Convenio Colectivo de Empresa de ASOCIACION XARUMA (36100202122016) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
06/03/2018

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de ASOCIACION XARUMA (36100202122016) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 06 de Marzo de 2018 en adelante

Tiempo de lectura: 52 min

Tiempo de lectura: 52 min

Documento oficial en PDF(Páginas 7-38)

ACORDO DA ENTIDADE ASOCIACION XARUMA (Boletín Oficial de Pontevedra num. 46 de 06/03/2018)

Convenio o Acordo

Asociación Xaruma

' Expediente: 36/12/0031/2018

' Data: 16/02/2018

' Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN

' Código de Convenio número 36100202122016.

Visto o Acordo adoptado na entidade ASOCIACIÓN XARUMA, sobre as relacións laborais que rexerán na mesma, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da mesma, e da parte social, pola representación dos traballadores da mesma, en data 02 de xaneiro do 2018.

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 09 de febreiro do 2018.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o Artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Disposición adicional segunda do Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

O xefe Territorial

Ignacio Rial Santomé

3º ACORDO DE EMPRESA PARA A ASOCIACIÓN XARUMA

Determinación das partes:

Por parte da Asociación Xaruma: D. Ignacio Valverde Viqueira con D.N.I. 36.100.826A, como presidente e representante da Asociación.

E por parte dos empregados/as na súa propia representación: Tania Vázquez Corbacho con DNI 36.164.168A.

CAPÍTULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Ámbito territorial

Este acordo é de aplicación a toda a Asociación Xaruma, co CIF. G-27746486, e domicilio fiscal na Travesía de Vigo nº4,-6º.

Artigo 2. Ámbito funcional

O presente acordo regula as relacións laborais na Asociación Xaruma, que comprende as actividades complementarias de carácter non formal con obxectivo de potenciar a autonomía e favorecer hábitos pre-laborais para a integración na comunidade das persoas a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación ambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde. Comprendendo as actividades como:

a) Actividades no tempo libre, de garda, de acción social.

b) Educación ambiental, organización e xestión de servizos, tanto de equipamentos como de programas sociais, como os dirixidos a centros, servizos de información xuvenil, xogotecas, casas infantís, casas de colonias e albergues infantís e xuvenís, actividades e programas ambientais, excursións, actividades extra-escolares, semanas culturais, exposicións, actividades de dinamización do patrimonio, obradoiros e casas de vacacións e, en xeral, calquera tipo de xestión de equipamentos, programas e acontecementos de acción comunitaria, cultural, de educación no tempo libre e para todas as idades.

Artigo 3. Ámbito temporal

O presente convenio/acordo entrará en vigor o mesmo día que se publique.

O período de vixencia deste convenio é ata o 31 de decembro de 2018, data na cal, se non foi denunciado, entenderase que se vai prorrogando ano por ano, e, se foi obxecto de denuncia de calquera das partes con dous meses de antelación ao vencemento, iniciaranse as negociacións do seguinte.

As partes asinantes do convenio resérvanse a facultade de convocar á Mesa de negociación antes do período indicado se consideran que a previsible reestruturación do sector, ou calquera outro acordo ou normativa coa Administración competente, poidan afectar a aspectos laborais.

En todo caso, as táboas salariais poden ser revisadas anualmente e aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de cada ano.

Artigo 4. Ámbito persoal

Este acordo regula as relacións laborais da Asociación incluídas no seu ámbito funcional e territorial coa totalidade dos seus traballadores/as, e para os centros da Asociación Xaruma que teñen o seu domicilio na provincia de Pontevedra.

En todo o que non prevé, aterase ao establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do 'Estatuto dos Traballadores'

Artigo 5. Concorrencia de convenios

En conformidade co que dispoñen os Artigos 83.2 e 84 do 'Estatuto dos Traballadores', os supostos de concorrencia entre os convenios de ámbito territorial inferior e de emprendida téñense que resolver en favor da aplicación das disposicións recollidas no de ámbito empresarial, e téñense que respectar, en todo caso, e con carácter de mínimos, todas as condicións de traballo pactadas aquí. Así mesmo, téñense que considerar nulas todas as condicións que non respecten o mínimo establecido no presente acordo.

Artigo 6. Rexistro

Se a autoridade de traballo, facendo uso das súas atribucións, envía ao Xulgado Social algún dos acordos ou Artigos porque non os considera legais, o acordo ou Artigo en cuestión perderá todo o efecto e as partes negociadoras deste convenio terían que reconsiderar o acordo ou Artigo no prazo dun mes desde o momento en que se teña constancia daquela tramitación; o resto de acordos e Artigos continuarán sendo de aplicación.

Artigo 7. Garantía ad personam

Respectaranse ad personam, como condicións máis vantaxosas, as recoñecidas por tódalas partes que eran vixentes na entrada en vigor do presente convenio cando, examinadas en conxunto e en cómputo anual, resulten máis beneficiosas para os/as traballadores/as.

Artigo 8. Garantía das condicións máis beneficiosas

Tódalas condicións que establece este acordo/convenio teñen a consideración de mínimas, por tanto, os pactos, as cláusulas, as condicións e as situacións actuais implantadas colectivamente entre empresarios/as e traballadores/as que en conxunto impliquen condicións máis beneficiosas que as pactadas neste convenio, téñense que respectar.

Polo tanto, e sen prexuízo do que se conveu, as persoas asinantes acordan que durante a vixencia do presente convenio colectivo téñense que respectar as materias e outros dereitos, e especificamente en materia de complementos de incapacidade temporal, que ata este momento gozaba ou persoal.

Artigo 9. Comisión paritaria

Créase a Comisión Paritaria do convenio/acordo como organismo de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

Esta Comisión paritaria está integrada polo presidente en representación da empresa e o/a(s) representante(s) das persoas traballadoras.

Funcións

As funcións específicas da Comisión paritaria son as seguintes:

a) Coñecer o acordo e resolver a aplicación e interpretación do mesmo.

b) Vixiar o cumprimento do que se pactou.

c) Analizar a evolución das relacións entre as partes contratantes.

Someterase as discrepancias producidas no seo da comisión paritaria aos sistemas non xudiciais de solución de conflitos establecidos mediante os acordos interprofesionais de ámbito estatal ou autonómico no Artigo 83 do 'Estatuto dos Traballadores'. O exercicio das funcións anteriores non obstaculizará a competencia respectiva das xurisdicións administrativas e contenciosas que prevén as disposicións legais.

Domicilio

A Comisión paritaria ten o seu domicilio no local de Xaruma en Sanjurjo Badía 79, 36207 Vigo (Pontevedra).

Remisión de cuestións á Comisión

As dúas partes conveñen remitir á Comisión paritaria todas as dúbidas, as discrepancias e os conflitos que poida haber a consecuencia da interpretación e a aplicación do acordo/convenio, para que a Comisión emita un ditame ou actúe da maneira regulamentaria prevista.

Débese procurar que, para resolver calquera consulta exposta á Comisión, se dea audiencia ás partes interesadas.

Acordos

Os acordos téñense que tomar mediante voto cualificado e en función da representatividade oficial de cada unha das organizacións, e requírese para a aprobación de acordos, o voto favorable do 60 % de cada unha das representacións.

A Comisión debe reunirse con carácter ordinario unha vez ao semestre, e con carácter extraordinario, cada vez que o solicite algunha das partes integrantes que asinaran.

En ambos os casos, a convocatoria tense que realizar por escrito, cunha antelación mínima de dez días laborables con indicación da orde do día e a data da reunión, achegando a documentación necesaria. Só en caso de urxencia, recoñecida por ambas as partes, o prazo poderá ser inferior.

CAPÍTULO II

A ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

Artigo 10. Facultades e responsabilidades

A organización do traballo, con suxeición ás normas do Artigo seguinte, é facultade privativa da empresa/entidade, por medio dos seus órganos de dirección, a cal é responsable do seu uso ante a autoridade competente, sen prexuízo dos dereitos da representación legal dos/as traballadores/as.

