Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de CONSTRUCCION Y OBRAS PUBLICAS (32000155011981) de Ourense

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1996

Tiempo de lectura: 24 min

Tiempo de lectura: 24 min

Resolución do 17 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial do sector da construcción, afíns e derivados de Ourense. (Diario Oficial de Galicia num. 20000 de 11/10/1996)

Preambulo

Visto o texto do convenio provincial do sector da construcción, afíns e derivados (código nº 3200155) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense e da parte social polas centrais sindicais; UGT e CC. OO., ambas con lexitimidade suficiente para asinalo, en xuntanza celebrada o 3 de xuño de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la inscrición do mesmo no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación as representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 17 de xuño de 1996. Manuel López Casas Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Ourense para o período abranguido entre o un de xaneiro e o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e seis

 
Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación e obrigado cumprimento nas seguintes actividades:

a) As dedicadas á construcción e obras públicas que abranguerán:

-Albanelería. -Formigón. -Pintura para decoración e empapelado. -Carpintería de armar. -Embaldosado e sollado. -Empedrado e lastrado. -Escultura, decoración e escaiola. -Estucado e revocado. -Pedra e mármore, incluíndose as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual.

-Portlandista de obra. -Pocería. -Canteiras, graveiras, areeiras e a explotación e manufactura de terras industriais, ben explotadas a ceo aberto, galerías ou minas e vetas explotadas para uso propio polas empresas dedicadas á construcción e obras públicas en xeral, aínda que a producción non sexa absorbida totalmente por elas.

-Canteiras, graveiras e areeiras, a materia das cales se destine á construcción e obras públicas e non sexan explotadas directamente por empresas constructoras.

-Os traballos que se realicen nos portos en terra firme, peiraos e diques.

-Fabricación de elementos auxiliares e materiais da construcción para a súa exclusiva ou preferente utilización e consumo, absorbéndose nas propias obras toda ou a maior parte da dita producción.

-Rexeneración de praias. -Movemento de terras. -Carpintería utilizada polas empresas, ben sexa nas obras ou nos seus talleres; sen embargo, non lles será de aplicación este convenio a aqueles talleres de carpintería que aínda traballando con elementos para a construcción non pertenzan a empresas deste ramo.

-Colocación de artigos de pedra artificial, pulimentada ou sen pulimentar, así como a súa fabricación a pé de obra para a utilización exclusiva desta.

-Fornecemento e saneamento de augas, colocación de tuberías e elementos accesorios destas; apertura e peche de gabias e as súas reparacións, incluíndo as que se realizan para calquera clase de instalación de subministracións, tales como gas, teléfonos, eléctricas, cando sexa empregado, principalmente, persoal de construcción e obras públicas.

-A construcción de canizos e ceos rasos.

-As empresas inmobiliarias, incluídas as cooperativas de vivendas.

-As empresas dedicadas ó estudio, proposta e construcción de obras públicas particulares (estradas, viaductos, túneles, autoestradas, pasos elevados) ou simplemento á realización das obras indicadas.

-A promoción ou execución de urbanizacións. -A promoción da edificación de inmobles de calquera xénero.

-Empresas dedicadas a cimentacións e as que realicen sondeos para a construcción principalmente.

-Empresas que teñan como actividade principal o alugueiro de maquinaria e equipos para a construcción, como o persoal para o seu manexo.

-Empresas de rehabilitación, mantemento e demolición de obras.

-Talleres de fabricación de ferralla, que teña como destino principal a construcción.

b) Embarcacións, artefactos flotantes e ferrocarrís auxiliares de obras de portos.

En desenvolvemento do disposto no apartado b) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, son de aplicación os seus preceptos ó persoal de embarcacións, artefactos flotantes e explotacións de ferrocarrís auxiliares das obras de portos e, en xeral, a todos aqueles traballadores empregados na construcción ou reparación deles, así como as ampliacións, modificacións e excepcións que se establezan para este grupo sempre e cando o seu traballo se efectúe de maneira exclusiva para a construcción e reparación dos portos.

c) Canteiras, areeiras, graveiras e a explotación de terras industriais.

