Convenio Colectivo de Empresa de CEREOL IBERICA, S.A. de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
01/11/2003

-. Convenio Colectivo de Empresa de CEREOL IBERICA, S.A. de Coruña

Tiempo de lectura: 49 min

Tiempo de lectura: 49 min

Resolución do 18 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Cereol Ibérica, S. A. (Diario Oficial de Galicia num. 5500 de 18/03/1996)

eol Ibérica, S. A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12– 12– 1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo comité de empresa o día 27– 11– 1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.– Ordena– la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora. Segundo.– Ordena– lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) .

Terceiro.– Dispoñe– la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de decembro de 1995. Fernando Rodríguez Córcoba Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresaeol Ibérica, S. A.

(Centros de traballo do Burgo– Culleredo e Estación Marítima do Porto da Coruña)

Capítulo I Disposicións xerais

Artigo 1º.– Ámbito de aplicación. Territorial. As disposicións deste convenio colectivo serán de aplicación nos centros de traballo queeol Ibérica, S. A. ten no Burgo– Culleredo (A Coruña) e na Estación Marítima do Porto da Coruña.

Persoal. As normas do presente convenio serán de aplicación a todo o persoal deeol Ibérica, S. A., fixos e eventuais, calquera que sexa a súa modalidade de contratación, que presten os seus servicios nos centros de traballo determinados anteriormente e cunhas categorías que se relacionan no anexo I.

Os traballadores que, ben no momento do seu ingreso ou ben posteriormente, teñan establecidas mediante pacto condicións especiais, mesmo séndolles de aplicación as normas do presente convenio, non o serán as condicións retributivas previstas nel.

Temporal. O presente convenio terá unha duración de 1 ano e entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1995.

Entenderase prorrogado por anos sucesivos, agás que algunha das partes o denunciase cun aviso previo de dous meses como mínimo, anteriores á terminación do prazo de vixencia inicial, é dicir, 31 de decembro de 1995, ou o da prórroga se é o caso.

Artigo 2º.– Garantías persoais. Respectaranse as situacións persoais que, en concepto de percepcións de calquera clase, sexan no seu conxunto máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 3º.– Compensación e absorción. As melloras establecidas no presente convenio, sexan económicas ou doutra índole, serán absorbibles ou compensables coas melloras económicas ou doutra índole que se establezan por disposición legal, xurisprudencia, convenio ou de calquera ámbito, resolución de calquera clase, contrato persoal ou calquera outra causa, ben entendido que pode realizarse a dita compensación e absorción entre conceptos de distintas naturezas, operando elas cando o convenio aplicado no seu conxunto e cómputo anual sexa máis favorable para os traballadores que o fixado na orde normativa ou convencional de referencia.

Artigo 4º.– Vinculación e lexislación supletoria. As normas do presente convenio considéranse no seu conxunto máis beneficiosas cás contidas nas disposicións legais vixentes.

O presente convenio e os anexos que nel se indican forman un todo orgánico e indivisible, que, mentres se ache vixente, será aplicable e aplicado na súa totalidade, con exclusión doutros, calquera que fose o seu ámbito de aplicación.

No non previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto polas disposicións legais na materia.

De conformidade coa disposición transitoria segunda da Lei do Estatuto dos traballadores, acórdase deixar sen efecto a ordenanza laboral para as industrias do aceite e os seus derivados.

Artigo 5º.– Comisión paritaria de control e interpretación. Para a interpretación e aplicación do convenio constituirase unha comisión paritaria.

A dita comisión paritaria estará formada por tres representantes dos traballadores que formasen parte da comisión deliberadora e tres representantes da empresa. Así mesmo, nomearanse por cada parte tres suplentes.

En cumprimento da función de interpretación e aplicación do convenio, a comisión utilizará o teor literal do convenio e, se este non obtivese unha solución satisfactoria para ámbalas partes, utilizaranse os criterios legais e convencionais que, con carácter xeral, poidan resultar aplicables.

A competencia desta comisión esténdese a tódalas cuestións que, en relación coa aplicación deste convenio e durante a súa vixencia, poidan solicitarse e, singularmente, respecto a aquelas nas que o articulado lle fai unha remisión expresa.

En particular, será da súa competencia analizar aqueles casos concretos sobre os que se presente reclamación de traballos de distinta categoría que realice o persoal, accedendo para iso ó coñecemento dos partes de control do persoal nas plantas.

A comisión reunirase con carácter ordinario como máximo unha vez ó mes, a convocatoria de calquera das partes, cunha antelación mínima de 72 horas.

Con carácter extraordinario, reuniranse as veces que sexan necesarias para os temas que, pola súa urxencia, non poidan agardar á reunión ordinaria, mediante convocatoria de calquera das dúas partes, cunha antelación mínima de 48 horas, na que se fará consta– la proposta da orde do día.

Se nas cuestións da comisión paritaria non se obtivese un acordo sobre a cuestión suscitada, cada unha das partes poderá exerce– las accións que coide máis convenientes ó seu dereito.

Capítulo II Organización do traballo

Artigo 6º.– Organización do traballo. De acordo coas disposicións en vigor, a organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, que poderá adopta– los sistemas de racionalización, mecanización, organización e división daquel que mellor se acomode ó seu desenvolvemento industrial e comercial.

A mobilidade do persoal nos distintos postos de traballo na empresa terá como límite o disposto na lexislación vixente.

En todo caso, sen prexuízo do cumprimento da decisión empresarial de mobilidade, darase conta á comisión prevista no artigo 5º, para coñecemento dela e solución das posibles diverxencias que en tal caso se poidan formular.

Os cambios de sistemas, en ningún caso, terán carácter vexatorio para os seus productores.

Artigo 7º.– Asignación de tarefas. É facultade da dirección da empresa, de acordo coa lexislación vixente e as condicións acordadas no presente convenio, a distribución do persoal nos distintos postos de traballo e a asignación das tarefas correspondentes a eles, sen discriminación nin menoscabo da dignidade humana e profesional. Os traballadores deberán cumpri– las obrigacións concretas do seu posto, así con as ordes e instruccións dos seus superiores no exercicio regular das súas facultades directivas.

Artigo 8º.– Limpeza. Con independencia da categoría profesional, o persoal responsabilizarase da limpeza e a boa orde do posto de traballo e das máquinas, ferramentas, vehículos, mobiliario e toda clase de elementos de traballo que a empresa lle provexa para a execución del.

Artigo 9º.– Traballos de categoría superior. Cando un traballador realice traballos de categoría superior á que teña asignada, terá dereito ó salario real da dita categoría superior, mentres ocupe o dito posto.

Se ocupase un posto de categoría superior durante 6 meses nun ano ou 8 meses en dous anos, consolidará esta categoría superior.

Para os efectos deste artigo, a fracción de día considerarase como día completo de traballo en superior categoría, cando a dita fracción sexa igual ou superior á metade da xornada laboral.

Artigo 10º.– Traballos de categoría inferior. A dirección da empresa, por perentoria necesidade e facendo uso das facultades de organización práctica do traballo, poderá destinar ó persoal, comu nicándollo ó comité de empresa, a realizar traballos de inferior categoría sen merma ningunha da súa retribución.

