Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
16/12/2003

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2003

Tiempo de lectura: 24 min

Tiempo de lectura: 24 min

Resolución do 3 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de mármores e pedras. (Diario Oficial de Galicia num. 243 de 16/12/2003)

Visto o texto do convenio colectivo do sector de mármores e pedras, con número de código, 3600965 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-10-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Gallega de Graniteros e pola Asociación Provincial de Materiales de Construcción, e da parte social, polas centrais sindicais CC. OO. e UGT, en data 15-10-2003, de conformidade co disposto no artigo 90; 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de novembro de 2003. Joaquín Macías Sánchez Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial do sector de mármores e pedras de Pontevedra (ano 2003)

Artigo 1º.-Partes signatarias. Son partes signatarias deste convenio, dunha parte as centrais sindicais CC. OO. e UGT, como representación laboral, e doutra parte a Asociación Provincial de Materiales para la Construcción (sección de mármores e pedras) e a Asociación Gallega de Graniteros, en representación empresarial.

Ambas se recoñecen mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance das obrigas. Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 32 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, este convenio obrigaráa todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional. Este convenio colectivo seráde aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen ás actividades de pedra e mármore, incluíndo as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual, de acordo co estipulado no anexo II do convenio xeral da construcción, alínea a) .

Artigo 4º.-Vixencia. Este convenio colectivo teráunha vixencia dun ano, desde o 1 de xaneiro ó31 de decembro de 2003, e entraráen vigor ós 30 días da súa sinatura. Non obstante, as táboas salariais terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 2003. En evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuarárexendo, na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigativo, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Procedemento de denuncia. Para dar cumprimento óprevisto no artigo 85.2ºd) do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que este convenio non precisa denuncia previa para inicia-la negociación do convenio que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas. Tódalas melloras contidas neste convenio se establecen co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das pactadas, serán respectadas.

As condicións máis beneficiosas que, con carácter colectivo, estean recoñecidas en convenios colectivos de ámbito inferior e anteriores óconvenio xeral da construcción manteranse ata o vencemento dos ditos convenios. Unha vez producido este vencemento, as materias negociadas neste convenio xeral rexeranse polo disposto nel que, apreciado no seu conxunto e sendo posterior, sexa considerado norma máis favorable polas representacións asinantes.

Artigo 7º.-Comisión paritaria. Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, que estarácomposta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das representacións que tomasen parte na negociacion do convenio. Unha e outra poderán dotarse de asesores.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente óingreso, poderán realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as adecuadas ácategoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, antes da súa admisión na empresa, serásometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberáser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo presentar para isto a documentación necesaria e asinando nel.

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos. Tódalas empresas están obrigadas a solicitar das mutuas patronais, un recoñecemento médico anual para os traballadores que presten os seus servicios nas empresas do sector, que serácomplementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido áprevención de silicose, non alcanzando esta obriga a tódalas empresas que leven a efecto o dito recoñecemento polos seus propios medios ou a través dunha entidade aseguradora.

Os resultados serán facilitados inmediatamente ó traballador afectado cando o solicite. Artigo 10º.-Contratación. O contrato de traballo suscribirase entre a empresa e o traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos vinte días seguintes óda súa incorporación, de acordo con calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberáser inscrito na oficina de emprego.

a) Contrato para traballo fixo de obra:

Éo contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

Primeiro: con carácter xeral, o contrato épara unha soa obra, con independencia da súa duración, e terminarácando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

-O cesamento dos traballadores deberáproducirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

-O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría deberácomunicarse por escrito ótraballador cunha antelación de 15 días naturais. Non obstante, o empresario poderásubstituír este aviso previo por unha indemnización equivalente ácantidade correspondente ós días de aviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo isto sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberáincluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente

ócesamento.

Segundo: non obstante o anterior, logo do acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderáprestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perder esa condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

-Neste suposto, a empresa deberácomunicar por escrito o cesamento do traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior. Cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquiriráa condición de fixo. En canto óaviso previo do cesamento, aplicarase o pactado no suposto primeiro.

Terceiro: se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa árepresentación dos traballadores do centro

ou, no seu defecto, ácomisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto primeiro. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se for o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. Esta obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderáincluírse no regulado no suposto segundo.

