Convenio Colectivo de Empresa de AQUALIA GESTION INTEGRAL DEL AGUA, S.A. Y FCC, ...12001) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de AQUALIA GESTION INTEGRAL DEL AGUA, S.A. Y FCC, S.A. UTE LEY 18/82 (NIGRAN) (36003883012001) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2017 en adelante

Tiempo de lectura: 31 min

Documento oficial en PDF(Páginas 10-25)

CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA AQUALIA GIA, S.A.-FCC, S.A. NIGRAN UTE (Boletín Oficial de Pontevedra num. 40 de 26/02/2018)

Convenio o Acordo

AQUALIA GIA, SA-FCC,S.A. NIGRÁN U.T.E.

' Expediente: 36/01/0010/2018

' Data: 08/02/2018

' Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

' Código de Convenio número 36003883012001.

Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o texto do convenio colectivo para os traballadores do servizo de abastecemento e saneamento de augas do concello de Nigrán, adscritos á empresa AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A. Y FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, S.A., UTE., subscrito en representación da parte económica, por unha representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 26 de outubro do do 2017.

Primeiro.- Dito Convenio foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 17 de xaneiro do 2018.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades á Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

O xefe Territorial

Ignacio Rial Santomé

CONVENIO COLECTIVO DE TRABALLO DA ENTIDADE NIGRÁN U.T.E.

PARA OS ANOS 2017, 2018, 2019 E 2020

Artigo 1.- Determinación das partes que o concertan

Asinan o presente Convenio Colectivo de traballo da empresa NIGRÁN U.T.E., dunha parte, a representación legal dos traballadores da empresa NIGRÁN U.T.E., a través do seu Delegado de Persoal, como representación dos traballadores/as, e, da outra, os representantes legais da empresa, como representación empresarial de NIGRÁN U.T.E..

Artigo 2.- Ámbito de aplicación

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da empresa NIGRÁN U.T.E., concesionaria do servizo municipal de abastecemento e saneamento de auga de Nigrán.

Artigo 3.- Ámbito temporal

Este convenio entrará en vigor o primeiro de xaneiro de 2017 independentemente da data da súa publicación. Terá unha vixencia de catro anos, que rematará o 31 de decembro do 2020.

Artigo 4.- Denuncia

Ambas as partes consideran automaticamente denunciado este convenio ao final da súa vixencia, 31 de decembro de 2020, comprometéndose a iniciar a negociación do próximo convenio un mes antes da finalización da vixencia do actual, quedando vixente o presente convenio ata a sinatura dun novo que o substitúa.

Artigo 5.- Conceptos Retributivos

A retribución de cada traballador/a estará composta polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade, grupo profesional e nivel se determinan no articulado do convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 6.- Salario Base

As retribucións en concepto de salario base para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020 serán as establecidas nas táboas anexas ao presente convenio colectivo.

Artigo 7.- Antigüidade

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá en concepto de antigüidade as cantidades establecidas na táboa anexa.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.

Artigo 8.- Complemento de posto de traballo

O persoal acollido a este convenio percibirá mensualmente por este concepto o importe que se establecen nas táboas anexas ao presente convenio colectivo.

Artigo 9.- Gratificacións extraordinarias

O persoal comprendido neste convenio, percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe cada unha delas dunha mensualidade, calculada sobre o salario base máis a antigüidade, que serán efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e o 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo:

Trimestre

Abono

Xaneiro, Febreiro, Marzo

Marzo

Abril, Maio, Xuño

Xuño

Xullo, Agosto, Setembro

Setembro

Outubro, Novembro, Decembro

Decembro

O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño, que corresponda ao tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio se aplicará para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto das pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 10.- Complemento de toxicidade

O complemento por traballos tóxicos fíxase nos importes das táboas salariais anexas por mes efectivamente traballado.

Aplicarase cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, ao persoal implicado nos ditos traballos, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 11.- Plus de convenio

Todo o persoal incluído neste convenio percibirá un plus de convenio, que terá carácter de complemento salarial e o importe mensual será o establecido nas táboas anexas ao presente convenio colectivo.