O dito destino será en todo caso de carácter temporal, mentres dure a situación de perentoria necesidade.

Artigo 11º.– Polivalencia. Todo oficial de producción que, por requirimento da empresa, demostre realizar traballos de mantemento, terá a cualificación de polivalente.

Os oficiais polivalentes deberán estar en disposición de realizar traballos de mantemento cando sexa necesario.

O acceso a esta cualificación de polivalencia será voluntario.

No suposto de non presentarse voluntariamente suficiente número de oficiais, a empresa poderá designar, para cubri– las prazas vacantes, a aqueles oficiais que considere capacidatos.

O número total de polivalencias será de 16. Cando ademais de existir vacantes de polivalencia exista vacante de categoría de oficial na área de producción, poderá presentarse ás probas de acceso a polivalencia calquera persoal da empresa, independentemente da súa cualificación profesional ou área de traballo.

Neste suposto, a consecución da categoría de polivalente suporá a inmediata adscrición do traballador á área de producción en réxime de correquendas.

Capítulo III Réxime do persoal

Artigo 12º.– Contratación de traballadores.

1. Ingresos. A contratación do persoal efectuarase de acordo coas disposicións legais vixentes, en cada momento, na materia.

A empresa comunicaralles ós traballadores os postos de nova contratación, suxeitos a convenio, mediante nota que estará no taboleiro de anuncios con quince días previos á selección e contratación, detallando, ademais do posto que se vai cubrir, os requisitos esixidos para as probas de aptitude.

Antes de proceder á contratación exterior, serán esgotadas as posibilidades de cubri– las vacantes ou prazas de nova contratación, con persoal da empresa, con preferencia do fixo ó eventual. Neste procedemento, e en caso de igualdade no resultado das probas realizadas polo persoal fixo de cadro, terase en conta o seguinte criterio de preferencia para a súa ocupación:

a) O de máis categoría profesional.

b) O de máis antigüidade na categoría.

c) O de máis antigüidade no departamento.

d) O de máis antigüidade na empresa. De convocarse outra vacante ou praza de nova creación da mesma natureza nun prazo de tempo non superior a seis meses, a partir da data de convocatoria anterior, sen necesidade de novo exame, respectaranse as cualificacións obtidas con anterioridade.

Para o ingreso na empresa efectuaranse as correspondentes probas de aptitude, das que se dará coñecemento ó comité de empresa. As probas de aptitude serán como mínimo do mesmo nivel que as esixidas nas probas ó persoal de cadro.

Terá preferencia, en igualdade de condicións con outros solicitantes, os fillos dos traballadores que superasen as probas.

O comité poderá nomear ata tres dos seus membros para comproba– la correcta cualificación das probas.

Toda falsidade nos datos que se lles soliciten ós aspirantes producirá automaticamente a nulidade do contrato, que quedará resolto sen indemnización ningunha para o traballador que nela incorrese.

2. Recoñecemento médico. Previamente ó ingreso definitivo na empresa, todo traballador deberá someterse a un recoñecemento médico coas probas pertinentes, a superación das cales será condición indispensable para o ingreso.

3. Período de proba. En todo caso, os ingresos considéranse a título de proba e a súa duración será a seguinte:

–Persoal titulado: 6 meses. –Persoal técnico, non titulado: 3 meses. –Administración: 1 mes. –Operarios cualificados e persoal subalterno: 1 mes.

–Operarios non cualificados: 14 días. O período de proba concertarase por escrito. Superado o período de proba, computarase este para efectos de antigüidade.

Artigo 13º.– Clasificación do persoal.

a) Pola súa permanencia.

1. Fixos: son aqueles traballadores que realizan actividades que, pola súa natureza, teñen carácter normal e permanente na empresa.

2. De campaña: son os traballadores contratados para actividades de carácter esporádico e non regularmente fixo.

3. Interinos: son os que ingresan na empresa expresamente para cubri– la ausencia dun traballador en situación de excedencia, servicio militar, enfermidade ou situación análoga, que cesarán ó reincorporarse o titular, sen dereito a indemnización ningunha.

4. Duración determinada: son aqueles traballadores contratados en atención ás circunstancias pre vistas polo Goberno, para fomenta– lo emprego de certos grupos de traballadores. Os contratos de compañía, interinos e de duración determinada, serán sempre por escrito.

b) Funcional. O persoal deeol Ibérica S. A. clasificarase por razón das súas funcións, nos seguintes grupos:

1. Técnicos.

2. Persoal administrativo: oficial 1ª, oficial 2ª e auxiliar.

3. Persoal de laboratorio: axudante e auxiliar.

4. Persoal operario: oficial 1ª, oficial 2ª, oficial 3ª e axudante de fabricación.

5. Persoal subalterno: basculeiro, garda e limpadora. Artigo 14º.– Funcións do persoal operario. As funcións do persoal operario clasifícanse en:

a) Traballos de oficial: son aqueles, tanto de mantemento como de producción, que requiren para a súa execución coñecementos básicos e profesionais que garantan a súa correcta realización.

Substancialmente, enuméranse os seguintes: operacións de extracción, preparación, caldeiras, refinería, secadoiros, operario de máquina escavadora, carga de aceites, estación marítima, capataz de almacén de fariñas, conductores e traballos de mantemento que requiran coñecemento dun oficio, sen prexuízo daqueloutros que, pola súa analoxía, poidan considerarse de igual clasificación.

Estas funcións serán realizadas por traballadores coa categoría de oficial 1ª, oficial 2ª e oficial 3ª.

b) Traballos de axudante: son traballos de axudante aqueles que, para a súa realización, o persoal operario non precisa coñecementos específicos, ou que se realizan baixo a supervisión directa de persoal cualificado de superior categoría.

Os traballos de axudante serán realizados por operarios coa categoría de axudante de fabricación.

Todo iso sen prexuízo do establecido nos artigos que regulan traballos de superior e inferior categoría.

Artigo 15º.– Ascensos. Sen menoscabo do establecido no artigo anterior, os ascenso do persoal axustaranse ás normas seguintes:

Grupo de técnicos: os ascensos faranse por libre designación da empresa.

Grupo de administrativos, operarios e subalternos: os ascensos serán por valoración de méritos e probas de aptitude, que estudiará unha comisión integrada por técnicos da empresa, dando conta ó comité.

O comité de empresa poderá designar tres dos seus membros para que comproben a correcta cualificación das ditas probas de aptitude e respecto ás normas xerais recollidas neste convenio.

En igualdade de condicións terase en conta a antigüidade.

En todo caso, os ascensos considéranse feitos a título de proba. A duración do período de proba será:

–Persoal titulado: 3 meses. –Persoal técnico, non titulado: 45 días. –Administrativos: 1 mes. –Operarios cualificados e persoal subalterno: 1 mes.

–Operarios non cualificados: 15 días. Non superado o período de proba, o traballador pasará a ocupa– lo seu anterior posto de traballo.

Artigo 16º.– Cesamento voluntario. O traballador poderá cesar voluntariamente na empresa, comunicando a súa baixa por escrito á súa oficina de persoal. A baixa deberá ser comunicada cun mes de antelación polo persoal titulado e técnico e con quince días o resto do persoal.

