C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Empresa de CASAS CUBE, S.L.U. (15100472012015) de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Junio de 2015 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código Nuevo: 15100472012015
  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 152 del 12/08/2015

    ...Convenio Colectivo de Empresa de CASAS CUBE, S.L.U. (15100472012015) de Coruña... ...grupos profesionales... ...A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña RESOLVE: 1.º.-Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Col... ...Comisión negociadora... ...Comisión Paritaria... ...Contrato de prácticas... ...Clasificación profesional... ...Grupo profesional... ...Grupo profesional...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo da empresa Casas Cube, S.L.U. 12/08/2015 Boletín Oficial de A Coruña 01/06/2015 Vigente Documento oficial en PDF
Resolucion de inscricion e publicacion do convenio colectivo da empresa Casas Cube, S.L.U. (Boletín Oficial de A Coruña núm. 152 de 12/08/2015)

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa CASAS CUBE, S.L. (código de convenio 15100472012015), que foi subscrito pola comisión negociadora na xuntanza do 08.06.2015, de conformidade co disposto no artigo 90 do Real decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo e na Orde de 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia

A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña

RESOLVE:

1.º.-Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.º.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 29 de xullo de 2015.

Xefa territorial

M.ª PILAR CARIDAD ALONSO

CONVENIO COLECTIVO DE CASAS CUBE, S.L. 2015-2017

Artículo preliminar.-Partes concertantes.

Este convenio está asinado pola comisión negociadora constituída polo administrador da Casas Cube, S.L., pola parte empresarial, e pola representación legal dos traballadores no seu delegado de persoal, na parte social.

Ambas partes recoñécense mútuamente a capacidade para negociar e asina-lo presente convenio colectivo, así como a súa lexitimación, a tenor do disposto no artigo 87.1 do Estatuto dos Traballadores.

CAPÍTULO I.-EXTENSIÓN E VIXENCIA

Artigo 1.º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación na empresa CASAS CUBE, S.L. e afectará a todo o persoal da empresa dos centros de traballo da provincia da Coruña que non quede excluído pola aplicación da lexislación vixente.

Artigo 2.º.-Ámbito temporal.

O convenio entrará en vigor o día 01 de xuño de 2015. Non obstante, producirá efectos económicos dende o día 1 de xaneiro de 2015, e a súa duración será ata o día 31 de decembro do ano 2017.

Artigo 3.º.-Revisión, rescisión ou prórroga.

Calquera das partes poderá formular denuncia propondo revisión ou rescisión cunha antelación dun mes, como mínimo, respecto á data de expiración do período de vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Non obstante o contido normativo e económico do convenio unha vez denunciado e finalizada a vixencia seguirá rexéndose por este texto ata que se firme un novo.

CAPÍTULO II.- EMPREGO E CONTRATACIÓN

Artigo 4.º.-Contratación temporal.

A) Contrato para a formación e a aprendizaxe.

Poderánse realizar contratos de formación para todas as profesións, conforme á lexislación xeral vixente en cada momento.

A retribución dos contratos formativos será a correspondente ó grupo IX, nivel 3, no ano da contratación en proporción ó tempo de traballo efectivo.

B) Contrato en prácticas.

A retribución dos traballadores con un contrato en prácticas será do 75% ou do 85% do salario asignado para o seu grupo profesional e nivel, durante o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato respectivamente.

C) Contrato eventual por circunstancias da producción.

Estes contratos poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun periodo de 18 meses.

CAPÍTULO III.-CLASIFICACIÓN PROFESIONAL

Artigo 5.º.-Clasificación profesional.

Os traballadores/as que presten os seus servizos na empresa serán clasificados tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grado de autonomía, responsabilidad e iniciativa, de acordo coas actividades profesionais que desenrolen e coas definicións que se especifican neste sistema de clasificación profesional.

A clasificación realizarase en grupos e niveis, dentro de cada grupo.

Os grupos profesionais correspóndese coa clasificación profesional do convenio de construción da provincia da Coruña.

Artigo 6.º.-Sistema de Clasificación.