Artigo 12.- Quebrantamento de moeda

A empresa non exime da obriga de repoñer posibles perdas de diñeiro aqueles traballadores cuxa función leve implícito o manexo do diñeiro.

Non obstante, como compensación do anterior, aboaráselle a cada un destes traballadores durante a vixencia do convenio a cantidade establecida nas táboas anexas por mes efectivamente traballado.

Artigo 13.- Horas extraordinarias

As horas extraordinarias estruturais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estrutural, por causa da natureza do traballo que se vaia executar, serán de execución obrigatoria.

O valor das horas extraordinarias é o fixado nas táboas anexas.

Artigo 14.- Quilometraxe

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa, percibirá a cantidade que figura nas táboas anexas. Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Artigo 15.- Persoal de dispoñibilidade-garda semanal

O persoal de operarios dividirase en dous grupos, os responsables das redes e os responsables dos equipos, ambos disporán dun dispositivo para recibir os avisos e poder realizar as respectivas gardas.

O persoal de equipos é o responsable da parte eléctrica e mecánica dos equipos instalados, así como da supervisión do telemando e telecontrol. Ademais encargarase do correcto funcionamento da E.T.A.P. , vixilancia do nivel dos depósitos e bombeos.

O persoal de rede é o responsable do resto.

O luns, ó principio de cada semana entrarán de garda un traballador/a de rede e outro de equipos para atende-las tarefas respectivas, prolongándose a garda ata o luns seguinte. O devanditos traballadores portarán un teléfono móbil no que recibirán durante a semana tódolos avisos que se reciban no Servizo, debendo acudir, como norma xeral, ca debida urxencia para a resolución das citadas situacións.

Confeccionarase un calendario anual ca asignación das gardas.

En ningún caso ningún traballador/a permanecerá de dispoñibilidade máis de dúas semanas ó mes.

Os días non laborable o traballador/a de equipos de garda deberá realizar unha rolda de revisión das instalacións da E.T.A.P. e depósitos, durante a cal realizará labores de vixianza e rexistro definidas pola Xefatura do Servizo en función das necesidades de cada momento, así como de intervencións de mantemento de carácter extraordinaria por espazo de dúas horas.

Os días non laborables o traballador/a de redes de garda deberá realizar unha rolda de revisión das redes de abastecemento de auga e saneamento durante a cal realizará labores de vixianza e rexistro definidas pola Xefatura do Servizo en función das necesidades de cada momento, así como de intervencións de mantemento de carácter extraordinaria por espazo dunha hora e media.

Dependendo das necesidades do Servizo en cada momento, a Xefatura do Servizo poderá definir a ampliación das roldas comunicándollo aos traballadores/as e concretando as tarefas a desenvolver durante o seu recorrido.

As roldas serán obrigatorias e rotativas entre todos os traballadores/as de redes e equipos.

Os traballadores/as de garda semanal percibirán en concepto de dispoñibilidade-garda semanal, segundo sexa día laborable ou non laborable, as cantidades establecidas nas táboas anexas.

As roldas realizadas durante a fin de semana ou días festivos retribuiranse como horas extraordinarias efectivamente traballadas. Do mesmo xeito a atención dos avisos de avarías nas redes ou equipos, recibidos a través dun dispositivo durante a garda, retribuiranse como horas extraordinarias efectivamente traballadas.

No caso de avarías dunha grande entidade ou que poidan causar un importante deterioro na imaxe do servizo, a Xefatura do mesmo poderá, se fose preciso, a localización de persoas de apoio para axudar a súa reparación, no suposto de que o persoal de garda non fose suficiente para elo.

Artigo 16.- Xornada de traballo

A xornada anual de traballo para os catro anos de vixencia será de mil setecentas cincuenta horas (1750) distribuídas segundo o seguinte horario:

Persoal operario:

De luns a venres de 7 h 30 min a 15 horas 15 min.

Persoal administrativo:

' Do 16 de setembro ao 14 de xuño:

De luns a xoves de 8 h a 14 h e de 15 h 30 min a 18 h.

