Convenio Colectivo de Empresa de CESPA, INGENIERIA URBANA, S.A. (LIMPIEZA PÚBLIC...12004) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CESPA, INGENIERIA URBANA, S.A. (LIMPIEZA PÚBLICA E INTERIORES DO CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA) (36003961012004) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2012 en adelante

Tiempo de lectura: 55 min

Documento oficial en PDF(Páginas 9-28)

Convenio colectivo para os traballadores ao servizo da limpeza viaria e recollida RSU do Concello de Vilagarcia de Arousa, adscritos a empresa CESPA, SA. Codigo de Convenio numero 36003961012004 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 227 de 26/11/2012)

Preambulo

CESPA S.A. (LIMPEZA VIARIA E RECOLLIDA RSU DE VILLAGARCÍA DE AROSA)

Código de Convenio número 36003961012004

Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o texto do convenio colectivo para os traballadores ao servizo da limpeza viaria e recollida RSU do Concello de Vilagarcía de Arousa, adscritos á empresa CESPA, SA, cos seus tres Anexos (táboas salariais, regulamento do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, e Anexo informativo) subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa e da parte social polo comité de empresa, en data 09.10.2012.

Primeiro.Dito Convenio foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 22.10.2012.

Segundo.Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta xefatura territorial, A C O R D A:

Primeiro.Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º222, do 18.10.2010). Segundo.Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

CONVENIO COLECTIVO DE CESPA, S.A., CO SEU PERSOAL ADSCRITO AOS SERVIZOS DE LIMPEZA PÚBLICA CONTRATADOS CO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (ANOS 2012-2013)

 

CAPÍTULO I NORMAS XERAIS

 
Artigo 1 º.ÁMBITO DE APLICACIÓN

Este convenio colectivo regulará as relacións laborais entre a empresa Cespa S.A. e os seus traballadores adscritos aos servizos de limpeza pública contratados co Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

O cambio de titularidade da empresa ou dunha unidade autónoma en si mesma, non extinguirá por si mesma a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas laborais do anterior. O cambio de titularidade esixirá o coñecemento da representación sindical dos traballadores afectados.

En todo o non previsto neste artigo referente ao cambio de titularidade da empresa, observarase o previsto, con carácter xeral, no artigo 44.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2 º.VIXENCIA

Este convenio colectivo, salvo os artigos que marquen outra diferente, iniciará a súa vixencia a partir do 1 de xaneiro de 2012, todo iso con independencia da súa publicación no BOP.

Artigo 3 º.DURACIÓN E PRÓRROGA

A duración do convenio será de dous anos, é dicir, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2013.

Este convenio considerarase automaticamente denunciado unha vez terminada a vixencia prevista no punto anterior, sen necesidade de ningún aviso previo, prorrogándose o actual ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 4 º.CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS

O persoal que con anterioridade ao establecemento deste convenio viñera desfrutando de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas, conservaraas ad persoam.

Artigo 5 º.COMISIÓN PARITARIA

Constitúese unha comisión paritaria neste convenio coas funcións que se especifiquen no artigo 6º. A comisión reunirase unha vez cada tres meses, salvo convocatoria de calquera das partes por causa seria e grave que afecte aos intereses xerais do ámbito do convenio.

A reunión, que será convocada por escrito e polo menos con tres días hábiles de antelación, deberá incluír necesariamente os temas que se vaian tratar na orde do día.

Serán vocais desta, tres membros do comité de empresa e tres representantes daempresa. Será secretario un vocal da comisión paritaria, nomeado por cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez nos representantes dos traballadores e a seguinte nos representantes da empresa.

Artigo 6 º.FUNCIÓNS DA COMISIÓN PARITARIA

Será preceptivo o sometemento a Comisión Paritaria ademais das contempladas por Lei e ás recollidas no actual convenio colectivo ás seguintes materias:

Modificación sustancias, flexibilidade interna e termos de sometemento o AGA A Comisión reunirase nun prazo non superior a 10 días dende o momento de ser convocada e a acta de resolución deberá de estar resolta noutro prazo non superior a 10 días e deberá de contemplar os termos en que non houbo acordo.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación da totalidade do convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

CAPÍTULO II CONDICIÓNS DE TRABALLO

 
Artigo 7 º.XORNADA DE TRABALLO

A xornada semanal será de 38 horas o tempo de traballo efectivo sera de 35 horas.

Os traballadores disporán de 30 minutos para tomar o bocadillo. O horario para isto será respectivamente de 10.00 a 10.30 horas, para a quenda da mañá, de 17.00 a 17.30 horas para quenda de tarde, e de 1.30 a 2.00 horas, para a quenda de noite.

Os horarios a partires da firma deste convenio serán os seguintes:

Nos Festivos cando se realicen traballos a xornada será de 4 horas e 30 minutos de traballo efectivo. Quenda de mañá: Luns de 7.00 a 14.00 horas, Martes a Venres de 7.00 a 13.30 horas. salvoos martes, que para cumprir ás necesidades do servizo (limpeza do mercádello) realizase de forma partida por algún persoal da quenda de mañá. Sábados, Domingos de 7.00 a 12:00 horas. Quenda de tarde: Luns de 14.00 a 21.00 horas Martes de 15.00 a 21.30 Mércores, Xoves e Venres de 14.00 a 20.30 horas Sábados de 15.00 a 20:00 horas.

Quenda de noite: Luns de 23.00 a 6.00 horas Martes, Mercores, Xoves e Venres de 23.00 a 5.30 horas Sábados de 23.00 a 4:00 horas.

Persoal de oficina: De luns a venres de 8.00 a 15.00 horas (horario efectivo de traballo).

A Empresa adquire o compromiso de estudar, coa intención, que durante o tempo que lle queda de duración o presente convenio, se a realidade o permitise, se librase un sábado de cada tres. Para levar a cabo estes obxectivos crearanse comisións de traballo conxuntas que estarán compostas, pola empresa, mandos intermedios e comité. En ditas comisións estudarase os cambios nos horarios e na xornada semanal que se terían que levar a cabo para poder alcanzar este obxectivo.

Os días 24 y 31 de decembro consideraranse a todos os efectos como días non laborables e retribuídos para todo o persoal de recollida de noite. O resto do persoal que traballe efectivamente os días 24 y 31 de decembro disfrutará en compensación dun día de libranza retribuído.