Artigo 11. Normas para o seu desenvolvemento

A organización do traballo fundaméntase nos principios seguintes, a título enunciativo:

a) A adxudicación da tarefa específica, necesaria para a plena actividade do/a traballador/a.

b) A esixencia dunha actividade e un rendemento normais para cada traballador/a e, en xeral, para todo o persoal da empresa ou entidade.

c) A fixación do índice de calidade admisible na realización do traballo.

d) A mobilidade e a redistribución do persoal de maneira racional, compatible coa dispersión dos centros ou espazos físicos de traballo, e as necesidades do servizo, de acordo co que establecen os Artigos 39 e 41 do Estatuto dos Traballadores, e as limitacións que establecen os Artigos 12 e 13 do presente convenio.

e) Poderase acordar un 20% de horas de teletraballo como «unha forma flexible de realización da actividade laboral desde o espazo fixado polo teletraballador/a utilizando medios telemáticos e novas tecnoloxías da información e comunicación.

11.1 Teletraballo

Este aspecto deberá considerarse polos responsables á hora de acceder á petición dun teletraballador/a atendendo aos criterios obxectivos que poidan definirse e adecuando o perfil ás necesidades do posto e da actividade desempeñada, considerando a habituación aos equipos informáticos e acceso en remoto.

Carácter voluntario

Terá sempre carácter voluntario para o empregado/a, formalizándose mediante un acordo individual de Teletraballo. Para permitir unha estabilidade no desenvolvemento desta modalidade de prestación laboral e contribuír á súa implantación e melloras na súa práctica, devandito acordo tería unha duración de 6 meses.

Transcorridos 6 meses dende o inicio do teletraballo, poderá ser obxecto de prórroga salvo denuncia expresa de calquera das partes, cun preaviso de 15 días de antelación (a través do/a coordinador/a inmediato).

Carácter reversible

En canto á reversibilidade, esta pode ser tanto a iniciativa do traballador/a como da empresa/asociación:

A iniciativa da asociación, en calquera momento da súa vixencia, seguindo os trámites de información á Representación dos Traballadores/as, cando concorran razóns de organización do traballo ou causas produtivas ou tecnolóxicas, cambio de actividade do teletraballador/a, cambio de posto de traballo e cando non se adecúa ao perfil requirido para o teletraballo.

A instancia do Empregado/a cando expoña as circunstancias á Representación dos traballadores/as conforme ao previsto no apartado de Seguimento do presente documento.

Protección e confidencialidade dos datos

Os teletraballadores/as seguirán vinculados/as aos dereitos e obrigacións establecidos en relación coa protección e confidencialidade dos datos e o acceso a datos de carácter persoal, que figurarán incorporados no acordo individual.

Equipos e comunicacións

Os equipos que se empreguen para a realización do teletraballo poderán ser tanto propiedade do traballador/a, nese caso devandito equipo debe cumprir todos os requisitos de normalización e certificación esixidos pola lexislación vixente, como da Empresa/asociación, en tal caso non poderán ser utilizados para fins particulares.

O/a empregado/a deberá de contar cos servizos de telecomunicacións precisos de conectividade para poder desempeñar, en remoto, as funcións a desenvolver por medio do teletraballo.

Todos os custos asociados á adaptación ou mellora das instalacións domiciliarias, ás condicións de traballo e ambientais, así como os gastos de electricidade, auga, calefacción, etc., correrán por conta do empregado/a

Condicións laborais dos teletraballadores/as

O Teletraballo non modifica a relación laboral preexistente, nin as condicións económicas e laborais dos traballadores/as, nin supón discriminación respecto ao resto dos traballadores/as.

Condicións

Doutra banda é preciso compaxinar un control do teletraballo (días e horarios prefixados), coa necesaria flexibilidade para realizar o traballo igual que se se traballase na oficina (asistencia a reunións, a cursos, substitución de compañeiros/as de baixa ou de vacacións, imprevistos, variacións de actividade, por exemplo por colaboración en proxectos transversais..., etc.), partindo do principio de que o traballo debe realizarse coma se estivésese na oficina, de tal forma que o teletraballo non pode supor unha limitación á axeitada e eficaz organización do traballo.

Artigo 12. Mobilidade funcional

A mobilidade funcional é unha das características da prestación de servizos da Asociación Xaruma, a determinación da cal corresponde á facultade organizativa da empresa /entidade, ao efecto dunha distribución racional do seu persoal, facéndoa compatible coa dispersión inevitable das actividades e dos centros de traballo e as necesidades de cobertura.

Con todo, os cambios de posto de traballo determinados por esta mobilidade nunca se poden basear nunha medida arbitraria ou sancionadora das empresas ou entidades, e só se poden facer por razóns de servizo ou de imperativo comercial.

En consideración a estas razóns, a cobertura das vacantes débese realizar dentro de cada zona a non ser que haxa un acordo entre as partes interesadas, polo que se terá que informar á representación legal dos traballadores/as.

Artigo 13. Mobilidade xeográfica

A mobilidade xeográfica dos/as traballadores/as réxese segundo o establecido no Artigo 40 do Estatuto dos Traballadores.

CAPÍTULO III

CLASIFICACIÓN DO PERSOAL

Artigo 14. Clasificación do persoal

O persoal comprendido no ámbito funcional do presente convenio, de conformidade coa súa titulación ou experiencia e a tarefa que realiza no centro ou espazo físico de traballo, clasifícase nun dos grupos seguintes:

Equipáranse as seguintes categorías profesionais:

Grupo I

1.1 Xerente / Director/a: É quen supervisa aos coordinadores/as dos diferentes centros de traballo, ao máis alto nivel asume obxectivos globais dentro da empresa/asociación e responsabilízase deles, planificando, organizando, xestionando e dirixindo o conxunto dos departamentos e os programas, e comprendendo entre as súas funcións a análise, planificación, organización, execución e control dos proxectos e das actividades a realizar e dos/as traballadores/as, representa a entidade ante organismos públicos e privados. Pode asumir as funcións descritas dentro da categorías do grupo I.

1.2 Coordinador/a de programas, equipamentos de actividades pedagóxicas: É quen, cumprindo os requisitos de formación ou experiencia esixibles supervisa, realiza e xestiona os programas lúdicos educativos e socio culturais das áreas dos centros de traballo. Pode asumir as funcións de Coordinadora de Área/Departamento.

Grupo II

2.1 Coordinador/a de Áreas/ Departamento(s): É quen, cumprindo os requisitos de formación ou experiencia esixibles, supervisa os proxectos das súas áreas asignadas, dentro do marco pedagóxico establecido pola entidade/asociación, así como actividades educativas, organizar reunións, controlar e xestiona-lo material, e elaborar os informes e tamén pode coordinar e supervisar os equipos de monitores/as, exercendo labores en actos formativos e culturais. Comprendendo entre as súas funcións tanto a elaboración de informes, a xestión dos orzamentos como a dos recursos humanos adscrito aos mesmos e as relacións co cliente cun alto grao de autonomía. Pode asumir as funcións descritas dentro da categorías do grupo II.

2.2. Coordinador/a proxectos de centro: É quen, reunindo a formación específica correspondente, coordina e supervisa os proxectos dos equipos de monitores/as e as persoas usuarias, no conxunto das súas tarefas Exerce a súa actividade educativa no desenvolvemento dos proxectos e na formación. Asume as funcións do/a Coordinador/a de Área/Departamento na súa ausencia.

2.3 Coordinador/a de actividades de centro: É quen, reunindo a formación específica correspondente, coordina e realiza e supervisa as actividades dos equipos de monitores/as e as persoas usuarias, no conxunto das súas tarefas tendo presencia continuada no centro de traballo e/ou no espazo físico onde se desenvolve a súa actividade. Exerce a súa actividade educativa no desenvolvemento das actividades de animación e na formación.

2.4 Técnico/a especialista. É quen reunindo as condicións e titulación esixidas pola lexislación e/ou experiencia acreditada na actividade, exerce a súa actividade educativa no desenvolvemento dos programas, dentro do marco pedagóxico establecido pola actividade de acordo coa lexislación vixente, e desenvolve a súa función de atención directa na formación medioambiental ou na animación-sociocultural, formación integral da infancia e a mocidade, e dos adultos. Realizan labores de deseñar, executar e avaliar plans, programas, campañas e proxectos de educación. Establece estratexias de desenvolvemento da organización.

2.5 Traballador/a social: É quen reunindo a formación específica correspondente ten que realizar entre outras as seguintes funcións: función preventiva: actuación precoz sobre as causas que xeran problemáticas individuais e colectivas, derivadas das relacións humanas e da contorna social; función de atención directa e socio-sanitaria; función de planificación e programación; función docente nos diferentes espazos educativos e medioambientais; función de promoción e inserción social; función de mediación; función de supervisión; función de avaliación; función xerencial e xestión de compra materiais; función de investigación; función de coordinación dunha(s) área(s) funcional(is) ou estratéxica(s) da empresa/entidade. Pode asumir as funcións de técnico/a especialista na súa ausencia.

