Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...2) de Lugo

Revision. Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2008

Tiempo de lectura: 4 min

Correccion de erros do convenio colectivo para o sector PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA da provincia de Lugo. Exp. 025- 2008. (Codigo 2700445). (Boletín Oficial de Lugo num. 46 de 26/02/2010)

Preambulo

(Corrección de erros).

Visto o acordo para a corrección de erros do convenio colectivo para o sector "PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA" da provincia de Lugo, asinado o día 17 de abril de 2009, pola representación da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e das centrais sindicais UGT (26%), CC. OO. (26%), CIG (33%) e USO (13%), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Este Departamento Territorial, ACORDA:

PRIMERO:

Ordenar a inscrición da corrección de erros do citado convenio colectivo no rexistro de convenios deste Departamento Territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO:

Remitir a corrección de erros do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO:

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 10 de febreiro de 2010.

- O Xefe Territorial, Antonio Dacal López.

POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA PRIMEIRA TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA DE LUGO.

JOSE ANTONIO FERREIRO RODRIGUEZ.

ANTONIO BESTEIRO FERNANDEZ.

JOSE LUIS LOZANO PAZ. POR LAS CENTRALES SINDICALES. U. G. T. (26%).

CARLOS GARCIA VAZQUEZ. JOSE ANTONIO RGUEZ.

LORIGADOS. MIGUEL ANGEL GRENDE LOPEZ. CC. OO. (26%).

JOSE ANTONIO CABO MARTINEZ.

JOSE MANUEL BREA MENDEZ. CIG (33%).

ANTONIO NIÑO SAAVEDRA.

ALFONSO LOSADA RODRIGUEZ.

XORXE CALDEIRO DIAZ. USO (13%).

MANUEL SILVARREY CABADO. JOSE VAZQUEZ PEREZ.

ACTA

En Lugo, ás 12: 00 horas do día 17 de abril do 2009, reúnense nos locais da Asociación de Empresarios da

1ª Transformación da Madeira de Lugo, Ronda Muralla, 58- 6º planta, Lugo, as persoas á marxe relacionadas, co obxeto de actualizalas táboas salariais para o año 2009 do convenio colectivo da 1ª Transformación da Madeira.

A representación empresarial osténtana a Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo.

A representación sindical osténtana as centrais sindicais U. G. T., USO, CCOO, CIG.

Tralas liberacións oportunas, fanse as seguintes:

MANIFESTACIONS

PRIMEIRO.-

Retificar erro tipográfico nas táboas salariais do convenio provincial da 1ª Transformación da Madeira de Lugo para o ano 2008, publicado no BOP o día 19 de decembro, onde para as categorías de apéndice figura como salario diario 23,04 € e salario anual 9.793,75 €, e o correcto é 21,84 € salario diario e 9.283,17 salario anual.

SEGUNDO.-

Toma a palabra a parte sindical e manifesta que as táboas salariais para o ano 2009 serán as que refl exa o III Convenio Estatal da Madeira na táboa salarial garantindo os salarios mínimos, según o acordado na firma do convenio colectivo da 1ª Transformación da Madeira de Lugo para os anos 2007, 2008 e 2009.

TERCEIRO.-

Toma a palabra a parte patronal e manifesta que se pactou no convenio provincial, publicado no BOP o pasado 19 de decembro o salario para o 2009, incrementando as táboas salariais do 2008 no IPC previsto máis 1,3%, e tras coñecelo IPC real se procedería á súa regularización. En ningún momento se pactou táboa salarial algunha para o ano 2009.

CUARTO.-

Según as manifestacións anteriores, dase por finalizada esta reunión sen acordo entre as partes.

E en proba de conformidade firman a presente acta as persoas á marxe relacionadas no lugar e data indicados no encabezamento.

Fdo.: Antonio Besteiro Fernández, J. Antonio Cabo Martínez, J. Antonio Ferreiro Rodríguez, Carlos García Vázquez, José Manuel Brea Méndez, Antonio Niño Saavedra, J. Antonio Rodríguez Lorigados, Manuel Silvarrey Cabado, José Vázquez Pérez, José Luis Lozano Paz, Miguel Angel Crende López, Xorxe Caldeiro Díaz, Alfonso Losada Rodríguez.