C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA (27000815012000) de Lugo

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004

Volver al Convenio Vigente

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 2700815
  • Código Nuevo: 27000815012000
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 83 del 14/04/2015

    ...convenios colectivos... ...convenio colectivo de trabajo... ...27000815012000... ...2700815... ...Sanidade privada... ...Sanidad privada... ...Sanidade privada lugo... ...Sanidad privada lugo... ...ÿXUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DE LUGO. SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL CONVENIOS... ...Excedencias laborales... ...Salario base... ...Trienio... ...Convenio colectivo... ...Comisión Paritaria... ...Convenio colectivo...

  • Código: 2700815
  • Código Nuevo: 27000815012000
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 219 del 12/11/2008

    Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA Lugo Revision das taboas salariais para o ano 2007 do convenio colectivo para o sector "SANIDADE PRIVADA", da provincia de Lugo (Codigo 2700815) SANIDADE PRIVADA Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA (27000815012000) de Lugo Ordena-la inscrición da revisión para o ano 2007 do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Delegación, así como o seu depósito....

  • Código: 2700815
  • Código Nuevo: 27000815012000
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 23 del 04/02/2008

    Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA Lugo Revision das taboas salariais para os anos 2005, 2006 e a actualizacion das mesmas para o 2007 do convenio colectivo para o sector SANIDADE PRIVADA DA PROVINCIA DE LUGO Codigo 2700815 SANIDADE PRIVADA Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA (27000815012000) de Lugo Ordenala inscrición da revisión para os anos 2005, 2006 e as táboas para o 2007 do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Delegac...

  • Código: 2700815
  • Código Nuevo: 27000815012000
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Diario Oficial de Galicia nº 238 del 09/12/2004

    ...Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA (27000815012000) de Lugo... ...27000815012000... ...2700815... ...Sanidade privada... ...Sanidad privada... ...Sanidade privada lugo... ...Sanidad privada lugo... ...(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)... ...Comisión negociadora... ...Depósito de convenios colectivos... ...Cláusula de revisión salarial...

  • Código: 2700815
  • Código Nuevo: 27000815012000
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 215 del 08/11/2004

    ...Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA (27000815012000) de Lugo... ...27000815012000... ...2700815... ...Sanidade privada... ...Sanidad privada... ...Sanidade privada lugo... ...Sanidad privada lugo... ...Exp. 22/01 (código 2700815). Convenio: Sector. Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2002 e 2003 do convenio... ...Comisión negociadora... ...Cláusula de revisión salarial...

  • Código: 2700815
  • Código Nuevo: 27000815012000
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 144 del 21/05/2002

    Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA Lugo Revision salarial do convenio colectivo para o sector "SANIDADE PRIVADA DA PROVINCIA DE LUGO" SANIDADE PRIVADA Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA (27000815012000) de Lugo Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para o sector "SANIDADE PRIVADA DA PROVINCIA DE LUGO", asinado o día 8 de abril do 2002, ...

  • Código: 2700815
  • Código Nuevo: 27000815012000
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Diario Oficial de Galicia nº 10000 del 24/05/2000

    Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA Lugo Resolución do 10 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da sanidade privada. SANIDADE PRIVADA Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA (27000815012000) de Lugo Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector da sanidade privada (código 2700815) , da provincia de Lugo, asinado o día 2...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision CONVENIO COLECTIVO DE SANIDADE PRIVADA DA PROVINCIA DE LUGO. Codigo 27000815012000 14/04/2015 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2008 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Resolución do 9 de xuño de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da sanidade privada da provincia de Lugo. Convenio afectado por 02/08/2005 Diario Oficial de Galicia 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Convenio Colectivo para o Sector de Sanidade Privada da Provincia de Lugo para os anos 2004-2007, Codigo de Convenio nº 2700815 28/06/2005 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 6 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da sanidade privada da provincia de Lugo. Convenio afectado por 07/11/2001 Diario Oficial de Galicia 01/01/2001 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 19 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da sanidade privada. Convenio afectado por 10/09/1999 Diario Oficial de Galicia 01/01/1999 No Vigente

Convenio Colectivo para o Sector de Sanidade Privada da Provincia de Lugo para os anos 2004-2007, Codigo de Convenio nº 2700815 (Boletín Oficial de Lugo núm. 124 de 28/06/2005)

Visto o texto do convenio colectivo para o sector "SANIDADE PRIVADA DA PROVINCIA DE LUGO", asinado o día 13 de maio de 2005, pola representación da Asociación de Empresarios de Sanidade Privada da Provincia de Lugo e Asociación de Centros de Hospitalización Privada da Provincia de Lugo e das centrais sindicais CC. OO. (42.9%), C. I. G. (35.7%), U. G. T. (21.4%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTA DELEGACIÓN PROVINCIAL, ACORDA: PRIMEIRO: Ordenala inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Delegación, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Remitilo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO: Dispoñela súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 9 de xuño de 2005.- A DELEGADA PROVINCIAL, Ana Chao Vázquez.