Os días 25 de Decembro y 1 de Xaneiro serán festivos excepcionais polo que si fora necesario realizar o servizo de recollida nocturno, so o realizaría a metade do persoal dese quenda, rotando dita metade os dous días. No referente a descansos, plus económico, horario e habilitación de outros medios para realizar dito servizo, se estará o disposto no art. 34 do presente convenio.

O día 3 de novembro, día de San Martiño de Porres, patrón da actividade, considerarase como día festivo, para todos os efectos.

Artigo 8 º.VACACIÓNS

O persoal comprendido neste convenio terá un período anual de vacacións de 30 días laborais que se disfrutara en dúas quendas de 15 e 15 días laborais cada unha delas.

O disfrute efectuarase durante os doce meses do ano. Na empresa establecerase unha orde rotatoria.O calendario de vacacións exporase nos taboleiros de anuncios da empresa e os traballadores coñecerán as datas de desfrute das súas vacacións, polo menos, con dous meses de antelación, para o cal se iniciarán os contactos coa representación dos traballadores a primeiros de outubro do ano anterior nos que se fixará dito calendario.

Artigo 9 º.LICENZAS E PERMISOS

O traballador, previo aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algúndos motivos e polo tempo que se indica:

a) Dezaoito días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días laborais por adopción ou nacemento de fillo. Se como consecuencia do parto, concorrese enfermidade grave, aumentarase a catro días laborais. Ademais dos regulados por paternidade ou maternidade no Estatuto dos Traballadores.

c) Catro días laborais por falecemento de cónxuxe e fillos, tres días laborais por falecemento de pais.

d) Se o traballador tivese que acompañar a familiar de primeiro grao, co fin de que reciba asistencia médica ou consulta hospitalaria, a licenza será dun día que se ampliará até dous días se realiza fóra da provincia.

e) 1-Tres días laborais por enfermidade grave ou falecemento de parentes até segundo grao en consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días laborais. 2- En caso de hospitalización de familiares de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade o permiso será de catro días laborais os cales se usarán a petición do traballador; ou tantos días como dure a hospitalización se é inferior a catro.

f) Por matrimonio de fillos ou irmáns, un día laboral se a cerimonia se realiza na provincia onde resida o traballador, que pasarían a ser de dous días laborais, se o matrimonio se producise fóra da provincia.

g) Un día laboral por traslado de domicilio habitual que pasarían a ser dous laborais, se o traslado se producise fóra da provincia.

h) 1- Para concorrer a exames finais, liberatorios e demais probas definitivas de aptitude e avaliación de centros oficiais durante os días da súa celebración, non excedendo en conxunto de dez días ao ano. 2- Para deberes de carácter público e persoal, así como para consulta médica. A empresa concederá aos seus traballadores permiso retribuído polo tempo necesario co fin de que estes poidan cumprir cos seus deberes de carácter público e persoal (renovación do DNI, solicitude ou renovación do carné de conducir, xestión de créditos hipotecarios, etc.). Enténdese que este permiso será concedido cando o horario dos centros nos que deba ser realizada a correspondente xestión coincida coa xornada laboral do traballador.

i) O traballador, cando vaia asistir á consulta médica, deberá poñelo en coñecemento da empresa e traer o xustificante correspondente de tal asistencia, en caso de que a consulta sexa hospitalaria o permiso será de un dia. Respecto do persoal da quenda de noite, considerarase cada caso, tendo en conta a especial incidencia do horario nocturno. j) Todos os traballadores disporán durante o ano de seis días de asuntos propios de libre designación. O disfrute destes días serán concedidos sempre os días nos que o solicita o traballador, a única causa polo que a empresa pode opoñerse a concederlles ó disfrute de eses días e por non poder garantir o servizo. O servizo considerarase garantido sempre que cada quenda dispoña do seguinte persoal: Quenda de noite: 9 Quenda de dia:18 en total: Martes e sábados: 9 Quenda de mañan, 9 Quenda de tarde; resto de días 15 de maña e 3 de tarde). A empresa disporá dun listado das solicitudes destes días o cal se fará publico a petición dos traballadores, se non e posible disfrutar destes días o longo do ano, acumularse po ano seguinte.

k) A os efectos de licenza, terán os mesmos dereitos as parellas de feito sempre que as mesmas estean debidamente inscritas no correspondente rexistro oficial e o traballador achegue a certificación acreditativa da mesma.

Artigo 10: MATERNIDADE E CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

A muller embarazada terá dereito por prescrición ou certificación facultativa ao cambio de posto de traballo, cando se demostren que as condicións de traballo, toxicidade, penosidade, perigo, materias primas, etc. poidan producir abortos e ou deformacións, asegurándose a reincorporación ao seu posto de traballo habitual logo de concluída a baixa por maternidade. A Empresa designará á persoa que se vexa afectada pola permuta, quen polo carácter de provisionalidade da situación volverá ao seu anterior posto cando a embarazada se reincorpore logo de concluída a baixa por maternidade.

As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A duración do permiso incrementarase proporcionalmente no caso de parto múltiple.

Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de oito anos ou un discapacitado físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, 1/8 e un máximo da metade da duración daquela.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto.

En caso de falecemento da nai, con independencia de que traballe ou non o pai poderá facer uso da totalidade ou no seu caso da parte que reste do período de suspensión, computando dende a fecha do parto e sen que se desconte do mesmo a parte que a mai puidera haber disfrutado con anterioridade o parto. No suposto do falecemento do fillo, o período da suspensión non se verá reducido, salvo que, unha vez terminadas as seis semanas de descanso obrigatorio a nai solicite a reincorporarse o seu posto de traballo.

No obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatamente posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que a nai e o pai traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto ben de forma simultánea ou sucesiva coa da nai. O pai poderá seguir facendo uso do período de suspensión por maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai o traballo está se atope en situación de incapacidade temporal. No caso de que a nai non tivese dereito a suspender a súa actividade profesional co dereito a prestación de acordo coas normas que regulen dita actividade, o pai tería dereito a suspender a seu contrato de traballo por o período que lle correspondera a nai, o que será compatible co exercicio do dereito recoñecido no artigo 38 deste convenio.