A falta de aviso dará dereito á empresa a descontar da liquidación o importe do salario de medio día por cada un de atraso.

O cesamento voluntario non dará dereito a indemnización ningunha.

Artigo 17º.– Excedencia. Sen prexuízo do establecido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores, estipúlase o seguinte:

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e antigüidade, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

A excedencia voluntaria: o traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco.

Este dereito só poderá ser exercido polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se producise na empresa.

Son causas para solicita– la excedencia voluntaria as seguintes:

–Asuntos familiares no estranxeiro. –Ampliación de estudios. –Matrimonio.

–Nacemento de fillos. –Traslado do cónxuxe por razóns de traballo a máis de 100 km de distancia.

–Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais ó seu cargo.

Excepcionalmente, só neste último caso, o reingreso será automático.

As excedencias, calquera que sexa a súa modalidade, enténdense concedidas sempre sen dereito a retribución e non poderán utilizarse para prestar servicios noutra empresa.

A solicitude deberá efectuarse cun mes de antelación á data en que vaia iniciarse o seu desfrute, ante a dirección da empresa.

Así mesmo, o tempo de duración da excedencia non será computable para ningún efecto, salvo a forzosa.

Non poderá exercerse o dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria cando o número de persoas en situación de excedencia voluntaria alcanzase o cinco por cento do cadro de persoal.

Servicio militar: nos supostos de suspensión do contrato por prestación do servicio militar ou substitutivo, o traballador deberá reincorporarse no prazo máximo de 30 días naturais a partir da cesación no servicio.

Durante o tempo de permanencia no servicio militar, o traballador terá dereito a percibi– las gratificacións extraordinarias de Nadal, xullo e beneficios, na proporción que corresponda.

Capítulo IV Xornada, vacacións, permisos e licencias non retribuídas Artigo 18º.– Xornada laboral. A xornada de traballo para o ano 1995 establécese da forma seguinte:

Unicamente para o persoal de correquendas queda establecida a xornada laboral en 1.776 horas de traballo efectivo en cómputo anual.

Para o resto do persoal queda establecida a xornada laboral de 1.786 horas de traballo efectivo e en cómputo anual.

Para os que traballan en réxime de quendas ininterrompidas, os descansos computaranse basicamente en períodos de catro semanas.

Artigo 19º.– Horario. Anualmente, o horario será establecido pola dirección, logo de coñecemento do comité de empresa, seguindo as canles previstas na lexislación vixente, para cada réxime de traballo existente na empresa.

Por razóns de perentoria necesidade ou de organización do traballo, a dirección da empresa poderá modificar temporalmente o sistema de horario para calquera posto de traballo, mentres existan tales razóns.

Para o persoal administrativo establécese, durante o período estival e durante 13 semanas, a xornada intensiva, sempre e cando se respecte o cómputo anual de 1.786 horas de traballo efectivo. En todo caso, será imprescindible a existencia dunha quenda rotativa de gardas, dunha persoa, co fin de garanti– los servicios mínimos.

O persoal deberá atoparse no seu posto de traballo á hora sinalada para o efecto. No caso de traballo a quendas, o traballador da quenda saínte non poderá abandona– lo seu posto de traballo ata que sexa relevado pola quenda seguinte, e absterase de cambiarse de roupa ou efectuar outros preparativos para a saída antes do dito relevo.

O atraso con independencia das sancións a que poida dar lugar, se non é xustificado, implicará a perda da remuneración correspondente ó tempo non traballado, completando fraccións de quince minutos.

Así mesmo, ó traballador que cubra o tempo de atraso do relevo, aboaráselle o dito tempo en fraccións de quince minutos.

A falta de asistencia ó traballo avisarase á empresa coa máxima urxencia posible, e sempre dentro da primeira xornada laboral en que se falte, salvo en casos debidamente xustificados.

Entre xornada e xornada, deberán transcorrer, como mínimo, doce horas de descanso.

Artigo 20º.– Festas laborais. Respectaranse as festas nacionais e locais establecidas no calendario oficial.

O desfrute das ditas festas realizarase da seguinte forma:

a) Persoal de réxime de traballo de xornada partida ou continuada, agás correquendas, no propio festivo.

b) Persoal en réxime de traballo de correquendas, segundo establecen os cadros de correquendas.

En todo caso, e coas salvidades que máis adiante se expoñen, respectaranse para todo o persoal os seguintes festivos: Nadal, Aninovo, 1º de Maio, 25 de Xullo.

Os días 24 e 31 de decembro, o descanso comezará ás 6 horas e terminará, respectivamente, ás 6 horas dos días 26 de decembro e 2 de xaneiro, ben entendido que os postos de carga e báscula deberán quedar cubertos no caso de que exista tal necesidade de carga, e desenvolverase este traballo como máximo ata as 14 horas.

Así mesmo, deberá estar cuberto o posto de caldeiras por un oficial de quenda polo tempo necesario que garanta o mantemento da presión nelas.

Para o persoal que atenda os ditos servicios, compensaranlle as horas realizadas por descansos ou horas extra, a elección do interesado. O aboamento

mínimo para o posto de caldeiras é de catro horas, con independencia do tempo que investise no dito servicio.

En ámbolos casos, a empresa arbitrará ou aboará o medio de transporte.

Así mesmo, a empresa arbitrará un sistema que cubra a vixilancia de fábrica nesas datas.

Artigo 21º.– Horas extraordinarias. Ante a grave situación de paro existente, e con obxecto de favorece– la creación de emprego, ámbalas partes acordan a conveniencia de non realizar máis horas extraordinarias que aquelas de carácter estructural ou as que veñan esixidas pola necesidade de previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes.

Quedan unificados os valores das diferentes clases de horas extraordinarias, e fíxase un só valor para elas, que será o resultante do da hora normal de traballo incrementado no setenta e cinco por cento, coa excepción dos oficiais polivalentes cun valor hora extra que se incrementará no da P. proporcional que corresponda na aplicación do plus de polivalencia. Non obstante, e excepcionalmente para o ano 1995, aplicaranse os valores das distintas táboas que rexían ata a data incrementados na porcentaxe de revisión salarial acordada nesta negociación.

O valor bruto de cada hora extraordinaria será o que figura nos cadros que, como anexos III e IV, se xuntan, formando parte integrante do presente convenio.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais as realizadas polas seguintes causas:

a) Previr ou reparar sinistros.

b) Previr ou reparar danos extraordinarios e urxentes.

c) Risco de perda ou deterioración de materias primas ou productos.

d) Períodos punta de actividade.

e) Ausencias imprevistas.

f) Substitución de membros do comité.

g) Cambio de quendas.

h) Mantemento do proceso productivo. En todo caso, e sen prexuízo do establecemento dun sistema específico para cada sección da empresa, toda realización de horas extraordinarias deberá estar autorizada polo xefe competente, o cal fará consta– la súa autorización expresa na tarxeta de control de horario do traballador.

Artigo 22º.– Vacacións.

1. Duración. Sen distinción de categoría, todo o persoal terá dereito a desfrutar anualmente dun período de trinta días naturais de vacacións pagas pola empresa.

O persoal fixo que leve menos dun ano de servicio desfrutará da parte proporcional ó tempo transcorrido entre o seu ingreso e o 31 de decembro .