CONVENIO COLECTIVO DA SANIDADE PRIVADA DA PROVINCIA DE LUGO

Capítulo I.- Ámbito de Aplicación

Artigo 1º.- Ámbito funcional O presente Convenio será de aplicación e de obrigado cumprimento nas actividades de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicos, sexa cal sexa a súa forma xurídica, e que estén comprendidas no ámbito de aplicación da Ordeanza Laboral para Establecementos Sanitarios de Hospitalización, Consulta e Asistencia, aprobada por Orde Ministerial de 25 de novembro de 1976.

Artigo 2º.- Ámbito territorial As normas do presente Convenio serán de aplicación en todo o territorio da provincia de Lugo.

Artigo 3º.- Ámbito temporal O presente Convenio terá unha duración de 4 anos, iniciando a sua vixencia o día 1 de xaneiro de 2004 e rematando o 31 de decembro do ano 2007.

Capítulo II.- Vinculación, Denuncia e Prórroga

Artigo 4º.- Vinculación á totalidade No suposto de que a Administración ou Xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos pactos incluidos no presente Convenio por considerar que conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente intereses de terceiros, e como queira que este Convenio na súa redacción actual constitúe un todo orgánico e indivisible, terase por totalmente ineficaz, debendo reconsiderarse o seu contido íntegro pola Comisión Negociadora.

Artigo 5º.- Denuncia, prórroga e incremento automático Ó extinguirse o periodo de aplicación e vixencia do presente Convenio, este considerarase expresamente denunciado, sen necesidade de efectuar ningún trámite.

Producida a denuncia, o Convenio quedará prorrogado tacitamente por sucesivos periodos dunha anualidade, ata que entre en vigor un novo Convenio.

Non obstante os acordos ós que se chegue nun novo Convenio polas partes lexitimadas para negocialo, durante o periodo ou periodos nos que, no seu caso, quede prorrogado o Convenio, aplicaráse de modo automático, a partires do 1 de xaneiro de cada ano, incremento sobre o salario base vixente para cada categoría, así como sobre os outros conceptos retributivos nos que éste proxecte a súa repercusión, consistente no IPC previsto polo Goberno para o ano en curso.

Artigo 6º.- Compensación e Absorción As condicións económicas establecidas neste Convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual, serán absorbibles e compensables coas melloras salariais que viñeran satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, concesión voluntaria ou outras causas.

Ós efectos de levar á práctica esta compensación e absorción as empresas disporán dun prazo de dous meses a contar dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo para modificar as cuantías que ata agora viñan aplicando á nova estructura salarial. Nos sucesivos anos de vixencia o prazo de dous meses comezará a contar dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo das táboas salariais correspondentes a ese período.

Exclúese do sistema previsto no presente artigo o complemento de antigüedade e os complementos extrasalariais ou que non cotizen á Seguridade Social.

No caso de que a compensación e absorción prevista neste artigo supoña conxelación salarial, aboarase o 50% do incremento pactado a aqueles traballadores que se atoparan nesta situación.

Artigo 7º.- Condicións máis beneficiosas Serán respetadas estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador ou traballadora concedidas pola empresa, por pacto ou costume, elo ca salvedade prevista no artigo 6.

Capítulo III.- Comisión Paritaria

Artigo 8º.- Comisión Mixta Paritaria Créase unha Comisión Mixta Paritaria entre as partes firmantes deste Convenio Colectivo, integrada por tres representantes da parte empresarial e tres da parte sindical, un por cada unha das centrais firmantes do presente Convenio, que exercerán voto ponderado en función da representatividade vixente en cada momento para cada unha de elas.

As funcións da Comisión Mixta Paritaria que se crea a medio do presente artigo serán vixiar o cumprimento do presente Convenio, interpretar os preceptos incluidos no mesmo, e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitados como consecuencia da súa aplicación.

Calquera das partes poderán promover a reunión da Comisión Paritaria notificándolo por escrito ó resto dos membros da misma con antelación de 72 horas á data da reunión. Asimesmo calquera interesado en prantexar consulta á Comisión Paritaria poderá dirixir a mesma á Comisión Paritaria no seguinte domicilio: Confederación de Empresarios de Lugo; Comisión Mixta Paritaria do Convenio Colectivo da Sanidade Privada da Provincia de Lugo; Praza de Santo Domingo, nº 6- 8, 2ª planta; 27001 Lugo.

Capítulo IV.- Tempo de Traballo

Artigo 9º.- Xornada de Traballo A xornada de traballo queda fixada durante a vixencia do presente Convenio en 1.800 horas de traballo efectivo.

As empresas poderán distribuir a xornada establecida no parágrafo anterior ó longo do ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por periodos estacionais do ano en función das previsións das distintas cargas de traballo ou desprazamentos da demanda.