Tódo-los traballadores/as afectados por este convenio serán adscritos a un determinado Grupo Profesional e a un Nivel; a conxunción de ambos establecerá a clasificación organizativa de cada traballador/a.

Así, establécense os seguintes grupos profesionais e niveis:

Grupo

Niveis

II

Titulado superior

1 ó 3

III

Titulados grado medio, xefe admtvo. 1.ª, xefe sección org. 1.ª

1 ó 3

IV

Xefe persoal, encargado xeral

1 ó 3

V

Xefe admtvo. 2.ª, delineante superior, encargado xeral obra, xefes de compras

1 ó 4

VI

Of. amdtvo. 1.ª, delineante 1.ª, xefe/enc. taller, técnico organización, encargado de obra

1 ó 4

VII

Delineante 2.ª, viaxante, especialista de oficio, capataz

1 ó 4

VIII

Of. admtvo. 2.ª, comercial, oficial 1.ª de oficio

1 ó 4

IX

Aux. admtvo, vendedor, dependiente, oficial 2.ª de oficio

1 ó 3

X

Almacenero, cobrador, especialista 1.ª, axudante de oficio

1 ó 2

XI

Especialista 2.ª, peón especial

1 ó 2

XII

Limpiador, peón ordinario

1

A adscrición ó grupo realizaráse por área operativa e o nivel asignaráse pola empresa tendo en conta as aptitudes profesionais dentro do grupo de clasificación, constituindo en todo caso como nivel de entrada na empresa o máis baixo do grupo profesional, nivel a partir do cal se realizará a movilidade funcional ascendente.

A adscripción a cada nivel dentro do grupo profesional será competencia da empresa, que terá en conta os seguintes factores: experiencia, grado de autonomía, responsabilidade, iniciativa e funcións que desenrola dentro do seu grupo profesional, entendéndose sempre como o nivel de oficial cualificado o nivel intermedio de cada grupo e procurando a movilidade ascendente.

Cando se acceda a un nivel determinado dentro de cada grupo profesional entenderáse que este se consolida ós 6 meses de traballo continuado percibindo as retribucións de ese nivel, non podendo operar a movilidade descendente a partir de ese periodo.

CAPÍTULO IV.-TEMPO DE TRABALLO

Artigo 7.º.-Xornada laboral.

A xornada anual será de 1.736 horas anuais.

Os traballadores afectados por este convenio terán unha xornada semanal máxima de 40 horas semanais durante a vixencia do convenio de luns a venres a razón de 8 horas diarias.

O exceso de xornada do cómputo anual acumularase en días completos e serán de libre disposición para os traballadores.

Artigo 8.º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuidas serán de 23 días laborais. O periodo de disfrute fixarase de común acordo entre empresa e traballadores/as.

Artigo 9.º.-Permisos e licencias.

Os permisos e Licencias retribuídas serán os establecidos no convenio colectivo provincial da construción da provincia da Coruña.

CAPÍTULO V.-RETRIBUCIÓNS

Artigo 10.º.-Retribucións e estrutura salarial.

Os salarios para o presente convenio son os establecidos nas táboas salariais que se reflicten no anexo I.

A estructura do salario comporase de:

- Salario base de grupo e nivel: retribución establecida por cada grupo profesional e nivel retributivo ó que este adscrito.

- Pagas extraordinarias: aboaranse dúas pagas extraordinarias de salario base ó ano, que se farán efectivas o 30 de xuño e o 30 de decembro. Por pacto entre empresa e traballador poderase prorratear o abono das dúas pagas en 12 mensualidades.

- Plus de asistencia: inclúe o concepto de plus de asistencia do convenio colectivo do sector da construción. Retribuiráse en 12 mensualidades.

- Plus de distancia e transporte: inclúe o concepto de plus de asistencia do convenio colectivo do sector da construción. Retribuiráse en 12 mensualidades.

Establécense os seguintes niveis salariais:

Grupo II.-Niveis 1 ó 3.

Grupo III.-Niveis 1 ó 3.