Os traballadores que cesen no transcurso do ano sen desfrutaren das vacacións corresponderalles por este concepto a parte propocional ó tempo transcorrido desde o 1 de xaneiro ata a data do seu cesamento. No suposto de que xa as desfrutasen e o fixesen por un tempo superior ó que lles corresponde, o exceso seralles deducido do importe da súa liquidación.

2. Distribución. As vacacións deberán ser tomadas sempre por días completos.

O cadro de vacacións exporase dentro do último mes do ano anterior, que poderá ser modificado por razóns técnicas, comerciais ou de calquera outra índole, logo de consulta ó comité de empresa.

Arbitrarase un sistema de rotación do persoal na preferencia do desfrute das vacacións no período estival.

3. Vacacións fóra do período estival. Os traballadores que desfruten vacacións fóra do período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, serán gratificados coa cantidade de 49.808 pesetas.

Cando o período de vacacións coincida parcialmente co sinalado no parágrafo precedente, terase dereito á parte proporcional da gratificación.

4. Interrupción do período de vacacións por incapacidade laboral transitoria.

Considerarase interrupción de vacacións en situación de incapacidade laboral transitoria o período de tempo igual ó transcorrido entre a baixa e a alta de hospitalización. O traballador deberá achega– los oportunos xustificantes de baixa, e sempre que se poida produci– la compensación do desfrute no mesmo ano natural no que se produza a baixa, para iso será avalidada a hostipalización polo servicio médico da empresa.

Artigo 23º.– Permisos. O traballador, avisado coa posible antelación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, unicamente por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expoñen:

a) Por matrimonio, vinte días naturais.

b) Durante dous días, que poderán ampliarse pola dirección en casos de enfermidade grave ou falecemento de cónxuxe, fillos, pais dun e/ou outro cónxuxe, irmáns, netos, avós, tíos e ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando o traballador precise realizar un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Durante tres días en caso de parto de esposa.

d) Durante dous días en caso de traslado do seu domicilio habitual.

e) En caso de bautizo, primeira comuñón e matrimonio de fillos do traballador, matrimonio de irmáns ou netos, un día natural que coincidirá co da cerimonia, polo que non procederá se esta ten lugar en festivo ou xornada de descanso.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

A comunicación para o desfrute destes permisos realizarase por escrito, coa maior antelación posible, ós superiores xerárquicos, que o remitirán ó departamento de persoal.

Artigo 24º.– Licencias non retribuídas. Logo de solicitude ó xefe inmediato, o persoal poderá desfruta– las licencias non retribuídas, para asuntos propios e sempre que as necesidades do servicio o permitan; para este efecto, terase en conta o seguinte:

1. Deberá ser solicitado por escrito, no posible con cinco días de antelación.

2. Concederase ou denegarase a licencia dentro dos dous días seguintes á presentación da solicitude.

3. A licencia poderá ser anulada, en calquera momento, por causas de forza maior ou circunstancias extraordinarias que fixesen necesaria a asistencia de peticionario ó traballo.

Capítulo V Condicións económicas Artigo 25º.– Mellora económica. Cláusula de revisión. A mellora económica acordada para o ano 1995 é dun 3,95 por 100 (tres noventa e cinco por cento) , aplicable de forma porcentual sobre tódolos conceptos salariais en vigor o 31 de decembro de 1994, salvo aqueles que, na súa propia definición, posúan valores específicos.

Establécese unha revisión a partir do 5 por 100 (cinco por cento) que será aboada da seguinte forma:

–Coñecido o IPC que se poida rexistrar o 31 de decembro de 1995, establecerase a diferencia no exceso, se se produce sobre o mencionado 5 por 100 (cinco por cento) considerando tal revisión no que puidese resultar excedido este tanto por cento, establecéndose un tope máximo do 0,5 por 100 (cero cincuenta por cento de incremento) .

–Ela será aplicable con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1995.

–As diferencias que poden producirse serán aboadas dunha soa vez, dentro do primeiro trimestre de 1996.

A base salarial para o cálculo de incrementos para o ano 1996, estará constituída pola base salarial o 31 de decembro de 1995 mailo exceso, se se produce o incremento do IPC en 1995, sobre o 5 por 100 (cinco por cento) establecido para a revisión, co tope máximo do 0,5 por 100 (cero cincuenta por cento) .

Artigo 26º.– Conceptos retributivos. Os conceptos retributivos que compoñen a renda de traballo dos traballadores afectados polo presente convenio, clasificaranse segundo as denominacións que seguidamente se detallan:

a) Salario real. Para tódolos efectos previsto no presente convenio, o salario real estará composto pola suma dos seguintes conceptos salariais:

1. Soldo base: para tódalas categorías, será o indicado na táboa de valores reflectida no anexo I deste convenio que, como parte integrante del, se xunta.

2. Complementos salariais: 2.1. Persoais: 2.1.1. Antigüidade. Acórdase unha valoración para os aumentos periódicos polos anos de servicio, sen distinción de categoría, segundo táboa de valorres reflectida no anexo II.

Para a concesión do complemento de antigüidade, computarase como data inicial a do ingreso na empresa.

No caso de que o traballador cese na empresa por sanción ou por vontade propia, sen solicita– la excedencia voluntaria, se posteriormente reingresa na empresa, o cómputo de antigüidade efectuarase a partir do seu novo ingreso.

O importe de cada bienio ou quinquenio comezará a devengarse desde o día 1 do mes seguinte ó seu cumprimento.

2.1.2. Plus de convenio. Establécese este plus para cada categoría profesional, nas cantidades especificadas na táboa salarial, anexo I deste convenio.

2.2. De posto de traballo: (Segundo táboa de valores reflectida no anexo II) . 2.2.1. Plus de nocturnidade, mantemento e bocadillo. Establécese este plus para o persoal de fábrica que traballe a quendas, así como para o persoal de mantemento, exceptuándose o basculeiro e o garda.

Este plus vén supli– lo tempo de descanso para o bocadillo, establecido no artigo 1 da Lei 4/1983, do 29 de xuño, que fixa a xornada máxima legal.

Queda fixado o seu valor, para tódalas categorías, en 21.261 pesetas.

2.2.2. Plus de perigosidade. A súa contía será de 8.311 pesetas, para todo o persoal con dereito a el.

2.2.3. Plus de correquendas. Este plus concédeselles ós postos de traballo continuo, cuns descansos que están computados mensualmente, como se prevé no artigo 17 deste convenio.

Este plus está valorado en 24.701 pesetas mensuais. 2.2.4. Plus de compensación especial. Este plus concédeselle ó persoal de traballo en plantas a quendas, con descanso en días sábados, domingos e festivos, e non será compatible co plus de correquendas, nin devengado por persoal que ingresase na empresa con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1985.

Este plus está valorado en 11.207 pesetas mensuais. 2.2.5. Plus especial de mantemento. Este plus concédeselle ó persoal da área de mantemento pola realización de traballos e coordinación das persoas doutras compañías de servicios que a empresa contrate para a realización de reparacións determinadas.

Este plus está valorado en 6.212 pesetas mensuais. 2.2.6. Plus de polivalencia. A súa contía será de 12.423 pesetas, para o persoal especificado no artigo 11º do presente convenio.

