Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
01/11/2003

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1998

Tiempo de lectura: 30 min

Tiempo de lectura: 30 min

Resolución do 6 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de mármores e pedras. (Diario Oficial de Galicia num. 21800 de 10/11/1998)

Preambulo

Visto o expediente do covenio colectivo para o sector mármores e pedras, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-9-1998, subscrito en repreesentación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Materiales para la Construcción (Sección de Mármoles y Piedras) , e pola Asociación Gallega de Graniteros, e da parte social, polas centrais sindicais CC. OO., UGT e CIG, o 21-9-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en galego e castelán.

Vigo, 6 de outubro de 1998. Antonio Coello Bufill Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial do sector de mármores e pedras de Pontevedra

 
Artigo 1º.- Partes signatarias.

Son partes signatarias do presente convenio, dunha parte as centrais sindicais CC. OO., UGT e CIG, como representación laboral, e doutra parte a Asociación Provincial de Materiais para a Construcción (Sección de Mármores e Pedras) e aAsociación Gallega de Graniteros, en representación empresarial.

Ambas recoñécense mutuamente lexitimacion para negocia- lo presente convenio.

Artigo 2º.- Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 32 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º.- Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen ás actividades de pedra e mármore, incluíndo as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual, de acordo co estipulado no anexo II do convenio xeral da construcción, apartado a) .

Artigo 4º.- Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia dun año, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998, e entrará en vigor ós 30 días da súa sinatura. Non obstante, as táboas salariais terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 1998. En evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa subtituído por outro.

Artigo 5º.- Procedemento de denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para inicia- la negociación do convenio que a sustitúa.

Artigo 6º.- Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das pactadas, serán respectadas.

As condicións máis beneficiosas que, con carácter colectivo, estean recoñecidas en convenios colectivos de ámbito inferior e anteriores ó convenio xeral da construcción manteranse ata o vencemento dos ditos convenios. Unha vez producido este vencemento, as materias negociadas neste convenio xeral rexeranse polo disposto nel que, apreciado no seu conxunto e sendo posterior, consideran norma máis favorable as representacións asinantes.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta- lo contido do convenio, que estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das representacións que tomarán parte na negociacion do convenio. Unha e outra poderán dotarse de asesores.

Artigo 8º.- Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizarlles ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo presentar para iso a documentación necesaria e asinar neste.

Artigo 9º.- Recoñecementos médicos.

Tódalas empresas están obrigadas a solicitar das mutuas patronais un recoñecemento médico anual para os traballadores que presten os seus servicios nas empresas do sector, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose, non alcanzando esta obriga a tódalas empresas que leven a efecto o dito recoñecemento polos seus propios medios ou a través dunha entidade aseguradora.

Os resultados seranlle facilitados inmediatamente ó traballador afectado cando o solicite.

Artito 10º.- Contratación.

a) Contrato para traballo fixo de obra: É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

Primeiro: con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

-O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

-O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberá comunicárselle por escrito ó traballador cunha antelación de 15 días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo: non obstante o anterior, logo do acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

-Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento do traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior. Cumprido o período máximo de tres anos, se non mediara comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo. En canto ó aviso previo do cesamento, observarase ó pactado no suposto primeiro.

Terceiro: se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previsto no suposto primeiro. A representanción dos traballadores do centro ou no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se e o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación contada a partir da notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecerlle de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desapareceran. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo do acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado no suposto segundo.

-Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada, sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Outras modalidades de contratación:

1. Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados nos reais decretos 2546/1994 e a Lei 42/1994, ou normas que os substitúan terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indem nización por conclusión do 7% se a duración fora

inferior a 181 días e do 4,5% se a duración fora igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servicios de traballadores con contratos de posta á disposición aplicarán as condicións pactadas nas táboas salariais do presente convenio provincial.

Artigo 11º.- Ccontratos de duración determinada do Art. 15.1º b) E. T. T.

1. Cando o contrato de duración determinada previsto no número 1. b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra; nese suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poda exceder do dito límite maximo. O período de 18 meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

2. A indemnización por conclusión destes contratos será a prevista na letra b) , do artigo 10 do presente convenio provincial.