2.6 Educador/a: É quen posuíndo a titulación axeitada para o exercicio da función, realiza o labor concreto para a que foi contratado en programas educativos, ambientais. Realizan labores de deseñar, organizar, executar e avaliar plans, programas, campañas, proxectos e actividades de animación e de educación socio-ambiental. Elabora recursos didácticos e encárgase da xestión de recursos e materiais, así como aqueles outros que sexan propios da actividade da asociación e sexan contratados por esta. Realiza traballos para o coidado dos espazos educativos e tarefas de titora co alumnado e orientación laboral e e coidado persoas usuarias.

2.7 Titulado/a de grao: É quen reunindo o requisito de titulado de grao ou en situación de ter sido habilitado polo Colexio Profesional correspondente, é contratado para cumprir funcións específicas da súa titulación, dentro do ámbito de desenvolvemento das actividades e das accións formativas da asociación/entidade. Deseña, organiza dinamiza e leva a cabo os proxectos das súas áreas asignadas baixo a supervisión da persoa designada pola empresa/entidade.

2.8 Bibliotecario/a: É quen se ocupa da organización da dinamización do programa da biblioteca, elaboración das directrices para a xestión e mantemento das coleccións bibliográficas. Planificación e coordinación do proceso técnico. Planificación e organización das actividades culturais e de promoción da lectura. Planificación dos materiais de difusión da biblioteca e dos seus servizos. Planificación e organización de campañas de formación de usuarios. Desenvolvemento de programas de avaliación dos servizos. Realización de estudos, informes, memorias, estatísticas, normas internas de funcionamento, manuais de procedemento, enquisas, etc. sobre temas da súa competencia. Planificación, deseño, xestión e atención nos servizos de información xeral e bibliográfica, servizos de acceso ao documento, servizos automatizados e recursos e servizos electrónicos de a biblioteca. Coordinación de equipos de traballo. En xeral, calquera das tarefas afíns a categoría do posto e semellantes ás anteriormente descritas que lle sexan encomendadas polos seus superiores xerárquicos e resulten necesarias por razóns do servizo. Pode asumir as funcións de animador/a.

Grupo III

3.1 Animador/a: É quen desenvolve aspectos prácticos dun programa ou proxecto, exercendo a súa función de dinamización, tendo unha visión global do medio no que traballa, que lle permite planificar, xestionar e avaliar programas de desenvolvemento comunitario dentro do campo deportivo, do lecer, asistencial, sociocultural. Exerce a súa actividade educativa no desenvolvemento dos programas e na formación integral das persoas. Pode asumir as funcións descritas dentro da categorías do grupo III.

3.2 Instrutor/a ou experto/a: É quen en función dos seus coñecementos específicos realiza a función concreta en programas socio-culturais, deportivos, ocio-asistencial, tempo libre, de ensino e actividades en liña. Coida da orde, seguridade, alimentación e limpeza persoal e tempos libres dos/as participantes. Asume as funcións do animador/a na súa ausencia. Pode ter ao seu cargo a dirección e coordinación dunha área funcional ou estratéxica da empresa/entidade.

3.3 Monitor/a: É a persoa que, coa titulación académica requirida e/ou experiencia acreditada na actividade, exerce a súa actividade educativa no desenvolvemento dos programas, dentro do marco pedagóxico establecido pola actividade de acordo coa lexislación vixente, e desenvolve a súa función educativa na animación-sociocultural, de entretemento, atención e formación integral da infancia, da mocidade, e das persoas adultas o coidado de colectivos. Imparte a súa actividade como docente en programas socio-culturais, coida da orde, seguridade, alimentación e limpeza persoal e recreos dos/as participantes. Realiza labores sinxelas de mantemento das instalacións. Esta categoría tamén pode ser aplicada ao persoal comprendido nas actividades de: servizos de acollida, transporte, reforzo, comedores, programas e proxectos no medio natural, actividades extra-escolares, obradoiros, aulas de estudo, formación e outras asimilables dentro e fora do marco escolar. Informar inmediatamente de calquera incidencia que se produza ao seu inmediato superior e ao coordinador/a de actividades cando así se estableza.

3.4 Experto/a en obradoiros: É quen, reunindo a formación específica correspondente, e/ou experiencia acreditada na actividade, divulga, imparte programas ou realiza actividades monográficas e docentes dentro do marco dun proxecto lúdico ou sociocultural (actividades escolares non reguladas, actividades socio-formativas, de animación e de calquera outra especialidade asimilada). Afonda nas técnicas a través das cales se aprenden determinados coñecementos e valores.

3.5 Coidador/a: Participará nos traballos e tarefas propias e necesarias para o coidado, atención e entretemento dun colectivo de persoas. A súa responsabilidade supón a presenza física durante o tempo de prestación do servizo, con independencia do lugar de desempeño do seu posto de traballo: comedor, autobús escolar ou discrecional, centro de entretemento, parques recreativos e infantís, cursos, etc. Cumprir as normas xerais e as instrucións recibidas da dirección do centro, atendendo ás normas e requisitos establecidos pola autoridade educativa, sanitaria ou calquera outra con competencia na materia, velando polo mantemento da orde nos lugares en que desempeñe o seu traballo. Informar inmediatamente de calquera incidencia que se produza ao seu inmediato superior e ao coordinador/a do centro cando así se estableza. Ademais asistirá e axudará aos comensais a cortar e pelar os alimentos. Pode asumir as funcións de empregado/a de Servizos Xerais.

Grupo IV

4.1 Empregado/a de servizos Xerais: É a persoa encargada dos servizos complementarios á actividade educativa e de animación sociocultural. Así mesmo, coidará do cumprimento do cuadrante de utilización das instalacións ao seu cargo, estendendo os oportunos recibos de aluguer, custodiando o canon establecido. Así velar polo aseo e boa presentación das áreas e zonas que lle sexan asignadas. Provisto do permiso de conducir da clase correspondente, encoméndaselle a condución de vehículos. Pode asumir as funcións do grupo IV.

4.2 Informador/a: É quen, estando en posesión da titulación requirida e con suficientes coñecementos técnicos e prácticos, realiza actividades, divulga a información sociocultural (de centros cívicos, acontecementos socioculturais, formativos e calquera outra especialidade asimilada), ten funcións administrativas e atención ao público. Pode asumir as funcións de empregado de servizos Xerais na súa ausencia.

4.3 Oficial Administración: É quen, cumprindo os requisitos de formación ou experiencia exixibles, ten ao seu cargo a dirección e coordinación dunha área funcional ou estratéxica da empresa/entidade. É a persoa responsable da compra dos materiais e das tarefas administrativas con responsabilidade propia con outros/as traballadores/as baixo as súas ordes e funcións de contable. Adícase á promoción e venda dos servizos de tempo libre educativo e sociocultural da empresa/entidade, baixo a supervisión do titular desta e aportando a súa experiencia nos programas educativos. Asume as funcións de informador/a na súa ausencia.

4.4 Auxiliar administración: É a persoa que realiza funcións administrativas burocráticas. Durante a súa xornada de traballo atende, preferentemente as chamadas e cuestións burocráticas ou de recepción e da biblioteca. Realizará xestións de presentación, seguimento e retirada de documentos e asuntos. Substitúe ao oficial administración na súa ausencia.

4.5 Cociñeiro/a: É o/a encargado/a da preparación dos alimentos, responsabilizándose de seu bo estado e presentación, así como da pulidez do local e aparellos de cociña.

4.6 Conserxe/ Telefonista: É a persoa que realiza as seguintes tarefas: vixilancia das dependencias e do persoal que entra e sae, velando polo mantemento da orde, puntual apertura e peche das portas de acceso á leira e edificios que integran o centro, faise cargo das entregas e avisos, trasladándoos puntualmente aos seus destinatarios/as, ten coidado do normal funcionamento dos contadores, da calefacción e outros equipos equivalentes e comúns, limpeza, coidado e conservación da zona que lle foi encomendada. Desenvolve as funcións de coidado, reparación e conservación dos elementos do inmoble e da contorna. Durante a súa xornada de traballo atende ao teléfono, a biblioteca, a recepción ou cuestións burocráticas. Substitúe ao empregado de servizos xerais na súa ausencia.