Nos casos de nacemento prematuro e en aqueles que, por calquera outra causa o recen nacido, deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, el período de suspensión poderá computarse, a petición da nai, ou no seu defecto do pai, a partir da fecha da alta hospitalaria. Excluirase de dito computo as seis semanas posteriores o parto, de suspensión obrigatoria da nai. Nos casos de nacemento prematuro con falta de peso e naqueles outros nos que o recen nacido precise, por algunha circunstancia clínica, hospitalización a continuación do parto, por un período superior a seis días, o período de suspensión ampliarase en tantos días como o recen nacido atópese hospitalizado con un máximo de trece semanas adicionais e nos termos que regulamentariamente se desenrolen.

Nos supostos de adopción e acollemento, de acordo co dito por o art. 45.1.d do Estatuto dos Traballadores, a suspensión terá unha duración de seis semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, ditas suspensións produciran os seus efectos a elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción, sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de suspensión.

No caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de goce simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas previstas nos apartados anteriores ou das que correspondan en caso de parto, adopción ou acollemento múltiple.

CAPÍTULO III CONDICIÓNS ECONÓMICAS

AS CANTIDADES ECONÓMICAS DESTE CAPÍTULO FÍXANSE NO ANEXO I(TÁBOAS SALARIAIS)

Artigo 11 º.SALARIOS

Establécese a seguinte táboa de salario base, para o ano 2012, o ano seguinte no Anexo I.

Xefe de Servizo: … … … … … … … … … … … … 1.321,18€

Encargado: … … … … … … … … … … … … … … 1.308,41€

Administrativo: … … … … … … … … … … … … 1.216,87€

Mecánico: … … … … … … … … … … … … … … 1.216,87€

Condutor: … … … … … … … … … … … … … … 1.187,09€

Peón: … … … … … … … … … … … … … … … … 1.144,63€

Artigo 12 º.ANTIGÜIDADE

A antigüidade será de tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7%. Comezarase a aboar desde o día 1 de xaneiro do ano en que se cumpran os bienios ou quinquenios de que se traten. A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá supor en ningún caso máis:

Do 10% aos 5 anos.

Do 25% aos 15 anos.

Do 40% aos 20 anos.

Do 60% como máximo aos 25 anos.

Artigo 13 º.COMPLEMENTO DE PENOSIDADE

Establécese un complemento de penosidade que consiste no 25% do salario base. Este complemento será percibido por todos os traballadores da empresa durante os doce meses do ano.

Artigo 14 º.COMPLEMENTO DE NOCTURNIDADE

Establécese un complemento de nocturnidade que consiste no 30% do salario base. Este complemento pagarase os doce meses do ano.

O complemento de nocturnidade percibirase para os traballos que se efectúen entre as 22.00 horas e as 6.00 horas da mañá.

Artigo 15 º.GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS

Todo o persoal afecto a este convenio percibirá as seguintes gratificacións extraordinarias: gratificación de verán, gratificación de nadal, gratificación de beneficios.

Establécense as seguintes datas límite de pagamento destas gratificacións:

Gratificacións de verán: 15 de xullo. Gratificacións de Nadal: 15 de decembro.

Gratificación de beneficios: 15 de abril.

As citadas gratificacións extraordinarias serán equivalentes cada unha delas a 30 días de salario base máis antigüidade, non haberá ningunha redución na súa cuantia aínda que o traballador tivera unha Incapacidade Temporal durante o ano.

Artigo 16 º.HORAS EXTRAORDINARIAS

Procurarase efectuar as horas extraordinarias mínimas indispensables e, en todo caso, cos límites que determina o Estatuto dos Traballadores. Empresario e traballadores a través da súa representación legal poderán pactar que as horas extras se compensen por tempo de descanso, de acordo co previsto na lexislación vixente. En todo caso, o valor das horas extraordinarias será da cantidade fixada no Anexo I.

Artigo 17 º.COMPLEMENTO DE TRANSPORTE

Establécese un complemento de plus transporte da cantidade fixada no Anexo I mensuais para cada categoría. Este complemento percibirase polos meses ou fraccións efectivamente traballados.

Artigo 18 º.COMPLEMENTOS DE ACTIVIDADE

a) Complemento de actividade e/ou condución nas cantidades fixadas no Anexo I. Establécese un complemento de actividade e/ou condución de 75.61€ mensuais, que percibirá o persoal coa categoría de peón, cando realice funcións de condutor e dicir utilice vehículo pesado mais de 15 días laborais no mes, senón percibirá a parte proporcional de dita cuantia dividida por os días laborais de ese mes que realice a actividade. Establécese un complemento de condución de 45,00€mensuais, que percibirá o persoal coa categoría de peón, cando utilice vehículos lixeiros (inferioresa 3.500 k.) mais de 15 días laborais no mes, senón percibirá a parte proporcional de dita cuantia dividida por os días laborais de ese mes que realice a actividade. Esta función no se considera de categoría superior. Queda excluido de este complemento a utilización de vehículo lixeiro coma medio de desprazamento. Este persoal terá preferencia para ocupar as prazas vacantes de condutor en función da antigüidade na empresa, e no seu caso, superando as probas que se propoñan o efecto. O persoal que realice funcións de categoría superior á súa, percibira o salario de dita categoría dende o momento que empece a realizala, e seralle recoñecida a categoría logo de desenrolar dita función durante seis meses nun ano ou oito meses en dous, salvo causas temporais de sustitución.

b) Todo o persoal que cobre un plus de actividade por calquera outro circunstancia o seguira cobrando, e aumentara na porcentaxe do resto dos conceptos salariais.

Artigo 19 º.AXUDAS DE CUSTO

Establécese unha axuda de custos diario e unha media axuda na cantidade fixada no Anexo I.

Artigo 20 º.ACHEGA POR DISCAPACITADOS FÍSICOS OU PSÍQUICOS

Esta achega queda establecida na cantidade mensual fixada no Anexo 1 para aqueles traballadores que teñan ao seu cargo, familiares discapacitados psíquicos ou físicos, unha vez presente os xustificantes que así o acredite.