En desenvolvemento do disposto no apartado c) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, son aplicables os seus preceptos ás relacións de traballo nas empresas dedicadas á explotación de canteiras, graveiras e areeiras, para a obtención de pedra para a construcción e terras silíceas refractarias e ademais industriais, ben explotadas a ceo aberto, galerías ou minas que non se exploten como industria auxiliar doutra principal que estea regulada.

Exceptúanse os traballo das empresas explotadoras de terras industriais que veñan regulándose pola Regulamentación nacional de traballo nas minas de fosfatos, xofre, potasa, talco e demais explotacións mineiras non abranguidas noutra regulamentación.

d) As de cemento. En desenvolvemento do disposto no apartado d) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, regularanse polas súas normas as relacións de traballo nas industrias de fabricación de cemento Portland, cemento natural, cementos especiais e cales hidráulicos.

Abrangue tamén as canteiras explotadas directamente polas empresas, ás centrais eléctricas que posúan e produzan enerxía para o seu consumo propio e para os seus almacéns de venda.

e) As de xesos e cales. En desenvolvemento do disposto no apartado e) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, regularanse polas súas normas as relacións de traballo nas industrias de fabricación de xeso de cal e escaiola.

f) As de cerámica artística e industrias do azulexo que, á entrada en vigor do presente convenio, non estean afectadas por outro convenio estatal.

En desenvolvemento do disposto no apartado f) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril, regularanse polas súas normas as industrias de fabricación de azulexos correntes e artísticos e cerámica artística que non estean afectadas por outro convenio estatal.

g) O comercio da construcción maioritario e exclusivista.

En desenvolvemento do disposto no apartado g) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, rexerase por este o comercio de calquera dos artigos elaborados por empresas incluídas dentro do ámbito do dito convenio ou destinadas ó uso principal delas, de acordo coas súas propias funcións e actividades, sempre que sexan maioristas e exclusivistas.

Quedan incluídas as actividades de cemento e derivados e ferralla.

Artigo 2º.- Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios laborais nas empresas descritas no artigo anterior e ós que sexan contratados durante a vixencia deste convenio, tanto nas empresas establecidas como naquelas que poidan establecerse. Igualmente, afectará a todos aqueles traballadores que, prestando servicios laborais nunha empresa ourensá, se despracen fóra da provincia.

Artigo 3º.- Vixencia.

O presente convenio substitúe e anula os anteriores acordos vixentes, entrando en vigor o día da súa publicación no BOP de Ourense.

Terá efectos económicos retroactivos ó un de xaneiro de 1996, quedando condicionada a cotización dos atrasos á Seguridade Social ó momento do cobramento efectivo polos traballadores. As diferencias económicas deberán ser aboadas dentro dos trinta días seguintes ó da publicación deste convenio.

Artigo 4º.-Duración.

O presente convenio terá unha duración anual, estendéndose desde o un de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996. Denunciado o convenio, e mentres no se logre acordo expreso, perderán vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais, e manterán en vigor o seu contido normativo.

Artigo 5º.- Compensación, absorción e garantía ad personam.

Os traballadores que con anterioridade ó asinamento deste convenio veñan desfrutando de mellores condicións cás aquí pactadas, conservaranas na súa totalidade e, en consecuencia, serán absorbidas por este se as condicións deste convenio, consideradas globalmente e en cómputo anual, superan as citadas melloras.

Artigo 6º.- Lexislación complementaria.

No non previsto neste convenio observarase o que dispoña o convenio xeral do sector da construcción asinado o 10 de abril de 1992, sendo os asinantes, en ámbolos casos, FEMCA- UGT, FECOMA- CC. OO., SGCM- CIG e CNC as partes asinantes confirman e ratifican, facéndoos seus, os textos relacionados, que os dan por reproducidos nos seus propios e directos termos.

Artigo 7º.- Comisión paritaria.

Constitúese no día de hoxe o comité paritario, composto por dous representantes sindicais e dous representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense, e que ten como cometido a interpretación e seguimento do presente convenio.

Os acordos deste comité terán a mesma eficacia cá cláusula que fose interpretada. Como membros integrantes deste comité, e por parte das centrais sindicais, desígnanse como titulares:

Por UGT: Juan Miguel Muñoz Álvarez. Por CC. OO.: Rafael López de la Torre. E pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense:

José Antonio Pérez Fernández. Cesáreo Fernández Ríos.