4.7 Auxiliar Xardinería: É aquel/a traballador/a que realiza traballos consistentes en esforzo físico e que non require preparación algunha para o coidado dos espazos verdes, a horta e espazos medioambientais. Realiza o desfonde, cavado, sacha do terreo a man e a manipulación da terra. Pode aportar a súa experiencia en actividades monográficas.

Grupo V

5.1 Auxiliar de servizos xerais. É o/a traballador/a que con coñecementos técnicos suficientes, ten encomendadas as seguintes funcións: Mantemento, conservación e acondicionamento das instalacións e espazos verdes e do material ao seu cargo. Supervisando e encargándose da limpeza e salubridade das mesmas. Control directo e vixilancia do acceso, uso e funcionamento das instalacións e material. Organización de libros e material de librería. Incorporación de fondos na biblioteca: rexistro, selado, códigos de barras, sinatura topográfica, etc. Servizo de atención ao público: lectura en sala; préstamo domiciliario. Pode realizar as funcións do grupo V.

5.2 Auxiliar mantemento: É quen sen titulación específica, axuda de xeito non cualificado nas labores sinxelas de mantemento e limpeza de instalacións, zonas de esparexemento e espazos verdes. Realiza as funcións auxiliares de organización da librería e outras que se lle encomendan. Realiza funcións de axuda na cociña e na preparación dos alimentos e de reparto de comida ou bebidas ou outros produtos. Pode asumir as funcións do auxiliar servizos xerais na súa ausencia.

5.3 Axudante de limpeza: Encárgase de xeito non cualificado das tarefas de coidado, limpeza e arranxo de local e zonas exteriores, viveiro, espazos verdes. Preparar, transportar, recoller materiais e produtos de limpeza e mantemento de estancias e áreas públicas externas e internas. Prepara as salas para as reunións, asembleas, etc.. Limpa as áreas e realiza labores auxiliares.

5.4 Peón Xardineiro/a : É quen executa traballos para os cales non se require preparación algunha nin coñecemento técnico nin práctico para o coidado e mantemento dos espazos verdes, viveiro e a horta, limpeza instalacións relacionadas. Colabora nas tarefas encomendadas ás ordes dos/as traballadores/as das categorías superiores. Coida dos alimentos cultivados, responsabilizándose de seu bo estado e presentación. Pode asumir as funcións do auxiliar xardinería na súa ausencia.

5.5 Auxiliar cociñeiro/a: É o/a encargado/a de axudar á preparación dos alimentos, responsabilizándose do seu bo estado na horta ou no momento da súa presentación, así como da orde e pulidez do local e aparellos de cociña. Lava a louza e cubertos empregados polos usuarios/as. Realiza funcións de compra e reparto de comida ou bebidas ou outros produtos. Colabora na elaboración dos menús.

5.6 Aprendiz-contratado/a para a formación: É a persoa contratada para adquirir a formación teórico-práctica necesaria para o desempeño axeitado do seu traballo en función dun contrato de aprendizaxe/formación.

Artigo 15. Categorías profesionais

As definicións correspondentes ás diferentes categorías son as que figuran no anexo I, que forma parte integrante deste acordo, teñen carácter enunciativo e non comportan a obrigación de estar todas previstas.

Así mesmo, a Comisión paritaria poderá homologar todas as categorías non previstas neste convenio/acordo.

En casos de necesidade o/a presidente da entidade pode por razóns técnicas, organizativas ou por requisitos de administracións, cambiar de posto, baixarlle ou subirlle a categoría ao persoal laboral, que cobrará así a nova remuneración asignada a esa categoría desempeñada circunstancialmente. Despois xustificará ante a representación dos/as traballadores/as estas circunstancias respectando os dereitos laborais do/a traballador/a recollidos no presente convenio, así como no E.T. e demais lexislación laboral.

CAPÍTULO IV

CONTRATACIÓN, PERÍODO DE PROBA, VACANTES E CESAMENTO DE PERSOAL

Artigo 16. Contrato indefinido

O persoal afectado por este acordo contratado sen pactar ningunha modalidade especial con respecto á duración do seu contrato considerarase indefinido unha vez transcorrido o período de proba sen máis excepcións que as establecidas por Lei e as indicadas nos Artigos seguintes.

Artigo 17. Contrato de interinidade

O persoal interino é o contratado para substituír ao persoal da entidade durante as súas ausencias, como consecuencia de permisos, vacacións, incapacidade temporal, excedencia forzosa ou calquera outra causa que obrigue á empresa/entidade a reservar a praza do traballador/a ausente. Tense que especificar no contrato o nome do traballador/a substituído e a causa da substitución.

Os contratos de interinidade por suplencia dun traballador/a en situación de incapacidade temporal que cesen por resolución definitiva do contrato, o/a interino/a pasará a ocupar o posto co mesmo carácter e as mesmas condicións laborais e económicas, excepto os complementos ad personam que o/a traballador/a substituído tiña recoñecidos.

Artigo 18. Contratos formativos

18.1 Contrato en prácticas

Todo o persoal contratado na modalidade de prácticas segundo a lexislación vixente terá os mesmos dereitos, excepto os económicos, que os especificados para os/as traballadores/as da mesma categoría, coas melloras seguintes:

a) As retribucións non poden ser inferiores ao 60 % para o primeiro ano e 75 % para o segundo ano das correspondentes á categoría profesional. En ningún caso, a retribución dos/as traballadores/as pode ser inferior ao salario mínimo interprofesional vixente en cada anualidade.

b) A duración do contrato non pode ser inferior a seis meses nin superior a dous anos ou 2 cursos escolares.

18.2 Contrato de formación

Todo o persoal contratado na modalidade de formación tense que rexer segundo a lexislación vixente, excepto:

a) Estes contratos poderán realizarse nos termos que establece o 'Estatuto dos Traballadores'.

b) A duración máxima destes contratos é de dous anos.

c) As retribucións non poden ser inferiores ao 75 % das correspondentes á categoría profesional do posto de traballo para o que se realiza a formación, nin inferior ao salario mínimo interprofesional vixente en cada anualidade.

d) Unha vez finalizada a formación, ocuparase a categoría correspondente á formación realizada. En caso de non haber vacante, manteranse as condicións e retribucións da nova categoría e só nestes casos pódese contratar un novo aprendiz para a mesma categoría.

Artigo 19. Contrato eventual por circunstancias da produción

Estes contratos poderán realizarse nos termos que establece o Estatuto dos Traballadores.

De acordo co disposto no Artigo 15.1.b do Estatuto dos Traballadores, e atendendo á especial natureza dos servizos prestados polas empresas ou entidades afectadas polo presente acordo, así como o sector de mercado ao cal se dirixe, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da produción poden ser de 6 meses dentro dun período de 12 meses.

Artigo 20. Contrato de obra ou servizo determinado

Este contrato aterase ao establecido no Estatuto dos Traballadores. A duración máxima dos contratos de obra ou servizo determinado poden ser de ata 3 anos.

O contrato de traballo por obra ou servizos determinados será válido tamén cando a entidade subscriba acordos con terceiros- tanto entidades privadas de calquera orde como institucións e administracións públicas de calquera ámbito - para prestarlles servizos e contraten a traballadores/as para desenvolver actividades relacionadas coa prestación dos servizos derivados de ditos contratos, subvencións ou acordos.

Artigo 21. Traballadores/as fixos descontinuos/as

De acordo co disposto no Artigo 15.8 do Estatuto dos Traballadores, as empresas poden contratar traballadores/as con esta modalidade de fixos descontinuos na modalidade de tempo parcial, para a realización de traballos que non se realicen en datas certas. Os/as traballadores/as contratados/as con esta modalidade contractual serán chamados, segundo as necesidades do servizo, por rigorosa orde de antigüidade dentro dos diferentes grupos profesionais existentes na empresa cada vez que se produza o suposto de actividade do parágrafo anterior, salvo naquelas circunstancias que veñan impostas pola contratación con fondos públicos a cargo de subvencións con especiais requisitos de contratación.

A chamada do/a traballador/a realizarase polo menos 15 días antes do inicio do servizo.

Artigo 22. Contrato de xubilación parcial e de relevo

Poderanse realizar contratos de xubilación parcial e de substitución segundo a lexislación vixente.

