Convenio Colectivo de Empresa de BOTEROS E AMARRADORES DE VIGO, S.L. de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
11/06/2013

Sentencia/Laudo. Convenio Colectivo de Empresa de BOTEROS E AMARRADORES DE VIGO, S.L. de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 11 de Junio de 2013 en adelante

Tiempo de lectura: 9 min

Tiempo de lectura: 9 min

Laudo arbitral sobre o conflicto plantexado na empresa, BOTEROS E AMARRADORES DE VIGO, SL sobre diferenzas na negociacion do convenio colectivo que foi dictado o dia 27.03.2013. Codigo de Convenio numero 36103682032013 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 111 de 11/06/2013)

Preambulo

Convenio o Acordo: Laudo Arbitral Boteros e Amarradores de Vigo S.L. - BOTAMAVI.

Código de Convenio número 36103682032013.

Visto o texto do laudo arbitral sobre o conflicto plantexado na empresa, BOTEROS E AMARRADORES DE VIGO, SL sobre diferenzas na negociación do convenio colectivo que foi dictado o día 27.03.2013, e tivo entrada na xefatura territorial da conselleria de Traballo e Benestar en Vigo o 30 de abril de 2013 de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre rexistro e deposito dos convenios e acordos colectivos de traballo. artigo 24.4 do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este departamento territorial,

ACORDA:

Primeiro.

Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º222, do 18.10.2010).

Segundo.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.

Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro por acta de constitución de arbitraxe prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), de data 22 de febreiro de 2013, no conflito xurdido na empresa Boteros e Amarradores de Vigo, S.L sobre diferenzas na negociación do Convenio Colectivo en diversas cuestións que afectan a aspectos substanciais do Convenio, resolve os asuntos formulados ditando o seguinte laudo, para o que se acolle ó prazo excepcional fixado no artigo 24 do AGA, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.A partir da constitución da Mesa en varias reunións da mesma, na que foron parte, por unha banda, a representación empresarial integrada por D. José Manuel García Vázquez, xerente e apoderado xeral da empresa Boteros e Amarradores de Vigo, S.L., e tamén D. Cristina Fernández Silva, apoderada e directora de RRHH e D. Camilo Castro Silva, asesor, e por outra banda a representación sindical integrada por D. José Ángel Rodríguez Díaz, Manuel Pérez Álvarez y D. Marcos Álvarez Figueiras, representante legal dos traballadores da empresa e D. Luciano Villar González, Secretario Comarcal da FEGAMT-CIG, en calidade de asesor.

Segundo.As cuestións que se formulaban a arbitraxe son as diferenzas na negociación do Convenio Colectivo de empresa en diversas materias, como salarios, xornada, réxime dos traballadores fixosdiscontinuos e modificación substancial das condicións de traballo.

Terceiro.Aberta a sesión de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, garantías que se mantiveron en tódalas reunións celebradas. Así mesmo comunica ás partes que, coñecidas as peticións e ofertas recíprocas, vai partir da doutrina das últimas posicións, para o cal solicitou das propias partes na comparecencia determinación das mesmas dado o conflito de intereses formulado. Esta será a base da súa decisión no presente conflito.

Cuarto.A representación empresarial sinala unha importante baixada da cifra de negocio no ano 2012. As previsións para o ano 2013, constatadas polas investigacións arbitrais nas correspondentes autoridades que afectan ós servizos da empresa, son unha diminución da frecuencia dos cruceiros de preto dun 30%, perdas de ingresos por non chegar o Porto de Vigo determinadas liñas e a falta de actividade, de xeral coñecemento, dos estaleiros, que provocan unha case total falta de actividade dos servizos de amarre e derivados.

Tódolos datos se encadean neste contexto, agravado porque non houbo incremento das tarefas para a empresa nos últimos anos e expresamente para o ano 2013, datos todos que simbolizan na baixada dun preto de 17% no número de tráficos que precisan os servizos de amarre no Porto de Vigo.

A parte social manifesta, manifestándose o árbitro agradecido neste sento, un recoñecemento da situación da crise, e a súa pretensión de que se garante para tódolos traballadores fixos e fixosdiscontinuos o traballo por entender que todos teñen os mesmos dereitos, poñéndose especial énfase na posible transformación destes contratos en fixos ordinarios, solicitando unha garantía dos traballadores fixos-discontinuos tanto na cobertura de vacantes como na cobertura dos cuadrantes, vacacións, licenzas e resto de réxime organizativo. Tamén solicitaron o plus de dispoñibilidade para os fixos-discontinuos e unha garantía de cotización na Seguridade Social de 270 días.

O árbitro solicitou á empresa, nas distintas reunións, os cadros de traballo pormenorizados. Esta análise dos diversos réximes de traballo é a que sirve ó árbitro para a fundamentación da parte dispositiva, xunto cos datos averiguados na Autoridade Portuaria, os correspondentes de Inspección fiscal, e os obtidos de parte, tanto pola representación dos traballadores, coma da empresa.