Artigo 12º.- Procedemento de ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte: 1) O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou especial confianza, serán de libre designación e revogación polas empresas.

2) Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo; podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, que deberán se- las adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

Artigo 13º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 2,6 % sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, pluses salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC, o 31 de decembro de 1998 rexistre un incremento superior ó 2,6%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe, afectando os conceptos previstos na letra a) deste artigo.

A revisión levarase a cabo unha vez que a constate oficialmente o INE o IPC real de 1998, e cando proceda, aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. Tal revisión, calculada sobre os importes e as contías dos conceptos de 1997, servirá de base para o incremento de 1999.

Artigo 14º.- Compensación pola supresión da antigüidade.

Para compensa- la desaparición do complemento de antigüidade nos termos e previsións contidas na Resolución do 6 de novembro de 1996 da Dirección Xeral de Traballo e Migracións (BOE nº 281, do 21 de novembro) , pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico da antigüidade, aplicarse durante os anos 1996, 1997 e 1998, con efecto do 1 de xaneiro de cada un destes anos, un incremento lineal de 10.000 ptas. por ano, para todolos niveis profesionais das táboas salariais.

Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito con data do 21 de novembro de 1996. Ó importe anterior engadiráselle a parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada na data antes referida, calculándose por defecto ou por exceso por anos completos, é dicir, computarase ano completo cando a fracción deste sexa igual ou superior a 0'5, e non se computará cando sexa inferior a 0'5.

Xúntase táboa (anexo) , coas antigüidades xa consolidadas con data do 21 de novembro de 1996. Esta táboa tan só será aplicable a aqueles trabajadores que na data indicada tivesen, polo menos, dous anos de antigüidade na empresa.

Os importes da táboa manteranse invariables e por tempo indefinido como complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflectirase nos recibos de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 15º.Gratificacións extraordinarias.

1) O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2) As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentras dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3) A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios anexa a este convenio, máis a antigüidade consolidada, se é o caso.

Artigo 16º.- Premio de puntualidad asistencia.

Establécese un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá nunha cantidade mensual de 5.708 ptas., e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1) Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador non estea no seu posto de traballo ou tallo, no momento de comeza- la xornada laboral. Tamén se considerará falta de puntualidade a suá incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a mencionada xornada de traballo.

2) Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3) Se a incorporción do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4) No caso de ausencias xustificadas, a cantidade de 5.708 ptas. ratearase atendendo ós días efectivamente traballados.

5) A falta de asistencia dunha xornada de traballo, ocasionará a perda do 25% do premio.

6) As licencias establecidas no presente convenio provincial, convenio xeral da construcción e Estatuto dos traballadores, non serán consideradas como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 17º.- Incentivos.

As empresas afectadas por este convenio, con exclusión dos talleres de mármores que non teñan teares nin máquinas cortabloques, aboaranlles ós seus traballadores de fábrica ou taller, un incentivo por cada día de traballo efectivo de 8 horas ou proporcional de 469 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional. Nos talleres de mármores indicados o incentivo será de 95 ptas., por día de traballo efectivo ou proporcional.

As empresas que teñan establecidos ou establezan no futuro sistemas de medida da productividade conforme as disposicións legais vixentes, garantán que os seus traballadores poidan alcanzar como mínimo a cantidade sinalada no parágrafo anterior á actividade de 70 ou 120 segundo sistema.

Artigo 18º.- Transporte.

Establécese un plus de locomoción ou transporte que se percibirá con independencia do medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, incluso cando utilice medios de transporte propios da empresa, na contía de 666 ptas. por día de traballo efectivo.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo que non se computarás para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 19º.Traballo en alturas. Traballos penosos, tóxicos e perigosos.

Aqueles traballadores que executen os seus labores a 5 ou máis metros de altura sobre o baleiro, terán dereito a que se lles aboe o correspondente plus de altura, que se establece no 20% do salario base da súa categoría.

No caso de traballos penosos, tóxicos e perigosos aplícarase o previsto no Art. 62 do convenio xeral da construcción.

