Convenio Colectivo de Empresa de BARRAS ELECTRICAS GALAICOASTURIANAS, S.A. de Lugo

Empresa Autonomico.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Resolución do 31 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Barras Eléctricas GalaicoAsturianas, S. A. 18/05/2001 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Barras Eléctricas GalaicoAsturianas, S. A. 02/03/2000 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 25 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Barras Eléctricas GalaicoAsturianas, S. A. 27/05/1997 Diario Oficial de Galicia

Resolución do 31 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Barras Eléctricas GalaicoAsturianas, S. A. (Diario Oficial de Galicia núm. 95 de 18/05/2001)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

T ÁBOA SALARIAL PARA OS EFECTOS DE PROMOCIÓNS

S ALARIO BASE DE CADA CATEGORÍA PROFESIONAL

ANEXO VII

D IAGRAMA DE ASCENSOS AUTOMÁTICOS E ASIMILACIÓNS

ANEXO VI

Acta complementaria do convenio colectivo 2000-2001

En Lugo o dezasete de xaneiro de 2001. Reunidos José Manuel Lombao Ferreiro, José Ramón Soto Martínez, Manuel Casas Blas, Alfonso Díaz Geada, José Luis Lombao Martínez, Celestino Valín Pardo, Luis López Núñez, Arturo León González e Isidro Fernández Pérez, en calidade de membros do comité de empresa de Barras Eléctricas, S. A. e Rafael Charro Menéndez en representación da empresa, acordan o seguinte:

Primeiro.-Fondo de axuda de estudios. O fondo de axuda de estudios será de 4.218.900 pesetas para o ano 2000 e de 4.324.372 pesetas para o 2001, que serán xestionados pola comisión de anticipos, préstamos e estudios, de acordo coas disposicións do Regulamento para a concesión de axuda de estudios aprobado pola comisión mixta do convenio de Electra de Viesgo con data do 4 de xullo de 1994.

Segundo.-Fondo para actividades culturais, sociais e deportivas.

O fondo para actividades culturais, sociais e deportivas queda fixado en 1.476.615 pesetas para o ano 2000. A cantidade dispoñible e non gastada a 31-12- 2000, incrementaráselle á dos anos 2001 e 2002.

Terceiro.-Fondo para préstamos e anticipos. O fondo para o préstamo de adquisición de vivenda e anticipos de reparación de vivenda e atencións familiares con cargo á reserva social queda establecido en 15.067.500 pesetas.

Cuarto.-Tolerancia horaria. Establécese como tempo de tolerancia, cinco minutos á entrada e outros cinco á saída de ámbolos colectivos, é dicir, de sete horas e cincuenta e cinco minutos a oito horas (7.55 a 8) e de quince horas a quince horas cinco minutos (15 a 15.05) para o primeiro colectivo e de sete horas corenta minutos a sete horas corenta e cinco minutos (7.40 a 7.45) e de quince horas a quince horas cinco minutos (15 a 15.05) para o segundo.

Se houbese acordo nalgunha modificación nos cadros de quenda que implicase menores ingresos pensionables, derivados da dita modificación, haberase que ater á acta complementaria do convenio para 1996-1998.

Quinto.-Exteriorización de compromiso por pensións. O proceso de exteriorización dos compromisos por pensións en BEGASA realizarase en condicións homoxéneas ós de Electra de Viesgo e coa maior urxen cia, unha vez que se alcance un acordo na empresa matriz. Sexto.-Xornada de traballo. Se durante a vixencia do convenio colectivo de referencia se alcanzase un acordo que afecte a xornada laboral, este será incorporado a esta acta complementaria.

Sétimo.-Traslados por causas técnicas, organizativas ou productivas.

Unha vez acreditadas as causas organizativas, tecnolóxicas e productivas alegadas pola empresa no expediente de modificación de condicións de traballo, cun período de consultas que se iniciou o 27-3-1999 e logo de rematado, para o persoal afectado polo dito expediente, do cal se xunta a relación, as partes acordan pacta-las seguintes condicións económicas:

1. Desprazamentos que non implican cambio de residencia do traballador:

a) A centro distante a menos de 20 km do seu actual centro:

a.