Artigo 8º.- Xornada laboral.

Durante a vixencia do presente convenio establécese unha xornada laboral anual de 1.768 horas para 1996.

Establécese unha xornada laboral de corenta horas semanais de traballo efectivo, distribuídas en oito horas diarias de luns a venres, ámbolos dous incluídos.

Para axusta- lo calendario laboral anual no presente exercicio de 1996, fíxanse como días non laborais o 8 de abril , 2 de maio, 26 de xullo, 16 de agosto, 11 de outubro, 4 de novembro, 24 e 31 de decembro.

Logo do acordo entre empresa e traballador, as ditas datas poden ser permutadas por outras.

Artigo 9º.- Soldo base e remuneración total. Segundo o anexo.
Sin contenido.
Artigo 10º.- Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia para os traballadores das categorías II e XIV con rendemento normal e que non teñan ningunha falta de asistencia ó traballo non xustificada (importe segundo o anexo) .

Artigo 11º.- Perda do plus de asistencia.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días do plus; a segunda, a perda de dez días do plus, e a terceira, a perda total.

As faltas inxustificadas computaranse dentro de cada mes natural, e para determina- lo plus de asistencia diario divídese entre vintecinco a cantidade que consta na táboa de remuneracións.

A perda deste plus é independente das sancións que poidan ser impostas segundo a normativa vixente.

Artigo 12º.- Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte que se lles aboará a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia que separa o centro de traballo do seu domicilio. Será satisfeito única e exclusivamente en xornada completa realmente traballada.

Este plus non cotizará Seguridade Social nin accidente de traballo.

Artigo 13º.- Incrementos económicos.

Para o ano 1996, e tal como se recolle no anexo, aplícase un incremento económico do tres con noventa e cinco por cento sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.

Artigo 14º.- Cláusulas de garantía salarial.

Para o ano 1996, no suposto de que o incremento anual do IPC o 31- 12- 1996 supere o 3,95%, efectuarase unha revisión salarial sobre o exceso do dito tanto por cento, con efectos do 1- 1- 1996. A dita revisión, se é o caso, servirá de base para a negociación colectiva seguinte.

Artigo 15º.- Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custo igual para tódolos traballadores de 2.805 ptas. diarias, e unha media axuda de custo de 1.193 ptas. diarias. Non obstante, pódese substituí- los ditos importes pola fórmula, que de común acordo debe establecerse, de gastos para xustificar.

Artigo 16º.- Antigüidade.

A antigüidade queda conxelada na base do ano 1984, no sentido de que quedan conxelados os prezos dos bienios e quinquenios calculados sobre aquelas bases.

É dicir, o prezo de tódolos bienios devengados e que se devenguen no futuro para as categorías- niveis II ó XII é o de 1.752 ptas. (cinco por cento de 35.045 ptas.) .

O prezo de tódolos quinquenios devengados e que se devenguen no futuro é o de2.453 ptas. (sete por cento de 35.045 ptas.) . Non obstante respectaranse aquelas cantidades que, a título persoal, veñan percibindo os traballadores por este concepto, sen que caiba compensalas no cómputo xeral do convenio. É dicir, o prezo dos bienios ou quinquenios que sexan superiores ós que se sinalan neste convenio e sexan pagados na actualidade polas empresas, manteranse, quedando con esta data conxelados na dita contía.

Artigo 17º.- Prima de casado.

A todo traballador fixo que leve como mínimo seis meses de servicio na empresa e que contraia matrimonio, outorgaráselle unha gratificación por matrimonio de cinco mil pesetas.

Artigo 18º.- Roupa de traballo.

O persoal afecto por este convenio seralle entregado pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda e un par de botas normais e adecuadas ó centro de traballo e cada seis meses, sendo obrigatorio o seu uso cando o traballo así o requira. As ditas pezas de roupa son propiedade en todo momento da empresa e o traballador virá obrigado ó seu bo uso e conservación. As empresas poderán facer constar nelas os seus nomes, anagramas e actividades. O incumprimento da dita entrega suporá o aboamento de cincocentas pesetas mensuais ó traballador.