Artigo 20º.- Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis horas da mañá, percibirá un plus de traballo nocturno equivalente ó 25 % do salario base da súa categoría. Respectaranse as condicións máis beneficiosas.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o plus sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas, e en calquera deles se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

Artigo 21º.- Retribución das horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, aboarase cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria. Para as horas extras realizadas en sábado ou domingo e festivos, o incremento será do 85%.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa- la retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinanas compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas no número 2 do artigo 67 do convenio xeral.

Artigo 22º.- Complemento de prestación de IT.

En caso de baixa hospitalaria, as empresas completarán ós traballadores afectados a prestación económica por incapacidade temporal que por enfermidade común ou accidente laboral aboe a Seguridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que, finalizada está, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliaráselle a trinta (30) días máis.

c) En ambos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de cen (100) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente. No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, aboarase un complemento de 998 ptas., por día a partir do décimo quinto día de producida a baixa.

Artigo 23º.- Indemnización.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade pemanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 5.250.000 ptas. en 1998; 5.500.000 ptas. en 1999; 5.750.000 ptas. no 2000 e 6.000.000 de ptas. no 2001.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

2. Agás designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farálle efectiva ó traballador accidentado, o no caso de de morte, ós beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

Artigo 24º.- Xornada.

1) A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2) A xornada ordinaria anual durante 1998 será de 1.764 horas.

3) Para adapta- la xornada ás 1.764 horas de xornada ordinaria anual acordadas para o ano 1998, fixanse como festivos do convenio e aboables para tódolos efectos, os días seguintes: 8 de xuño; 24 de xullo; 7 de setembro; 30 de outubro; 24, 30 (media xornada) e 31 de decembro. Estes días, así mesmo; non serán computables para os efectos do desfrute das vacacións.

Nos concellos onde a festa local coincidise co día non laborable ou festivo de convenio, pasarase ó día inmediatamente seguinte. Nos concellos que a continuación se relacionan, fixanse como festivos os seguintes días: Cambados: 13 e 20 de xullo; Cerdedo: 27 de xullo; Covelo: 8 de setembro; Fornelos: 15 de xuño; Pontevedra: 15 de xullo e Vigo: 30 de marzo.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

4) Na sección de serradeiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorias, de acordo coa legalidade vixente.

5) Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xomada partida, poderá cambiarse a quendas de mañá e tarde por períodos de tempo deteminados, logo de información ós representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6) O persoal técnico e administrativo, desfrutará de xornada continuada desde o 1 de xuño ó 15 de setembro, garantíndose os servicios mínimos de cada empresa mediante quendas deste persoal a xornada partida.

7) En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

1) O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal sexa a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, dos cales, polo menos 21, serán laborables, iniciándose en calquera caso, o seu desfrute, en día laborable.

2) As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa, só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3) O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cause baixa na empresa no transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas correspondentes a todo o contrato en vigor, como concepto de liquidación pola súa baixa na empresa.

4) Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi- la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5) Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a duración súa computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi- la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

6) O disfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7) A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial anexa, máis a antigüidade consolidada, se é o caso.

A dita táboa anexa é o resultado da suma de once mensualidades de salario, máis vacacións e dividido todo iso entre doce.

Artigo 26º.- Permisoso e licencias.

O traballador, logo de aviso de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia e xustificación posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopen vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e o tempo seguinte:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos/as ou irmáns/ás: 1 día natural. Se se produce fóra da provincia onde o traballador/a ten o seu centro de traballo: 2 días naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe ou compañeiro/a se é o caso, pais, ou fillos/as: 6 días naturais. Fóra da provincia: 7 días naturais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Maternidade da esposa (ou compañeira se e o caso) : 6 días naturais.

f) Morte do cónxuxe (ou compañeiro/a se e o caso) pais ou fillos/as: 4 días naturais.

g) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos/as políticos/as: 2 días naturais.

h) Morte de irmáns/ás políticos, tíos/as, e tíos/as políticos: 1 día natural.

i) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais. Fóra da provincia: 5 días naturais.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

A cuantía das axudas de custo será a seguinte:

-Axuda de custo completa: 3.125 ptas.