En todo caso a distribución da xornada anual levarase a cabo no cómputo mensual a razón de 163 horas e 37 minutos ó mes.

Caso de que a xornada mensual supere o cómputo anterior, haberá de regularizarse dito exceso, a medio de descansos, dentro dos 15 días seguintes. No caso contrario dito exceso terá a consideración de horas extraordinarias.

Na distribución da xornada respetaranse en todo caso os límites de xornada e descansos previstos no Estatuto dos Traballadores.

No caso de prestacións de servizos en xornada continuada que exceda de seis horas, o traballador terá dereito a un descanso de 20 minutos por xornada, que terá a consideración de tempo efectivo de traballo.

Artigo 10º.- Horas Extraordinarias

A.- Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que excedan dos límites previstos no artigo anterior.

B.- A realización de horas extraordinarias por parte do traballador será voluntaria, coas salvedades que resulten do presente artigo.

C.- As partes firmantes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, e elo deacordo cos seguintes criterios:

1.- Horas extraordinarias habituais: supresión.

2.- Horas extraordinarias esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e

urxentes, así como no caso de risco de perda de materiais e materias primas: realización.

3.- Horas extraordinarias de carácter estructural, entendendo por tales as necesarias por periodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de turnos e outras circunstancias de carácter estructural: mantemento, sempre que non podan ser atendidas mediante o emprego das distintas modalidades de contratación de duración determinada establecidas na lexislación.

4.- No ámbito do presente Convenio se fixa un máximo de 60 horas anuais de horas extraordinarias nas que, no seu caso, non se computarán as establecidas no apartado 2.

D.- As horas extraordinarias serán compensadas da seguinte forma: compensación por tempo de descanso equivalente, a disfrutar nos quince días seguintes ó periodo no que tivera lugar a hora extraordinaria.

Por acordo entre empresa e traballador, o descanso compensatorio pode ser sustituido polos seguintes incrementos de retribución:

* As primeiras 10 horas extraordinarias anuais aboaranse con un recargo do 30% sobre o salario que corresponda a unha hora ordinaria.

* A partir das 10 horas extraordinarias anuais e ata 30 horas aboaranse con un recargo do 45% sobre o salario que corresponda a unha hora ordinaria.

* O resto das horas extraordinarias anuais aboaranse con un recargo do 60% sobre o salario que corresponda a unha hora ordinaria.

Artigo 11º.- Gardas Localizadas Terá a consideración de xornada efectiva de traballo o tempo empregado en atender os requerimentos, incluido o tempo de desprazamento, de aqueles/as traballadores/as que teñan gardas localizadas.

Artigo 12º.- Vacacións Todo o persoal afectado por este Convenio Colectivo terá dereito a un periodo de vacacións anuais de 30 días naturais, retribuído conforme ó promedio obtido polo traballador polos conceptos económicos salariais dos tres meses anteriores á data de iniciación das vacacións.

As vacacións disfrutaranse preferentemente durante o período de xuño a setembro (ambos os dous incluídos), debendo aprobarse o calendario de vacacións dentro do primeiro trimestre do ano.

En caso de disfrute de vacacións de modo fraccionado en dous periodos, o traballador terá preferencia na elección de un dos periodos de disfrute, tendo a empresa a preferencia con relación ó outro período.

Con independencia da situación na que se atopen os traballadores, poderán cambiar entre eles as vacacións sempre ca oportuna comunicación ás empresa, debidamente firmada por ambos traballadores, e sempre que se trate de traballadores de categoría equivalente que presten servicios na mesma unidade o sección. A comunicación haberá de facerse con alomenos un mes de antelación á data do inicio do período de vacacións do persoal afectado.

No caso de non existir outro sistema acordado polos traballadores da empresa, establecerase unha orde rotativa de preferencia no que primará, o primeiro ano, o criterio da antigüedade. A partires dese primeiro ano, establécese unha orde rotativa de preferencia de tal xeito que o traballador que un ano foi o primeiro en escoller turno, pasará a ser o último no calendario de vacacións do ano seguinte.

Artigo 13º.- Licenzas e Permisos O traballador poderá ausentarse do traballo, previo aviso e xustificación, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a).- No caso de falecemento de cónxuxe, pais e fillos: 5 días.

b).- No caso de falecemento do resto de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que convivan co traballador: 4 días.

c).- No caso anterior, de non mediar convivencia co traballador: 3 días se o falecemento ten lugar na Comunidade Autónoma. Se ten lugar fóra da Comunidade Autónoma o prazo será de 4 días.

d).- No caso de accidente ou enfermedade grave ou hospitalización, debidamente acreditada, de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade o afinidade: 3 días se o parente está na Comunidade Autónoma. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento fóra da Comunidade Autónoma, o prazo será de 4 días.

e).- No caso de matrimonio do traballador: 15 días naturais.

f).- No caso de matrimonio de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: un día.