Artigo 19º.- Indemnización- compensación en caso de accidente laboral e hospitalización.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral, hospitalización e enfermidade profesional, percibirán durante o período de ILT ou hospitalización, se é o caso, e a cargo da empresa, a diferencia entre a cantidade fixada pola Seguridade Social e o importe do salario líquido que viña percibindo nunha mensualidade normal, ou de hospitalización, ou de enfermidade profesional, reciba o cento por cento do seu salario mensual normal.

Artigo 20º.- Indemnizacións.

Establécese a seguinte indemnización para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta e gran invalidez, derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional: 4.500.000 ptas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

A referida póliza só abranguerá os procesos iniciados a partir da súa vixencia e validez.

Esta indemnización é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa- lo traballador na Seguridade Social ou mutualidade.

Non obstante o anterior, a indemnización pagada con cargo ás pólizas de seguros de accidente terá a consideración de entregas a conta das indemnizacións que no seu día fixen os xulgados e tribunais de xustiza por sentencia definitiva e firme, e que sexan a cargo da empresa.

Artigo 21º.- Permisos e licencias.

Concederanse as seguintes licencias retibuídas ós traballadores que o soliciten e xustifiquen nos seguintes casos:

-Os sinalados no artigo 77 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992.

-Dous días naturais por casamento de fillos. -O tempo necesario, xustificado, por asistencia médica.

Artigo 22º.- Cesamento dos traballadores.

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa con oito días de antelación, perderá as remuneracións dos días que non preavise.

A dita comunicación deberá facela verbalmente ou por escrito, con obriga por parte da empresa de expedi- lo xustificante correspondente.

Artigo 23º.- Repercusión en prezos.

A comisión deliberadora do convenio, por unanimidade, estima e declara que as melloras establecidas nel producen un incremento salarial que eleva os gastos de man de obra e que por isto deben ser repercutibles nos prezos, tanto nas obras contratadas con calquera das administracións como con particulares.

Artigo 24º.- Seguridade e hixiene.

O traballador terá dereiro a acudir a cursos de seguridade e hixiene e que teñan relación directa coa actividade do empregador. Empresa e traballadores poranse de acordo na forma de materializar esta participación, conxugando o dereito destes últimos e os intereses da primeira. En caso de que non se chegue ó dito acordo, serán vinculantes as instruccións e criterios da dita Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene.

Por outro lado, as partes asinantes acordan mante- la súa presencia na Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene no Traballo, así como buscar tódolos mecanismos posibles para unha mellora xeral das condicións de seguridade e hixiene para o traballador.

Serán funcións desta comisión: -Solicitar do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de plans e medidas formativas.

-Estudiar e acorda- los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

-Promover cantas medidas consideren tendentes a mellora- la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo estende- la preocupación pola seguridade e hixiene a tódolos niveis, fomentando campañas de sensibilización, etc.

-Acomete- las xestións necesarias para obte- los medios que lle permitan desenvolve- las súas funcións con eficacia adecuada.

-Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

Artigo 25º.- Desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non lles sexan facilitadas pola empresa, indemnización que se fixa en 30 ptas. por cada día de traballo efectivo para os niveis VII, VIII e IX e de 20 ptas. para os niveis X e XI.

A empresa determinará os casos particulares de achega de ferramentas polo traballador.

Artigo 26º.- Entrega das copias básicas dos contratos.

A obrigatoriedade da entrega da copia básica dos contratos realizarase conforme a Lei 2/1991, do 7 de febreiro.

Artigo 27º.- Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1996, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou serán deducidas dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega- la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a comisión territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo, non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, e poderán distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

Artigo 28º.- Aprendizaxe.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato de aprendizaxe pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de deterninados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica- la oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente ós contratos de aprendizaxe se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

2. De conformidade co establecido no apartado 3 da disposición transitoria primeira do CXSC, a presente regulación substitúe integramente o establecido nesta materia nos convenios colectivos provinciais ou, se é o caso, autonómicos, sen prexuízo do estipulado nos apartados 10 e 11 do presente artigo.

3. O contrato de aprendizaxe terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 32, poderán ser obxecto deste contrato de aprendizaxe os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira de CXSC.

5. O contrato de aprendizaxe poderase celebrar con traballadores que cumprisen os 16 anos e menores de 24 anos que non teñan a titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a aprendizaxe.