-Este suposto non poderáser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Outras modalidades de contratación:

1. Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados nos reais decretos 2546/1994 e a Lei 42/1994, ou normas que os substitúan terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibiren unha indemnización por conclusión do 7% se a duración fose inferior a 181 días e do 4,5% se a duración fose igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan ós seus traballadores en aplicación do seu correspondente convenio colectivo ou pacto de empresa. Esta obriga constaráexpresamente no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria.

Artigo 11º.-Contratos de duración determinada do artigo 15.1ºb) do Estatuto dos traballadores.

1. Cando o contrato de duración determinada previsto na alínea 1.

b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, nese suposto, a duración máxima do contrato poderáser de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de 18 meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

2. A indemnización por conclusión destes contratos seráa prevista na alínea b) , do artigo 10ºdeste convenio provincial.

Artigo 12º.-Procedemento de ascensos. Os ascensos suxeitaranse óréxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou especial confianza, serán de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerásistemas de carácter obxectivo; podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, que deberán se-las adecuadas óposto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 13º.-Retribucións salariais. Aplicarase un incremento salarial do 2,8% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, complementos salariais e extrasalariais.

Para o ano 2003, no suposto de que o índice de prezos de consumo (IPC) no 31 de decembro do dito ano supere o 2% correspondente óIPC previsto nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica no exceso producido que afectará os conceptos previstos no número 1ºdeste artigo, para os efectos de que sirva de base para as táboas salariais do convenio do ano seguinte e sen efecto retroactivo ningún.

Artigo 14º.-Antigüidade consolidada. Xúntase táboa (anexo) , coas antigüidades xa consolidadas con data do 21 de novembro de 1996.

Os importes da táboa manteranse invariables e por tempo indefinido como complemento retributivo ad personam, édicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflectirase nos recibos de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terádereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias óano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. Estas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera da causa de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3. A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro seráigual a unha mensualidade da táboa de salarios anexa a este convenio, máis a antigüidade consolidada, se for o caso.

Artigo 16º.-Premio de puntualidade e asistencia. Establécese un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado por este convenio.

O premio consistiránunha cantidade mensual de 41,57 euros,e a súa percepción estarásuxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador non estea no seu posto de traballo ou tarefa, no momento de comeza-la xornada laboral. Tamén se consideraráfalta de puntualidade a suá incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a mencionada xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3. Se a incorporción do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4. No caso de ausencias xustificadas, a cantidade de 41,57 euros raterase atendendo ós días efectivamente traballados.

5. A falta de asistencia por causa non xustificada, dunha xornada de traballo, ocasionaráa perda do 25% do premio.

6. As licencias establecidas neste convenio provincial, convenio xeral da construcción e Estatuto dos traballadores non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.

Artigo 17º.-Incentivos. As empresas afectadas por este convenio, con exclusión dos talleres de mármores que non teñan teares nen máquinas cortabloques, aboarán ós seus traballadores de fábrica ou taller un incentivo por cada día de traballo efectivo de 8 horas ou proporcional de 3,41 euros por día de traballo efectivo ou proporcional. Nos talleres de mármores indicados, o incentivo seráde 0,97 euros por día de traballo efectivo ou proporcional.

As empresas que teñan establecido ou establezan no futuro sistemas de medida da productividade conforme as disposicións legais vixentes, garantirán que os seus traballadores poidan alcanzar como mínimo a cantidade sinalada no parágrafo anterior áactividade de 70 ou 120 segundo sistema. Artigo 18º.-Transporte. Establécese un complemento de locomoción ou transporte que se percibirácon independencia do medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, mesmo cando utilice medios de transporte propios da empresa.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo que non se computarápara o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

En cumprimento do artigo 55.2. bis do convenio xeral da construcción, os complementos extrasalariais sumados non deberán exceder para o ano 2003, o 7% do total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

Artigo 19º.-Traballo en alturas, penosos, tóxicos e perigosos.

Aqueles traballadores que executen os seus labores a 5 ou máis metros de altura sobre o baleiro, terán dereito a que se lles aboe o correspondente complemento de altura, que se establece no 20% do salario base da súa categoría.