2.2.7. Plus de retén. A súa contía será de 12.423 pestas, e créase para os operarios de mantemento eléctrico, Emilio Cao López e Antonio López Membila, substituíndo o plus de polivalencia que ambos tiñan como valores provenientes de sistema de correquendas. Este plus de retén deixarase de percibir no caso de que ámbolos traballadores se integren de novo en sistema de correquendas, substituíndose nese caso polo plus de polivalencia.

O plus de retén obrigará a ámbolos traballadores a estaren localizables nas fins de semana e festivos para atende– las necesidades que puidesen producirse, con independencia do aboamento de horas extras.

2.2.8. Plus de equivalencia. A súa contía será de 24.701 pesetas, e créase para os operarios de mantemento eléctrico, Emilio Cao López e Antonio López Membila, con obxecto de non merma– la retribución que percibían en concepto de plus de correquendas, como provenientes do dito sistema de traballo. Este plus de equivalencia deixarase de percibir no caso de que os operarios citados volvan a integrarse en sistema de correquendas, substituíndose nese caso polo plus de correquendas inherente ó dito sistema.

3. Participación en beneficios: A paga de beneficios aboarase mensualmente na nómina e o seu importe, sen distinción de categorías, será o especificado na táboa salarial que figura no anexo II do presente convenio.

b) Pagas extraordinarias. As gratificacións extraordinarias serán dúas e consistirán, cada unha delas, en trinta días de salario real.

O devengo das pagas extaordinarias será por sextas partes; o período de devengo da paga de verán do 1 de xaneiro ó 30 de xuño e o da deNadal do 1 de xullo ó 31 de decembro.

Aboaranse, a primeira entre o 15 e o 18 de xullo , e a segunda entre o 20 e o 22 de decembro .

Capítulo VI Melloras sociais

Artigo 27º.– Premio extraordinario por anos de permanencia na empresa.

Premiaráselle a permanencia na empresa ó persoal que, ó xubilarse, cumpra:

–20 anos de servicio: unha mensualidade. –30 anos de servicio: dúas mensualidades. Igualmente, aqueles traballadores que causen baixa na empresa, por motivos diversos, salvo por despedimento procedente, terán dereito ós mencionados premios se cumpriron os anos de servicio determinados anteriormente.

A aqueles traballadores que cumpran 25 anos de servicio, premiaráselle– la súa permanencia na empresa cunha mensualidade.

Artigo 28º.– Compensación por matrimonio e nacemento de fillos.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá unha gratificación, de pagamento único, consistente en:

–Por nacemento de fillo: 32.713 pesetas. –Por matrimonio: 65.425 pesetas. Artigo 29º.– Bolsa de Nadal. Tódolos traballadores do cadro de persoal recibirán entre os días 15 e 22 de decembro unha bolsa de Nadal.

Para a elección da composición da bolsa, será consultado o comité de empresa.

Igualmente, incluiranse tódolos traballadores que causen baixa na empresa por incapacidade permanente, en calquera dos seus graos, ata o momento en que cumpran a idade que lles permita opta– la situación de xubilación.

Artigo 30º.– Seguro de vida. A empresa subscribe unha póliza de seguro a favor de tódolos seus traballadores, que garante un capital de tres millóns de pesetas, por morte ou invalidez total, absoluta, permamente e gran invalidez, xa sexa como consecuencia de enfermidade común ou accidente.

Este capital poderá ser incrementado polo traballador que o desexe, pagando coa súa aportación persoal o exceso de prima correspondente.

Artigo 31º.– Percepcións en caso de incapacidade laboral transitoria.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio que se encontren en situación de baixa por accidente laboral percibirán, con cargo á empresa, a compensación económica necesaria co fin de percibi– lo cen por cento do seu salario real, sempre que o médico da empresa corrobore a baixa, para o cal poderá

efectua– las visitas domiciliarias que coide oportunas. Nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social co fin de garanti– las percepcións mínimas seguintes:

–3 primeiros días: ata o 75 por 100. –17 seguintes días: ata o 90 por 100. O resto do tempo complementarase o salario ó 100 por 100 ata a situación de invalidez permanente.

Artigo 32º.– Traballadores con capacidade diminuída. Naqueles supostos en que houbese necesidade de efectuar mobilidade de persoal como consecuencia de diminución da capacidade física dalgún traballador, ben sexa como consecuencia de enfermidade común, desgaste físico derivado dunha dilatada vida laboral ou non laboral, a empresa procurará acopla– lo dito persoal, na medida do posible, en traballos adecuados ás súas condicións físicas.

Artigo 33º.– Xubilación anticipada. De forma individual poderá pactarse, entre a empresa e o traballador interesado, a xubilación anticipada, coas indemnizacións e prestacións que se consideren en cada caso.

Non obstante, haberá que aterse ás disposicións vixentes na materia, en cada momento.

Artigo 34º.– Fondo social. O quedar suprimido o fondo social, o saldo existente nesta data será administrado polo comité de empresa, con expresa aprobación da dirección.

Capítulo VII Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 35º.– Comité de seguridade e hixiene no traballo.

Funcionará na empresa un comité de seguridade e hixiene no traballo, cunha misión e funcionamento que se rexerá de acordo coa lexislación vixente.

Procurarase que todo o persoal de planta asista ós cursos de seguridade, polo menos unha vez ó ano.

Artigo 36º.– Roupa de traballo e pezas de roupa de seguridade.

1. Roupa de traballo. A empresa facilitaralles a tódolos traballadores de planta, dous conxuntos de chaqueta e pantalón e dúas toallas ó ano.

O persoal de laboratorio facilitaráselle roupa e calzado adecuado e, como mínimo, dúas batas e un par de zocos ó ano.

A empresa substituirá a roupa de traballo entregada cando polo uso sexa necesaria a súa reposición. Esíxese a entrega da roupa usada á entrega da nova.

2. Pezas de roupa de seguridade e hixiene laboral. A empresa facilitaralles a tódolos traballadores de planta, unha peza de roupa de abrigo e un par de botas de seguridade, cada dous anos.

Así mesmo, darase unha funda antiácido a todo o persoal que manipule ácidos.

Para os postos que o requiran, facilitarase un par de botas de goma, e para todo o persoal que traballe no exterior, un traxe de augas.

Con independencia do anterior, a empresa subministraralles ós traballadores tódalas pezas de roupa que, por seguridade, sexan necesarias para o desempeño das súas funcións.

Capítulo VIII Faltas e sancións

Artigo 37º.– Normas xerais.

1. Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establezan nas disposicións legais ou no presente convenio.

2. A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a xurisdicción competente. A sanción das faltas graves e moi graves requirirá comunicación escrita ó traballador, facendo consta– la data e os feitos que a motiva.

A imposición de sancións por falta grave e moi grave será comunicada ó comité de empresa.

3. As faltas cometidas polo persoal clasifícanse segundo a súa importancia, trascendencia ou intencionalidade en: leves, graves e moi graves.

A enumeración das faltas que se conteñen nos artigos seguintes non é limitativa, senón simplemente enunciativa, e por iso terán a mesma clasificación que aqueles feitos análogos que poidan cometerse, aínda que non estean expresamente recollidos nos mencionados artigos.