Venres de 8 h a 14 h.

' Do 15 de xuño ao 15 de setembro:

De luns a venres de 7 h 30 min a 15 h

Para os días incluídos no calendario anual de programación de limpeza de alcantarillado con camión hidrolimpiador, realizarase unha ronda rotativa e obrigatoria para todo o persoal de redes e equipos, composta por un operario/a que prestará apoio específico a eses traballos en horario de tarde ata as 18h 30min, que se computará como xornada ordinaria sempre e cando non superen as 1750 anuais de xornada anual.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e Fin de ano (31 de decembro) serán non laborables.

Artigo 17.- Vacacións

Todo o persoal terá dereito a un período de vacacións anuais de vintedous (22) días laborables, quedando excluído o seu disfrute no mes de agosto.

A retribución en período vacacional será do salario base, antigüidade, complemento de posto de traballo e plus convenio.

Artigo 18.- Festas

Terán consideración de festas, todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da Patroa. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 19.- Licenzas e permisos

O traballador, logo do aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

15

Días naturais en caso de matrimonio.

4

Días naturais en caso de falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica de cónxuxe ou fillos/as.

2

Días naturais polo falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario, de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador ou traballadora necesite facer un desprazamento ao efecto, o prazo será de catro días.

3

Días naturais polo nacemento de fillo/a.

1

Día por traslado de domicilio.

1

Día por asuntos propios, previo aviso de 72 horas.

2

Días de descanso anuais (mutuo acordo empresa e traballador mediante solicitude do traballador cunha antelación de 15 días).

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

En todos os supostos contemplados neste artigo, recoñecerase o dereito a licenza retribuída tanto aos matrimonios convencionais como ás parellas de feito legalmente rexistradas nos rexistros públicos creados ou que se poidan crear, para o efecto en calquera ámbito xeográfico ou, en defecto destes últimos, ás acreditadas mediante escritura pública notarial outorgada conxuntamente, debéndose demostrar de forma fidedigna ante a empresa os requisitos establecidos anteriormente para o correspondente desfrute da licenza.

Artigo 20- Anticipos reintegrables

Todo o persoal afectado polo convenio poderán solicitar, con cargo ao fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables que serán concedidos pola Dirección da U.T.E.

A forma de amortización será:

' Unha mensualidade para amortizar en doce meses.

' Dúas mensualidades para amortizar en vinte e catro meses.

Establécense mil cincocentos (1.500,00 euros) como cantidade máxima a solicitar por anticipo e solicitante.

Terá prioridade para a concesión dos anticipos reintegrables aqueles traballadores que non o solicitasen nunca, ou que de facelo, deixaran transcorrer máis tempo dende o pago da última amortización.

A empresa destinará a dita finalidade a cantidade de cinco mil euros (5.000,00 euros).

Consideraranse incluídas no fondo de cada ano, as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Artigo 21.- Fondo Social

O importe do fondo social para axuda de estudos, cultura, deporte, turismo social, etc., será o establecido, por traballador e ano, nas táboas salariais anexas.

A Dirección da Empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía para aplicar en cada caso, por proposta do Delegado de Persoal.

Artigo 22.- Roupa de traballo

Subministraránselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

' Camisa de manga curta: 2 ao ano

' Camisa de manga longa: 2 ao ano

' Pantalón: 4 ao ano

' Calzado de seguridade: 1 par ao ano

' Anorak: 1 cada dous anos

' Chaqueta: 2 ao ano

' Xerseis/ forros polares: 2 ao ano

' Roupa de auga (Cando o posto de traballo así o requira)

' Botas de seguridade: 1 par ao ano

' Luvas de caucho: Segundo necesidades

' Botas de auga: 1 par ao ano

' Gorras: 2 ao ano.

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente a primeiro de outubro para a roupa de inverno e o primeiro de xuño para a roupa de verán.

Artigo 23.- Seguro de accidentes

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garante a cada traballador/a as seguintes indemnizacións:

No caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: trinta e cinco mil euros (35.000,00 euros)

En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: trinta e cinco mil euros (35.000,00 euros).

