Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE MATERIAIS DE CONSTRUCCION E SANEAMEN...11982) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE MATERIAIS DE CONSTRUCCION E SANEAMENTO (36000345011982) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2002

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo do sector de comercio de materiais de construcción e saneamento. (Diario Oficial de Galicia num. 79 de 24/04/2003)

Preambulo

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002, do convenio colectivo do sector de comercio de materiais de construcción e saneamento, con nº de código 3600345, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 11- 2- 2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco) , e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CC. OO., en data 28- 1- 2003. De conformidade co disposto no artigo 8 do convenio colectivo e no artigo 90.2ºe 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro

Ordena- la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordena- lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro

Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de marzo de 2003. Joaquín Macías Sánchez Delegado provincial de Pontevedra

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA O SECTOR DE COMERCIO DE MATERIAIS PARA A CONSTRUCCIÓN E SANEAMENTO DE PONTEVEDRA

ACTA

Asistentes:

Por UGT: Roberto Puga Hermida.

Por CC. OO.: Jorge Carneiro Penedo.

Por Asemaco (Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción)

- Gonzalo Vila García.

- Andrés Sande Rodríguez.

En vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as 17 horas do día 28 de xaneiro de 2003, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de comercio de materiais para a construcción e saneamento da provincia de Pontevedra, co obxecto de proceder árevisión da táboa salarial, en aplicación do disposto no artigo 8 do texto do convenio.

Constatado o feito de que segundo o INE o IPC do ano 2002 resultou un 4%, sendo, por tanto superior ó2,5% previsto no artigo 8 do convenio, procédese a revisa- la táboa do ano 2002 no dito exceso (o 1,5%) con efectos do 1 de xaneiro de 2002.

Unha vez confeccionada a dita táboa, dáse lectura dela, asinándoa as partes en proba de conformidade, acordando a súa remisión áautoridade laboral para os efectos da súa posterior publicación no BOP.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.30 horas do día arriba indicado, de todo o cal as partes dan fe.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)