Artigo 23. Condición de indefinidos/as

Todos/as os/as traballadores/as pasarán á condición de indefinidos/as se, transcorrido o prazo fixado no contrato, continúan desenvolvendo as súas actividades sen que haxa novo contrato ou prórroga do anterior.

Artigo 24. Forma do contrato

O contrato formalizarase, en todos os casos, por escrito, e adecuarase ao previsto na lexislación vixente con respecto ao control da contratación.

En todos os casos, unha das copias básicas do contrato estará a disposición da representación legal dos/as traballadores/as.

Nos casos de despedimento comunicarase á representación legal dos/as traballadores/as.

Artigo 25. Períodos de proba

O persoal con novo contrato na asociación, salvo pacto contrario, someterase a un período de proba que se formalizará por escrito e que non poderá exceder de doce meses.

Durante o período de proba, as partes poden rescindir libremente o contrato sen que haxa máis obrigación, por parte da empresa, que a de aboar os salarios meritados durante o período traballado.

Todos os contratos someteranse ás disposicións legais vixentes.

Os contratos de interinidade ou de substitución non poden extinguirse ao comezo dos períodos de vacacións se non se reincorpora a persoa substituída.

Artigo 26. Cobertura de vacantes

Ante a posibilidade de cubrir prazas vacantes, recorrerase preferentemente aos/ás traballadores/as da mesma empresa, tanto se son fixos coma se son eventuais, atendendo a súas capacidades.

En caso de igualdade de condicións, a antigüidade dará preferencia para o posto de traballo, ou as esixencias das convocatorias no caso de emprego subvencionado.

Artigo 27. Finalización da relación laboral

A empresa/asociación, en contratacións temporais superiores a 6 meses, debe pre-avisar ao/á traballador/a cunha antelación de 15 días no caso de finalización da relación laboral. O incumprimento desta obrigación da dereito ao/á traballador/á ser indemnizado co importe do salario de 1 día por cada día de atraso, co límite do número de días de pre-aviso.

Artigo 28. Cese voluntario

O/a traballador/a que desexe cesar voluntariamente no servizo na empresa ou entidade, está obrigado/a a polo en coñecemento desta por escrito, cumprindo os requisitos de pre-aviso seguintes:

' Persoal comprendido no grupo 1: dous meses

' Persoal comprendido no grupo 2: un mes

' Persoal comprendido nos grupos 3, 4 e 5: quince días

O incumprimento por parte do/a traballador/a da obrigación de pre-avisar coa antelación indicada dará dereito á empresa/entidade a descontarlle da liquidación o importe do salario dun día por cada día de atraso no pre-aviso.

No caso de que as pagas extraordinarias sexan rateadas e as vacacións ás cales teña dereito o/a traballador/a, xa foran gozadas, non se descontará da súa mensualidade ningunha cantidade en concepto de incumprimento de pre-aviso.

Artigo 29. Pacto de non concorrencia e de permanencia na empresa

Estarase segundo o establecido no Artigo 21 do Estatuto dos Traballadores.

CAPÍTULO V

RÉXIME DE RETRIBUCIÓNS

Artigo 30. Estrutura salarial

Todo o persoal afectado por este acordo recibirá as retribucións correspondentes, de acordo coa estrutura e conceptos seguintes:

' Salario base. Retribución mensual do/a traballador/a fixada en función do grupo e a categoría profesional a que pertence.

' Descanso inter-semanal e festivos. Os servizos prestados tanto en domingos como en festas laborais ou oficiais, sempre que dita prestación fora comunicada previamente pola empresa aos/ás traballadores/as afectados/as, compensaranse, segundo teña acordado a empresa e os/as traballadores/as afectados/as, respectándose en todo caso ou descanso semanal previsto non Artigo 37 do E.T.

' Complemento de responsabilidade. Pódese establecer coa fin de remunerar aqueles/as traballadores/as que, coa categoría 1 ou 2, teñan ao seu cargo 7 traballadores/as.

' Só percibirase durante o tempo que se estea ocupando un posto de traballo das características mencionadas, en contía do 10% do seu salario base.

' Complemento de antigüidade: Poderase establecer de mutuo acordo e se as condicións así o permiten, para os/as traballadores/as nos grupos 1 ou 2, por cada trienio realizado na súa categoría, en contía anual do 1% do seu salario base, tras valoración por parte da entidade das horas de formación nese trienio.

' Complemento de dispoñibilidade. Este complemento retribúe as especiais circunstancias e condicións dos/as traballadores/as cando realizan servizos presenciais con presenza activa de 24 horas. Este complemento será aboado en consideración á especial distribución irregular da xornada, a total dispoñibilidade horaria e pola realización esporádica de servizos de reserva. A súa retribución será do 10% do salario base diario por cada día meritado deste complemento, ou concederase un descanso equivalente a un día de permiso, e dous se coincide algún festivo.

' Por decisión da entidade poderá contemplarse en cada nómina unha parte proporcional de indemnización fin contrato.

Artigo 31. Retribucións

Os salarios a percibir a partir de xaneiro 2018 e ata o 31 de decembro do mesmo ano son os que se establecen nas táboas salariais anexas a este convenio/acordo, segundo as diferentes clasificacións profesionais; coa única excepción dos salarios xa marcados como consecuencia do emprego subvencionado por administracións públicas.

Artigo 32. Pagas extraordinarias

Os/as traballadores/as comprendidos no ámbito de aplicación do presente convenio percibirán mes a mes, como complemento periódico de vencemento superior a un mes, o importe rateado de 2 gratificacións extraordinarias, equivalentes cada unha a unha mensualidade de salario base e complementos ad personam e a parte proporcional dos complementos específicos en media anual.

A efectos de cómputo para o cálculo das pagas extraordinarias, establécese o prazo do 30 de xuño ao 1 de xullo para a paga de verán e do 30 de decembro para a paga de Nadal.

CAPÍTULO VI

XORNADAS, HORARIOS, HORAS EXTRAORDINARIAS, VACACIÓNS E RECICLAXE

Artigo 33. Xornada de traballo

O número de horas de traballo a que corresponden as retribucións fixadas no presente convenio, en cómputo anual, é de 1.800 horas de traballo efectivo, de dedicación tanto directa como indirecta, distribuídas en xornadas semanais de 40 horas, de luns a domingo e de maneira que non superen as 9 horas diarias en actividades habituais.

Enténdese por hora de dedicación directa toda a realizada en relación directa coas persoas usuarias.

Enténdese por dedicación indirecta toda aquela hora efectuada dentro da xornada de traballo que estea relacionada coa actividade propia, como o tempo de preparación, avaliación, programación e outras tarefas de natureza análoga.

Non obstante, pode optar a empresa/asociación por outra distribución diaria e semanal, en función da actividades como respiros, excursións, necesidades, carácter do contrato, etc., respectando en todo caso o descanso.

Artigo 34. Xornada irregular

Coa fin de atender os servizos en períodos de máis actividade e as necesidades formativas ou de reciclaxe, a entidade pode reducir a xornada diaria ata un mínimo de 3 horas ou ben aumentala en 2 horas diarias de traballo efectivo e ata un máximo de 100 horas anuais. O/a traballador/a afectado/a deberá coñecer cun aviso previo mínimo de cinco días, o día e a hora da prestación de traballo resultante da distribución irregular da xornada.

En contra-prestación polos excesos de xornada que se produzan, en cómputo trimestral, o/a traballador/a disporá dunha hora de descanso por cada hora de traballo. Os descansos por compensación desfrutaranse preferentemente os luns salvo que sexan fixados de xeito diferente de común acordo entre empresa e traballador/a.

Artigo 35. Horas extraordinarias

En caso de necesidade de realización de horas extraordinarias, a súa compensación, con criterio xeral e preferente, será mediante o outorgamento de descansos ou, por mutuo acordo entre as partes, mediante a retribución económica, equivalente á hora ordinaria correspondente.

Artigo 36. Descanso semanal e festivos

Os días de descanso semanal serán distribuídos segundo as circunstancias de prestación de servizos da asociación, respectando sempre que sexa posible o día completo do domingo e a mañá do luns (ou no seu caso a tarde do sábado se fose posible).

Para atender as necesidades de servizos e por razóns técnicas ou organizativas, os/as traballadores/as adscritos total ou parcialmente a unha actividade, prestarán servizos tanto en domingos como en festas laborais ou oficiais, sempre que dita prestación fora comunicada previamente pola empresa aos/ás traballadores/as afectados/as.