Artigo 21 º.INDEMNIZACIÓNS

Establécense as seguintes indemnizacións fixada no Anexo I para tódolos traballadores afectados por este convenio nos casos:

a) No caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio vixente en cada momento.

b) No caso de morte, incapacidade permanente en grado de absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

c) No caso de incapacidade permanente en grado de total, derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

1 Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ó traballador accidentado ou, en caso de finamento, os herdeiros legais do traballador.

2 As indemnizacións previstas nos apartados b)ec) deste artigo non serán consideradas a conta de calquera outras cantidades que puideran ser recoñecidas como consecuencia de responsabilidades civís sempre que non deriven de cadeas penais esixidas ou impostas ó empresario, debendo deducirse destas en todo caso, avida conta de natureza civil que teñen as mesmas e ambas partes lle recoñecen. Tampouco ditas indemnizacións poderán servir como base para a imposición de recargo de prestacións por falta de medidas de seguridade e saúde no traballo.

3 Ós efectos de acreditar o dereito ás indemnizacións aquí pactadas considerarase como data o feito causante aquela na que se produce o accidente de traballo ou a causa determinante da enfermidade profesional.

4 Ós efectos dás indemnizacións aquí pactadas terán lugar a partir do mes seguinte á firma do presente convenio.

Artigo 22 º.AXUDA DE ESTUDOS

A cada traballador que teña fillos en educación infantil, educación primaria, ESO ou similar segundo o plan de ensino, bacharelato e ciclos superiores, aboaráselle a cantidade fixada no Anexo I en concepto de axuda de estudos. Esta cantidade farase efectiva coa nómina do mes de setembro ou outubro, logo da xustificación.

CAPÍTULO IV OUTROS ASPECTOS SOCIAIS

 
Artigo 23 º.ROUPAS DE TRABALLO

A empresa comprometese a mellorar a calidade e comodidade da roupa de traballo así como que sexa de alta visibilidade. A roupa será entregado en cada centro de traballo pola empresa.

Todo o persoal de nova incorporación recibirá dous uniformes completos.

Entregaráselle a todo o persoal en outubro de 2012:

1 pantalónde inverno, 1 forro polar, 1 chaleco, 1 polo de manga larga,1 polo de manga corta,1 par de botas de seguridade de inverno, 1 par de botas de seguridade especificas ao persoal de taller, tres pares de guantes especiais para a choiva, un conxunto de pantalón e chaqueta impermeable aos peóns, 1 gorro de la, 1 pantalón de auga con peto para as prazas. Entregaráselle a todo o persoal en maio de 2013:

1 pantalónde verán, 1 chaleco, 1 polo de manga corta, 1 par de botas de seguridade de verán e outro de inverno, 1 anorak, 1 par de botas de augas aos peóns, tres pares de guantes especiais para a choiva, 2 buzos ao persoal de taller e da brigada que utilizan maquinas desbrozadoras, 2 par de botas de seguridade especificas ao persoal de taller e 1 viseira. Por defecto ou rotura a roupa cambiarase por unha nova ou se por algunha outra circunstancia algún traballador a necesitase se lle entregara. Antes de realizar os pedidos definitivos de roupa de traballo a empresa manterá unha reunión co comité de empresa nun prazo improrrogable de 10 días para que o comité de saúde laboral emita a súa opinión. Nas entregas de roupa o comité de saúde laboral quedará cunha mostra das prendas dadas ós traballadores, a fin de comprobarse en posteriores entregas que non diminúe a calidade. A empresa utilizará dita mostra para modelo de provedores ó solicitar ofertas económicas e o Comité para comprobar que non houbo incumprimento no pedido. A empresa informará ós seus provedores de vestiario, na súa carta de pedido, de que a representación legal dos traballadores vixiará o cumprimento das características do vestiario de traballo.

En caso de que por circunstancias do mercado ou mandato do cliente houbese que variar o modelo, a cor, ou calquera outra característica dalgunha prenda (cambios dunhas prendas por outras, etc.), a empresa entregaralle á o comité a nova mostra, a fin de que se comprobe que non diminúe a calidade na prenda substituída.

Todo o anterior, sen menoscabo do cumprimento da LPRL e dos regulamentos que neste senso a regulan.

Artigo 24 º.GARANTÍAS SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO

A empresa non aplicará mobilidade xeográfica a ningún traballador adscrito á explotación de Vilagarcía de Arousa, salvo voluntariedade.

Co obxecto de que o traballador coñeza os datos relativos á súa afiliación e cotización ao réxime xeral da Seguridade Social, a empresa obrígase ao seguinte: a) Facilitar copia do parte de alta na Seguridade Social aos traballadores dentro dos primeiros oito días do seu ingreso.

b) Publicación dos modelos TC1 e TC2 correspondentes ás cotizacións do último mes.

Así mesmo, mostrarase no taboleiro de anuncios copia da póliza coa entidade aseguradora sobre as indemnizacións previstas no artigo 21.

Artigo 25 º.TABOLEIRO DE ANUNCIOS

Será obrigatoria a existencia de taboleiros de anuncios nos que se fixarán as comunicacións da empresa, así como as comunicacións dos traballadores e a información sindical.

Artigo 26 º.SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Constituirase un comité de seguridade e saúde laboral: a) Composición: estará constituído polo empresario ou quen o represente (máximo dúas persoas) un técnico cualificado na materia e dous delegados dos traballadores (delegados de prevención). b) Funcións. Serán as seguintes:

1. Promover a observación das disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde laboral.

2. Estudar e promover as medidas oportunas na orde da prevención dos riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

3. Solicitar a colaboración dos gabinetes provinciais de seguridade e hixiene e institucións públicas dedicadas a estas funcións, na implantación ou inspección de medidas de protección no centro de traballo, dándose traslado aos compoñentes do comité de seguridade e saúde laboral, dos informes que puidesen elevarse a estes organismos.

4. Ser informado pola dirección da empresa das medidas concretas que se previron para o centro de traballo en materia de seguridade e saúde laboral, tendo facultade o comité, por iniciativa propia, de propor as adecuacións ou modificacións pertinentes ao plan de seguridade.

5. O comité de seguridade e saúde laboral poderá paralizar unha ou varias unidades de traballo no suposto de risco para os traballadores, debéndoo poñer de inmediato en coñecemento dos servizos técnicos de seguridade da empresa.