Pois ben, os anteriores presupostos, contidos nos puntos precedentes, son os que serven ó árbitro a fin de decidir a solución neste conflito de interese derivado da negociación ordinaria do Convenio Colectivo nos aspectos materiais anteditos.

FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓN

Nos anos 2008, 2009, 2010 e 2011, a media de tráficos foi duns 185 buques ó mes. Isto permitiu, incluso, nesta época de crise, que o sector incrementara nalgún caso, os seus cadros de persoal para desenvolver os servizos portuarios. Pois ben, no ano 2012 houbo un descenso nin máis nin menos que a 141 barcos, descenso dun 25% que se manifestou na taxa interanual xaneiro 2012-xaneiro 2013 en 129 buques, e proxectado a febreiro 2013 nin máis nin menos que con outro descenso dun 20%. Por outra parte, a Autoridade Portuaria correspondente sinalou, a excepción da Corporación de Prácticos para tódolos servizos portuarios, medioambientais, de amarre, remolque, etc. unha conxelación tarifaria. Isto provoca, que, unido ás conxelacións precedentes, a baixada dos tráficos significativa na perda de 31 escalas de cruceiros turísticos ó longo do ano, na perda de actividade industrial, tanto no transporte, coma especificamente nos estaleiros, e todo nunha empresa na que os gastos de persoal ocupan case un 88% do total dos gastos sobre a cifra de negocios, e tendo en conta que o resto da partida ten que cubrir reparacións, seguros, aprovisionamentos, certificados de calidade e os gastos financeiros e amortizacións previstos, e todo sen perxuízo dunha política de austeridade que afecta a dúas embarcacións, a necesidade dunha organización, fixando un convenio colectivo de transición de total contención salarial, e sobre a base das posibilidades organizativas, e tendo en conta que existe un colectivo de 5 traballadores fixosdiscontinuos, sobre cuxas expectativas de fixeza e empregabilidade coinciden as partes, poñer todo o énfase nunha nova organización do traballo, que garante tódolos postos de traballo na actual situación, e por riba, inclúa, xa de xeito total e decisivo, o colectivo de fixo-discontinuo na empresa, pola posibilidade de transformación de contratos con carácter preferente e pola propia actividade, que se establecerá preferente sobre calquera contratación eventual, a través de calquera dos medios legalmente establecidos.

Este é, en definitiva, o razoamento do árbitro. En época de crise é máis difícil saber o que convén a traballadores e a empresa, pero si ámbalas dúas partes teñen un denominador común, a permanencia da actividade e o mantemento do emprego, aspecto este último no que se inclúen os 5 traballadores fixos-discontinuos, tanto polo seu réxime de incorporación progresiva na empresa coma pola súa incidencia en tódolos aspectos organizativos do traballo. Esta decisión solidaria, é a que cumpre, nun tempo de crise, neste Convenio Colectivo de transición.

PARTE DISPOSITIVA

En base a tódolos anteriores antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no artigo 20 e seguintes do Acordo Galego par a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:

1.

Avixencia do Convenio Colectivo establécese para o ano 2013.

2.

Ascondicións económicas do Convenio Colectivo non terán cambio, no ano 2013, en función da crise dos servizos portuarios.

3.

Conefectos inmediatos a empresa procederá a transformar en fixo ordinario ó traballador fixodiscontinuo con categoría de patrón D. José Manuel Bermúdez Monroy. O resto de traballadores fixos-discontinuos terán a máxima preferencia para a súa transformación como traballadores fixos ordinarios en calquera circunstancia.

4.

Establécese unha preferencia absoluta na empregabilidade dos catro restantes traballadores fixosdiscontinuos, cos que se observará unha preferencia absoluta na realización dos servizos. O funcionamento desta preferencia implica a prohibición de calquera contratación eventual ou a través de ETT, en tanto en canto non se garante a prestación de servizo dos traballadores fixos-discontinuos, ós que se lles recoñece o plus de dispoñibilidade, fixado no Convenio Colectivo. No caso excepcional de ter que ser contratado persoal eventual para cubrir algún tipo de incidencia, garantida a empregabilidade dos fixos-discontinuos, esta será xustificada ante a representación legal dos traballadores pola empresa, en cada caso concreto. Así mesmo poderán comunicar dita incidencia ó árbitro actuante.

Establecerase para o coñecemento dos traballadores, cunha antelación mínima de 7 días, o cadro de traballo con quendas, gardas e descansos.

5.

Aempresa poderá proceder a modificar os sistemas de quendas e gardas establecidos actualmente, co fin de garantir a organización e a viabilidade empresarial, e a ocupación dos traballadores fixos-discontinuos, tal como se establece no punto anterior e tendo en conta o xeito rotatorio para todo o persoal da empresa. Tal modificación, para a que se certifica o elemento causal organizativo neste laudo, consonte a notificación efectuada pola empresa no seu día, será tramitada segundo a normativa de aplicación.

O presente laudo poderá recorrerse ante a Xurisdición Social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, 27 de marzo de 2013.O árbitro, José Mª Casas de Ron.

Vigo, a 27 de maio de 2013.A Xefa Territorial, María Rita Peón Fernández.