g).- No caso de nacemento de fillo ou adopción: 4 días. Se o parto ou adopción é múltiple o prazo será de 5 días.

h).- No caso de cambio de domicilio: 1 día. Se o cambio ten lugar para localidade distinta da que viñera sendo a residencia habitual do traballador, o prazo será de 2 días.

i).- Polo tempo indispensable para acudir a exames. No caso de concurrencia masiva a exames na mesma data procuraranse os mecanismos de garantía necesarios para non comprometer a cobertura asistencial.

j).- Polo tempo indispensable para asistir a consulta médica oficial, probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios.

k).- Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que haxan de realizarse dentro da xornada de traballo.

l).- Polo tempo indispensable para o cumprimento de un deber inexcusable de carácter público e persoal, incluido o exercicio do sufragio activo.

m).- As traballadoras, por lactancia de un fillo menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderán dividir en dous fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá sustituir este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora cá mesma finalidade. Este permiso poderá ser disfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que ambos traballen.

n).- Quen, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuida, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, cá disminución proporcional do salario, entre, a lo menos, un tercio e un máximo da mitade da duración de aquéla.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo de un familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermedade non poda valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuida.

Ós efectos previstos neste artigo, se asimilará ó cónxuxe a parella de feito que conviva co traballador ou traballadora sempre que estean debidamente inscritas no rexistro de parellas de feito do concello correspondente.

A maiores do anterior, o persoal suxeito ó presente Convenio con máis de un ano de antigüidade na empresa, terá dereito a un permiso non retribuido de ata un máximo de 15 días naturais ó ano, sempre e cando se solicite xustificadamente e con unha antelación de, polo menos, unha semana. En todo caso as empresas poderán denegar de forma motivada e por causas organizativas o disfrute do permiso non retribuido previsto no parágrafo anterior, dentro dos dous días seguintes á solicitude do mesmo.

En todo caso o traballador terá dereito, por aplicación do artigo 37 do Estatuto dos Traballadores, á licencia retribuida polos motivos e polo tempo previsto no mencionado artigo.

Artigo 14º.- Días de libre disposición Establécense como días de libre disposición: · Para o ano 2005: 1 día/ano. · Para os anos 2006 e 2007: 2 días/ano. As partes asinantes asumen a vontade institucional de chegar a 3 días de libre disposición para o ano 2008.

Os días de asuntos propios, que non serán acumulables a vacacións, haberán de solicitarse por escrito á dirección da empresa, como norma xeral, con 8 días de antelación á data en que se pretenda o disfrute. A empresa contestará afirmativa ou negativamente no prazo de 3 días laborais. De non facelo, darase por aceptada a petición.

Sen perxuízo de que non será preciso alegar razóns para solicitar esta licencia nin presentar xustificación algunha, a licencia de días de libre disposición poderá denegarse motivadamente pola empresa en base a necesidades asistenciais que así o xustifiquen nas unidades ou servizos ós que esté afecto o traballador solicitante. No caso de que o traballador non poida disfrutar do día/s de asuntos propios solicitados por razóns organizativas da empresa dentro do ano natural, terá dereito a disfrutar o día ou días denegados dentro da primeira quincena do mes de xaneiro do ano seguinte.

Artigo 15º.- Excedencias A.- EXCEDENCIA FORZOSA A excedencia forzosa dará dereito á reserva do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade. Ó traballador se lle concederá a excedencia forzosa se foi nomeado ou elexido para cargo público ou sindical cando o exercicio da sua función sexa incompatible coa prestación do seu servicio na empresa.

B.- EXCEDENCIA VOLUNTARIA O traballador con alomenos un ano de antigüidade na empresa terá dereito a disfrutar de excedencia voluntaria, por calquera causa, cuia duración non poderá ser inferior a un ano nin superior a cinco.

En tal caso o traballador conservará un dereito preferente ó reingreso, no caso de existencia de vacantes de igual ou similar categoría á súa, e o tempo de excedencia non computará ós efectos de antigüidade.

C.- EXCEDENCIA POR CUIDADO DE MENORES O traballador terá dereito a disfrutar de excedencia para o coidado de fillos, tanto o sexan por natureza como adoptivo, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, cuia duración máxima será de tres anos a contar dende a data de nacemento do fillo ou, no seu caso, da resolución administrativa ou xudicial.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo periodo de excedencia que, no seu caso, porá fin á que se viñera disfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un de eles poderá exercitar este dereito.

En tal caso o traballador terá dereito, durante o primeiro ano de excedencia, á reserva do seu posto de traballo, e durante o resto da excedencia dereito á reserva dun posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente, sendo todo o período de excedencia computable ós efectos de antigüidade.

D).- EXCEDENCIA POR COIDADO DE PARENTES O traballador terá dereito a disfrutar de excedencia, cuia duración máxima será de un ano, para atender o coidado de un parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, ou discapacidade, non poda valerse por sí mesmo, e sempre que non desempeñe actividade retribuida.