6. O comité de seguridade e saúde laboral deberá levar unha estatística sinxela das medidas adoptadas, accidentes, ordes de seguridade dadas e requirimento aos traballadores resistentes á adopción de medidas de protección. 7. A información resultante daráselle a coñecer a todo o persoal mediante a súa inserción nos taboleiros de anuncios.

c) Actividade: o comité de seguridade e saúde laboral reunirase unha vez cada tres mesen horas de traballo. As reunións extraordinarias faranse por razóns de urxencia no prazo mais breve posible.

d) Adquisición de equipos, máquinas ou vehículos. 1. O Comité de Seguridade e Saúde coñecera e propoñerá os aspectos relativos as condicións de Seguridade e Saúde que han de cumprirse no proceso de aprovisionamento de equipos, máquinas ou vehículos, de forma que poida garantirse que reúne as debidas condicións de seguridade, confortabilidade e ergonomía esixibles, así como as requiridas para a utilización segura por os traballadores.

2. Adoptada a decisión de adquisición de algún equipo de traballo, máquina ou vehículo, a empresa presentará para o seu coñecemento polo Comité de Seguridade e Saúde un informe de especificacións técnicas, no que estarán incluídas as condiciones relativas a Seguridade e Saúde que sexan requiridas para a utilización dos equipos. Estas condiciones incluirán como mínimo: a) As especificacións e características técnicas que debe reunir o equipo, máquina ou vehículo.

b) As normas, certificacións e homologacións exixibles o equipo, máquina ou vehículo. c) Requisitos de Seguridade y Saúde que deben cumprir. d) Aspectos ambientais e aspectos ergonómicos do equipo, máquina ou vehículo.

3. Recibida esta información, o Comité de Seguridade y Saúde analizará e estudará as condicións e características dos equipos, máquinas ou vehículos, e a Empresa coñecido o informe do Comité si este e favorable no seu conxunto e nun prazo de vinte días, poderá dar a orden definitiva de compra. Os delegados de prevención disporán de 15 horas cada un ó ano, co límite de 7 horas no mesmo mes, para que de maneira habitual e efectiva comproben o cumprimento das medidas de seguridade individuais e o estado das colectivas. Fixase un regulamento de funcionamento Anexo II (Regulamento do comité de seguridade e saúde laboral).

Todo o anterior, sen menoscabo do cumprimento do establecido na LPRL, Lei 31/1995, do 8 de novembro, e os regulamentos que a desenrolan.

Artigo 27 º.RECOÑECEMENTOS MÉDICOS

A empresa efectuará os recoñecementos médicos específicos necesarios dentro da disciplina relativa á vixilancia da saúde, coa participación dos delegados de prevención e, de acordo coas estipulacións establecidas na LPRL e Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Todo o persoal comprendido neste convenio realizará de forma voluntaria unha revisión médica anual que será por conta da empresa, así como o transporte en caso de que se realice noutra localidade distinta á do centro de traballo. O resultado deste recoñecemento médico será comunicado ao traballador pola entidade que o efectúe no prazo máximo de 30 días.

Os traballadores da quenda de tarde incorporaranse unha vez xantasen, despois de finalizar o recoñecemento médico. Isto, sempre que poidan dispor de transporte público regular, a non ser que o medio de locomoción sexa facilitado pola empresa.

A empresa comprométese a que os recoñecementos médicos do persoal se fagan no período do 1 de maio ao 30 de setembro de cada ano e nas mellores condicións de asistencia médica sanitaria, e tal recoñecemento consistirá como mínimo en:

Audiometría. Control da vista.

Análise de urina e sangue. Electrocardiagrama.

Espirometría. Exploración clínica. Tamén se farán campañas de vacinación en: Vacinación de tétanos. Vacina contra a hepatite B, con análise de sangue previo.

Artigo 28 º.DEREITOS SINDICAIS

a) A empresa respectará o dereito dos traballadores a se sindicaren e non poderá condicionar o emprego dun traballador á situación de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

b) A empresa non poderá despedir un traballador nin prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical. c) A empresa recoñece o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo. d) O crédito de horas mensuais que corresponde aos membros do comité poderá acumularse nun ou varios dos seus compoñentes, sen superar o máximo total, quedando relevado ou relevados do traballo sen prexuízo da súa remuneración.

e) A empresa respectará a legalidade vixente en materia de acumulación de horas sindicais, conforme o cal os cargos sindicais poderán acumular estas horas entre si segundo teñan por conveniente.

f) O crédito horario para os membros do comité será de 16 horas para cada un deles podéndose computar trimestralmente.

g) Todas as reunións do comité coa empresa contaran como tempo efectivo de traballo.

Artigo 29 º.EXCEDENCIAS

Será necesario solicitalas por escrito con unha antelación de un mes, e deberan ser recoñecidas e concedidas pola empresa por escrito.

Excedencia forzosa: que dará dereito á conservación do seu posto de traballo e ao cómputo de antigüidade da súa vixencia, á asistencia a cursos de formación profesional, a cuxa participación deber ser convocado pola empresa, concederase os traballadores/as pola elección ou designación dun cargo público, por exercer funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, para o coidado de familiares de ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade que non poidan valerse por si mesmos por idade, enfermidade ou discapacidade. O tempo de duración será nos casos de cargo publico e funcións sindicais mentres duren ditas funcións, nos casos de coidado de familiares de ata 2º grao a un período de excedencia por un prazo non menor a seis meses e maior a cinco anos si ditos familiares non pode valerse por si mesmo e non desempeñen actividade retribuída. Cando un novo suxeito causante dá dereito a un novo período de excedencia o inicio da mesma dará fin ao que, no seu caso, viñese gozando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá executar este dereito.

No caso de finamento do cónxuxe o traballador/a con fillas/os menores de idade, pode ter unha excedencia forzosa por un período non superior a catro meses a contar da data do finamento.

A reincorporación o seu posto de traballo deberá ser solicitada por escrito con un mes de antelación á data prevista, transcorrido dito tempo a reincorporación e inmediata.