Artigo 24.- Situación de incapacidade temporal

A empresa aboaralles a todo o persoal durante a situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo e dende o primeiro día, a diferenza entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base, antigüidade, complemento posto de traballo, parte proporcional das pagas extras e plus de convenio.

De igual xeito, complementarase ata o 100% do salario base, antigüidade, complemento posto de traballo, parte proporcional das pagas extras e plus de convenio, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A dita situación deberase acreditar fidelignamente para xerar o dereito a este complemento.

Artigo 25.- Seguridade e saúde laboral

Será de aplicación o capítulo XII do V Convenio Colectivo Estatal de las Industrias de Captación, Elevación, Conducción, Tratamiento, Distribución, Saneamiento y Depuración de Aguas Potables y Residuales para los años 2015, 2016 y 2017, publicado no Boletín Oficial do Estado do 4 de novembro de 2015, e a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral, e ámbalas dúas partes velarán polo seu estrito cumprimento.

Artigo 26.- Retirada do permiso de conducir

No suposto de que a un traballador, con o sen a categoría de condutor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa ou propio, e cumprindo a función que lle foi asignada, se lle retirase provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acomodará a outro posto de traballo axeitado as súas facultades e respectarase a retribución da súa categoría profesional, durante un máximo de 2 anos. Ao remate da suspensión será reintegrado ao seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir se deba a imprudencia temeraria, embriaguez, drogadicción ou cando exista reincidencia.

Artigo 27.- Comisión paritaria do convenio colectivo

De conformidade co artigo 85.3 e) do Estatuto dos Traballadores, para velar pola aplicación, cumprimento e interpretación do estipulado no presente convenio colectivo, créase unha comisión paritaria entre os suxeitos participantes na negociación que desembocou no presente convenio colectivo, formada por un membro en representación dos traballadores e outro membro en representación da empresa.

Defínese como domicilio da citada Comisión: as oficinas de Nigrán U.T.E. no municipio de Nigrán.

A comisión reunirase cando unha das partes o solicite no prazo máximo de vinte días, debendo incluír na citación o orde do día.

Os acordos da comisión requiriran, para a súa validez, a conformidade dos dous compoñentes da mesma.

As funcións da comisión paritaria serán os seguintes:

I. Interpretación da aplicación da totalidade dos artigos do convenio.

II. Vixilancia do cumprimento do pactado.

III. Estudo e valoración das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio colectivo, e unha maior solución interna de posibles conflitos.

IV. A intervención, cando así o solicite algunha das partes, en caso de desacordo respecto a aplicación das condicións do convenio ó amparo do disposto no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores e o artigo 32 deste convenio.

V. As establecidas na normativa vixente.

VI: Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio.

A Comisión emitirá resolución, con acordo ou sen él, sobre as materias tratadas no prazo de vinte días naturais contados a partires da data da reunión.

As funcións da Comisión paritaria non obstruirán en ningún caso o libre exercicio da xurisdición competente da cordo ca normativa vixente.

As partes que asinan este convenio acordan a súa adhesión ao Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos de traballo (AGA) asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as Organizacións Sindicais CC.OO. de Galicia, UGT-Galicia. e CIG. De común acordo polas partes, e unha vez emitida resolución sen acordo, as partes poderán someter as discrepancias producidas aos procedementos de mediación e arbitraxe ante o Servizo de Solución de Conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais.

Artigo 28.- Clasificación profesional

O sistema de clasificación profesional do persoal vinculado ao presente convenio colectivo será o do denominado V Convenio Colectivo Estatal de las Industrias de Captación, Elevación, Conducción, Tratamiento, Distribución, Saneamiento y Depuración de Aguas Potables y Residuales para los años 2015, 2016 y 2017, publicado no Boletín Oficial do Estado do 4 de novembro de 2015, e os convenios colectivos sectoriais estatais de xestión do auga que no futuro o sucedan.