No caso de traballos penosos, tóxicos e perigosos observarase o previsto no artigo 62 do convenio xeral da construcción.

Artigo 20º.-Traballos nocturnos. O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis horas da mañ á , percibiráun complemento de traballo nocturno equivalente ó25% do salario base da súa categoría. Respectaranse as condicións máis beneficiosas.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o complemento sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas, e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non seráaboada esta con complemento de nocturnidade.

Artigo 21º.-Retribución das horas extraordinarias. Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo aboarase cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria. As horas extras realizadas en sábado incrementarase nun 85% e as realizadas en domingos ou festivos o incremento serádo 100%.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinanas compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas no número 2ºdo artigo 67 do convenio xeral.

Artigo 22º.-Complemento de prestación de IT. En caso de baixa hospitalaria, as empresas completarán ós traballadores afectados, a prestación económica por incapacidade temporal que por enfermidade común ou accidente laboral aboe a Segu ridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliaráselle a cincuenta (50) días máis.

c) En ámbolos casos, conxuntamente, a duración máxima deste dereito seráde cen (100) días.

d) Estas circunstancias acreditaranse documentalmente. No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, in itinere ou enfermidade profesional derivada de silicose, aboarase un complemento de 6,93 euros por día desde o primeiro día de producida a baixa.

Artigo 23º.-Indemnización.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade pemanente total, absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional 38.000 euros no 2003.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización seráproporcional.

2. Agás designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ótraballador

accidentado ou, no caso de morte, ós beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

Artigo 24º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria de traballo seráde 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio seráde 1.752 horas.

3. Para adapta-la xornada ás 1.752 horas de xornada ordinaria anual acordadas para o ano 2003, os seguintes días : 2 de maio, 24 de xullo, 11, 12, 13 e 14 de agosto, 31 de outubro e 24, 26 e 31 de decembro terán a consideración de festivos e non laborables para tódolos efectos.

Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos, por coincidi-la a festa local con día non laborable, fixanse como festivos os seguintes: Fornelos 16 de xuño e 18 de agosto, Covelo 28 de xullo, Agolada, Arbo, Mondariz, Vigo e Vilagarcía 18 de agosto, Vila de Cruces 18 e 19 de agosto.

En cada centro de traballo, a empresa exporánun lugar visible o calendario laboral pactado a nivel convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

4. Na sección de serradoiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorias, de acordo coa legalidade vixente.

5. Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xomada partida, poderácambiarse a quendas de mañ á e tarde por períodos de tempo deteminados, logo de información ós representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6. O persoal técnico e administrativo desfrutará de xornada continuada desde o 1 de xuño ó15 de setembro, garantíndose os servicios mínimos de cada empresa mediante quendas deste persoal a xornada partida.

7. En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. O persoal afectado por este convenio, sexa cal for a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ódesfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración. Con vixencia exclusiva para 2003, para efectos de adapta-la xornada ás 1.752 horas anuais acordadas, disfrutaranse 21 días laborables, iniciándose en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa, sóse terádereito ódesfrute da parte proporcional correspondente ótempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non ésusceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cause baixa na empresa no transcurso do ano, terá dereito óaboamento do salario correspondente áparte de vacacións devengadas e non desfrutadas correspondentes a todo o contrato en vigor, como concepto de liquidación pola súa baixa na empresa.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente ásituación de incapacidade temporal, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ódesfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se, óvencemento

deste, o traballador continuase de baixa, aínda que manteráo dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5. Unha vez iniciado o disfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a duración desta com putarase como días de vacacións, sen prexuízo dos dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

6. Se a IT se producise despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfruta-las vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida a alta da IT.

O parágrafo anterior non seráde aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

7. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terácarácter ininterrompido.

8. A retribución das vacacións consistirána cantidade fixa establecida na táboa salarial anexa, máis a antigüidade consolidada, se for o caso.

A dita táboa anexa éo resultado da suma de once mensualidades de salario, máis vacacións e dividido todo entre doce.

