Convenio Colectivo de Empresa de AQUALIA GESTION INTEGRAL DEL AGUA, S.A. Y FOMEN...(NIGRA de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
09/07/2004

-. Convenio Colectivo de Empresa de AQUALIA GESTION INTEGRAL DEL AGUA, S.A. Y FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, S.A., U.T.E. (NIGRA de Pontevedra

Tiempo de lectura: 17 min

Tiempo de lectura: 17 min

CONVENIO COLECTIVO DE AQUALIA GESTION INTEGRAL DEL AGUA, S. A., Y FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, S. A., UNION TEMPORAL DE EMPRESAS, LEY 18/82N DE 26 DE MAYO (NIGRAN UTE). (Boletín Oficial de Pontevedra num. 131 de 09/07/2004)

Visto o texto do convenio colectivo da empresa AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S. A., Y FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, S. A., UNIÓN TEMPORAL DE EMPRESAS, LEY 18/ 82N DE 26 DE MAYO (NIGRÁN UTE), con número de código 3603883, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 30- 04- 2004, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e, da parte social, polo delegado de persoal, en data 28- 04- 2004. De conformidade co disposto no artigo 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/ 1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/ 81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/ 82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro. Ordena- la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. Ordena- lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro. Dispoñe- la súa publicación no Boletín Oficial da provincia, e no Diario Oficial de Galicia.

En Vigo, a 12 de maio de 2004. O Delegado Provincial, Joaquín Macías Sánchez.

CONVENIO COLECTIVO ANOS 2004, 2005, 2006 e 2007

Artigo 1. Ámbito de Aplicación:

O presente Convenio Colectivo será de aplicación a todo o persoal da empresa “Aqualia Gestión Integral del Agua S. A. y Fomento de Construcciones y Contratas S. A., Unión Temporal de Empresas, Ley 18/ 1982 de 26 de mayo” (" Nigrán U. T. E."), Concesionaria do Servicio Municipal de Abastecemento e Saneamento de Auga de Nigrán.

Artigo 2. Ámbito Temporal:

Este Convenio entrará en vigor ó primeiro de Xaneiro do 2004 sea cal fose a data da súa publicación. Terá unha vixencia de CATRO ANOS, que rematará o 31 de Decembro do 2007.

Artigo 3. Denuncia:

Ámbas partes consideran automáticamente denunciado o presente Convenio ó final da súa vixencia, 31 de Decembro de 2007, comprometéndose a inicia- la negociación do próximo convenio un mes antes da finalización da vixencia do actual.

Artigo 4. Conceptos Retributivos:

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo Salario Base de Convenio e os Complementos que para cada actividade e categoría se determinan no articulado do Convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5. Salario Base:

Ano 2004

O Salario Base de Convenio é o fixado na táboa anexa nº l.

Ano 2005

Os salarios para o ano 2005 fixaránse tomando como base os salarios do ano 2004, incrementados no IPC real do ano 2004.

Ano 2006

Os salarios para o ano 2006 fixaránse tomando como base os salarios do ano 2005, incrementados no IPC real do ano 2005 máis UN punto.

Ano 2007

Os salarios para o ano 2007 fixaránse tomando como base os salarios do ano 2006, incrementados no IPC real do ano 2006.

Artigo 6. Antigüidade:

Tódolos traballadores afectados por este Convenio percibirán en concepto de antigüidade as cantidades fixadas na táboa anexa nº ll.

A data de partida dos premios será a do primeiro de Xaneiro ou a do primeiro de Xullo, segundo que o ingreso na Empresa se producise no primeiro ou no segundo semestre do ano.

Artigo 7. Participación en Beneficios:

O persoal acollido a este Convenio percibirá por este concepto, o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa nº I.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8. Gratificacións Extraordinarias:

O persoal comprendido neste Convenio, percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe cada unha delas dunha mensualidade, calculada sobre o salario base maila antiguidade, que serán efectivas o 31 de Marzo, o 30 de Xuño, o 30 de Setembro e 22 de Decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte xeito:

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)

O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá únicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de Marzo e Xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio aplicaráse para o persoal que ingrese ou cese na Empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de Setembro e Decembro.

Artigo 9. Plus de Toxicidade:

O plus por traballos tóxicos fíxase en 15,00 /mensuais por mes efectivamente traballado para toda a vixencia do convenio.

Aplicarase cando se efectúen cambios de contenedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, ó persoal implicado nos devanditos traballos, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10. Plus de Transporte:

Aboaráselle a cada un dos traballadores da Empresa a cantidade de 114,00 /mes para o ano 2004, 120,00 /mes para o ano 2005, 123,00 /mes para o ano 2006 e 126,00 /mes para o ano 2007 por este concepto, entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que poidese devengarse en concepto de Plus de Distancia. O plus de Transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Artigo 11. Horas extraordinarias:

Poderanse realizar as horas extraordinarias necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de turno e outras circunstancias de carácter estructural, por mor da natureza do traballo a executar.

O valor das hora extraordinarias é o fixado no taboa anexa nº III.