No caso de que un novo suxeito causante dé dereito a un novo periodo de excedencia, o inicio de esta porá fin á que se viñera disfrutando.

En tal caso o traballador terá dereito, durante o primeiro ano de excedencia, á reserva do seu posto de traballo, e durante o resto da excedencia dereito á reserva dun posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente, sendo todo o periodo de excedencia computable ós efectos de antigüidade.

Capítulo V.- Retribuciones

Artigo 16º.- Salario Base e Cláusula de Revisión Salarial

Enténdese por salario base a parte da retribución do traballador fixada por unidade de tempo sen atender a circunstancias persoais, de posto de traballo, por cantidade ou calidade de traballo, ou de vencimento periódico superior ó mes.

Ano 2004.- A cuantía do salario base será para o periodo que vai dende o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004 a que figura para cada unha das categorías na táboa salarial anexa, resultado de aplicar un incremento dun 3,2% sobre as táboas salariais revisadas do ano 2003.

Ano 2005.- O incremento salarial para o periodo que vai dende o 1 de xaneiro do ano 2005 ata o 31 de decembro do ano 2005 será do IPC previsto polo Goberno para o ano 2005, máis 0,75.

Establécese para o ano 2005 unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2005 supere o IPC previsto polo Goberno para o mesmo periodo. A diferencia, no seu caso, entre o IPC previsto e o IPC real aboarase, na sua totalidade, e con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2005. A cantidade resultante no seu caso, será aboada, no mes de febreiro de 2006, con independencia da publicación das táboas no correspondente Boletín Oficial da Provincia.

Ano 2006.- O incremento salarial para o periodo que vai dende o 1 de xaneiro do ano 2006 ata o 31 de decembro do ano 2006 será do IPC previsto polo Goberno para o ano 2006, máis 1 punto.

Estabrécese para o ano 2006 unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2006 supere o IPC previsto polo Goberno para o mesmo periodo. A diferencia, no seu caso, entre o IPC previsto e o IPC real aboarase, na sua totalidade, e con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2006. A cantidade resultante no seu caso, será aboada, no mes de febreiro de 2007, con independencia da publicación das táboas no correspondente Boletín Oficial da Provincia.

Ano 2007.- O incremento salarial para o periodo que vai dende o 1 de xaneiro do ano 2007 ata o 31 de decembro do ano 2007 será do IPC previsto polo Goberno para o ano 2007, máis 1,25 puntos.

Establécese para o ano 2007 unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2007 supere o IPC previsto polo Goberno para o mesmo periodo. A diferencia, no seu caso, entre o IPC previsto e o IPC real aboarase, na sua totalidade, e con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2007. A cantidade resultante no seu caso, será aboada, no mes de febreiro de 2008, con independencia da publicación das táboas no correspondente Boletín Oficial da Provincia.

Estes mesmos incrementos aplicaranse para a antigüidade.

Artigo 17º.- Antigüidade

Os traballadores comprendidos dentro do ámbito de aplicación do presente Convenio Colectivo percibirán como complemento persoal de antigüidade, un aumento periódico polo tempo de servizos prestados á mesma empresa, consistente no abono de trienios devengandos dende o 1 de xaneiro de 1999 nas seguintes cuantías:

Ano 2004: 18,61 euros o trienio cun límite de dez trienios. Ano 2005: 19,12 euros o trienio cun límite de dez trienios. Ano 2006: O importe do trienio será o que resulte de aplicar, sobre o importe do trienio do ano 2005, o incremento pactado para o ano 2006 no artigo 16 do presente Convenio.

Ano 2007: O importe do trienio será o que resulte de aplicar, sobre o importe do trienio do ano 2006, o incremento pactado para o ano 2007 no artigo 16 do presente Convenio.

O importe de cada trienio comezará a devengarse o día 1 do mes seguinte ó do seu cumprimento.

Con independencia do anterior, a antigüidade que ata o 1 de xaneiro de 1999 devengasen os traballadores, se manterá como antigüidade consolidada.

Artigo 18º.- Pagas Extraordinarias: Xullo e Nadal Establécense para o ámbito de aplicación do presente Convenio dúas pagas extraordinarias ó ano, de Xullo e Nadal, que consistirán, cada unha delas, nunha mensualidade de salario base máis antigüidade, entendéndose por antigüidade tanto a consolidada que devengaran ata o 31 de decembro de 1998 como a que devengaran a partires do 1 de xaneiro de 1999 en función dos trienios establecidos no presente Convenio.

A data de cobro de ditas pagas será, respectivamente, o 30 de xuño e o 15 de decembro de cada ano.