Artigo 26º.-Permisos e licencias. O traballador, logo de aviso de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito ápercepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopen vinculados de forma expresa áprestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e o tempo seguinte:

a) Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos/as ou irmáns/ás: 1 día natural. Se se produce fóra da provincia onde o traballador/a ten o seu centro de traballo: 2 días naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe ou compañeiro/a, se éo caso, pais, ou fillos/as: 6 días naturais. Fóra da provincia: 7 días naturais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Maternidade da esposa (ou compañeira, se for o caso) : 6 días naturais.

f) Morte do cónxuxe (ou compañeiro/a, se for o caso) ou fillos/as: 6 días naturais.

g) Morte de pais: 4 días naturais.

h) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos/as políticos/as: 2 días naturais.

No caso de que exista convivencia ampliarase a licencia ata 4 días naturais.

i) Morte de irmáns/ás políticos, tíos/as, e tíos/as políticos: 1 día natural.

j) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais. Fóra da provincia: 5 días naturais.

Artigo 27º.-Axudas de custo. A contía das axudas de custo seráa seguinte:

-Axuda de custo completa: 21,97 euros.

-Axuda de custo media: 8,71 euros. Artigo 28º.-Xubilación.

1. Recoñ é cense tres clases distintas de xubilación como medidas para fomenta-lo emprego:

a) Xubilación forzosa: Como política de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtelo.

b) Xubilación voluntaria anticipada: Observarase o disposto órespecto na lexilación vixente en cada momento.

2. Os convenios colectivos provinciais e, se for o caso, autonómicos, que tivesen incorporado no seu articulado o contido do artigo 99 A) do precedente CGSC 1997, deberán adaptar tales convenios de ámbito inferior ódisposto neste artigo, en todo caso, antes do día 15 de outubro do ano 2003.

Artigo 29º.-Roupas de traballo. As empresas facilitarán roupas de traballo ópersoal

segundo se especifique para cada sección e das que a duración mínima seráa que se sinala en cada caso:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Por cada peza non entregada nos prazos sinalados, o traballador poderáreclamar áempresa, e ésta aboaráas seguintes cantidades:

-Buzo ou traxes: 34,62 euros.

-Mandís: 17,34 euros.

-Botas: 14 euros.

-Luvas: 6,85 euros.

-Zocos: 27,60 euros. A entrega das botas excluiráa dos zocos e viceversa.

As empresas entregarán lentes de protección graduados

ópersoal operario que no posto de traballo o requira e o solicite logo de prescrición facultativa.

Artigo 30º.-Pluriemprego. As partes asinantes deste convenio coidan conveniente como regra xeral erradica-lo pluriemprego. Para estes efectos coidan necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estaren xa afiliados a outra empresa.

Para coadxuvar óobxectivo de controla-lo pluriemprego, considerarase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores, e á súa solicitude, os boletíns de cotización áSeguridade Social asícomo os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos áterminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1.5 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Recibos de salarios. De conformidade co previsto no artigo 1 da Orde do 27 de decembro de 1994, o recibo individual de salarios a que se refire o número 1ºdo artigo 29 do Estatuto dos traballadores, axustarase, en principio,

ómodelo establecido en cada empresa, sen prexuízo de que, por acordo entre a empresa e os representantes legais dos traballadores, se estableza outro modelo distinto nos termos previstos legalmente.

Artigo 32º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo interprofesional galego sobre procedimentos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) , publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolveráos seus efectos nos ámbitos deste convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 33º.-Cláusula de non aplicación do réxime salarial.

1. O incremento salarial pactado neste convenio podería non aplicarse en todo ou en parte en caso de empresas das que a estabilidade no emprego puidese verse danada como consecuencia de tal aplicación.

2. Para acollerse ádita inaplicabilidade a empresa deberáformula-la petición ante os representantes dos traballadores por un lado e ante a comisión paritaria por outro, xuntando a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da solicitude.

b) Documentación que acredite a causa invocada, entre a que necesariamente figuraráa presentada ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Rexistro Mercantil referida ós tres últimos exercicios.

c) Proposta salarial alternativa que considerará, en todo caso, a recuperación futura da perda salarial negociada.

d) Proposta de viabilidade para o futuro da empresa.

3. A empresa e os traballadores ou os seus representantes poderán acadar acordo no prazo de 15 días, que deberáser notificado ácomisión paritaria, para que exerza o seu control e o acordo acade eficacia plena.

Disposición adicional

Este convenio colectivo seráredactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)