Por todo iso, as partes acordaron a adscrición das categorías profesionais do persoal que presta os seus servizos na empresa co sistema de clasificación profesional do V Convenio Colectivo Estatal de las Industrias de Captación, Elevación, Conducción, Tratamiento, Distribución, Saneamiento y Depuración de Aguas Potables y Residuales para los años 2015, 2016 y 2017, publicado no Boletín Oficial do Estado do 4 de novembro de 2015.

Artigo 29.- Réxime disciplinario

Aos efectos do réxime disciplinario, aplicarase o V Convenio Colectivo Estatal de las Industrias de Captación, Elevación, Conducción, Tratamiento, Distribución, Saneamiento y Depuración de Aguas Potables y Residuales para los años 2015, 2016 y 2017, publicado no Boletín Oficial do Estado do 4 de novembro de 2015, actualmente en vigor, e posteriormente na futura regulación que a este respecto se estableza no convenio colectivo que o substitúan.

Artigo 30.- Cláusula de subrogación

Estarase ao disposto na normativa sectorial establecida no V Convenio Colectivo Estatal de las Industrias de Captación, Elevación, Conducción, Tratamiento, Distribución, Saneamiento y Depuración de Aguas Potables y Residuales para los años 2015, 2016 y 2017, publicado no Boletín Oficial do Estado do 4 de novembro de 2015, e nos futuros convenios que o substitúan.

Artigo 31.- Lexislación subsidiaria

En todo o non recollido no presente convenio, rexerase polo disposto no V Convenio Colectivo Estatal de las Industrias de Captación, Elevación, Conducción, Tratamiento, Distribución, Saneamiento y Depuración de Aguas Potables y Residuales para los años 2015, 2016 y 2017, publicado no Boletín Oficial do Estado do 4 de novembro de 2015, sen supoñer ningún custe económico adicional ao pactado no presente convenio colectivo.

Artigo 32.- Procedemento para a inaplicación de condicións de traballo

A inaplicación das condicións de traballo establecidas no presente convenio poderase producir respecto das materias previstas no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores, cando concorran as causas previstas no mesmo precepto legal.

A empresa deberá iniciar o procedemento comunicando por escrito tanto a representación legal dos traballadores como a Autoridade Laboral a iniciación do período de consultas.

Tras a celebración do preceptivo período de consultas, de duración non superior a quince días, de alcanzarse un acordo, este comunicarase á Autoridade Laboral. O acordo fixará o alcance e duración da medida de inaplicación de condicións de traballo acordada.

En caso de desacordo durante o período de consultas, calquera das partes poderá someter a discrepancia á Comisión paritaria do convenio (regulada no artigo 27 do presente convenio) que se pronunciará dentro do prazo de quince días seguintes ao planteamento da discrepancia.

Cando non se solicitara a intervención da Comisión paritaria ou cando a citada Comisión non alcanzase un acordo, as partes someteranse ao procedemento de mediación e arbitraxe ante o Servizo de solución de conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais.

Só se ambas partes así o solicitan e aceptan expresa e voluntariamente, poderán someterse a un arbitraxe vinculante. No caso de sometimento voluntario e expreso a dito arbitraxe vinculante, o laudo que se ditase tería a mesma eficacia que os acordos alcanzados no período de consultas e só se podería recurrir conforme ao procedemento e en base o disposto no artigo 91 do Estatuto dos Traballadores.

Disposición final

O persoal o que a empresa lle encargue a lectura de contadores, percibirá a cantidade que figura nas táboas anexas por cada período de lectura trimestral.