Grupo IV.-Niveis 1 ó 3.

Grupo V.-Niveis 1 ó 4.

Grupo VI.-Niveis 1 ó 4.

Grupo VII.-Niveis 1 ó 4.

Grupo VIII.-Niveis 1 ó 4.

Grupo IX.-Niveis 1 ó 3.

Grupo X.-Niveis 1 ó 2.

Grupo XI.-Niveis 1 ó 2.

Grupo XII.-Niveis 1.

O nivel de entrada será sempre no nivel 4 nos grupos V, VI, VII e VIII, e o nivel 3 nos grupos II, III, IV e IX. Nos grupos X e XI, o nivel de entrada será o 2.

O cambio de nivel 4 ó nivel 3 producirase automaticamente ó levar tres anos na empresa.

O cambio de nivel 3 ó 2 en todos os grupos producirase ós tres anos de consolidado o nivel 3.

O cambio de nivel 2 ó 1 en todos os grupos producirase ós cinco anos de consolidado o nivel 2.

CAPÍTULO VI.-DISPOSICIÓNS VARIAS

Artigo 11.º.-Traballos realizados en sábados, domingos e festivos.

Establécese o descanso compensatorio respetando a proporción segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 12.º.-Horas extraordinarias.

Establécese que a realización das horas extraordinarias compensaráse por descanso equivalente dentro dos dous meses seguintes á súa realización. Nas horas extras en domingos e festivos o recargo será do 1,15.

Artigo 13.º.-Réxime disciplinaria.

Acórdase aplicar, subsidiariamente, ó código de conducta establecido no convenio colectivo de construción da provincia da Coruña.

CAPÍTULO VII.-DA COMISIÓN PARITARIA

Artigo 14.º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio. As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión paritaria terán carácter vinculante.

A comisión comporase de dous vocais, un por cada parte, formado polo administrador da empresa e o delegado de persoal. Levantaranse actas dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinadas polas persoas que interveñan.

Poderán nomearse asesores por cada representación, aínda que estes non teñan dereito a voto.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de antemán de acordo sobre o lugar, día e hora da reunión.

A comisión paritaria resolverá tamén as discrepancias trala finalización do periodo de consultas en materia de inaplicación do convenio colectivo, para o que disporá do prazo establecido no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores. O procedemento a seguir para a efectiva resolución das discrepancias nesta materia será o establecido na disposición derradeira primeira de este convenio en canto á convocatoria das partes e o sometemento á mediación do AGA.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Estas condicións sustitúen as que anteriormente rexesen por disposición legal, mellora pactada ou unilateralmente concedida pola empresa, contrato individual ou calquera outra causa. Así mesmo, as condicións económicas aquí establecidas absorberán e compensarán globalmente as que puidesen establecerse durante a vixencia deste convenio por calquera disposición obrigatoria, sendo de aplicación subsidiaria, nas materias que non se pacten expresamente neste convenio, o convenio colectivo da construción da provincia da Coruña.

Segunda.-Cláusula de acollida ao AGA.

Ante a importancia que pode ter a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofisional Galego sobre procedimentos extraxudiciais de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CCOO e UXT, as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia do mesmo, acordan someter-se ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Coa finalidade de buscar unha avinza conciliatoria e como trámite previo á formalización, ante a autoridade laboral administrativa ou xudicial que corresponda, de calquera situación conflictiva, calquera que sexa a súa natureza (folga ou peche patronal), as partes firmantes, de acordo coa representación que ostentan, obríganse, no se propio nome e no dos seus representados a someter a tratamento conxunto da comisión paritaria calquera discrepancia que, afectando a máis de un traballador individual ou colectivamente considerado, derive ou esté relacionada coa interpretación ou aplicación do presente convenio.

Recibida a comunicación pola outra parte, a reunión conxunta da comisión paritaria celebraráse dentro dos dous días laborais seguintes. A data e hora será fixada conxuntamente por ambas partes, logo do cal, cada unha delas procederá a convoca-los seus miembros.