Se se traballa o domingo as horas traballadas computaranse como parte da súa xornada como calquera outro día e librarase un luns dese mes, salvo acordo mutuo para cambialas por outro día; axustando a xornada laboral do resto da semana.

Concederase un descanso equivalente a un día de permiso retribuído por cada xornada completa de traballo prestado en festas laborais ou oficiais. Dito descanso compensatorio deberá desfrutarse no mesmo mes ou como moito no espazo de 30 días dende a data de prestación de servizos. Tamén pódese optar por mutuo acordo ir librando esas horas ao longo do mes.

Artigo 37. Vacacións

Os/as traballadores/as afectados/as por este convenio gozarán, por cada ano completo de servizo activo, unhas vacacións retribuídas de 30 días naturais.

Se o tempo traballado, dentro de cada ano natural, é inferior ao ano, terase dereito aos días que correspondan en proporción.

As vacacións gozaranse, preferentemente, nos períodos de cesamento de actividade ou de menor actividade das empresas ou centros de traballo considerados individualmente; en quendas rotativas de 15 días naturais consecutivos en dous períodos, que estarán comprendidos, preferentemente, entre o 15 de xaneiro e 31 setembro. Para ese efecto a asociacións/entidade fixará con antelación de polo menos dous meses, o calendario, as quendas, etc. A súa fixación efectuarase a tenor do previsto na lexislación laboral vixente.

O persoal que cese no transcurso do ano ten dereito á parte proporcional de vacacións que por disposicións legais lle corresponda, segundo o tempo traballado durante este período. No caso de ter dereito só a 15 días poderase valorar que sexan en 2 semanas separadas.

Se con anterioridade ao comezo das vacacións o/a traballador/a se atopase en situación de Incapacidade Temporal (IT) derivada de accidente de traballo ou de enfermidade común que requira hospitalización, poderá gozar das vacacións a continuación da alta médica ou noutro período, de común acordo entre as partes.

Artigo 38. Xornada especial de casas de colonias, campamentos, respiros

Enténdese por xornada especial aquela forma de distribución irregular da xornada efectiva de traballo que, fixada entre a empresa e o/a traballador/a ou os seus representantes legais, respectando o descanso entre xornadas e sen superar a xornada máxima establecida no presente convenio, resulte necesaria para atender a realización do bo servizo dentro do ámbito das casas de colonias, respiros, campamentos concedendo un factor de dispoñibilidade para a solución das pequenas incidencias, produto das características de continuidade e convivencia que se producen na realización deste tipo de servizos.

Para a xornada especial o criterio xeral será unha semana extra de vacacións para a persoa coordinadora encargada anualmente da mesma.

Artigo 39. Reciclaxe e formación.

Os/as traballadores/as no presente convenio poderán dedicarse a cursos de reciclaxe axeitados á súa especialidade ou función e dentro a súa xornada laboral, a proposta da empresa ou de común acordo co/a traballador/a, ata o 3 % do súa xornada en cómputo anual, acumulable trimestralmente.

CAPÍTULO VII

EXCEDENCIAS E PERMISOS

Artigo 40. Excedencia sindical, embarazo e permisos

40.1 Os/as traballadores/as que gocen de excedencia por mandato sindical, de acordo co Estatuto dos Traballadores, reincorporaranse ao posto de traballo ao cabo de sesenta días ao acabar este período de excedencia, cun pre-aviso de trinta días antes da reincorporación.

40.2 En caso de embarazo das traballadoras afectadas por este convenio, nas situacións de perigo ou risco, a empresa, de acordo coa traballadora e con intervención da representación legal dos traballadores/as, establecerá o cambio de posto de traballo pertinente ou o mecanismo máis axeitado para evitar o risco en cuestión, sempre e cando sexa posible.

40.3 En caso de excedencia por coidado de fillos/as estarase ao establecido na normativa vixente, con reserva do posto de traballo ata tres anos.

40.4 O persoal , con aviso e xustificación previos, poderá ausentarse do posto de traballo con dereito a remuneración polos motivos que establece o Artigo 37 do Estatuto dos Traballadores e coas posibles melloras seguintes:

40.4.1 Ata 2 días en caso de accidente ou enfermidade graves, intervención cirúrxica, hospitalización ou defunción de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por estes motivos o/a traballador/a necesite trasladarse de provincia, o permiso será de catro días.

40.4.2 O día da voda dun parente ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

40.4.3 Un día por cambio de domicilio sen cambio de municipio e dous días con cambio de municipio demostrable no censo.

40.4.4 Quince días por matrimonio ou inicio de vida en común dos/as traballadores/as, con independencia da súa orientación sexual, ata que quede regulado polo que será necesario demostrar este inicio de vida en común, mediante a folla certificada de unións de parella de feito, unións civís dos concellos que dispoñan ou acta notarial, sempre e cando non sexa notorio. Este descanso só poderase desfrutar unha única vez.

40.4.5 Polo tempo necesario para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto.

40.5 Todo o persoal terá dereito a un permiso retribuído pola asistencia a un consultorio médico, con aviso previo e xustificación posterior, ata un máximo de 5 horas ao ano ou a parte que proporcionalmente corresponda en función das horas contratadas, sempre e cando o/a traballador/a non poida acudir noutro momento fora do horario laboral, por non haber consulta; e un permiso retribuído pola asistencia a un médico especialista dun máximo de 6 horas ao ano. No caso de que a localidade do centro de traballo non coincida co centro médico, poderá dispor ata un total de 18 horas en calquera caso.

Artigo 41. Excedencias voluntaria e forzosa

Remitirase ao establecido no Estatuto dos Traballadores.

CAPÍTULO VIII

DESPRAZAMENTOS E DIETAS

Artigo 42. Dietas e desprazamentos

Os/as traballadores/as que por necesidades da empresa/asociación teñan que realizar viaxes ou desprazamentos fora do termo municipal onde radica o seu centro de traballo, percibirán dietas en función da necesidade ou non de pagar unha estancia para pasar a noite fora do municipio onde está establecido o centro de traballo, de acordo ás cantidades establecidas anualmente.

O uso do vehículo propio, sempre a petición da empresa, e acordado no contrato, comporta unha indemnización como máximo de 0,19 euros por quilómetro percorrido. Os importes mencionados serán satisfeitos pola empresa por meses vencidos.

CAPÍTULO IX

CÓDIGO DE CONDUTA LABORAL

Artigo 43. Faltas

Toda falta cometida por un/ha traballador/a clasifícase, segundo a súa importancia, en:

a) Faltas leves.

b) Faltas graves.

c) Faltas moi graves.

Artigo 44. Faltas leves.

Son faltas leves:

44.1 De unha a catro faltas de cumprimento do horario de traballo, sen a xustificación oportuna, cometidas nun período de trinta días naturais.

44.2 Deixar de notificar, dentro das 10 horas seguintes á ausencia, os motivos que poidan xustificar a falta ao traballo, salvo que se demostre que sexa imposible realizalo.

44.3 Neglixencias na conservación do material e das instalacións que non cause prexuízo á empresa. Se causa prexuízo de carácter económico, a falta poderá ser considerada grave.

44.4 Faltar ao traballo durante un día nun período de trinta días naturais sen unha causa xustificada. Se a persoa ausente ten que ser relevado/a por un/ha compañeiro/a, a falta considerarase grave.

Artigo 45. Faltas graves

Son faltas graves:

45.1 De cinco a oito faltas de puntualidade na asistencia ao traballo, sen a xustificación oportuna, cometidas durante un período de sesenta días naturais.

45.2 Faltar máis de dous días ao traballo durante un período de trinta días naturais sen causa xustificada. É suficiente unha soa falta, cando por razón do posto de traballo que o/a traballador/a ocupa, a non-asistencia cause prexuízo sobre a atención que o suxeito atendido require.

45.3 A reiteración ou a reincidencia na falta leve dentro un mesmo trimestre, sempre e cando teña sido sancionada e sexa firme.

45.4 Neglixencia grave na conservación do material e das instalacións que cause prexuízo á empresa/entidade. Se causa un prexuízo económico relevante a falta pode ser considerada moi grave.

Artigo 46. Faltas moi graves

Son faltas moi graves:

46.1 Máis de oito faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ao traballo cometidas no período dun ano.

46.2 A falta inxustificada ao traballo durante tres días consecutivos ou catro alternos, cometidos nun período de trinta días naturais.