Artigo 38º.– Faltas leves. Considéranse faltas leves:

1. A falta de puntualidade na entrada ó traballo ou saír antes do seu termo, cometida dunha a cinco veces durante o prazo dun mes, sen o debido permiso ou xustificación.

2. Non cursa– lo aviso correspondente en casos de falta de traballo, por motivo xustificado, salvo imposibilidade forzosa.

3. Cambiarse de roupa ou en xeral disporse para a saída antes da hora de finalización da xornada ou de realizarse o relevo.

4. Pequenos descoidos na conservación das naves, máquinas, ferramentas ou na súa limpeza.

5. Non avisar ó xefe inmediato dos defectos do material ou da necesidade deste para segui– lo traballo en perfectas condicións.

Artigo 39º.– Faltas graves. Considéranse faltas graves:

1. Máis de cinco faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometida durante un mes.

2. Faltar dous días ó traballo, sen xustificar, sexan ou non consecutivos, durante un período de trinta días.

3. A simulación de enfermidade ou accidente, así como simula– la presencia doutro traballador asinando ou fichando por el, ou encargar a outro que realice as ditas operacións.

4. Introducir nos lugares de traballo bebidas alcohólicas para o seu consumo aínda que este non chegue a producirse.

5. Causar desperfectos de consideración e intencionadamente nas máquinas, mobiliario ou demais bens da empresa.

6. A reincidencia en falta leve, aínda que sexa de distinta natureza, cometida dentro dun trimestre e mediando sanción.

Artigo 40º.– Faltas moi graves. Considéranse faltas moi graves:

1. Máis de 10 faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de 6 meses ou máis de 20 durante un ano, calquera que fose a contía dos atrasos.

2. O abandono do traballo en postos de responsabilidade, entendéndose por tal o abandono do posto durante a xornada, cando se ocupa posto de mando ou se é responsable dun servicio de importancia para a empresa.

3. O abandono do posto de traballo, ou falta de asistencia, calquera que sexa este, sen causa xustificada, se como consecuencia diso se orixina grave prexuízo a un compañeiro ou á empresa.

4. A embriaguez ou o consumo de drogas cando se está de servicio.

5. Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar desperfectos a primeiras materias, máquinas, aparellos, ferramentas, instalacións, edificios, documentos, etc., da empresa.

6. O falseamento ou secuestro de documentos, así como a violación do secreto de correspondencia ou documentos reservados á empresa. Se é a persoas alleas á empresa, a sanción será sempre de despedimento.

7. O abandono ou neglixencia na vixilancia nocturna ou o permiti– la entrada nos locais da empresa durante a noite a persoas non autorizadas.

8. O abuso de autoridade.

9. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza. Haberá reincidencia cando se sancionase xa por unha falta grave, no período dos 6 meses anteriores.

10. O incumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo que entrañe perigo grave.

11. Tolerarlles ós subordinados que traballen quebrantando as normas de seguridade e hixiene.

12. Durmir nas horas de traballo. Artigo 41º.– Sancións. As sancións que se poden aplicar serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

1. Amoestación privada, verbal ou escrita.

2. Suspensión de emprego e soldo dun día.

b) Por faltas graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de 1 a 6días.

c) Por faltas moi graves:

1. Suspensión de emprego e soldo de 7 a 30días.

2. Inhabilitación por un período non superior a dous anos para ascender de categoría.

3. Despedimento con perda de tódolos seus dereitos na empresa.

Capítulo IX Órgano de representación dos traballadores

Artigo 42º.– Comité de empresa. Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécese ó comité de empresa, as seguintes funcións:

Ser informado pola dirección da empresa dos seguintes extremos:

Trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

Coñece– lo balance, a conta de resultados, a memoria e demais documentos que se dan a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións que a estes.

Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións do cadro de persoal, cerres totais ou parciais, definitivos ou temporais, e as reduccións de xornada, sobre o traspaso total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

Do reingreso na empresa do persoal que se atopaba en excelencia.

En función da materia de que se trate: sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempo, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

Sobre a fusión, absorción, modificación de status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte ó volume de emprego.

A dirección facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contratos de traballo que habitualmente utilice, e está lexitimado o comité para efectua– las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidade profesional e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e ascensos.

Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións ou usos da empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

Participar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

Colaborar coa dirección da empresa para consegui– lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais, en todo o relativo ó ámbito da súa compentencia.

Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós apartados anteriores, mesmo despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

O comité velará non só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra normativa vixente ou pactada, senón tamén polo principios da non discriminación, igualdade de sexo ou fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 43º.– Garantías sindicais. Ningún membro do comité de empresa poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión e sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio, no que se serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica, ou profesional, por causa ou razón do desempeño da súa representación.

Poderán exerce– la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, e poderán publicar ou distribuír, sen perturba– lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para o efecto.

Disporán de crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina.

Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas, o exceso que sobre el se produza con motivo da designación de membros do comité como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados, e polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referida.

Sen supera– lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité, co fin de preve– la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Expresamente acórdase a distribución de horas, dos distintos membros do comité seguinte:

a) Para un máximo de 2 ou 3 membros do comité de empresa fíxase unha dispoñibilidade máxima para cada un deles de 16 horas á semana, 40 horas ó mes e 300 horas ó ano.

b) O resto das horas do comité de empresa, a dividir entre os restantes membros, fixarase para cada un o seu número de horas.

Na realización efectiva desta dispoñibilidade por parte dos membros do comité de empresa que traballan a quendas ininterrompidas, será necesario un prazo de aviso de 24 horas de antelación.

En calquera caso, esta dispoñibilidade no exercicio da súa representación terá que ser compatible coas súas obrigacións no traballo, da que terá ademais que presentar xustificación suficiente.

Artigo 44º.– Cota sindical. A empresa descontará da nómina dos traballadorers o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitiralle á empresa un escrito no que exprese con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla de aforros á que deba ser transferido o importe da cota deducida.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL/ANO 1995 Salario base Plus convenio Total Mensual Anual Mensual Anual anual

Xefe de quenda e contramestre mantemento... 64.518 903.252 94.435 1.322.090 2.225.342 Oficial 1ª administrativo ............................... 64.518 903.252 112.368 1.573.152 2.476.404 Oficial 2ª administrativo ............................... 64.518 903.252 100.942 1.413.188 2.316.440 Auxiliar administrativo.................................. 64.518 903.252 92.567 1.295.938 2.199.190 Axudante de laboratorio ................................ 64.518 903.252 94.590 1.324.260 2.227.512 Auxiliar de laboratorio .................................. 64.518 903.252 77.321 1.082.494 1.985.746 Médico .......................................................... 16.130 225.820 111.152 1.556.128 1.781.948 ATS............................................................... 32.259 451.626 49.262 689.668 1.141.294 Basculeiro ..................................................... 64.518 903.252 77.889 1.090.446 1.993.698 Garda ............................................................ 64.518 903.252 67.798 949.172 1.852.424 Subalterno– limpador ..................................... 64.518 903.252 49.530 693.420 1.596.672 Oficial 1ª producción/mantemento ................ 64.518 903.252 56.847 795.858 1.699.110 Oficial 2ª producción/mantemento ................ 64.518 903.252 51.134 715.876 1.619.128 Oficial 3ª producción/mantemento ................ 64.518 903.252 45.418 635.852 1.539.104 Axudante de fabricación................................ 64.518 903.252 39.706 555.884 1.459.136