Artigo 12. Quilometraxe:

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da Empresa, percibirá a cantidade de 0,23 /Km. Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Enténdese que as melloras pactadas serán de aplicación a partir da data da sinatura do Convenio Colectivo.

Artigo 13. Persoal de dispoñibilidade/ garda semanal:

O personal operario dividirase en dous grupos: os responsables das redes e os responsables dos equipos. Ambolos dous disporán dun buscapersoas cada un, para realizá- las respectivas gardas.

O persoal de equipos é o responsable da parte eléctrica e mecánica dos equipos instalados, así como da supervisión do Telemando e Telecontrol. Ademais encargarase do correcto funcionamento da ETAP e vixiancia do nivel dos depósitos.

O persoal de rede é o responsable do resto. O luns, ó principio de cada seman, entrarán de garda un traballador de rede e outro de equipos para atende- las tarefas respectivas, prolongándose a garda ata o luns seguinte. Os devanditos traballadores portarán o buscapersoas correspondente fora do horario laboral e atenderán debidamente ós avisos que reciban durante toda a semana.

En ningún caso o mesmo traballador permanecerá de dispoñibilidade máis de duas semanas ó mes.

As rondas de control de fin de semana e días festivos dependerán das necesidades de cada momento, e a súa oportunidade será decidida previamente pola Xefatura do Servicio, quen llo comunicará ó traballador encargado, sinalándolle as tarefas a desenvolver durante o seu percorrido.

Estas rondas serán obrigatorias e rotativas para todolos operarios da plantilla.

As rondas realizaranse en cómputo anual, a mitade por persoal de equipos e a outra mitade por persoal de rede.

O traballador ou traballadores de dispoñibilidade semanal percibirán en concepto de dispoñibilidade para a garda, segundo sexa día laborable ou non laborable, as cantidades que se sinalan:

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)

Se fose necesario a realización de rondas durante a fin de semana ou dás festivos, encomendadas as tarefas correspondentes, éstas retribuiranse como horas extraordinarias efectivamente traballadas. Do mismo xeito a atención dos avisos de avarías nas redes ou equipos, recibidos a través do buscapersoas durante a garda, retribuiranse como horas extraordinarias efectivamente traballadas.

No caso de avarías dunha grande entidade ou que poidan causar un importante deterioro na imaxe do servicio, a Xefatura do mesmo poderá determinar, se fose preciso, a localización de persoas de apoyo para axudar a súa reparación, no suposto de que o persoal de garda non fose suficiente para elo.

Artigo 14. Xornada de Traballo:

A xornada de traballo será de corenta horas semanais (40 h.) distribuidas segúndo o seguinte horario:

De luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Meses de Xullo e Agosto:

Persoal de administración: de 8 a 15 horas

Persoal de explotación: de 7 a 14 horas

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e Fin de ano (31 de decembro) serán non laborables.

A xornada anual de traballo durante os catro anos de vixencia será de 1752 horas anuais.

Artigo 15. Vacacións:

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais, que se disfrutarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro de Abril e o 31 de Outubro, quedando excluido o seu disfrute nos meses de xornada intensiva..

A retribución en período vacacional será: Salario Base máis Antiguidade e Participación en Beneficios.

Artigo 16. Festas:

Tendrán a consideración de festas, todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de Xuño, día da Patrona. Se o primeiro de Xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 17. Licencias e Permisos:

O traballador, previo do aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

15 Días naturais en caso de matrimonio.

3 Días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou conxuxe.

3 Días naturais en caso de enfermidade grave  de cónxuxe ou fillos.

2 Días naturais en caso de enfermidade grave de pais, avós, netos e irmáns do traballador ou conxuxe.

3 Días naturais polo nacemento de fillo.

1 Día por traslado de domicilio.

1 Día por asuntos propios, previo aviso de 72  horas.

2 Días de descanso anuais (Mutuo acordo empresa/ traballador mediante solicitude do traballador cunha antelación de 15 días).

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose disfrutar ó producirse éste.

Artigo 18. Anticipos Reintegrables:

Tódolos traballadores afectados polo Convenio poderán solicitar, con cargo ó fondo estabelecido neste artigo, anticipos reintegrables que serán concedidos pola Dirección da Empresa.

A forma de amortización será:

UNHA mensualidade a amortizar en DOCE meses.

DÚAS mensualidades a amortizar en VINTECATRO meses.

Estabelécense 1.202,00 como cantidade máxima a solicitar por anticipo e solicitante.

Terán prioridade para a concesión dos anticipos reintegrables aqueles traballadores que non solicitaran nunca o mesmo, ou que de facelo, deixaran transcurrir máis tempo dende o pago da última amortización.

A Empresa destinará á esta fin a cantidade de 3.606,00 .

Consideraranse incluídas no fondo de cada ano, as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Artigo 19. Fondo Social:

O importe do Fondo Social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc., con destino a todolos traballadores será de:

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)

A Dirección da Empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía para aplicar en cada caso, a proposta do Delegado de Persoal.

Artigo 20. Roupa de Traballo:

Subministraránselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

* Camisa de manga curta: 2 ó ano.

* Camisa de manga longa: 2 ó ano.