Artigo 19º.- Pagas Extraordinarias: Paga de Beneficios

Así mesmo, establécese no ámbito de aplicación do presente Convenio unha paga extraordinaria chamada de beneficios, a cobrar o 15 de abril de cada ano, na cuantía de 30 días de salario base máis antigüidade, incluindo a antigüidade consolidada e a devengada a partires do 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 20º.- Plus de Nocturnidade Establécese un complemento por traballo nocturno consistente no 25% do salario base.

Considérase traballo nocturno o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte. Se o tempo traballado dentro do periodo nocturno fose inferior a catro horas, aboarase exclusivamente sobre as horas traballadas.

Este plus non afecta ó persoal que fora contratado para un horario nocturno fixo.

Artigo 21º.- Complemento de posto de traballo. Plus de Toxicidade

En razón da maior especialidade, toxicidade, perigosidade ou penosidade, establécese un complemento retributivo, equivalente ó 20% do salario base, en favor do persoal sanitario -técnico ou subalternoque desempeñe postos de traballo en algunha das seguintes seccións ou departamentos: quirófanos, radioelectroloxía, radioterapia, medicina nuclear, laboratorio de análisis, unidades de coidados intensivos e ril artificial.

Para ter dereito ó percibo de este complemento será preciso que a dedicación do traballador ó posto teña carácter exclusivo ou preferente e en forma habitual e continuada.

Cando o destino no posto non teña carácter habitual e continuado, só se percibirá este complemento en razón dos días en que se desempeñen labores en dito posto, e calquera que sexa o número de horas de dedicación ó mesmo durante a xornada.

Este complemento de posto de traballo percibirase única e exclusivamente mentres o traballador desempeñe efectivamente a praza ou posto calificado, e non suporá a consolidación persoal do dereito cando o productor que o veña percibindo sexa destinado a posto de traballo non calificado como de toxicidade.

Para ter dereito ó percibo deste complemento será preciso por último que a dedicación sexa continuada. A estes efectos se considera como tal a dedicación nas actividades penosas, tóxicas ou perigosas dun horario superior á media xornada.

Artigo 22º.- Cláusula de Desvinculación As empresas que atravesen graves dificultades económicas poderán ser eximidas do incremento salarial pactado do ano no que se atopen nesa situación.

As empresas deberán dirixirse á Comisión Paritaria do Convenio no prazo dun mes dende a publicación do Convenio.

Para valorar a situación da empresa, esta deberá remitir, coa solicitude de descolgué, á Comisión Paritaria a seguinte documentación, en fotocopias compulsadas pola Comisión Paritaria ou otro organismo autorizado para documentos públicos e asinadas polo representante legal da empresa nos documentos privados:

· Ingresos dos catro anos anteriores. · TC1 e TC2 dos catro anos anteriores. · Balance dos catro anos anteriores. · Conta de resultados dos catro anos anteriores. · Memorias dos catro anos anteriores. · Informe relativo ós aspecto financieiros, productivos e organizativos dos últimos catro anos da empresa.

· Certificación da situación da empresa ante a Seguridade Social e Facenda.

· Declaración do Imposto de Sociedades dos últimos catro anos.

· Declaración de estar ó día no pagamento de salarios. · Subvencións, no seu caso, recibidas das Administracións Públicas nos catro anos anteriores.

· Donacións, no seu caso, recibidas nos catro anos anteriores.

· Prego de condicións dos contratos dos que fora adxudicataria a empresa e contratos asinados, correspondentes a ditos concursos, así como á revisión e renovación dos mesmos. Todo elo, correspondente os cinco últimos anos.

· Listado de contratos cas Administracións Públicas ou empresas privadas.

· Plano de viabilidade da empresa no que se contemple o suposto descolgue.

· Fórmula de garantía dos postos de traballo.

· Toda a documentación á que teñan dereito os representantes dos traballadores e os órganos de representación segundo o Estatuto dos Traballadores.

· E toda aquela documentación que sexa requerida por calquera das partes da Comisión Paritaria.

No prazo de 20 días naturais seguintes á comunicación, a empresa facilitaralle á Comisión Paritaria a documentación reflectida no parágrafo anterior, con independencia da calquera outra que se solicite durante a análise das circunstancias polas que a empresa se acollese á cláusula de descolgue.

Nos 15 días seguintes, as partes acordarán a procedencia ou improcedencia da aplicación desta cláusula.

No caso de acordo por unanimidade da Comisión Paritaria, aplicarase a cláusula de descolgue.

Ante a falla de acordo da Comisión Paritaria quedarán abertas as vías administrativas e xurídicas competentes.

As empresas non poderán facer uso desta cláusula durante mais dun ano de vixencia do Convenio.

Rematado o periodo de descolgué das empresas afectadas, estas quedan obligadas á actualización inmediata das diferencias pactadas no período de descolgué e, polo tanto, as bases salariais resultantes acomodaranse no ano seguinte consonte cos niveis que tivesen existido de non aplicarse o descolgue.