Os Acordos adoptaránse conxuntamente entre as dúas representacións, e serán efectivos desde a mesma data da reunión en que se adopten, levantándose Acta ó efecto, que será firmada polas dúas representacións. Caso de non chegarse a acordo, ambas partes, someteránse obrigatoriamente á mediación do AGA.

Ambas partes expresamente comprométense a non iniciar acción de peche patronal ou folga mentras dure o trámite regulado neste artigo.

ANEXO I.-TÁBOA SALARIAL ANUAL

Grupo

Nivel

Salario base

Pagas extraordinarias

Plus asistencia

Plus distancia

Total anual

II

Titulados superiores

Nivel 1

19.775,72

3.295,95

240,60

120,00

23.432,27

Nivel 2

18.039,33

3.006,56

240,60

120,00

21.406,49

Nivel 3

15.031,67

2.505,28

240,60

120,00

17.897,55

III

Titulados grado medio, xefes administrativos 1.ª, xefe organización 1.ª

Nivel 1

16.483,43

2.747,24

240,60

120,00

19.591,26

Nivel 2

15.031,67

2.505,28

240,60

120,00

17.897,55

Nivel 3

11.903,66

1.983,94

240,60

120,00

14.248,20

IV

Xefe de persoal, encargado xeral

Nivel 1

16.483,43

2.747,24

240,60

120,00

19.591,26

Nivel 2

15.031,67

2.505,28

240,60

120,00

17.897,55

Nivel 3

11.903,66

1.983,94

240,60

120,00

14.248,20

V

Xefe administrativo 2.ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de compras

Nivel 1

16.002,31

2.667,05

240,60

120,00

19.029,97

Nivel 2

14.519,47

2.419,91

240,60

120,00

17.299,98

Nivel 3

12.823,46

2.137,24

240,60

120,00

15.321,31

Nivel 4

10.982,10

1.830,35

240,60

120,00

13.173,05

VI

Oficial administrativo 1.ª, delineante 1.ª, xefe/encargado taller, técnico organización, encargado de obra

Nivel 1

16.002,31

2.667,05

240,60

120,00

19.029,97

Nivel 2

14.519,47

2.419,91

240,60

120,00

17.299,98

Nivel 3

12.823,46

2.137,24

240,60

120,00

15.321,31

Nivel 4

10.982,10

1.830,35

240,60

120,00

13.173,05

VII

Delineante 2.ª, viaxante, especialista de oficio, capataz

Nivel 1

14.519,47

2.419,91

240,60

120,00

17.299,98

Nivel 2

12.823,46

2.137,24

240,60

120,00

15.321,31

Nivel 3

11.452,55

1.908,76

240,60

120,00

13.721,91

Nivel 4

9.100,22

1.516,70

240,60

120,00

10.977,53

VIII

Of. administrativo 2.ª, comercial. oficial primeira de oficio

Nivel 1

12.823,46

2.137,24

240,60

120,00

15.321,31

Nivel 2

12.759,40

2.126,57

240,60

120,00

15.246,57

Nivel 3

12.357,15

2.059,52

240,60

120,00

14.777,27

Nivel 4

9.100,22

1.516,70

240,60

120,00

10.977,53

IX

Aux. admtvo. vendedor, dependiente, oficial 2.ª de oficio

Nivel 1

12.759,40

2.126,57

240,60

120,00

15.246,57

Nivel 2

12.357,15

2.059,52

240,60

120,00

14.777,27

Nivel 3

9.100,22

1.516,70

240,60

120,00

10.977,53

X

Almacenero, cobrador, especialista 1.ª, axudante de oficio

Nivel 1

10.982,10

1.830,35

240,60

120,00

13.173,05

Nivel 2

9.100,22

1.516,70

240,60

120,00

10.977,53

XI

Especialista 2.ª, peón especial

Nivel 1

10.982,10

1.830,35

240,60

120,00

13.173,05

Nivel 2

9.100,22

1.516,70

240,60

120,00

10.977,53

XII

Limpiador, peón ordinario

Nivel 1

8.645,21

1.440,87

240,60

120,00

10.446,68

2015/8227