* Pantalón: 2 ó ano.

* Calzado de seguridade: 1 par ó ano.

*Anorak: 1 cada dous anos.

* Chaqueta curta e pantalón: 2 ó ano.

*Xersei de inverno: 2 ó ano.

* Roupa de auga: Cando o posto de traballo así o requira

* Botas de seguridade: 1 par ó ano.

* Luvas de caucho: Segundo necesidades.

* Botas de auga: 1 par ó ano.

* Chaleco: 2 ó ano

* Gorra: 2 ó ano. A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente a primeiro de Outubro para a roupa de inverno e o primeiro de Xuño para a roupa de verán.

Artigo 21. Seguro de Accidentes:

A Empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional : 20.000 .

b) No caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 20.000,00

Artigo 22. Situación de Incapacidade Temporal:

A Empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de I. T. derivada de accidente de traballo e dende o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do Salario Base máis antigüidade e participación en beneficios

Do mesmo xeito, complementarase ata o 100% do Salario Base máis antigüidade e participación en beneficios, nos casos de hospitalización e mentres dure ésta. A devandita situación deberase acreditar fidedignamente para xenera- lo dereito a este complemento.

Artigo 23. Seguridade e Hixiene:

Será de aplicación a Lexislación Vixente sobre Seguridade e Saúde Laboral, e ámbalas partes velarán polo seu estricto cumprimento.

Artigo 24. Retirada do Permiso de Conducir:

No suposto de que a un traballador, realizando o seu cometido cun vehículo da Empresa e cumprindo a función que lle foi asignada, se lle retirara o permiso de conducir, a Empresa o acomodará a outro posto de traballo axeitado as súas facultades e se respectará a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de 2 anos. Ó remate da suspensión será reintegrado ó seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir se deba a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción, ou cando exista reincidencia.

Artigo 25. Lexislación subsidiaria:

En todo no que non está recollido no presente convenio, estarase ó que dispoña o Estatuto dos Traballadores e o “Convenio Estatal de las Industrias de Captación, Elevación, Conducción, Tratamiento, Depuración y Distribución de Agua” e demais normas vixentes aplicables

Artigo 26. Comisión Mixta Interpretativa do Convenio:

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do Convenio serán sometidas á Comisión Paritaria que estará constituída por UN representante designado polos Traballadores e UN representante designado pola Dirección da Empresa, que formaran parte da Comisión Negociadora do Convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos que puidesen xurdir durante a vixencia do presente Convenio, deberán someterse, como trámite previo e perceptivo, ó dictamen desta Comisión.

Artigo 27. Definición e categorías:

Persoal técnico e administrativo:

Xefes de Servicio.

Son os que posuindo a capacidade e coñecementos adecuados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade, a dirección ou inspección (ou ámbalas dúas funcións) da explotación.

Oficiais de Segunda Administrativos.

Son os empregados que, con perfecto coñecemento do traballo da categoría inferior e ás ordes dun xefe ou oficial, desenvolven traballos de mediana responsabilidade, tales como confección de nóminas, control e liquidación de efectos ó cobro, operacións de contabilidade, transcrición a libros ou outros medios, organización de arquivos ou ficheiros e demais traballos auxiliares.

Auxiliares Administrativos.

Son os que axudan ós seus superiores nos traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

Persoal Operario

Oficiais de Primeira.

Son os que posuindo un oficio determinado o practican e aplican con tal grado de perfección que non só lle permiten levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senon aqueloutros que supoñen especial empeño e delicadeza dentro dél, con coñecemento completo dos traballos de taller, das instalacións de producción ou da rede de distribución, coidan do seu cumprimento e dirixen persoalmente os traballos do persoal obreiro, con perfecto coñecemento das tarefas que os mesmos efectúan, sendo responsables da súa disciplina, seguridade e rendemento, así como da perfecta execución do traballo.

Oficiais de Segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegar á especialidade esixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficiente corrección e eficacia, tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de producción ou na rede de distribución.

Este persoal poderá estar actuando ás órdes de persoal de superior categoría, ou ter ó seu cargo persoal de categoría inferior, cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Oficiais de Terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos dacordo coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

Peóns Especialistas.

Son os empregados que con determinados coñecementos dunha especialidade execútana e axudan ós oficiais. Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos clientes nos rexistros da Empresa e libretas ou outros medios que teñan ó seu dispor, ordeando a situación dos contadores nas rutas de lectura, así como as accions necesarias e oportunas para realizala posterior facturación dos suministros, segundo as normas e costumes da organización da empresa; debendo dar conta ós seus superiores das anomalías que se observen co gallo da lectura dos contadores.

A retribución pola realización da lectura do Servicio de Nigrán será de:

Para os anos 2004 e 2005: 60 por cada período de lectura. Para os anos 2006 e 2007: 80 por cada período de lectura.

Peóns.

Realizan as actividades da Empresa que non precisan unha capacitación específica e cantas requiran a súa colaboración para alcanzá- los obxectivos encomendados.

Os peóns con antigüidade superior a dous anos ascenderán automáticamente a Peóns Especialistas

TABOA ANEXA I

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)