Capítulo VI.- Prestacións Sociais

Artigo 23º.- Incapacidade Temporal As empresas complementarán ata o 100% do salario de Convenio as prestacións económicas derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional.

Así mesmo, as empresas complementarán ata o 100% do salario de Convenio as prestacións económicas derivadas de accidente non laboral ou enfermidade común nos supostos de hospitalización do traballador e mentres dure ésta. Fora de este suposto de hospitalización, as empresas complementarán as prestacións económicas derivadas de accidente non laboral ou enfermidade común ata alcanzar o traballador o 90% do salario de Convenio durante os 20 primeiros días da I. T. e ata alcanzar o 100% do salario de Convenio a partir do día 21 da I. T.

Artigo 24º.- Xubilación Os traballadores poderán acollerse a xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real Decreto 1.194/1985, de 17 de xullo, debendo as empresas sustituir ó traballador que opte pola jubilación, simultaneamente ó seu cese, por outro traballador nas condicións indicadas no mencionado Real Decreto.

Artigo 25º.- Recoñecementos Médicos Todas as empresas vinculadas polo presente Convenio estarán obrigadas a solicitar do Gabinete Técnico Provincial, Servizo Social de Hixiene e Seguridade no Traballo ou outro Centro Asistencial similar, un recoñecemento anual como mínimo para todo o persoal. A empresa, previa a correspondente citación por escrito na que deberá figurar día, hora e lugar do recoñocemento, facilitará o tempo necesario para a súa realización, tempo que será aboado pola empresa.

A Comisión de Saúde Laboral establecerá, no seu caso, o contido mínimo do recoñecemento médico conforme a cada posto de traballo.

Artigo 26º.- Póliza de Seguro As empresas suxeitas a este Convenio contratarán a favor dos seus traballadores, no prazo de dous meses a contar dende a publicacióin do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e con efectos dende o cumprimento deste prazo, un seguro que cubra os riscos de invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, así coma morte, derivados de accidente de traballo e enfermidade profesional, na contía de 12.000 euros.

Capítulo VIII.- Contratación

Artigo 27º.- Forma do Contrato de Traballo No ámbito de aplicación deste Convenio os contratos de traballo haberán de ser formalizados por escrito, especificándose a categoría profesional e, no seu caso, o periodo de proba pactado.

Artigo 28º.- Período de Proba Estabrécese un período de proba máximo de 3 meses para técnicos titulados e de 2 meses para o resto dos traballadores, coa salvedade do persoal de servizos xerais e servizos varios, no que se reducirá a 1 mes.

Artigo 29º.- Contratos Eventuais previstos no artigo 15.1

b) do Real Decreto Lexislativo 1/1995

Os contratos de duración determinada previstos no artigo 15.1

b) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores, poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun periodo de dezaoito meses.

Artigo 30º.- Contrato de Traballo en Prácticas A retribución dos/as traballadores/as contratados baixo a modalidade de Contrato de Traballo en Prácticas será respectivamente durante o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato, como mínimo do

90% e do 100% do salario que lles correspondería no caso de non estar contratados baixo esta modalidade.

Artigo 31º.- Preaviso para o Cese Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servizo da empresa virán obrigados a poñelo en coñecemento desta cumprindo cun prazo de preaviso de 15 días.

O incumprimento por parte do traballador da obriga de preavisar coa indicada antelación dará dereito á empresa a descontar da liquidación do mesmo o importe do salario dun día por cada día de retraso no preaviso.

Nos casos de terminación do contrato ou baixa voluntaria do traballador, farase entrega a éste da copia do finiquito correspondente con tres días de antelación á data de cese.

Capítulo IX.- Outras Materias

Artigo 32º.- Saúde Laboral

1.- Principios xerais.- de conformidade co disposto na Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, os traballadores e traballadoras teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O citado dereito supón a existencia dun correlativo deber da empresa na protección dos traballadores ó seu servizo fronte ós riscos laborais.

En cumprimento do deber de protección, a empresa deberá garantir a seguridade e saúde dos traballadores ó seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo. Igualmente a empresa está obrigada a garantir a formación práctica e axeitada nestas materias a todos os traballadores.

Corresponde a cada traballador velar polo cumprimento das medidas de prevención que en cada caso sexan adaptadas.

2.- Participación dos traballadores:

a).- Delegados de Prevención.- Os Delegados de Prevención son, dunha banda, a base sobre a que se estructura a participación dos traballadores en todo o relacionado coa saúde laboral, no ámbito da empresa, e doutra, a figura especializada de representación en materia de prevención de riscos laborais.

O nomeamento, as competencias e as facultades dos Delegados de Prevención serán as definidas nos artigos 35 e 36 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, así como as que emanen das decisións do Comité Central de Seguridade e Saúde, e as que se acorden no regulamento propio de Comité.

b).- Comité de Seguridade e Saúde Laboral.- É o órgano paritario e colexiado de representación e participación periódica sobre actuacións dos centros de traballo en materia de prevención de riscos laborais.

c).- Comisión Central de Seguridade e Saúde Laboral.- Constituirase unha Comisión Central de Seguridade e Saúde Laboral no ámbito do propio Convenio. É o órgano paritario e colexiado de participación e representación, do que emanan as directrices para os Delegados de Prevención.