6. O tipo de traballo que debe presta- lo aprendiz estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregadas en labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderás ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade, os menores de 18 anos para os oficios de vixilante, poceiro e esteador, nin aquelas tarefas que expresamente fosen declaradas como especialmente tóxicas, penosas, perigosas e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

7. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos, sen prexuízo do establecido no apartado 12.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado incluído ó das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O preaviso de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica o Art. 29.1.3 do CXSC.

Expirada a duración máxima do contrato de aprendizaxe, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

8. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica- lo horario de ensino.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designa- la persoa que actuará como titor do aprendiz, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi- las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra có aprendiz.

9. Tódalas accións de formación teórica previstas para os aprendices serán financiadas con cargo ó acordo tripartito de formación continua dos traballadores ocupados. Para tal efecto, o oportuno plan sectorial de formación recollerá a desagregación de partidas e apartados correspondentes á formación en aprendizaxe.

10. A retribución dos aprendices será a seguinte: Táboas salariais de aprendices De 16 e 17 anos:

1º ano 50% 2º ano 55%

De 18 a 24 anos: 1º ano 60% 2º ano 65% 3º ano 76%

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

Aqueles convenios provinciais que á entrada en vigor do presente acordo teñan unha retribución salarial superior ás porcentaxes do primeiro parágrafo deste punto manterana como condición máis beneficiosa ata ser alcanzado por este, quedando en consecuencia conxelados os ditos salarios ata a súa equiparación.

11. O plus extrasalarial regulado no Art. 65.1º do CXSC será devengado polos aprendices en igual contía có sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días en que dure o contrato.

12. Toda situación de incapacidade temporal do aprendiz inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo ó que o contrato estivese suspendido.

13. Se concluído o contrato, o aprendiz non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da aprendizaxe e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o aprendiz na súa formación práctica.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

14. No prazo dun ano a partir do asinamento deste acordo e a través da comisión paritaria de formación, fixaranse os niveis e contidos da parte teórica de cada especialidade e as probas prácticas que se realizarán para observa- los progresos realizados e o seu pase á categoría de oficial.

ANEXO

Táboa de retribucións para o período 1-1-1996 ó 31-12-1996 Categorías

Mensual Pagas extras Anual Horas Soldo base Plus

asistencia Plus transporte Total

mes Xullo Nadal Vacacións extras Titulado superior............................... 98.256 23.401 1.097 122.754 117.012 117.012 117.012 1.047 Titulado medio, xefe 1ª Admtvo. ....... 97.821 22.970 1.087 121.878 116.671 116.671 116.671 1.047 Xefe de persoal, Axte. de obra, encargado xeral ......................................... 97.345 22.489 1.077 120.910 116.293 116.293 116.293 1.047 Xefe Adtvo. de 2ª, delineante superior, xefe de compras, encargado de taller ................................................. 96.904 22.058 1.069 120.031 115.951 115.951 115.951 1.047 Oficial de 1ª Adtvo. , delineante de 1ª, encargado de obra ................... 96.431 21.579 1.059 119.070 115.576 115.576 115.576 1.007 Oficial de 2ª Adtvo., delineante de 2ª, práctico topografía de 2ª, capataz...... 94.694 19.841 1.028 115.563 114.208 114.208 114.208 996 Auxiliar Adtvo. ou técnico, oficial de 1ª de oficio ................................... 93.385 18.534 1.002 112.921 113.209 113.209 113.209 966 Listeiro Axte. topografía, oficial de 2ª de oficio, coserxe .............................. 92.038 17.185 981 110.205 112.118 112.118 112.118 929 Vixilante, enfermeiro, almaceneiro, garda xurado, axudantes de oficios 90.692 15.839 955 107.486 111.059 111.059 111.059 877 Peóns especializados......................... 89.348 14.493 931 104.772 108.799 108.799 108.799 843 Peóns ordinarios................................ 87.958 13.104 912 101.974 107.709 107.709 107.709 811 Traballadores de 17 anos .................. 56.242 5.107 552 61.901 58.232 58.232 58.232 Traballadores menores de 17 anos .... 51.087 3.091 490 54.668 53.319 53.319 53.319

Axudas de custo: 2.805 Media axuda de custos: 1.193