-Axuda de custo media: 1.239 ptas.

Artigo 28º.- Xubilación.

Recoñécense tres clases distintas de xubilación:

a) Xubilación voluntaria anticipada: Os traballadores que teñan cumpridos 63 anos, e non teñan 65 cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación en función da idade do traballador e dos seus anos de antiguidade na empresa:

Antigüidade na empresa Idade Meses de indemnización 2 a 5 anos 63 2 meses 6 a 10 anos 63 3 meses 11 a 20 anos 63 4 meses 21 a 30 anos 63 5 meses Máis de 30 anos 63 6 meses

02 a 05 anos 64 1 meses 6 a 10 anos 64 2 meses 11 a 20 anos 64 3 meses 21 a 30 anos 64 4 meses Máis de 30 anos 64 5 meses

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable.

O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicio ininterrompido na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita- la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en todo caso, segundo a táboa anterior, comprometerá o empresario a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri- los 65 anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse conforme a unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e á súa vez, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo do cadro disponible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri- la vacante producida.

O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá ser comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituído farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre a empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituído poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

b) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Aplicarase o disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

c) Xubilación forzosa. Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os apartados inmediatamente anteriores,

establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Aqueles traballadores que se xubilen ós 65 anos de idade, cunha antigüidade na empresa superior ós 10 anos e inferior a 30, percibirán un premio de xubilación consistente en dúas mensualidades, que se incrementarán a dúas mensualidades e media cando a antigüidade sexa superior a 30 anos.

A xubilación ós 64 anos, segundo establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, concede idénticos dereitos, se é o caso.

Artigo 29º.- Roupas de traballo.

As empresas facilitaranlle roupas de traballo ó persoal segundo se especifique para cada sección e das que a duración mínima será a que se sinala en cada caso:

Pezas de roupa Parque, bloques e teares Serradoiros e pulidoras Fundas e traxes 4 meses 4 meses

Mandís 4 meses 4 meses Botas 4 meses 4 meses Guantes 1 mes 1 mes

Zocos 12 meses 12 meses Pezas de roupa Cortadoras e acabados Servicios auxiliares Fundas e traxes 4 meses 4 meses

Mandís 4 meses Botas 4 meses 4 meses Guantes 1 mes 1 mes

Zocos 12 meses Por cada peza de roupa no entregada nos prazos sinalados, o traballador poderá reclamarlle á empresa, e esta aboaralle as seguintes cantidades:

-Buzo ou traxes: 4.927 ptas.

-Mandís: 2.467 ptas.

-Botas: 1.991 ptas.

-Guantes: 975 ptas.

-Zocos: 3.935 ptas.

A entrega das botas excluirá a dos zocos e viceversa.

Artigo 30º.- Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio estiman convenente como regra xeral erradica- lo pluriemprego. Para estes efectos estiman necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estaren xa afiliados a outra empresa.

Para coadxuvar ó obxectivo de controla- lo pluriemprego considerarase esencial o cumprimento exacto do requisito de darlles a coñecer ós representantes legais dos traballadores, e á súa solicitude, os boletíns de cotización á Seguridade Social así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64,1.5 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.- Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo Interprofesional Galego sobre, Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) , publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos dos presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

DISPOSICIONES ADICIONALES

 
D.A. UNICA.

O presente convenio colectivo será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

TÁBOA DE SALARIOS ANO 1998

Salario Pagas extras evacacións Plus Incentivo Plus Categorías base Marmorerías Resto Asistencia Marmorerías Resto Transporte

* Persoal técnico medio Arquitectos e enxeñeiros técnicos 126.719 178.278 178.278 5.708 666 Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais 126.719 178.278 178.278 5.708 666 ATS, mestres de ensino, mestres industriais 122.730 172.734 172.734 5.708 666

* Administrativos Xefe de primeira 124.097 174.634 174.634 5.708 666 Xefe de segunda 111.559 157.208 157.208 5.708 666 Oficial de primeira 103.414 145.885 145.885 5.708 666 Oficial de segunda 95.281 134.580 134.580 5.708 666 Auxiliares telefonistas 90.092 127.365 127.365 5.708 666 Aspirantes 70.987 100.811 100.811 5.708 666

