Convenio Colectivo de Sector de VENDA MAIOR DE TECIDOS, MERCERIA E PAQUETERIA (N...11982) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de VENDA MAIOR DE TECIDOS, MERCERIA E PAQUETERIA (NO VIGENTE. Ver 36105425012022) (36001445011982) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Mayo de 1996

Tiempo de lectura: 12 min

Resolución do 30 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería. (Diario Oficial de Galicia num. 700 de 13/01/1997)

Preambulo

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector da venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-10-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Mayoristas de Tejidos, e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CC. OO. (en parte) , con data do 9-10-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de outubro de 1996. Antonio Coello Bufill Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector da venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería. Provincia de Pontevedra

 
Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais UGT e CC. OO. en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios del Comercio Mayorista Textil en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Opresente convenio regulará as relacións laborais de tódalas empresas da provincia de Pontevedra que, rexidas pola ordenanza de comercio, estean encadradas no sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería en xeral, roupa confeccionada, alfombras e tapices, zapatos, quincallería etc. e as que no futuro se encadren.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

O convenio entrará en vigor o día do seu asinamento, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de maio de 1996.

Terá unha duración de dous anos contados a partir do 1 de maio de 1996 e os seus efectos finalizarán o 30 de abril de 1998. Non obstante, considerarase prorrogado tacitamente por períodos anuais, en caso de non ser denunciado por calquera das partes con tres meses de anticipación ó seu vencemento.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando dunhas condicións económicas e laborais máis beneficiosas cás aquí pactadas, deberaas conservar, facéndose o cálculo polo conxunto anual de tódalas percepcións.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio, así como as voluntarias que no futuro se establezan, poderán ser compensadas e absorbidas ata onde alcancen cos aumentos ou melloras que actualmente teñan establecidas as empresas ou que no futuro se establezan con carácter xeral mediante disposición legal.

Artigo 6º.-Formación no traballo.

A idade mínima para a contratación de traballadores en formación será de 16 anos. A duración dos ditos contratos será, como máximo, de dous anos.

Estes traballadores, en todo caso, ó cumpriren o período de formación estipulado, pasarán automaticamente á categoría de axudantes.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada legal será de corenta horas semanais de traballo efectivo.

A xornada do sábado efectuarase só pola mañá e finalizará ás 12.30 horas, salvo naquelas empresas que pactasen co seu persoal calquera outro horario, mais respectándose a dita xornada semanal.

Non obstante o sinalado no parágrafo anterior, nos meses de xullo e agosto a xornada laboral realizarase de luns a venres, respectándose as condicións máis beneficiosas que se veñan dando nas empresas.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio desfrutará dunhas vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais entre os meses de xuño e setembro (ambos incluídos) .

En cada empresa se establecerá, dentro de cada categoría, unha orde rotativa de preferencia, de tal forma que, quen foi primeiro para elixir quenda, pasa a ser último no ano seguinte.

As empresas confeccionarán o cadro de vacacións xunto cos representantes legais dos traballadores, dentro dos tres primeiros meses do ano, o cal será exposto no taboleiro de anuncios para coñecemento do persoal.

Artigo 9º.-Retribucións.

Para o ano 96 (do 1-5-1996 ó 31-4-1997) os salarios correspondentes ás distintas categorías do persoal afectado por este convenio son os que figuran na táboa salarial anexa.

Para o segundo ano de vixencia do convenio (do 1-5-1997 ó 31-4-1998) incrementaranse as táboas salariais nunha porcentaxe igual ó IPC do período 1-5-1996 a 31-4-1997 máis un punto.

Artigo 10º.-Antigüidade.

A antigüidade comezarase a computar a partir da data de entrada do traballador na empresa.

Artigo 11º.-Aumentos por antigüidade.

Os aumentos periódicos por tempo de servicio consistirán en cuadrienios na contía de seis por cento acumulativos, os cales se encontran recollidos na táboa salarial anexa.

Non obstante o anterior, a partir do 1-5-1997 o límite máximo de percepción por este plus será do 30% do salario base do convenio, para o cómputo do cal se terán en conta non só os devengados a partir da dita data senón tamén tódolos cuadrienios consolidados con anterioridade a ela.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a percibir tres pagas extraordinarias dunha mensualidade completa máis a antigüidade, se é o caso, en cada un dos meses seguintes: marzo (paga de beneficios) , xullo e decembro.

Nos supostos de entrada ou cesamento do traballador no transcurso do ano, serán rateadas todas elas.

Artigo 13º.-Enfermidade ou accidente.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade ou accidente, as empresas completarán as prestacións económicas correspondentes da seguridade social ata o cento por cento da súa retribución, incluída a axuda por locomoción.

Artigo 14º.-Preferencia para fillos de traballadores.

Os fillos de traballadores da empresa gozarán de preferencia para optar ás vacantes que se produzan no seu cadro de persoal, sempre que reúnan as condicións mínimas precisas para o posto de traballo.

Artigo 15º.-Xubilación.

Ó producirse a xubilación dun traballador que leve na empresa máis de quince anos, recibirá da empresa unha compensación económica equivalente a doce mensualidades, cando esta se produza ós 60 anos; once ós 61; nove ós 62; oito ós 63; sete ós 64; e seis ós 65.

Artigo 16º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento do traballador en activo con dez anos, polo menos de servicio na empresa, esta queda obrigada a satisfacerlles ós seus herdeiros con parentesco de consaguinidade ata o 2º grao inclusive, o importe íntegro de seis mensualidades.

Se, polo contrario, os herdeiros do traballador non tivesen con el o parentesco sinalado no parágrafo anterior, unicamente terán dereito á indemnización indicada se dependían economicamente do traballador ou convivían habitualmente con el.