ANEXO II

TÁBOA DE COMPLEMENTOS ANUAIS– 1995 Mensual Anual Antigüidade 1 bienio..................................... 3.137 43.918 2 bienios ................................... 6.275 87.850

Mensual Anual 2 bienios e 1 quinquenio........... 12.547 175.658 2 bienios e 2 quinquenios ......... 18.821 263.494 2 bienios e 3 quiquenios ........... 25.096 351.344

Beneficios Sen antigüidade ........................ 6.275 87.850 1 bienio..................................... 6.560 91.840

Mensual Anual 2 bienios ................................... 6.848 95.872 2 bienios e 1 quinquenio........... 7.415 103.810 2 bienios e 2 quinquenios ......... 7.984 111.776 2 bienios e 3 quinquenios ......... 8.553 119.742

Perigosidade ............................. 8.311 116.354 Turnicidade, mantemento e bocadillo ................................... 21.261 297.654 Correquendas............................ 24.701 345.814 Plus compensación especial persoal 3 quendas ..................... 11.207 156.898 Plus especial mantemento ......... 6.212 86.968 Polivalencia .............................. 12.423 173.922 Plus de retén ............................. 12.423 173.922 Plus equivalencia...................... 24.701 345.814

ANEXO III

HORAS EXTRAORDINARIAS (VALORES ANO 1995) Sen antigüidade Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.028 3.634 3.786 Contramestre de mantemento 2.758 3.309 Oficial 1ª en correquendas 2.508 3.009 3.135 Oficial 2ª en correquendas 2.430 2.916 3.037 Oficial 3ª en correquendas 2.349 2.819 2.938 Axudante en correquendas 2.271 2.726 2.839 Oficial 1ª en 3 quendas 2.309 2.770 2.886 Oficial 2ª en 3 quendas 2.231 2.677 2.787 Oficial 3ª en 3 quendas 2.152 2.582 2.689 Axudante en 3 quendas 2.073 2.486 2.590 Oficial 1ª de mantemento 2.241 2.688 Oficial 2ª de mantemento 2.160 2.594 Oficial 3ª de mantemento 2.083 2.500 Oficial 1ª administrativo 2.625 3.151 Oficial 2ª administrativo 2.469 2.963 Auxiliar administrativo 2.352 2.824 Axudante de laboratorio 2.381 2.858 Auxiliar de laboratorio 2.256 2.708 Basculeiro 2.152 2.582 Garda basculeiro 2.152 2.582 Subalterno– limpadora 1.761 2.144

1 bienio Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.075 3.690 3.843 Contramestre de mantemento 2.804 3.364 Oficial 1ª en correquendas 2.555 3.067 3.195 Oficial 2ª en correquendas 2.475 2.970 3.095 Oficial 3ª en correquendas 2.397 2.876 2.997 Axudante en correquendas 2.317 2.781 2.898 Oficial 1ª en 3 quendas 2.356 2.827 2.997 Oficial 2ª en 3 quendas 2.277 2.732 2.846 Oficial 3ª en 3 quendas 2.200 2.640 2.749

1 bienio Normais Festivas Dobraxes Axudante en 3 quendas 2.120 2.545 2.650 Oficial 1ª de mantemento 2.288 2.745 Oficial 2ª de mantemento 2.209 2.650 Oficial 3ª de mantemento 2.131 2.555 Oficial 1ª administrativo 2.673 3.207 Oficial 2ª administrativo 2.516 3.019 Auxiliar administrativo 2.401 2.880 Axudante de laboratorio 2.429 2.915 Auxiliar de laboratorio 2.305 2.765 Basculeiro 2.200 2.640 Garda basculeiro 2.200 2.640 Subalterno– limpadora 1.810 2.172

2 bienios Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.124 3.747 3.904 Contramestre de mantemento 2.850 3.421 Oficial 1ª en correquendas 2.064 3.125 3.256 Oficial 2ª en correquendas 2.523 3.028 3.155 Oficial 3ª en correquendas 2.445 2.935 3.057 Axudante en correquendas 2.366 2.839 2.957 Oficial 1ª en 3 quendas 2.403 2.883 3.003 Oficial 2ª en 3 quendas 2.324 2.789 2.905 Oficial 3ª en 3 quendas 2.246 2.696 2.808 Axudante en 3 quendas 2.168 2.602 2.710 Oficial 1ª de mantemento 2.334 2.800 Oficial 2ª de mantemento 2.256 2.708 Oficial 3ª de mantemento 2.177 2.612 Oficial 1ª administrativo 2.720 3.264 Oficial 2ª administrativo 2.564 3.077 Auxiliar administrativo 2.448 2.938 Axudante de laboratorio 2.475 2.970 Auxiliar de laboratorio 2.350 2.820 Basculeiro 2.246 2.696 Garda basculeiro 2.246 2.696 Subalterno– limpadora 1.856 2.227

2 bienios e 1 quinquenio Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.216 3.860 4.022 Contramestre de mantemento 2.945 3.534 Oficial 1ª en correquendas 2.698 3.236 3.371 Oficial 2ª en correquendas 2.619 3.141 3.273 Oficial 3ª en correquendas 2.539 3.046 3.174 Axudante en correquendas 2.462 2.953 3.076 Oficial 1ª en 3 quendas 2.498 2.997 3.122 Oficial 2ª en 3 quendas 2.419 2.902 3.024 Oficial 3ª en 3 quendas 2.341 2.808 2.926 Axudante en 3 quendas 2.261 2.712 2.826

2 bienios e 1 quinquenio Normais Festivas Dobraxes Oficial 1ª de mantemento 2.429 2.915 Oficial 2ª de mantemento 2.349 2.819 Oficial 3ª de mantemento 2.271 2.726 Oficial 1ª administrativo 2.814 3.376 Oficial 2ª administrativo 2.657 3.189 Auxiliar administrativo 2.542 3.050 Axudante de laboratorio 2.570 3.083 Auxiliar de laboratorio 2.445 2.935 Basculeiro 2.341 2.808 Garda basculeiro 2.341 2.808 Subalterno– limpadora 1.950 2.341

2 bienios e 2 quinquenios Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.312 3.974 4.140 Contramestre de mantemento 3.040 3.648 Oficial 1ª en correquendas 2.792 3.350 3.491 Oficial 2ª en correquendas 2.712 3.256 3.392 Oficial 3ª en correquendas 2.634 3.161 3.293 Axudante en correquendas 2.554 3.065 3.194 Oficial 1ª en 3 quendas 2.590 3.110 3.238 Oficial 2ª en 3 quendas 2.514 3.016 3.143 Oficial 3ª en 3 quendas 2.433 2.920 3.042 Axudante en 3 quendas 2.356 2.827 2.945 Oficial 1ª de mantemento 2.522 3.026 Oficial 2ª de mantemento 2.445 2.935 Oficial 3ª de mantemento 2.366 2.839 Oficial 1ª administrativo 2.907 3.490 Oficial 2ª administrativo 2.749 3.300 Auxiliar administrativo 2.637 3.164 Axudante de laboratorio 2.664 3.196 Auxiliar de laboratorio 2.539 3.046 Basculeiro 2.433 2.920 Garda basculeiro 2.433 2.920 Subalterno– limpadora 2.046 2.452