* Técnicos non titulados Encargado xeral 118.447 168.362 168.362 5.708 666 Delineante superior 111.559 157.208 157.208 5.708 666 Delineante de primeira 103.414 145.885 145.885 5.708 666 Delineante de segunda 97.409 137.536 137.536 5.708 666 Calcador 90.092 127.365 127.365 5.708 666

* Subalternos Ordenanza, porteiro, garda xurado 90.203 127.521 127.521 5.708 666 Personal de limpeza 90.203 127.521 127.521 5.708 666 Xefe de almacén 90.203 127.521 127.521 5.708 666 Mozo dos recados de 16 anos 62.080 88.430 88.430 5.708 666 Mozo dos recados de 17 anos 67.263 95.064 95.064 5.708 666 Almaceneiro 90.203 127.521 127.521 5.708 666

* Operarios Encargado de obra/xefe taller 3.347 4.752 4.855 5.708 95 469 666 Capataz- capataz de cuadrilla 3.237 4.597 4.700 5.708 95 469 666 Contramestre 3.182 4.523 4.625 5.708 95 469 666 Oficial de primeira 3.159 4.490 4.594 5.708 95 469 666 Oficial de segunda 3.101 4.410 4.512 5.708 95 469 666 Oficial de terceira- axudante 3.050 4.339 4.440 5.708 95 469 666 Peón especialista 3.022 4.300 4.401 5.708 95 469 666 Peón 3.008 4.279 4.382 5.708 95 469 666 Aprendiz ou pinche de 16 anos 2.186 3.137 3.241 5.708 95 469 666 Aprendiz ou pinche de 17 anos 2.233 3.204 3.306 5.708 95 469 666

Antigüidade consolidade ó día 21 de novembro de 1996 Categoría 2 anos 3 anos 4 anos 5 anos Cada ano máis * Persoal técnico medio Arquitectos e enxeñeiros técnicos 5.877 8.816 11.755 14.106 2.351 Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais 5.877 8.816 11.751 14.106 2.351 ATS, mestres de ensino, mestres industriais 5.688 8.532 11.376 13.651 2.275

* Administrativos Xefe de primeira 5.753 8.629 11.506 13.807 2.301 Xefe de segunda 5.158 7.737 10.317 12.380 2.063 Oficial de primeira 4.772 7.158 9.544 11.453 1.909 Oficial de segunda 4.386 6.579 8.773 10.527 1.755 Auxiliares telefonistas 4.140 6.210 8.280 9.936 1.656 Aspirantes 3.234 4.851 6.468 7.762 1.294

* Técnicos non titulados Encargado xeral 5.485 8.227 10.970 13.164 2.194 Delineante superior 5.158 7.737 10.317 12.380 2.063 Delineante de primeira 4.772 7.158 9.544 11.453 1.909 Delineante de segunda 4.487 6.731 8.974 10.769 1.795 Calcador 4.140 6.210 8.280 9.936 1.656

Categoría 2 anos 3 anos 4 anos 5 anos Cada ano máis * Subalternos Ordenanza, porteiro, garda xurado 4.145 6.218 8.291 9.949 1.658 Personal de limpeza 4.145 6.218 8.291 9.949 1.658 Xefe de almacén 4.145 6.218 8.291 9.949 1.658 Mozo dos recados de 16 anos 2.812 4.217 5.623 6.748 1.125 Mozo dos recados de 17 anos 3.057 4.586 6.115 7.338 1.223 Almaceneiro 4.145 6.218 8.291 9.949 1.658

* Operarios Encargado de obra/xefe taller 154 232 309 371 62 Capataz- capataz de cuadrilla 149 224 298 358 60 Contramestre 147 220 293 352 59 Oficial de primeira 145 218 291 349 58 Oficial de segunda 143 214 285 342 57 Oficial de terceira- axudante 140 210 281 337 56 Peón especialista 139 208 278 333 56 Peón 138 207 277 332 55 Aprendiz ou pinche de 16 anos 99 149 199 238 40 Aprendiz ou pinche de 17 anos 102 152 203 244 41