Esta axuda farase efectiva en seis prazos mensuais a partir do mes en que se produza o óbito.

Artigo 17º.-Axuda por locomoción.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán unha axuda para a locomoción que para o primeiro ano de vixencia do convenio (1-5-1996 ó 31-4-1997) consistirá en 12.440 pesetas en cada un dos doce meses do ano.

Para o segundo ano de vixencia (1-5-1997 ó 31-4-1998) incrementarase a dita axuda no IPC do período 1-5-1996 ó 31-4-1997 máis un punto.

Artigo 18º.-Licencias.

Conforme o disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos seguintes:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días naturais en caso de separación.

c) 1 día por traslado de domicilio actual.

d) Ata 10 licencias ó ano para asistir a exames para a obtención dun título académico en centros oficiais.

e) Ata 5 días naturais nos casos de morte ou enterramento do cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns e parto de esposa, así como enfermidade grave de cónxuxe, pais e fillos, téndose en conta para a súa concesión os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que concorran no caso.

Así mesmo, o traballador terá dereito a unha licencia retribuída dun día, sen necesidade de ser xustificada. A dita licencia no poderá ser acumulable a períodos vacacionais e deberá ser solicitada cunha anticipación de cinco días, polo menos.

Esta última licencia desaparecerá automaticamente do convenio no suposto de se producir, con carácter xeral e no ámbito nacional, unha reducción da xornada.

Artigo 19º.-Días 24 e 31 de decembro.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de descanso as tardes dos días 24 e 31 de decembro.

As citadas tardes consideraranse aboables e non recuperables. Non obstante o anterior, no suposto de que se produza con carácter xeral e no ámbito nacional unha reducción na xornada semanal actual de 40 horas, as oito horas que supoñen o descanso destas dúas tardes recuperaranse ó longo do ano na forma que determinen a empresa e os seus traballadores.

Artigo 20º.-Recoñecemento médico.

Tódalas empresas afectadas por este convenio, por instancia do traballador, deberán solicitar das súas mutuas patronais un recoñecemento médico anual.

Artigo 21º.-Acción sindical.

Aplicarase o que dispón sobre a materia o Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Representantes sindicais.

Os representantes legais dos traballadores poderán difundir nos seus centros de traballo comunicados e publicacións, así como recadar cotas sindicais, sempre que este labor no perturbe a orde e a producción da empresa.

Porase ó dispor dos ditos representantes un taboleiro de anuncios na empresa.

Por outra parte, os delegados de persoal ou, se for o caso, o comité de empresa, serán informados de tódalas sancións impostas ós traballadores por faltas moi graves.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Para a vixilancia do cumprimento das estipulacións do presente pacto, así como para a súa interpretación, créase unha comisión paritaria que estará integrada por catro membros de cada unha das partes, elixidos de entre os compoñentes da comisión deliberadora.

Artigo 24º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non especificado expresamente, aplicarase o que dispón a ordenanza de traballo no comercio e demais disposicións legais de xeral aplicación.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 
Primeira.-

Co fin de evita- los prexuízos que ós empresarios e traballadores causa o aboamento de atrasos salariais, as partes asinantes do presente convenio comprométense a inicia- las negociacións do próximo convenio antes do día 15 de abril de 1998.

Segunda.-

As partes nomean unha comisión paritaria que, en principio, estará configurada polos mesmos membros que o foran da comisión negociadora do presente convenio, para o estudio e subseguinte incorporación ó convenio colectivo do ano 97 das directrices do Acordo Marco de Comercio de 1996 no referido ás categorías profesionais.

Terceira.-

No artigo 1 do presente convenio, partes asinantes, faise consta- la central CC. OO., aínda cando dos dous representantes na mesa negociadora nomeados pola dita central só un asinou o presente convenio.

Convenio colectivo para o sector de comercio por xunto de tecidos, mercería e paquetería da provincia de Pontevedra Vixencia desde o 1 de maio de 1996 ó 30 de abril de 1997

Categorías Ptas./mes Cuatrienios Director 123.692 7.422 Xefes de división, persoal, compras, vendas e encargado xeral 123.692 7.422

Xefe de sucursal, de almacén e de grupo 111.118 6.667

Categorías Ptas./mes Cuatrienios Xefe de sección e encargado de establecemento 108.286 6.497

Dependente 100.438 6.026 Viaxante 100.438 6.026 Axudante 80.315 4.819 Traballadores en formación de 16 anos 29.203 1.752

Traballadores en formación de 17 anos 45.308 2.718

Traballadores en formación de 18 anos 70.120 4.207

Xefe administrativo 117.560 7.054 Contable 105.775 6.347 Xefe administrativo (sección) 105.775 6.347 Oficial administrativo 102.171 6.130 Auxiliar administrativo máis 5 anos antigüidade 95.090 5.705

Auxiliar administrativo menos 5 anos antigüidade 89.595 5.376

Aspirante de 16 e 17 anos 44.485 2.669 Auxiliar de caixa de 18 anos en diante 75.289 4.517

Profesional de oficio de 1ª 89.595 5.376 Profesional de oficio de 2ª 86.758 5.205 Mozo e mozo especializado (1) 86.758 5.205 Cobrador 77.178 4.631 Persoal de limpeza: -Xornada ata 2 horas ó día 725 -Xornada de 3 e 4 horas ó día 550 -Xornada completa 73.601 4.416

(1) O mozo especializado con carné de conducir que habitualmente realice reparto de mercadoría percibirá a retribución correspondente á de oficio de 1ª.

Vigo, 9 de outubro de 1996