Alejandro Peral García Darío Arias Núñez

44.084.797-F 36.074.080-Y

David C. Soneira Fernández Xulio Fernández Alonso

36.106.437-W 36.070.452-N

José Luis Iglesias Casas

76.987.245-N

Convenio Colectivo de Traballo da Entidade NIGRÁN U.T.E.

para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020

Táboa Salarial Definitiva - Ano 2017

GRUPO

NIVEL

POSTO DE TRABALLO

SALARIO

BASE

Artigo 6

PLUS

CONVENIO

Artigo 11

COMPLE-MENTO

DE

TRABALLO

Artigo 8

TOTAL

MENSUA-LIDADE

GRATIFI-CACIÓN

EXTRA-ORDINARIA

(MARZO, XUÑO, SETEMBRO, DECEMBRO)

Artigo 9

TOTAL

ANUAL

2017

VALOR

HORA EXTRA DIURNA

HORA EXTRA NOCTURNA

HORA EXTRA FESTIVA

Artigo 13

2-A

7

Oficial 1ª (operario)

1.225,73 ¬

150,00 ¬

183,86 ¬

1.559,59 ¬

1.225,73 ¬

23.618,00 ¬

21,80 ¬

2-B

6

Oficial 2ª (operario)

1.213,99 ¬

150,00 ¬

182,10 ¬

1.546,09 ¬

1.213,99 ¬

23.409,04 ¬

21,80 ¬

2-B

5

Oficial 2ª Administrativo

1.208,77 ¬

150,00 ¬

181,32 ¬

1.540,09 ¬

1.208,77 ¬

23.316,16 ¬

21,80 ¬

2-B

4

Oficial 3ª (operario)

946,10 ¬

150,00 ¬

141,92 ¬

1.238,02 ¬

946,10 ¬

18.640,64 ¬

21,80 ¬

2-B

3

Auxiliar administrativo

852,00 ¬

150,00 ¬

127,80 ¬

1.129,80 ¬

852,00 ¬

16.965,60 ¬

19,71 ¬

1

2

Peón especialista

838,93 ¬

150,00 ¬

125,84 ¬

1.114,77 ¬

838,93 ¬

16.732,96 ¬

19,71 ¬

1

1

Peón

834,46 ¬

150,00 ¬

125,17 ¬

1.109,63 ¬

834,46 ¬

16.653,40 ¬

19,71 ¬

Artigo 7

Antigüidade

1 bienio

2 bienios

2 bienios

y 1 qinquenio

2 bienios

y

2 qinquenios

2 bienios

y

3 qinquenios

2 bienios

y

4 qinquenios

¬/mes

10,22 ¬

20,44 ¬

45,68 ¬

72,12 ¬

96,16 ¬

120,20 ¬

Artigo 10

Complemento de toxicidade

19,90 ¬

Mensuais por mes efectivamente traballado

Artigo 12

Quebrantamento de moeda

66,30 ¬

Mensuais por mes efectivamente traballado

Artigo 14

Quilometraxe

0,27 ¬

Por quilómetro

Artigo 15

Persoal de dispoñibilidade

17,60 ¬

Día laborable

- Garda semanal

26,26 ¬

Día non laborable

Artigo 21

Fondo social

350,00 ¬

Por traballador e ano

Disposición final

107,10 ¬

Por cada período de lectura efectivamente traball ado

Convenio Colectivo de Traballo da Entidade NIGRÁN U.T.E.

para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020

Táboa Salarial Definitiva - Ano 2018

GRUPO

NIVEL

POSTO DE TRABALLO

SALARIO

BASE

Artigo 6

PLUS

CONVENIO

Artigo 11

COMPLE-MENTO

DE

TRABALLO

Artigo 8

TOTAL

MENSUA-LIDADE

GRATIFI-CACIÓN

EXTRA-ORDINARIA

(MARZO, XUÑO, SETEMBRO, DECEMBRO)

Artigo 9

TOTAL

ANUAL

2018

VALOR

HORA EXTRA DIURNA

HORA EXTRA NOCTURNA

HORA EXTRA FESTIVA

Artigo 13

2 - A

7

Oficial 1ª (operario)

1.240,44 ¬

150,00 ¬

186,07 ¬

1.576,51 ¬

1.240,44 ¬

23.879,88 ¬

22,06 ¬

2 - B

6

Oficial 2ª (operario)

1.228,56 ¬

150,00 ¬

184,28 ¬

1.56284 ¬

1.228,56 ¬

23.668,32 ¬

22,06 ¬

2 - B

5

Oficial 2ª Administrativo

1.223,28 ¬

150,00 ¬

183,49 ¬

1.556,77 ¬

1.223,28 ¬

23.574,36 ¬

22,06 ¬

2 - B

4

Oficial 3ª (operario)

