Convenio Colectivo de Sector de LIMPIEZA DE EDIFICIOS Y LOCALES (27000335011981) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...1) de Lugo

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de LIMPIEZA DE EDIFICIOS Y LOCALES (27000335011981) de Lugo

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2000

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 6 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de debate e interpretación do artigo 13 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da limpeza de edificios e locais. (Diario Oficial de Galicia num. 6800 de 06/04/2000)

Preambulo

Visto o texto do acordo de debate e interpretación do artigo 13 do convenio colectivo para o sector da limpeza de edificios e locais (código 2700335) , da provincia de Lugo, asinado o día 14 de febreiro de 2000, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais e das centrais sindicais CIG e CC. OO., e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, dos 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro

Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo

Remiti-lo texto do citado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de marzo de 2000. Manuel Teijeiro Álvarez Delegado provincial de Lugo

Acta. Comisión vixilancia convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo

Asistentes. Pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Lugo.

José Romero García. Félix Valderey de la Huelga. Pedro Montero Fernández. Alejandro Novoa Souto. Raquel Novoa Souto. Guadalupe Hervera Iglesias.

Polas centrais sindicais: CIG: Mª del Carmen Antas Pérez. Isabel López Fraga. Luis Casas Rodríguez. Mª Jesús Suárez Cruz. Marina Fontes Sardiña.

CC. OO.: Anselmo Sampedro Ania.

En Lugo, sendo as 11.30 horas do día 14 de febreiro de 2000, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (praza de Santo Domingo, 6-8, 2º) as persoas á marxe relacionadas, integrantes todas elas da comisión de vixilancia prevista na disposición derradeira primeira do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, logo de convocatoria da central sindical CIG para os efectos de trata-los seguintes puntos:

Único.-Debate e interpretación do artigo 13 do convenio (adscrición do persoal).

Os representantes da central sindical CIG manifestan que o punto a debate é a posible aplicación da letra a) do apartado primeiro do artigo 13 do convenio ó suposto no que unha Administración pública rescinda o servicio de limpeza cun contra tista e empregue para a substitución do persoal adscrito ós centros de traballo persoal desempregado incorporado a través de colaboración social.

As partes presentes, de común acordo, interpretan que o suposto de subrogación previsto na letra a) do epígrafe primeiro do artigo 13 do convenio si é de aplicación ó suposto que se presenta por canto a Administración pública non asume o servicio de limpeza con traballadores que xa formaban parte do seu cadro de persoal senón que polo contrario procede á incorporación de novo persoal para a prestación do servicio de limpeza.

Para os efectos sinalados, faise constar que o persoal que presta servicios a través da colaboración social non pode ser considerado como traballadores do cadro de persoal da Administración de que se trate, único suposto excluído da subrogación prevista na letra a) do apartado primeiro do artigo 13 do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta, en cuadruplicado exemplar, no lugar e data indicados no encabezamento.