Convenio Colectivo de Sector de LIMPIEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS (15000945011981) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
01/08/2019

Revision. Convenio Colectivo de Sector de LIMPIEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS (15000945011981) de Coruña

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2019

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Resolucion de inscricion e publicacion das taboas salariais definitivas do ano 2019 do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de A Coruña. Codigo de convenio colectivo 15000945011981 (Boletín Oficial de A Coruña num. 144 de 01/08/2019)

Con data 15 de abril de 2019 tivo entrada no Rexistro de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia a acta do 26 de marzo de 2019 da comisión paritaria do convenio colectivo de LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA CORUÑA (código de convenio colectivo 15000945011981) onde se contén o acordo sobre as táboas salariais definitivas do ano 2019.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).

Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do acordo sobre as táboas salariais definitivas do ano 2019 do convenio colectivo LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA CORUÑA , e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición do acordo sobre as táboas salariais definitivas do ano 2019 do convenio colectivo LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA CORUÑA no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do acordo sobre as táboas salariais definitivas do ano 2019 do convenio colectivo LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA CORUÑA ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 26 de xullo de 2019.

O xefe territorial de economía, emprego e industria

Isidoro Martínez Arca

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DA PROVINCIA DE A CORUÑA

REPRESENTACION EMPRESARIAL

REPRESENTACION SINDICAL

Asociación Provincial Empresarios Limpieza:

U.G.T.:

x Ramón Salgado Fuentes

x Gabriel Acitores López

x Ruth López Rodríguez

x Alida Pardo Carro

x Francisco Javier Martínez Cao

ASPEL:

CC.OO.:

x José Félix Valderrey de la Huerga

x Sergio López Rivera

x Monica Valiño Suárez

x Victoria Bello Barbeito

Marina Graña (asesora empresarial)

CIG:

x Xavier Martínez Torea

x Luis Soto Sabio

x Paulo Rubido Bará

En A Coruña, no día vinteséis de marzo de dous mil dezanove, sendo as doce horas, reúnense as partes enriba mencionadas, co obxecto de asinar as táboas salariais do convenio colectivo de Limpeza de Edificios e Locais da provincia de A Coruña para o ano 2019.

Acórdase nomear a Paulo Rubido como secretario a efectos de levantar acta da presente xuntanza.

Deixase constancia da falta de denuncia do citado convenio colectivo, polo que, segundo o disposto no artigo 5 do convenio vixente este prorrógase tacitamente por un ano, tendo un incremento salarial equivalente ó incremento porcentual do IPC no seu conxunto estatal nos doce meses anteriores. Unha vez constatado que o IPC do ano 2018 foi dun 1,2%, as partes proceden a incrementar as táboas salariais do ano 2018 nun 1,2%, sendo as cantidades resultantes as reflectidas no Anexo I a esta acta e aplicables durante todo o ano 2019. Así mesmo increméntanse na mesma porcentaxe o valor da hora extraordinaria, reflectida no Anexo II a esta acta.

Ambas partes recordan que o plus de antigüedade consolidada regulado no artigo 18 do convenio, foi publicado no BOP do 8 de febreiro de 2010.

Acórdase delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais para a tramitación necesaria diante da Autoridade correspondente para o rexistro e publicación da presente acta.

E en proba de conformidade, asinan a presente no lugar e data arriba mencionados.

ANEXO I. TABOAS SALARIAIS

GRUPOS PROFESIONAIS

Salarios base dende 01/01/2019 ata 31/12/2019

Mensual

Anual

GRUPO II.- Persoal administrativo

Xefe/a de primeira

1.395,40 €

20.931,00 €

Xefe/a de segunda

1.342,18 €

20.132,70 €

Caixeiro/a

1.310,04 €

19.650,60 €

Oficial de primeira

1.261,79 €

18.926,85 €

Oficial de segunda

1.123,98 €

16.859,70 €

Auxiliar

1.027,57 €

15.413,55 €

Telefonista

997,99 €

14.969,85 €

Cobrador/a

997,99 €

14.969,85 €

Ordenanza

931,21 €

13.968,15 €

GRUPO III.- Mandos intermedios

Encargado/a xeral

1.296,80 €

19.452,00 €

Encargado/a de zona

1.203,96 €

18.059,40 €

Encargado/a de sector

1.154,05 €

17.310,75 €

Encargado/a

991,98 €

14.879,70 €

Responsable de equipo

943,46 €

14.151,90 €

GRUPO IV.- Persoal operario

Almacenero/a

913,67 €

13.705,05 €

Especialista

1.073,50 €

16.102,50 €

Conductor/a-limpador/a

1.125,01 €

16.875,15 €

Peón especialista

952,62 €

14.289,30 €

Peón

928,67 €

13.930,05 €

Limpador/a

928,67 €

13.930,05 €

Mozo/a de recados

840,00 €

12.600,00 €

Plus de asistencia

69,69 €

836,28 €

CONCEPTO NO SALARIAL.- Plus de transporte: 69,27 € /mes.

ANEXO II

GRUPOS PROFESIONAIS

Valor hora extraordinaria

Año 2019

GRUPO II.- Persoal administrativo

Xefe/a de primeira

12,30 €

Xefe/a de segunda

11,85 €

Caixeiro/a

11,58 €

Oficial de Primeira

11,16 €

Oficial de Segunda

10,00 €

Auxiliar

9,18 €

Telefonista

8,93 €

Cobrador/a

8,93 €

Ordenanza

8,36 €

GRUPO III.- Mandos intermedios

Encargado/a xeral

11,47 €

Encargado/a de zona

10,68 €

Encargado/a de sector

10,25 €

Encargado/a

8,88 €

Responsable de equipo

8,47 €

GRUPO IV.- Persoal operario

Almacenero/a

8,22 €

Especialista

9,57 €

Conductor/a-limpador/a

10,01 €

Peón especialista

8,54 €

Peón

8,34 €

Limpador/a

8,34 €

Mozo/a de recados

7,12 €

2019/6357