Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (15000235011981) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Revision. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (15000235011981) de Coruña

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Abril de 1999

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de abril de 1999 e o 31 de marzo de 2000 no convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira da provincia da Coruña. (Diario Oficial de Galicia num. 5100 de 14/03/2000)

Preambulo

Visto o expediente de revisión salarial para o período comprendido entre o 1-4-1999 e o 31-3-2000 no convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira da provincia da Coruña (código 1500235) , que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-2-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Carpintería de Ribera e, da parte social, por UGT, CIG e CC. OO., o día 19-11-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de febreiro de 2000. Mª Reyes Carabel Pedreira Delegada provincial da Coruña

Na Coruña, sendo as dezaoito horas do día 19 de novembro de 1999, nos locais da Asociación de Empresarios de Carpintería de Ribera, sitos na praza de Mina, nº 1-3º esquerda, da Coruña.

Están presentes as dúas representacións das partes empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de carpintería de ribeira da provincia da Coruña.

O motivo é darlles cumprimento ó artigo 4º do convenio colectivo provincial e á disposición adicional primeira do convenio colectivo estatal no referente á revisión salarial para o ano 1999.

Acordan. Incrementar tódolos conceptos económicos, agás o de antigüidade, nun 2,4% ó ser este o IPC oficial dos últimos doce meses.

Este incremento terá carácter retroactivo desde o 1 de abril de 1999.

Nestes termos queda aprobado por unanimidade o incremento do convenio colectivo referido ó sector de carpintería de ribeira da provincia da Coruña, que presentará calquera das partes coa sinatura dos compoñentes desta comisión, para a súa entrega e posterior rexistro na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Pola Asociación Empresarial de Carpintería de Ribera:

Domingo Lago Martínez. Eugenio Manuel Romero Senande. Gerardo Triñanes Fernández.

Pola parte social: Jesús María Calvo Romero (UGT) . Indalecio López Rodríguez (CIG) . Santiago Huertas Pozurama (CC. OO.) .

Táboas salariais (Período 1-4-1999-31-3-2000)

Mes

Día

Encargado

107.054

3.520

Oficial De primeira

102.895

3.383

Oficial De segunda

100.690

3.310

Axudante

94.029

3.091

Peón

92.178

3.031

Complemento de transporte 15.226

Conceptos económicos de antigüidade (xa integrados no salario base) .

Mes Día Encargado 1.180

Oficial de primeira 1.134

Oficial de segunda 1.112

Axudante 1.043

Peón 1.001

Remuneración en cómputo anual.

Encargado 1.681.468

Oficial de primeira 1.623.342

Oficial de segunda 1.592.372

Axudante 1.499.118

Peón 1.473.204