Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
01/11/2003

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1996

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do complemento do convenio colectivo de industrias de carpintería e ebanistería. (Diario Oficial de Galicia num. 20400 de 17/10/1996)

Preambulo

Visto o expediente polo que se complementa o convenio colectivo provincial de industrias de carpintería e ebanistería que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23 de setembro de 1996 subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería da Coruña e da parte social por UXT, e CC. OO. o día 11 de setembro de 1996, de conformidade co disposto no artigo 90 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial acorda:

Primeiro.-

Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificacións ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) .

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de setembro de 1996. Mª Reyes Carabel Pedreira Delegada provincial da Coruña

Pola parte empresarial: Cándido Hermida Campos Antonio de Castro Goyanes Ramón Caramés Seoane Jesús Rey Barral Pola parte social Jesús Mª Calvo Romero (UGT) Celestino Pérez Vázquez (UGT) Juan Mª García Blanco (CC. OO.) Santiago Huertas Pozumara (CC. OO.)

ACTA

Reunida a comisión mixta do convenio colectivo para a industria de carpintería e ebanistería, segundo o establecido no artigo 7 do citado convenio, sendo as dezaoito horas do día once de setembro de 1996, adóptase por unanimidade o seguinte acordo:

Que aínda que o artigo 3 do citado convenio se remite en canto a vixencia ó convenio sectorial da madeira de ámbito estatal, publicado no BOE do 20-5-1996, no ánimo da comisión negociadora estivo presente en todo momento retrotae-los efectos económicos do novo convenio ó 1-1-1996, data en que se extinguía a vixencia do convenio anterior.

Por todo isto e ante as dúbidas presentadas polos afectados polo convenio, esta comisión ratifícase na afirmación de que a vixencia económica do convenio se inicia o 1-1-1996 e se estenderá ata o 31-12-2000.

En proba de conformidade asinan esta acta os asistentes.

Nota: o convenio a que se refire o encabezamento afecta á provincia da Coruña.