Revision. Convenio Colectivo de Sector de SANIDADE PRIVADA (27000815012000) de Lugo
Sector Autonomico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2000
- Código: 2700815
- Código Nuevo: 27000815012000
- Tipo: Sector
- Ámbito: Lugo
- Código: 2700815
- Código Nuevo: 27000815012000
- Tipo: Sector
- Ámbito: Lugo
- Código: 2700815
- Código Nuevo: 27000815012000
- Tipo: Sector
- Ámbito: Lugo
- Código: 2700815
- Código Nuevo: 27000815012000
- Tipo: Sector
- Ámbito: Lugo
- Código: 2700815
- Código Nuevo: 27000815012000
- Tipo: Sector
- Ámbito: Lugo
- Código: 2700815
- Código Nuevo: 27000815012000
- Tipo: Sector
- Ámbito: Lugo
- Código: 2700815
- Código Nuevo: 27000815012000
- Tipo: Sector
- Ámbito: Lugo
Boletín Oficial de Lugo nº 83 del 14/04/2015
Boletín Oficial de Lugo nº 219 del 12/11/2008
Boletín Oficial de Lugo nº 23 del 04/02/2008
Diario Oficial de Galicia nº 238 del 09/12/2004
Boletín Oficial de Lugo nº 215 del 08/11/2004
Boletín Oficial de Lugo nº 144 del 21/05/2002
Diario Oficial de Galicia nº 10000 del 24/05/2000
Preambulo
Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector da sanidade privada (código 2700815) , da provincia de Lugo, asinado o día 28 de marzo de 2000, pola representación da Asociación de Empresarios de Sanidade Privada, Asociación de Centros de Hospitalización Privada e das centrais sindicais CIG (57,14%) , USO (42,8%) e CC. OO. (0%) , e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.
Esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro
Ordena-la inscrición da citada revisión no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.
Segundo
Remiti-lo texto da mentada revisión á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 10 de abril de 2000. Manuel Teijeiro Álvarez Delegado provincial de Lugo
Acta Asistentes: Pola parte empresarial:
Asociación de Empresarios de Sanidade Privada da Provincia de Lugo: José Ramón Criado Lorenzo, Jorge Somoza Lázare, Guadalupe Hervera Iglesias.
Asociación de Centros de Hospitalización Privada da Provincia de Lugo: José Luis Campos Veiga, Manuel Ángel López-Pardo Pardo, Lourdes Pardo Rodríguez.
Polas centrais sindicais: CIG (57,14%) : Carmen Antas Pérez, Fernando Díaz Fernández, Xosé Vázquez Pérez, Margarita Pardo Yáñez.
USO (42,8%) : Manuel Expósito López, Manuel Silvarrey Cabado, José Luis Valcarce Resco.
CC. OO. (0%) : Anselmo Sampedro Ania, Elena Lázare Rincón.
En Lugo, sendo ás 17 horas do día 28 de marzo de 2000, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (praza de San Domingos, 6-8, 2º) as persoas na marxe relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo da sanidade privada da provincia de Lugo co obxeto de proceder á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000, conforme o previsto no párrafo terceiro do artigo 12 do convenio colectivo vixente.
Despois das deliberacións pertinentes adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:
Primeiro
Aproba-la táboa de salarios anexa con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000.
Segundo
Os atrasos, por diferencias de salarios, producidos como consecuencia da publicación da táboa salarial aprobada pola presente acta faranse efectivos nos 30 días seguintes á publicación da táboa salarial no boletín oficial da provincia ou Diario Oficial de Galicia.
Terceiro
Remiti-la presente acta, así como a táboa do convenio colectivo da sanidade privada da provincia de Lugo anexa á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.
E en proba de conformidade, asinan a presente as persoas na marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.