Convenio Colectivo de Sector de ELABORACION E INSTALACION DE PEDRA E MARMORE (15000985011982) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
17/12/2018

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de ELABORACION E INSTALACION DE PEDRA E MARMORE (15000985011982) de Coruña

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2019

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Documento oficial en PDF(Páginas 37-39)

Resolucion de inscricion e publicacion do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de elaboracion e instalacion de pedra e marmore da Coruña (Boletín Oficial de A Coruña num. 239 de 17/12/2018)

Logo de constituírse a comisión negociadora do convenio colectivo sectorial de elaboración e instalación de pedra e mármore da Coruña (código de convenio número 15000985011982 e publicado no BOP n.º 194 o 11 de outubro de 2013), subscríbese con data 7 de novembro de 2018 o calendario laboral do ano 2019 polas partes lexitimadas e solicítase a súa inscrición e publicación con data 28 de novembro de 2018.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).

Considerando que a Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de elaboración e instalación de pedra e mármore da Coruña e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de elaboración e instalación de pedra e mármore da Coruña no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do calendario laboral do ano 2019 do convenio colectivo sectorial de elaboración e instalación de pedra e mármore da Coruña ó Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 7 de decembro de 2018.

O xefe territorial de economía, emprego e industria

Isidoro Martínez Arca

ACTA DA MESA NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DA CORUÑA

DATA: 07/11/2018

HORA: 17.30 horas

LUGAR: SEDE CIG SANTIAGO DE COMPOSTELA

POLA REPRESENTACIÓN SINDICAL

CC.OO.:

x Ricardo Santos Reiriz

CIG:

x Eduardo Sebio Molguero

UGT:

x Jesús-Mari Calvo Romero

POLA REPRESENTACIÓN PATRONAL

x Marcos Zapata Díaz

x Francisco J. Rodríguez del Río

x Juan Fco. Pego Becerra

x Francisco Javier Rey Álvarez

As partes estudan e aproban o calendario laboral que se aplicará durante o ano 2019. Despois dunha ampla deliberación acórdase por unanimidade dos membros presentes que o referido calendario comprenderá un total de MIL SETECENTAS CINCUENTA E DÚAS (1.752) horas efectivas de traballo.

Do mesmo xeito, é preciso fixar non calendario para o ano 2018 un total de 8 DÍAS FESTIVOS DE CONVENIO, dos que cinco se fixan por esta comisión. Os tres restantes serán fixados en cada empresa segundo as normas ou costumes que se veñan utilizando para os días de libre disposición.

Noutro caso bastará a solicitude formulada polo traballador cunha semana de antelación, que so poderá ser denegada pola empresa por motivos organizativos, cando solicite o mesmo día máis do 25% da plantilla ou cando a concesión do permiso o mesmo día a mais dun traballador conleve deixar sin servicio un departamento ou servicio. Naquelas empresas nas que non se teña disfrutado o día cinco de xaneiro coma festivo de convenio asignarase un día mais cnforme o disposto no parágrafo anterior. Sendo 3 o días de libre disposición.

18 de marzo

16 de agosto

24 de decembro

26 de xullo

23 de decembro

O calendario para o ano 2019 figura detallado no cadro anexo á presente acta.

Se nalgún concello fosen sinaladas como festividades locais día que teñan o carácter de festivo-convenio, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso posterior.

O presente calendario será de aplicación naquelas empresas que non establezan ou teñan establecido un calendario propio. Nestes supostos prevalecerá o calendario de empresa.

Autorízase a D. Francisco Javier Rey Álvarez, con DNI 33256373Y, para que faga o rexistro da presente acta, e dos seus anexos.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 18:30 horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.

CALENDARIO LABORAL 2019

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

2018/9326