957,45 ¬

150,00 ¬

143,62 ¬

1.251,07 ¬

957,45 ¬

18.842,64 ¬

22,06 ¬

2 - B

3

Auxiliar administrativo

862,22 ¬

150,00 ¬

129,33 ¬

1.141,55 ¬

862,22 ¬

17.147,48 ¬

19,95 ¬

1

2

Peón especialista

849,00 ¬

150,00 ¬

127,35 ¬

1.126,35 ¬

849,00 ¬

16.912,20 ¬

19,95 ¬

1

1

Peón

844,47 ¬

150,00 ¬

126,67 ¬

1.121,14 ¬

844,47 ¬

16.831,56 ¬

19,95 ¬

Artigo 7

Antigüidade

1 bienio

2 bienios

2 bienios

y 1 qinquenio

2 bienios

y

2 qinquenios

2 bienios

y

3 qinquenios

2 bienios

y

4 qinquenios

¬/mes

10,22 ¬

20,44 ¬

45,68 ¬

72,12 ¬

96,16 ¬

120,20 ¬

Artigo 10

Complemento de toxicidade

20,30 ¬

Mensuais por mes efectivamente traballado

Artigo 12

Quebrantamento de moeda

67,63 ¬

Mensuais por mes efectivamente traballado

Artigo 14

Quilometraxe

0,27 ¬

Por quilómetro

Artigo 15

Persoal de dispoñibilidade

17,60 ¬

Día laborable

- Garda semanal

26,26 ¬

Día non laborable

Artigo 21

Fondo social

350,00 ¬

Por traballador e ano

Disposición final

109,24 ¬

Por cada período de lectura efectivamente traball ado

Convenio Colectivo de Traballo da Entidade NIGRÁN U.T.E.

para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020

Táboa Salarial Definitiva - Ano 2019

GRUPO

NIVEL

POSTO DE TRABALLO

SALARIO

BASE

Artigo 6

PLUS

CONVENIO

Artigo 11

COMPLE-MENTO

DE

TRABALLO

Artigo 8

TOTAL

MENSUA-LIDADE

GRATIFI-CACIÓN

EXTRA-ORDINARIA

(MARZO, XUÑO, SETEMBRO, DECEMBRO)

Artigo 9

TOTAL

ANUAL

2019

VALOR

HORA EXTRA DIURNA

HORA EXTRA NOCTURNA

HORA EXTRA FESTIVA

Artigo 13

2 - A

7

Oficial 1ª (operario)

1.259,05 ¬

150,00 ¬

188,86 ¬

1.597,91 ¬

1.259,05 ¬

24.211,12 ¬

22,39 ¬

2 - B

6

Oficial 2ª (operario)

1.246,99 ¬

150,00 ¬

187,05 ¬

1.584,04 ¬

1.246,99 ¬

23.996,44 ¬

22,39 ¬

2 - B

5

Oficial 2ª Administrativo

1.241,63 ¬

150,00 ¬

186,24 ¬

1.577,87 ¬

1.241,63 ¬

23.900,96 ¬

22,39 ¬

2 - B

4

Oficial 3ª (operario)