1. Cando sexa acercado ó seu domicilio e non viñese cobrando quilometraxe por desprazamento, aboaráselle unha paga extra en concepto de indemnización e non terá dereito a quilometraxe.

a.

2. Cando sexa acercado ó seu domicilio e estivese percibindo quilometraxe, manterá este no importe correspondente á distancia do novo centro ó seu domicilio, así como a indemnización dunha paga extra.

a.

3. Cando o novo centro se afasta do seu domicilio con respecto ó seu actual centro, aboaráselle o importe de dúas pagas dunha mensualidade de indemnización e a quilometraxe diaria, e debe comezar e finaliza-la súa xornada no centro de traballo ó que se está adscrito.

A quilometraxe diaria é a que corresponda á distancia entre o novo centro e o seu domicilio, descontando os quilómetros que realizaba desde o dito domicilio ata o seu anterior centro de traballo, do que é desprazado.

a.

4. Cando sexa afastado do seu domicilio e estivera cobrando quilometraxe pola incorporación ó traballo en virtude de acordos anteriores, aboaránselle estes desde o seu domicilio ó novo centro de traballo, percibindo, ademais, a indemnización de dúas pagas recollidas no punto anterior.

b) A un centro distante máis de 20 km: Aboaráselle a quilometraxe e tres pagas extras dunha mensualidade de indemnización, nos mesmos supostos da letra a) .

Neste grupo de traballadores, cando realicen xornada partida, só cobrarán unha quilometraxe de ida e volta, percibindo por cada día da dita xornada unha axuda de custo de comida.

2. Traslados. No suposto de que o traballador cambie de residencia nos casos anteriores, aboaránselle os gastos de traslado, as pagas extras de indemnización que correspondan a cada tramo de distancia, e mais unha paga extra adicional a estas, se é o caso, e facilitaráselle un préstamo de ata 8.000.000 de pesetas con xuros do 2,5% a 20 anos para a adquisición de vivenda.

Os préstamos para adquisición de vivenda efectuaranse con garantía hipotecaria.

Os traslados a outro centro de traballo serán, en calquera caso, de carácter voluntario.

3. En canto ás condicións económicas do persoal de quendas que cambie de réxime de xornada, haberase que ater ó estipulado na acta complementaria do convenio colectivo asinada o 21-12-1996.

Malia o anterior, este persoal de quendas que se encontre afectado polo ERE e que cambie de réxime de xornada, seguirá rexéndose pola acta complementaria de 21-12-1996, mentres permaneza en activo, e cando se incorpore ó ERE causando baixa na empresa, volverá percibi-los complementos que agora se lle suprimen e que están recollidos no plan social como se volveran estar en quenda cerrada.

Oitavo.-Vacacións atrasadas. A empresa recoñece que tódolos traballadores que causasen alta nesta con anterioridade ó 3 de novembro de 1986 veñen gozando das súas vacacións cun ano de desfasamento. Estas vacacións gozaranse, de común acordo entre a empresa e os traballadores, durante a vixencia deste convenio.

Noveno.-Ortodoncia e farmacia. A axuda de ortodoncia quedaba establecida en 75.000 pesetas, por cada membro da unidade familiar que requirise tal intervención, para o ano 2000. Esta cantidade será incrementada no IPC real máis 0,5% en todos e cada un dos anos de vixencia deste convenio.

A prestación de farmacia, a cargo da empresa, queda establecida nos mesmos termos e condicións que na actualidade.

Décimo.-Ámbito persoal de aplicación. Esta acta complementaria do convenio colectivo 2000-2001, será de aplicación exclusiva para tódolos traballadores que figuran no cadro de persoal o 31-12-1999.

O que en proba de absoluta conformidade, se asina por triplicado no lugar e data do encabezamento.