2 bienios e 3 quinquenios Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.406 4.087 4.258 Contramestre de mantemento 3.133 3.759 Oficial 1ª en correquendas 2.886 3.464 3.608 Oficial 2ª en correquendas 2.808 3.370 3.510 Oficial 3ª en correquendas 2.729 3.274 3.411 Axudante en correquendas 2.650 3.180 3.313 Oficial 1ª en 3 quendas 2.685 3.222 3.358 Oficial 2ª en 3 quendas 2.607 3.128 3.259 Oficial 3ª en 3 quendas 2.529 3.035 3.161 Axudante en 3 quendas 2.449 2.940 3.062 Oficial 1ª de mantemento 2.617 3.140

2 bienios e 3 quinquenios Normais Festivas Dobraxes Oficial 2ª de mantemento 2.538 3.045 Oficial 3ª de mantemento 2.459 2.951 Oficial 1ª administrativo 3.002 3.603 Oficial 2ª administrativo 2.845 3.414 Auxiliar administrativo 2.730 3.275 Axudante de laboratorio 2.759 3.310 Auxiliar de laboratorio 2.633 3.160 Basculeiro 2.529 3.035 Garda basculeiro 2.529 3.035 Subalterno– limpadora 2.138 2.567

ANEXO IV

HORAS EXTRAORDINARIAS (VALORES ANO 1996) Sen antigüidade Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.028 Contramestre de mantemento 2.758 Oficial 1ª en correquendas 2.508 Oficial 2ª en correquendas 2.430 Oficial 3ª en correquendas 2.349 Axudante en correquendas 2.271 Oficial 1ª en 3 quendas 2.309 Oficial 2ª en 3 quendas 2.231 Oficial 3ª en 3 quendas 2.152 Axudante en 3 quendas 2.073 Oficial 1ª de mantemento 2.241 Oficial 2ª de mantemento 2.160 Oficial 3ª de mantemento 2.083 Oficial 1ª administrativo 2.625 Oficial 2ª administrativo 2.469 Auxiliar administrativo 2.352 Axudante de laboratorio 2.381 Auxiliar de laboratorio 2.256 Basculeiro 2.152 Garda basculeiro 2.152 Subalterno– limpadora 1.761

1 bienio Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.075 Contramestre de mantemento 2.804 Oficial 1ª en correquendas 2.555 Oficial 2ª en correquendas 2.475 Oficial 3ª en correquendas 2.397 Axudante en correquendas 2.317 Oficial 1ª en 3 quendas 2.356 Oficial 2ª en 3 quendas 2.277 Oficial 3ª en 3 quendas 2.200 Axudante en 3 quendas 2.120 Oficial 1ª de mantemento 2.288

1 bienio Normais Festivas Dobraxes Oficial 2ª de mantemento 2.209 Oficial 3ª de mantemento 2.131 Oficial 1ª administrativo 2.673 Oficial 2ª administrativo 2.516 Auxiliar administrativo 2.401 Axudante de laboratorio 2.429 Auxiliar de laboratorio 2.305 Basculeiro 2.200 Garda basculeiro 2.200 Subalterno– limpadora 1.810

2 bienios Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.124 Contramestre de mantemento 2.850 Oficial 1ª en correquendas 2.604 Oficial 2ª en correquendas 2.523 Oficial 3ª en correquendas 2.445 Axudante en correquendas 2.366 Oficial 1ª en 3 quendas 2.403 Oficial 2ª en 3 quendas 2.324 Oficial 3ª en 3 quendas 2.246 Axudante en 3 quendas 2.168 Oficial 1ª de mantemento 2.334 Oficial 2ª de mantemento 2.256 Oficial 3ª de mantemento 2.177 Oficial 1ª administrativo 2.720 Oficial 2ª administrativo 2.564 Auxiliar administrativo 2.448 Axudante de laboratorio 2.475 Auxiliar de laboratorio 2.350 Basculeiro 2.246 Garda basculeiro 2.246 Subalterno– limpadora 1.856

2 bienios e 1 quinquenio Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.216 Contramestre de mantemento 2.945 Oficial 1ª en correquendas 2.698 Oficial 2ª en correquendas 2.619 Oficial 3ª en correquendas 2.539 Axudante en correquendas 2.462 Oficial 1ª en 3 quendas 2.498 Oficial 2ª en 3 quendas 2.419 Oficial 3ª en 3 quendas 2.341 Axudante en 3 quendas 2.261 Oficial 1ª de mantemento 2.429 Oficial 2ª de mantemento 2.349

2 bienios e 1 quinquenio Normais Festivas Dobraxes Oficial 3ª de mantemento 2.271 Oficial 1ª administrativo 2.814 Oficial 2ª administrativo 2.657 Auxiliar administrativo 2.542 Axudante de laboratorio 2.570 Auxiliar de laboratorio 2.445 Basculeiro 2.341 Garda basculeiro 2.341 Subalterno– limpadora 1.950

2 bienios e 2 quinquenios Normais Festivas Doblaxes Xefe de quenda 3.312 Contramestre de mantemento 3.040 Oficial 1ª en correquendas 2.792 Oficial 2ª en correquendas 2.712 Oficial 3ª en correquendas 2.634 Axudante en correquendas 2.554 Oficial 1ª en 3 quendas 2.590 Oficial 2ª en 3 quendas 2.514 Oficial 3ª en 3 quendas 2.433 Axudante en 3 quendas 2.356 Oficial 1ª de mantemento 2.522 Oficial 2ª de mantemento 2.445 Oficial 3ª de mantemento 2.366 Oficial 1ª administrativo 2.907 Oficial 2ª administrativo 2.749 Auxiliar administrativo 2.637 Axudante de laboratorio 2.664 Auxiliar de laboratorio 2.539 Basculeiro 2.433 Garda basculeiro 2.433 Subalterno– limpadora 2.046

2 bienios e 3 quinquenios Normais Festivas Dobraxes Xefe de quenda 3.406 Contramestre de mantemento 3.133 Oficial 1ª en correquendas 2.886 Oficial 2ª en correquendas 2.808 Oficial 3ª en correquendas 2.729 Axudante en correquendas 2.650 Oficial 1ª en 3 quendas 2.685 Oficial 2ª en 3 quendas 2.607 Oficial 3ª en 3 quendas 2.529 Axudante en 3 quendas 2.449 Oficial 1ª de mantemento 2.617 Oficial 2ª de mantemento 2.538 Oficial 3ª de mantemento 2.459

2 bienios e 3 quinquenios Normais Festivas Dobraxes Oficial 1ª administrativo 3.002 Oficial 2ª administrativo 2.845 Auxiliar administrativo 2.730 Axudante de laboratorio 2.759 Auxiliar de laboratorio 2.633 Basculeiro 2.529 Garda basculeiro 2.529 Subalterno– limpadora 2.138