Excedencia voluntaria Que dará dereito de preferencia para cubrir calquera vacante que teña a empresa, concederase os traballadores/as con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, por un prazo non menor de dous anos e maior de seis. Este dereito so poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Artigo 30 º.FALTAS E SANCIÓNS

A empresa informará ao comité da apertura de expedientes disciplinarios que se lles abran aos traballadores, así como dos seus motivos. Esta información ao comité será anterior á comunicación da apertura ao traballador afectado.

A empresa informará ao comité das sancións que se lles impoñan aos traballadores, así como dos seus motivos. Esta información ao comité será anterior á comunicación de sanción ao traballador afectado.

Non se poderán impoñer sancións que consistan na redución do período de vacacións ou minoración dos dereitos ao descanso do traballador ou multa de haber. A petición do traballador sancionado, o comité facilitaranlle a este, no caso de ser posible e en reunión para o efecto, información suplementaria co fin de chegar a un coñecemento máis obxectivo dos feitos. Respecto aos tipos, graos e aplicación das sancións disciplinarias aplicarase o regulado no convenio xeral do sector de limpeza pública, recollida de lixo e rede de sumidoiros, publicado no BOE nº 58, do 7 de marzo de 1996.

Artigo 31 º.XUBILACIÓNS

O disposto neste artígo será de acordo co disposto na lexislación vixente en cada momento.

Xubilación anticipada: Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á xubilación segundo determina o Real decreto 1194/1985, e para este efecto a empresa obrígase a contratar asemade no lugar do xubilado outro traballador, sempre de acordo coa lexislación vixente.

Xubilación parcial:

1. En función do disposto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e a Lei 40/2007, do 4 de decembre, recoñéceselles aos traballadores incluídos dentro do ámbito de aplicación deste acordo, o dereito subxectivo a optar por xubilarse a tempo parcial, a partir dos 60 anos de idade e antes de alcanzar os 65, concertando paralelamente coa empresa unha redución da súa xornada habitual de traballo.

2. Poderán acceder á xubilación parcial os traballadores que, tendo dereito conforme a citada lexislación á xubilación total, reúnan así mesmo as condicións xerais esixidas para ter dereito á pensión contributiva de xubilación da Seguridade Social. Esta acreditación efectuarase presentando ante a empresa certificado orixinal de vida laboral xunto co escrito do interesado dirixido á empresa solicitando acollerse á xubilación anticipada parcial, cunha antelación de polo menos, tres meses á data prevista para a xubilación. Ademais, será necesario que, ao momento do inicio da situación de xubilación parcial, o interesado non se encontre en ningunha das causas de suspensión do contrato de traballo prevista na lexislación vixente.

3. A porcentaxe en que se poderá solicitar a xubilación parcial será aquel que fixe a lei para cada momento. Non obstante o anterior, mediante acordo entre a empresa e o traballador poderanse establecer porcentaxes distintas seguindo a seguinte escala de bonificacións:

a) con trinta anos ou mais de antigüidade na empresa, recoñecese unha dispensa absoluta do traballo.

b) Con vinte anos de antigüidade na empresa e ata trinta, recoñecese unha dispensa do 75% do traballo.

c) Con dez anos de antigüidade na empresa e ata vinte, recoñecese unha dispensa do 50% do traballo.

4. Esta relación laboral instrumentarase mediante a subscrición dun contrato a tempo parcial e por escrito en modelo oficial. A prestación laboral, descanso e vacacións deberá realizarse, salvo pacto en contrario, de forma acumulada nos meses contiguos ao dito contrato.

5. O contrato de traballo a tempo parcial subscrito co traballador parcialmente xubilado terá unha duración igual á que, no momento da súa celebración, lle falte a aquel para alcanzar a idade de 65 anos, momento en que se extinguirá este contrato, debendo pasar de modo forzoso tal traballador á situación de xubilación total.

6. O salario que se aboará en contraprestación polo traballo será o correspondente á xornada efectivamente realizada e aboarase á finalización de cada un dos meses nos que se traballan, liquidándose no último período mensual.

7. A empresa celebrará asemade un contrato de relevo cun traballador ou traballadora a xornada completa e a duración do contrato do relevista será de carácter indefinido consolidándose dita praza unha vez se xubile efectivamente o relevado.

8. En caso de incapacidade temporal, os traballadores en situación de xubilación parcial, terán dereito ao complemento salarial durante o período que estean de alta na empresa.

Artigo 32 º.LIQUIDACIÓNS

Todos os recibos que teñan carácter de liquidacións asinaranse en presenza dun membro do comité ou asesor sindical.

Artigo 33 º.COTA SINDICAL

Por petición da central sindical correspondente e logo de conformidade por escrito do afiliado, a empresa encargarase da recadación da cota mediante o desconto en nómina e o seu ingreso na conta bancaria que a central determine.

Artigo 34 º.TRABALLOS EN DOMINGOS E FESTIVOS

O persoal disfrutará os seus días de descanso semanal en sábado, domingo e festivos, salvo que concorra o seguinte:

Cando coincidan dous días festivos consecutivos (festivo-festivo, festivo-domingo, domingo-festivo), traballarase sempre o primeiro día (nos casos de festivo-festivo, festivo-domingo),eo segundo día no caso de domingo-festivo. Dado que a empresa se encontra afecta a un servizo público de execución diaria, o servizo de domingos e festivos organizarase, de forma que se asegure a súa execución en todo momento. En principio, o traballo nestes días levarase a cabo con persoal voluntario e, caso de non existir persoal destas características, o servizo efectuarase co resto do persoal fixo designado para o efecto, en ambos os casos farase nomeando quendas rotativas. O traballo compensarase cun día libre compensatorio e retribución salarial dun complemento funcional polo seu cambio de libranza equivalente a cantidade fixada no Anexo I. A asistencia para estes días non superará o 65% do persoal para a quenda de noite e do 30 % para a quenda de día.

Respecto do persoal que dispón a empresa contratado para traballar en domingos e festivos, cando traballe en días festivos, compensaráselle cun día de libranza e retribución salarial dun complemento funcional polo seu cambio de día de libranza equivalente a cantidade fixada no Anexo I, e cando traballe os domingos compensaráselle con medio día de libranza, suposto que este persoal disfruta do seu día libre en sábado.

A data de disfrute do día compensatorio sinalarase de mutuo acordo entre a empresa e o traballador, a ser posible no día sinalado polo traballador.

