Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE ENFERMOS E ACCIDENTADOS EN AMBULAN...95012006) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
03/05/2010

Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE ENFERMOS E ACCIDENTADOS EN AMBULANCIA (82000895012006) de Galicia

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2010

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 56-57)

Resolucion do 6 de abril de 2010, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se ordena a inscricion e deposito no rexistro, e se dispon a publicacion no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision paritaria do convenio colectivo autonomico de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia, relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2010. (Diario Oficial de Galicia num. 82 de 03/05/2010)

Preambulo

Visto o acordo polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2010, que subscribiu a comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia, na xuntanza que tivo lugar o 23 de marzo de 2010, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-

Ordenar a inscrición e depósito da dita revisión salarial no Rexistro Xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-

Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Tercero.-

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

Acta de xuntaza da comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia

En Santiago de Compostela, sendo as once quince horas do día dezasete de marzo de dous mil dez, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24-baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, en presenza do presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, co obxecto de acordar as táboas salariais do ano 2010 do convenio colectivo autonómico de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia.

-Representación empresarial:

Manuel Eduardo Quiroga Negreira.

Enrique Blanco Manzano.

Agustín Capón Moure.

Ramón González Doriz.

Armando Carballosa Fernández.

-Representación social:

*UGT Galicia:

Óscar Vázquez Vázquez.

Emilio Bahamonde López.

Miguel Ángel Reboiras Casais.

*SN de CC.OO. de Galicia:

Pedro A. Beade Roel.

Gerardo Rodríguez Iglesias.

Roberto Rodríguez García.

Marcos Pérez Rodríguez.

David Fernández Cora.

Ábrese a xuntanza intercambiándose entre as partes empresarial e sindical os incrementos salariais que, conforme o convenio colectivo en vigor, corresponden ao ano 2010. Acórdase aprobar as táboas salariais correspondentes ao ano 2010, encargando ao Consello Galego de Relacións Laborais os trámites de rexistro e depósito.

As táboas son as seguintes:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

E non tendo máis asuntos que tratar, remata a reunión, sendo as trece e quince horas do día sinalado no encabezamento, e redáctase para o efecto esta acta, que asinan todos os asistentes.