Estará constituído nun prazo máximo de un mes dende a publicación deste Convenio. A súa composición será paritaria entre os membros nomeados pola patroal e os nomeados polas Centrais Sindicais con representación no sector e asinantes deste Convenio.

A Comisión Central terá as seguintes competencias: 1.- Vixiar o cumprimento do

Artigo 25 do Convenio. 2.- Elaborar un catálogo de dereitos e deberes dos traballadores en materia de saúde laboral.

3.- Elaborar un plan de formación de saúde laboral, en función das necesidades formativas.

4.- Realizar accións tendentes a promover a difusión e coñecementos sobre a lexislación de Prevención de Riscos Laborais.

5.- Establecer un catálogo de postos de traballo para discapacitados e adaptación deles.

6.- Dictame e consulta sobre recursos humáns, materiais e determinación de medios en esta materia.

7.- Asesorar tecnicamente á empresa e representantes dos traballadores.

8.- Analizar e dar a conformidade ás actuacións da empresa tendentes á aplicación das características da Lei de Prevención de Riscos Laborais no seu ámbito de actuación.

9.- Vixiar as obrigas asinadas pola devandita Lei á empresa, especialmente en materia de:

9.1.- Deseño e aplicación de plans e programas de actuación preventiva. Participación nos servizos de prevención.

9.2- Avaliación dos factores de risco.

9.3- Adopción de medidas e asistencia para a correcta información e formación dos traballadores.

9.4- Vixiancia da saúde dos traballadores a través de recoñocementos médicos específicos en función dos riscos, investigación das causas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, análises de ergonomía do posto de traballo, investigación sobre causas de absentismo por enfermidade profesional e atención médica.

9.5- Elaboración do mapa de riscos laborais, establecendo plans de prevención, seguemento e avaliación deles.

9.6- Investigación e determinación das enfermidades profesionais, detección e control de actividades potencialmente perigosas.

9.7- Estudo da epidemioloxía laboral. 9.8- Protección específica da xestación e do período de lactación.

No caso de que se dese algún conflito entre empresa e traballadores por calquera das materias previstas neste artigo, será preceptivo que, con carácter previo, se é o caso, a acudir á vía xudicial, o que pretende instar esta vía acuda á Comisión Central de Seguridade e Saúde Laboral do Convenio ós efectos de que ésta emita informe sobre a cuestión controvertida.

Artigo 33º.- Cuota Sindical A requerimento dos traballadores afiliados a algunha das Centrais Sindicais firmantes do presente Convenio, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cuota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización desta operación remitirá á Dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a Central Sindical á que pertence, a contía da cuota sindical, así como o número da conta da Caixa de Aforros ou entidade bancaria á que lle deba ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contra do traballador.

Artigo 34º.- Dereitos Sindicais

A).- Sen perxuízo de calquera dereitos que o Estatuto dos Traballadores ou lexislación xeral atribuia ós representantes legais dos traballadores nas empresas, éstas disporán dun taboleiro de anuncios para emprego da representación legal dos traballadores na empresa. A sua situación será pactada.

B).- No ámbito de aplicación do presente Convenio o crédito de horas laborais retribuidas que a lexislación xeral recoñece ós representantes legais dos traballadores para o exercicio das súas funcións representativas, poderá acumularse nun ou varios dos compoñentes da representación legal existente na empresa, sempre se comunique á dirección da empresa con oito días de antelación ó mes no que teña lugar a acumulación, e non supoña alteración grave do réxime laboral da empresa.

C).- Entre outros, a representación legal dos traballadores no marco do presente Convenio, terá dereito a recibir trimestralmente información da empresa en materia económica e a coñecer e ter á súa disposición anualmente o balance, conta de resultados e memoria da empresa.

Artigo 35º.- Roupa de Traballo As empresas facilitarán anualmente ós traballadores roupa e calzado, tendo éstos a obriga de utilizar e conservar ditas prendas.

Artigo 36º.- AGA As partes firmantes deste Convenio consideran o Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA) como o canal idóneo para a solución dos coflictos colectivos laborais.

DISPOSICION ADICIONAL PRIMEIRA.- Lexislación Supletoria

En todo o non expresamente previsto no presente Convenio Colectivo, estarase ó disposto na Ordeanza Laboral de Hospitalización, Consulta e Asistencia, no Estatuto dos Traballadores e demáis disposicións legais de aplicación.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.- Atrasos As empresas disporán dun prazo de dous meses a contar dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo para o abono ós traballadores dos atrasos de salarios a que haxa lugar.

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)