Con independencia do establecido anteriormente, a empresa poderá organizar os servizos de domingos e festivos de forma adecuada para atender os compromisos adquiridos co Concello de Vilagarcía de Arousa, ben con persoal contratado para o efecto ou con persoal voluntario coa pertinente comunicación á representación dos traballadores.

O persoal contratado para o repaso na quenda de tarde pasara para os domingos e festivos cando se incorpore persoal novo a plantilla, éo persoal que traballa en domingos e festivos pasara para o horario de luns a sábado, en consecuencia, que se terá en conta a antigüidade para ocupar as vacantes ou novas prazas. Para a aplicación do aquí dito constituirase unha comisión paritaria para o efecto.

Artigo 35 º.RESPONSABILIDADE ANTE TERCEIROS

A empresa disporá dunha póliza de responsabilidade civil que cubra os posibles riscos producidos a terceiras persoas no exercicio da actividade habitual desenvolvida, que é a de recollida de lixo, limpeza viaria, limpeza de papeleiras, limpeza de contedores e eliminación de residuos.

Para casos especiais non cubertos pola póliza crearase unha comisión paritaria o efecto; esta comisión estudará os casos especiais e emitirá un informe vinculante.

Artigo 36 º.RETIRADA DO CARNÉ DE CONDUCIR

En caso de que se produza a retirada do carné de conducir, por resolución administrativa, a un traballador que conduza un vehículo de motor que requira tal permiso, a empresa comprométese a lle facilitar un posto de traballo, o máis idóneo de acordo coa súa categoría profesional, percibindo as retribucións salariais correspondentes ao novo posto durante o tempo de retirada do carné;

Este beneficio non terá efecto cando a causa da retirada do carné de conducir fose por embriaguez ou consumo de drogas conducindo un vehículo no caso de reincidencia.

Artigo 37 º.COMPLEMENTOS POR I.T.

a) Nas situación de Incapacidade Temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará ata o 100% da base reguladora, desde o primeiro día do parte de baixa. As situacións de I.T. non influirán na cuantia das pagas extras. A base reguladora esta composta por: salario base, antigüidade, plus de toxico/penoso, plus de nocturnidade, plus de actividade.

b) Co obxecto de mellorar as situacións de I.T., a empresa mediante servizos médicos poderá verificar o estado de enfermidade e accidente do empregado, para o que deberá acudir aos recoñecementos médicos aos que sexa citado. Os gastos que lle repercutan dita asistencia serán aboados pola empresa a o traballador. Sen menoscabo do dito pola Lei 31/1995, do 8 de novembro neste senso.

c) Naqueles supostos en que a empresa denuncie posibles irregularidades nas situacións de I.T., poderá deixar de aboar este complemento, quedando fixada a porcentaxe no que marca a Lei de Seguridade Social. Para este efecto constituirase unha comisión que estará composta por dos representantes sindicais e dos da empresa, a cal emitirá un informe que será necesario antes de tomar calquera medida.

Artigo 38 º.SUBROGACIÓN DO PERSOAL

Co obxecto de contribuír e garantir o principio de estabilidade no emprego, a absorción do persoal entre quen se sucedan, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servizos públicos, contratos de arrendamento de servizos ou doutro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional deste convenio, levarase a cabo nos termos indicados neste artigo e seguintes. No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público: A) En todos os supostos de finalización, perda, rescisión, cesión ou rescate dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa saínte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia realizar o servizo, respectando esta os dereitos e obrigas que desfruten na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación de persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo na contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva do servizo, sexa cal for a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que, con anterioridade ao citado período de catro meses, traballase con anterioridade noutra contrata.

2. Traballadores, con dereito a reserva de posto de traballo, que no momento da finalización efectiva da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e se encontren enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servizo militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan algún dos traballadores mencionados no punto segundo, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

4. Traballadores de novo ingreso que por exixencia do cliente se incorporasen á contrata de servizos públicos como consecuencia dunha ampliación, nos catro meses anteriores á finalización daquela.

5. Traballadores que substitúan outros que se xubilen, tendo cumprido 64 anos dentro dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e teñan unha antigüidade mínima nela dos catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada en convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

B) Todos os supostos anteriormente recollidos deberá acreditalos fidedignamente e documentalmente a empresa ou entidade pública saínte á entrante, mediante os documentos que se detallan seguidamente e no prazo de 10 días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante, ben a saínte, lle comunique de forma que faga fe á outra empresa o cambio na adxudicación do servizo. Os documentos que a empresa saínte lle deberá facilitar á empresa entrante serán os seguintes: Certificado do organismo competente de estar ao día no pagamento na Seguridade Social. Fotocopia dos catro últimos recibos de salarios dos traballadores afectados. Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos catro últimos meses. Relación de persoal especificando: nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratación e data do disfrute das súas vacacións. Se o traballador é representante legal dos traballadores, especificarase o seu período de mandato. Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación. Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, en que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais, non quedando pendente ningunha cantidade. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servizo da nova titular. O incumprimento das obrigas entre empresas non afectará á subrogación do persoal.

C) Os traballadores que non desfrutasen das súas vacacións regulamentarias ao producirse a subrogación desfrutaranas coa nova adxudicataria do servizo, que só aboará a parte proporcional do período que a ela corresponda, xa que o aboamento do outro período corresponde ao anterior adxudicatario, que deberá efectualo na correspondente liquidación.

D) A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento polas partes que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria, cliente e traballador.

Se o cliente lle rescindise a contrata a unha empresa por deixar de prestar o servizo, ou realizalo por si mesmo, operará a subrogación para o propio cliente nos termos sinalados neste artigo.

Artigo 39 º OBXECTIVOS PARA A IGUALDADE EFECTIVA ENTRE MULLERES E HOMES

Para asegurar a igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres as partes afectadas polo presente convenio colectivo fixan os seguintes obxectivos:

1. Eliminación de calquera desigualdade no seo da Empresa entre mulleres e homes, para o cal pretendese establecer medidas de acción positivas que permitan superar as actitudes e estereotipos sociais existentes sobre as mulleres, garantindo a igualdade nas condicións de partida.