971,81 ¬

150,00 ¬

145,77 ¬

1.267,58 ¬

971,81 ¬

19.098,20 ¬

22,39 ¬

2 - B

3

Auxiliar administrativo

875,15 ¬

150,00 ¬

131,27 ¬

1.156,42 ¬

875,15 ¬

17.377,64 ¬

20,25 ¬

1

2

Peón especialista

861,74 ¬

150,00 ¬

129,26 ¬

1.141,00 ¬

861,74 ¬

17.138,96 ¬

20,25 ¬

1

1

Peón

857,14 ¬

150,00 ¬

128,57 ¬

1.135,71 ¬

857,14 ¬

17.057,08 ¬

20,25 ¬

Artigo 7

Antigüidade

1 bienio

2 bienios

2 bienios

y 1 qinquenio

2 bienios

y

2 qinquenios

2 bienios

y

3 qinquenios

2 bienios

y

4 qinquenios

¬/mes

10,22 ¬

20,44 ¬

45,68 ¬

72,12 ¬

96,16 ¬

120,20 ¬

Artigo 10

Complemento de toxicidade

20,70 ¬

Mensuais por mes efectivamente traballado

Artigo 12

Quebrantamento de moeda

68,98 ¬

Mensuais por mes efectivamente traballado

Artigo 14

Quilometraxe

0,27 ¬

Por quilómetro

Artigo 15

Persoal de dispoñibilidade

17,60 ¬

Día laborable

- Garda semanal

26,26 ¬

Día non laborable

Artigo 21

Fondo social

350,00 ¬

Por traballador e ano

Disposición final

111,43 ¬

Por cada período de lectura efectivamente traball ado

Convenio Colectivo de Traballo da Entidade NIGRÁN U.T.E.

para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020

Táboa Salarial Definitiva - Ano 2020

GRUPO

NIVEL

POSTO DE TRABALLO

SALARIO

BASE

Artigo 6

PLUS

CONVENIO

Artigo 11

COMPLE-MENTO

DE

TRABALLO

Artigo 8

TOTAL

MENSUA-LIDADE

GRATIFI-CACIÓN

EXTRA-ORDINARIA

(MARZO, XUÑO, SETEMBRO, DECEMBRO)

Artigo 9

TOTAL

ANUAL

2020

VALOR

HORA EXTRA DIURNA

HORA EXTRA NOCTURNA

HORA EXTRA FESTIVA

Artigo 13

2 - A

7

Oficial 1ª (operario)

1.281,71 ¬

150,00 ¬

192,26 ¬

1.623,97 ¬

1.281,71 ¬

24.614,48 ¬

22,79 ¬

2 - B

6

Oficial 2ª (operario)

1.269,44 ¬

150,00 ¬

190,42 ¬

1.609,86 ¬

1.269,44 ¬

24.396,08 ¬

22,79 ¬

2 - B

5

Oficial 2ª Administrativo

1.263,98 ¬

150,00 ¬

189,60 ¬

1.603,58 ¬

1.263,98 ¬

24.298,88 ¬

22,79 ¬

2 - B

4

Oficial 3ª (operario)

989,30 ¬

150,00 ¬

148,40 ¬

1.287,70 ¬

989,30 ¬

19.409,60 ¬

22,79 ¬

2 - B

3

Auxiliar administrativo

890,90 ¬

150,00 ¬

133,64 ¬

1.174,54 ¬

890,90 ¬

17.658,08 ¬

20,61 ¬

1

2

Peón especialista

877,25 ¬

150,00 ¬

131,59 ¬

1.158,84 ¬

877,25 ¬

17.415,08 ¬

20,61 ¬

1

1

Peón

872,57 ¬

150,00 ¬

130,89 ¬

1.153,46 ¬

872,57 ¬

17.331,80 ¬

20,61 ¬

Artigo 7

Antigüidade

1 bienio

2 bienios

2 bienios

y 1 qinquenio

2 bienios

y

2 qinquenios

2 bienios

y

3 qinquenios

2 bienios

y

4 qinquenios

¬/mes

10,22 ¬

20,44 ¬

45,68 ¬

72,12 ¬

96,16 ¬

120,20 ¬

Artigo 10

Complemento de toxicidade

21,12 ¬

Mensuais por mes efectivamente traballado

Artigo 12

Quebrantamento de moeda

70,36 ¬

Mensuais por mes efectivamente traballado

Artigo 14

Quilometraxe

0,27 ¬

Por quilómetro

Artigo 15

Persoal de dispoñibilidade

17,60 ¬

Día laborable

- Garda semanal

26,26 ¬

Día non laborable

Artigo 21

Fondo social

350,00 ¬

Por traballador e ano

Disposición final

113,66 ¬

Por cada período de lectura efectivamente traball ado