus de asistencia

66,30

795,60

Salarios base desde 1/01/2012 ata 31/12/2012

ADMINISTRATIVOS

Mensual (€)

Anual (€)

Xefe/a de primeira

1.327,66

19.914,90

Xefe/a de segunda

1.277,02

19.155,30

Caixeiro/a

1.246,45

18.696,75

Oficial de primeira

1.200,55

18.008,25

Oficial de segunda

1.069,40

16.041,00

Auxiliar

977,68

14.665,20

Telefonista

949,54

14.243,10

Cobrador/a

949,54

14.243,10

MANDOS INTERMEDIOS

Encargado/a xeral

1.233,84

18.507,60

Encargado/a de zona

1.145,51

17.182,65

Encargado/a de sector

1.098,03

16.470,45

SUBALTERNOS/AS

Ordenanza

886,01

13.290,15

Almaceneiro/a

869,33

13.039,95

Mozo/a de recados

698,14

10.472,10

PERSOAL DE LIMPEZA

Encargado/a

943,83

14.157,45

Responsable de equipo

897,65

13.464,75

Especialista

1.021,38

15.320,70

Conductor/a-limpador/a

1.070,39

16.055,85

Peón especialista

906,36

13.595,40

Peón

883,58

13.253,70

Limpador/a

883,58

13.253,70

Plus de asistencia

66,30

795,60

Salarios base desde 1/01/2013 ata 31/12/2013

ADMINISTRATIVOS

Mensual

Anual

Xefe/a de primeira

1.338,28

20.074,20

Xefe/a de segunda

1.287,24

19.308,60

Caixeiro/a

1.256,42

18.846,30

Oficial de primeira

1.210,15

18.152,25

Oficial de segunda

1.077,96

16.169,40

Auxiliar

985,50

14.782,50

Telefonista

957,14

14.357,10

Cobrador/a

957,14

14.357,10

MANDOS INTEMEDIOS

Encargado/a xeral

1.243,71

18.655,65

Encargado/a de zona

1.154,67

17.320,05

Encargado/a de sector

1.106,81

16.602,15

Subalternos/as

Ordenanza

893,10

13.396,50

Almaceneiro/a

876,28

13.144,20

Mozo/a de recados

703,73

10.555,95

PERSOAL DE LIMPEZA

Encargado/a

951,38

14.270,70

Responsable de equipo

904,83

13.572,45

Especialista

1.029,55

15,443,25

Conductor/a-limpador/a

1.078,95

16.184,25

Peón especialista

913,61

13.704,15

Peón

890,65

13.359,75

Limpador/a

890,65

13.359,75

Plus de asistencia

66,83

801,96

Salarios base desde 1/01/2014 ata 31/12/2014

ADMINISTRATIVOS

Mensual (€)

Anual (€)

Xefe/a de primeira

1.351,66

20.274,90

Xefe/a de segunda

1.300,11

19.501,65

Caixeiro/a

1.268,98

19.034,70

Oficial de primeira

1.222,25

18.333,75

Oficial de segunda

1.088,74

16.331,10

Auxiliar

995,36

14.930,40

Telefonista

966,71

14.500,65

Cobrador/a

966,71

14.500,65

MANDOS INTEMEDIOS

Encargado/a Xeral

1.256,15

18.842,25

Encargado/a de Zona

1.166,22

17.493,30

Encargado/a de Sector

1.117,88

16.768,20

SUBALTERNOS/AS

Ordenanza

902,03

13.530,45

Almaceneiro/a

885,04

13.275,60

Mozo/a de recados

710,77

10.661,55

PERSOAL DE LIMPEZA

Encargado/a

960,89

14.413,35

Responsable de equipo

913,88

13.708,20

Especialista

1.039,85

15.597,75

Conductor/a-limpador/a

1.089,74

16.346,10

Peón especialista

922,75

13.841,25

Peón

899,56

13.493,40

Limpador/a

899,56

13.493,40

Plus de asistencia

67,50

810

ANEXO II. DOCUMENTO DE ADSCRICIÓN

Empresa______________________________________N.º Seg. Soc.__/__________

Enderezo________________________________________C.I.F.________________

Centro de traballo:______________________________________________________

Traballador/a___________________________________N.º Seg. Soc.__/__________

Enderezo________________________________________D.N.I._______________

Data de antigüidade_______________Categoría laboral____________________

Xornada diaria_____horas_____minutos Xornada semanal_____horas____ minutos

Horario de traballo: de_____________a_____________

de_____________a_____________

Observacións: ____________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________________

Pola empresa O traballador/a traballadora

2013/3879