Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS DE CARPINTERIA E EBANISTERIA (15000805011982) de Coruña

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2012

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 12-13)

Resolucion de inscricion e publicacion da acta da comision negociadora do convenio colectivo das industrias de carpinteria e ebanisteria da Coruña na que se aproba o calendario laboral para o ano 2012. Codigo 15000805011982 (Boletín Oficial de A Coruña num. 120 de 26/06/2012)

Preambulo

Vista a acta da xuntanza celebrada o día 23/02/2012 pola comisión negociadora do convenio colectivo das industrias de carpintería e ebanistería da Coruña (código 15000805011982), na que se aproba o calendario laboral para o ano 2012, de conformidade co disposto no art. 90.2 e 3 do RDL 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no RD 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:

1º.Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2º.Dispoñer a sua publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 13 de xuño de 2012.

Xefe do Departamento Territorial da Coruña,

LUIS ALBERTO ÁLVAREZ FREIJIDO

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE INDUSTRIAS DE CARPINTERÍA E EBANISTERÍA DA PROVINCIA DA CORUÑA

Na Coruña, e sendo as 10.00 horas do 23 de febreiro do 2012, reúnense os compoñentes da comisión negociadora do convenio colectivo provincial das industrias de carpintería e ebanistería da Coruña que a continuación se expresan:

ASISTENTES:

PARTE EMPRESARIAL

PARTE SOCIAL

Jesús Castiñeiras Outes

Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.)

Luis Sierra Carral

Sergio López Rivera (CC.OO.)

Francisco J. González Outomuro

Juan Ramón Paseiro Parcero (UGT)

Jesús María Calvo Romero (UGT)

Eduardo Sebio Molguera (CIG)

Victorino Ares Prado (CIG)

Marcos Branco Sánchez (CIG)

Reúnense as partes negociadoras na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería, iniciándose as negociacións para confeccionar o calendario laboral que rexirá no ano 2012 cun total de 1.752 horas establecidas por convenio colectivo.

En consecuencia páctanse como festivos os que figuran no calendario adxunto, e que son os seguintes:

18 de maio, 13 e 14 de agosto, 2 de novembro, 7, 24 e 31 de decembro.

Os días F.C. que figuran no calendario, se coinciden no período vacacional, non computan a efectos de F.C.

Finalmente facúltase a Jesús M.ª Calvo Romero, co DNI 33234512-H, para a presentación do presente acordo ante a Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a efectos da súa homologación e posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia.

E, en proba de conformidade, asínase a presente no lugar e data arriba sinalados.

CALENDARIO LABORAL DO CONVENIO DE CARPINTERÍA E EBANISTERÍA DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA O ANO 2012

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

NOTAS.-Os días sinalados como FC-8 son festivos de convenio.

Cando un festivo local coincida con algún festivo de convenio (FC-8) ou en sábado, este pasará ao anterior día laborable.

Os días festivos de convenio (FC-8), si coinciden en período de vacacións, non computarán como vacacións.