46.3 Neglixencia notoria e de coñecemento moi estendido no cumprimento do traballo e que ocasione prexuízos graves ao servizo.

46.4 A simulación de enfermidade ou accidente ou o desenvolvemento de traballos remunerados durante a situación de IT.

46.5 A embriaguez habitual ou ocasional e o consumo de calquera clase de drogas ou estupefacientes en horas de traballo.

46.6 Os malos tratos de palabra ou de obra e a falta de respecto ou consideración, tanto aos/ás compañeiros/as de traballo como aos usuarios/as dos servizos.

46.7 Se un compañeiro/a, con independencia do seu cargo e /ou función, dirixe cara a outro calquera conduta de acoso sexual, xa sexa verbal, de intimidación física ou doutras (chantaxes, etc.).

46.8 A reiteración ou a reincidencia en faltas graves, sempre e cando sexan cometidas dentro un mesmo trimestre e que xa teñan sido sancionadas.

46.9 A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza no desenvolvemento das funcións ou tarefas encomendadas.

46.10 O incumprimento do contrato de protección de datos asinado ao inicio da relación laboral.

Artigo 47. Sancións

Segundo o grao das faltas, as sancións máximas que se poden impor son:

47.1 Por falta leve: amoestación por escrito, suspensión de soldo e emprego ata tres días.

47.2 Por falta grave: suspensión de soldo e traballo de catro ata quince días.

47.3 Por falta moi grave: suspensión de soldo e emprego de dezaseis días a sesenta días ou despedimento.

Toda sanción será comunicada por escrito ao/á traballador/a, indicando a data e o feito que a motiva. Remitirase copia da comunicación á representación legal dos/as traballadores/as.

En ningún caso poderá ser motivo de ningún tipo de sanción calquera das causas seguintes:

a) A pertenza a unha organización sindical.

b) Ter a condición de representante dos/as traballadores/as ou a actuación nesta calidade dentro do que establece o ordenamento xurídico.

c) A presentación de queixas ou a intervención en procedementos seguidos contra o empresario/a ou responsable da empresa e /ou entidade por presunto incumprimento deste das normas laborais ou de seguridade social.

A raza, o sexo, o estado matrimonial ou de convivencia de feito, a relixión, a opinión política ou a orixe social, a orientación sexual, nin tampouco o embarazo e a moral privada, nin, en xeral, o exercicio libre dun dereito recoñecido na Constitución.

Artigo 48. Expediente sancionador por faltas moi graves

Para que unha sanción moi grave sexa considerada válida cumpriranse os trámites seguintes:

48.1 Comunicación por escrito ao traballador/a, ao comezo do expediente sancionador xunto cos pregos de cargos.

48.2 O traballador/a ten cinco días laborables para formular alegacións con obxecto de defenderse.

48.3 A sanción será executiva desde o mesmo momento da súa notificación.

48.4 O expediente sancionador, desde que se inicie ata que se notifique a sanción ao/á traballador/a, non poderá prolongarse no tempo máis de 10 días, pero suspenderá os prazos de prescrición da falta previstos no Artigo 49.

Artigo 49. Prescrición das faltas

A prescrición das faltas será:

49.1 Para faltas leves: ao cabo de once días hábiles desde que a empresa/asociación teña coñecemento da súa comisión.

49.2 Para faltas graves: ao cabo de vinte días hábiles desde que a empresa/asociación teña coñecemento da súa comisión.

49.3 Para faltas moi graves: ao cabo de sesenta días hábiles desde que a empresa/asociación teña coñecemento da súa comisión.

Se as sancións son impugnadas xudicialmente, enténdese que queda interrompido o prazo de prescrición do cumprimento da sanción.

Artigo 50. Faltas e sancións dos empresarios/as

As omisións ou accións cometidas polas empresas e /ou entidades que sexan contrarias ao disposto no presente convenio, e ao resto de disposicións laborais, son infraccións laborais.

En calquera caso, son todas aquelas definidas e tipificadas en Lei de infraccións e sancións na orde social.

Artigo 51. O acoso sexual e moral

As empresas e/ou entidades e a representación do persoal, no seu caso, crearán e manterán unha contorna laboral onde se respecte a dignidade e a liberdade sexual e persoal do conxunto de persoas que traballan, manténdoas preservadas de calquera ataque físico, psíquico ou moral.

Enténdese por acoso sexual, no marco da relación laboral, todas as condutas ofensivas e non queridas pola persoa agredida e que determinan unha situación que afecta as condicións laborais e que crea unha contorna laboral ofensiva, hostil, intimidatoria e humillante, así como peticións de favores sexuais, insinuacións e actitudes que asocien a mellora das condicións de traballo ou a estabilidade no posto de traballo á aprobación ou denegación dos mencionados favores.

Enténdese por acoso moral, no marco da relación laboral, todas as condutas do titular, dos mandos ou do resto de traballadores/as que, menoscaben a dignidade persoal, exercen unha violencia psicolóxica de forma sistemática e recorrente, durante un tempo prolongado, sobre unha persoa ou persoas no posto de traballo.

Con obxecto de evitar que se produza calquera atentado destas características, por minúsculo que sexa, a representación laboral ou sindical e, especialmente, a empresa e/ou entidade como garante último da saúde laboral nos centros de traballo, teñen que:

' Garantir que nas avaliacións de riscos psico-sociais e avalíen tamén os riscos derivados da organización do traballo.

' Organizar o traballo dunha maneira saudable, mediante a posta en marcha de medidas concretas que axuden a:

- Fomentar o apoio social colectivo entre os/as traballadores/as, potenciando o traballo en equipo e a comunicación, combatendo activamente o illamento.

- Promover a autonomía, potenciando a participación á hora de tomar decisións relacionadas cos métodos de traballo e pedagóxicos.

- Garantir o respecto e o trato xusto ás persoas, proporcionando estabilidade na ocupación e nas condicións de traballo de acordo coas funcións e a cualificación do posto de traballo.

- Garantir así mesmo a equidade e a igualdade de oportunidades en materia de contratación, salario, promoción interna, etc; entre todas as persoas, sen distinción de sexo, idade, raza, pertenza a un sindicato, orientación sexual, ideoloxía, relixión e calquera outra opción ou circunstancia de carácter persoal.

- Fomentar a claridade e a transparencia organizativas, definindo os postos de traballo e as tarefas asignadas a cada cal, así como os roles de cada persoa.

- Proporcionar toda a información necesaria, axeitada e suficiente para o correcto desenvolvemento individual do traballo e para a prevención de riscos laborais.

- Impedir todo tipo de manifestación de violencia.

- Impedir todo tipo de manifestación de autoritarismo, sectarismo ou dogmatismo, velando polo mantemento da liberdade de cátedra e polo ideario da empresa e/ou entidade.

CAPÍTULO X

DEREITOS SINDICAIS

Artigo 52. De todos/as os/as traballadores/as

Ningún/ha traballador/a poderá ser discriminado/a en ningún momento por razón da súa afiliación sindical, e todos os traballadores/as poderán expor as súas opinións no centro.

Todo/a traballador/a poderá ser elector e elixible para ocupar cargos sindicais como delegado/a ou nunha sección sindical, sempre e cando reúna as condicións legais ao efecto, cun mínimo de tres meses de antigüidade.

Artigo 53. Das seccións sindicais na empresa

Os/as traballadores/as afiliados/as a un sindicato ou central sindical poden constituír seccións sindicais dentro a asociación.

As seccións sindicais teñen todos os dereitos que a Lei lles recoñece e os que determina este convenio, entre os cales:

53.1 Difusión libre na empresa/asociación das súas publicacións, avisos e opinións.

53.2 Reunión nas salas dispostas para iso na Asociación.

Artigo 54. Da negociación colectiva

Ao efecto da negociación colectiva do convenio/acordo, os/as delegados/as ou representantes dos traballadores/as que formen parte da comisión negociadora poden utilizar as horas necesarias por asistir ás reunións, xustificándoo previamente., en horario que menos afecte ás actividades.

CAPÍTULO XI

MELLORAS SOCIAIS

Artigo 55. Maternidade e adopción

En caso de maternidade/paternidade ou adopción, estarase ao disposto na normativa vixente. Por mutuo acordo, se as circunstancias o permiten pódese aplicar a mellora consistente en que cando as vacacións coincidan totalmente co período de baixa por maternidade /paternidade, estas gozaranse a continuación da alta médica ata esgotar o total de días que correspondan, agás se teña acordado entre as partes para gozalas en datas diferentes.

Nos casos de nacemento de fillos/as prematuros/as, e naqueles en que, por calquera outra causa, o recentemente nacido/a teña que permanecer hospitalizado a continuación do parto, estarase ao disposto no Estatuto dos Traballadores e a normativa vixente sobre ausencia do posto de traballo e redución de xornada por parte do pai e a nai. Así mesmo, nestes supostos, a percepción do subsidio por maternidade pode interromperse, a petición do pai ou da nai, segundo quen sexa o beneficiario, unha vez completado o período de descanso obrigatorio para a nai de seis semanas posteriores ao parto, e pódese retomar a partir da data do alta hospitalaria do menor, polo período que reste gozar, segundo as disposicións legais vixentes.

Artigo 56. Lactancia

Estarase segundo o establecido na Lei 39/1999, de 5 de novembro.

Artigo 57. Vestiario e material

A asociación/entidade proporcionará, en caso de ser necesario, ao persoal de servizos o material imprescindible para realizar as súas funcións.

Artigo 58. Seguridade, hixiene e enfermidades profesionais

58.1 As empresas e/ou entidades e o persoal afectado polo presente convenio rexeranse sobre esta materia e para todos os efectos polo que establece lei 31/95 de Prevención de riscos laborais, así como por todas as disposicións legais de aplicación, ademais das guías técnicas de prevención do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

58.2 Todos os/as traballadores/as teñen dereito a un recoñecemento anual de carácter voluntario que, no caso das mulleres, de mutuo acordo coa empresa, incluirá unha mamografía a partir de catro anos antes da idade na cal este servizo sexa prestado polos servizos públicos de xeito gratuíto.

58.3 A empresa/asociación disporá daquel material hixiénico-sanitario axeitado en función dos/as usuarios/as atendidos/as (luvas, máscaras, etc.).

58.4 Unha vez realizada a avaliación de riscos e detectadas as situacións que os producen, e de acordo co Artigo 15 de Lei de prevención de riscos laborais, planificarase a prevención, coa procura dun conxunto coherente que integre a técnica, a organización do traballo, as condicións de traballo, as relacións sociais e a influencia dos factores ambientais no traballo.

58.5 No suposto que a empresa/asociación teña coñecemento, e respectando o dereito á intimidade con respecto á información das persoas usuarias, o persoal de atención directa ten dereito a dispor daqueles datos de especial significación que impliquen medidas preventivas estritas ou que faciliten unha intervención pedagóxico-terapéutica axeitada, tanto na dimensión individual como na grupal.

58.6 A asociación porá a disposición dos/as traballadores/as os recursos técnicos e os materiais necesarios para a protección individual dos riscos laborais derivados das súas tarefas habituais.

58.7 É responsabilidade da empresa/asociación a adecuación das medidas correspondentes nos casos de acoso moral e/ou sexual do persoal comprendido no ámbito deste convenio, que sexan producidos polos/as clientes destas.

CAPÍTULO XI

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Anexos

Forman parte das disposicións do presente convenio/acordo o anexo seguinte:

' Anexo 1: Táboas salariais mensuais dende 1 xaneiro 2018

' Anexo 2: Limiar

Asinado

Ignacio Valverde Viqueira Tania Vázquez Corbacho

D.N.I. 36.100826A D.N.I. 36.164168A

ANEXO I

Táboas salariais mensuais dende 1 xaneiro 2018

CATEGORÍAS PROFESIONAIS

Salario bruto mensual

14 pagas

1.1 Xerente/ director/a

1.530

1.2 Coordinador/a de programas, equipamentos e actividades pedagóxicas

1.410

2.1 Coordinador/a de Áreas/ Departamento (s)

1.350

2.2 Coordinador/a proxectos de centro

1.260

2.3 Coordinador/a de actividades de centro

1.230

2.4 Técnico/a especialista

1.200

2.5 Traballador/a social

1.140

2.6 Educador/a

1.080

2.7 Titulado/a de grao

1.050

2.8 Bibliotecario

1.020

3.1 Animador/a

1.004

3.2 Instrutor/a ou experto/a

994

3.3 Monitor/a

990

3.4 Experto/a en obradoiros

960

3.5 Coidador/a

930

4.1 Empregado/a de servizos xerais

902

4.2 Informador/a

900

4.3 Oficial administración

898

4.4 Auxiliar administración

896

4.5 Cociñeiro/a

894

4.6 Conserxe/telefonista

886

4.7 Auxiliar Xardinería

856

5.1 Auxiliar servizos xerais.

854 *

5.2 Auxiliar mantemento

* igualándose ao salario mínimo interprofesional se éste fose superiorsalario mínimo interprofesional.

5.3 Axudante de limpeza

5.4 Peón Xardineiro/a

5.5 Auxiliar cociñeiro/a

ANEXO II

LIMIAR

CAPÍTULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Ámbito territorial

Artigo 2. Ámbito funcional

Artigo 3. Ámbito temporal

Artigo 4. Ámbito persoal

Artigo 5. Concorrencia de convenios

Artigo 6. Rexistro

Artigo 7. Garantía ad personam

Artigo 8. Garantía das condiciones máis beneficiosas

Artigo 9. Comisión paritaria

CAPÍTULO II

A ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

Artigo 10. Facultades e responsabilidades

Artigo 11. Normas para o seu desenvolvemento

Artigo 12. Mobilidade funcional

Artigo 13. Mobilidade xeográfica

CAPÍTULO III

CLASIFICACIÓN DO PERSONAL

Artigo 14. Clasificación do persoal

Artigo 15. Categorías profesionais

CAPÍTULO IV

CONTRATACIÓN, PERÍODO DE PROBA, VACANTES E CESAMENTO DE PERSOAL

Artigo 16. Contrato indefinido

Artigo 17. Contrato de interinidade

Artigo 18. Contratos formativos

Artigo 19. Contrato eventual por circunstancias da produción

Artigo 20. Contrato de obra ou servizo determinado

Artigo 21. Traballadores/as fixos descontinuos/as

Artigo 22. Contrato de xubilación parcial e de relevo

Artigo 23. Condición de indefinidos/as

Artigo 24. Forma do contrato

Artigo 25. Períodos de proba

Artigo 26. Cobertura de vacantes

Artigo 27. Finalización da relación laboral

Artigo 28. Cese voluntario

Artigo 29.Pacto de non concorrencia e de permanencia na empresa

CAPÍTULO V

RÉXIME DE RETRIBUCIÓNS

Artigo 30. Estrutura salarial

Artigo 31. Retribucións

Artigo 32. Pagas extraordinarias

CAPÍTULO VI

XORNADAS, HORARIOS, HORAS EXTRAORDINARIAS, VACACIÓNS E RECICLAXE

Artigo 33. Xornada de traballo

Artigo 34. Xornada irregular

Artigo 35. Horas extraordinarias

Artigo 36. Descanso semanal e festivos

Artigo 37. Vacacións

Artigo 38. Xornada especial de casas de colonias, campamentos, respiros

Artigo 39. Reciclaxe e formación

CAPÍTULO VII

EXCEDENCIAS E PERMISOS

Artigo 40. Excedencia sindical, embarazo e permisos

Artigo 41. Excedencias voluntaria e forzosa

CAPÍTULO VIII

DESPRAZAMENTOS E DIETAS

Artigo 42. Dietas e desprazamentos

CAPÍTULO IX

CÓDIGO DE CONDUCTA LABORAL

Artigo 43. Faltas

Artigo 44. Faltas leves

Artigo 45. Faltas graves

Artigo 46. Faltas moi graves

Artigo 47. Sancións

Artigo 48. Expediente sancionador por faltas moi graves

Artigo 49. Prescrición das faltas

Artigo 50. Faltas e sancións dos empresarios/as

Artigo 51. O acoso sexual e moral

CAPÍTULO X

DEREITOS SINDICAIS

Artigo 52. De todos/as os/as traballadores/as

Artigo 53. Das seccións sindicais na empresa

Artigo 54. Da negociación colectiva

CAPÍTULO XI

MELLORAS SOCIAIS

Artigo 55. Maternidade e adopción

Artigo 56. Lactancia

Artigo 57. Vestiario e material

Artigo 58. Seguridade, hixiene e enfermidades profesionais

CAPÍTULO XI

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Anexos.