2. Eliminar todos aqueles obstáculos (discriminacións directas e indirectas) que poidan impedir ou dificultar as mulleres acceder a determinados postos de traballo en iguales condicións que os homes (postos de responsabilidade, categorías profesionais,..), así como a eliminación de barreiras que poidan causar discriminación salarial.

3. Dar oportunidade as mulleres para que se poidan situar nun plano de igualdade real respecto dos homes.

4. Establecer medidas que garantan a dignidade persoal e profesional de mulleres e homes.

Para conseguir os obxectivos anteriormente sinalados creárase unComisión de Igualdade de Oportunidades desenrolándose a continuación:

Comisión de Igualdade de Oportunidades, coa participación dos interlocutores sociais, tendo como cometido:

a) Participación na elaboración do plan de igualdade e realizar o seguimento correspondente do mesmo, detectando e corrixindo as diferentes situacións de discriminación que se estean producindo, realizando para iso un diagnóstico inicial da realidade da Empresa, que sirva de punto de referencia para establecer o posterior seguimento e comparación das situacións do mesmo. b) Habilitar o procedemento axeitado para recibir a información sobre os posibles tratos discriminatorios. c) Identificar ámbitos prioritarios de actuacións.

d) Promover a implantación de accións positivas que fagan desaparecer as discriminacións encubertas (en materia de acceso o emprego, promoción, formación, retribución, condicións de traballo, conciliación da vida familiar e laboral, saúde). e) Promover accións formativas e de sensibilización que animen o persoal a participar na igualdade de oportunidades. f) Intervención nas situacións de conflito que poidan plantexarse por casos de discriminación.

g) Proporcionar información o persoal en relación coa formación, promoción, vacantes, postos de nova creación, iniciativas, ….

h) Habilitar procedementos de intervención interno ante o acoso sexual, e casos de discriminación.

Poñerase en coñecemento do persoal a realización do plan de igualdade. Así mesmo levarase a cabo a publicación de folletos divulgativos sobre a igualdade de oportunidades onde se detallen os dereitos laborais e xurídicos do persoal.

Selección e acceso.

Establecéranse sistemas obxectivos que garantan a non discriminación, a través de probas obxectivas.

a) Asegurando uns principios básicos de igualdade de oportunidades.

b) Coidando o linguaxe nas ofertas, e no deseño de formularios e nas entrevistas non se incluirán aspectos persoais irrelevantes, senón limitándose as cuestiones de experiencia e cualificación demandadas para o posto en cuestión, axustando as exixencias formativas o requirimento do desempeño do posto.

c) Anunciando vacantes con termos que animen a candidatos de ámbolos sexos, coidando a denominación de postos.

d) Sensibilizando e formando na igualdade de oportunidades os responsables da selección do persoal, aínda que formen parte dela empresas de consultaría.

e) Establecendo a participación na selección, con voz pero sen voto dos membros ou representantes que se designen da Comisión de Igualdade.

f) Axustando a oferta a realidade da Empresa o menos na súa proporcionalidade en canto a presenza de ámbolos sexos.

g) Establecendo coma norma, que en igualdade de méritos e condicións, contratarase a persoa do xénero que este menos representado no posto de traballo ofertado, sempre que non contradiga o previsto no regulamento de control de ascensos vixente na empresa.

h) Garantindo o principio de non discriminación por razóns de sexo en referencia o tipo de contrato ou de xornada, de forma que os dereitos que se contemplan aplicaranse de igual maneira o persoal fixo, temporal, a tempo parcial e a tempo completo.

Sen menoscabo do regulado no Titulo IV da lei orgánica 3/2007 de 22 de marzo.

Artigo 40 º.LEXISLACIÓN SUPLETORIA

As partes asinantes deste convenio acordan que no non regulado nel, estarán o que dispoña o acordo marco do sector ou convenio xeral de limpeza pública, recollida de lixo e rede de sumidoiros publicado no BOE do 7 de marzo de 1996, o Estatuto do Traballadores e a Lexislación Vixente.

Artigo 41 º.COMPOSICIÓN DA MESA NEGOCIADORA

Coa validez da representación e capacidade de obrigarse.

O presente Convenio Colectivo de ámbito local e empresarial foi negociado entre os representantes da empresa D.José Carlos Díaz Ramil ,D. Manuel Polledo Cerdeiriña e D. José Manuel García Freijeiro e os membros do comité D. José Antonio González Boullosa e D. Benigno Fernández Daponte da UGT, D.José Manuel Agra Galbán de CIG, D. Francisco Javier Alcalde Muñiz e D. Ángel Ojea Araújo de CCOO.

A comisión negociadora constitúese valida e debidamente en todas as súas sesións e as partes recoñecéronse mutuamente a representación con que actuaron e a capacidade suficiente para o outorgamento dos acordos do presente convenio.

Artigo 42 º.PLUS DE PRODUCTIVIDADE

Establesece un complemento de plus de productividade da cantidade fixado no Anexo I que será percibido pola correcta realización do traballo según as funcións ropias de cada categoria. Respecto ó plus de productividade, aclarase que o mesmo se devenga en 11 pagas,agásen vacacións, se ben por facilita-lo proceso de xestión de nómina, o seu abono se fará en 12 mensualidades. Polo que o importe de 13,64€ en 11 pagas pasará a 12,50€ en 12 mensualidades no ano 2012 e o de 27,28€ en 11 pagas pasará a 25€ en 12 mensualidades no 2013, a tal efecto.

Dito complemento non será percibido o mes no que o traballaror sexa sancionado pola comisión dalgunha infracción que teña relación co desenrolo do traballo (baixo rendemento, falta de asistencia, ausencias, etc.)

*Anexo I (TáboasSalariais).

*Anexo II (Regulamentodo Comité de Seguridade e Saúde Laboral).

*Anexo Informativo (ParaLicenzas Retribuídas).

TABLA SALARIAL 2012

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

TABLA SALARIAL 2013

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

ANEXO II (REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE)

 
Artigo 1 - OBXECTO

O presente regulamento acordarase entre os Delegados de Prevención e os representantes da Empresa que constitúen o Comité de Seguridade e Saúde (C.S.S.) da empresa en base aos art. 38 e 39 da Lei de Prevención de Riscos Laborais e, concretamente do seu art. 38.2 e 3 que prevé a adopción polo propio C.S.S. das súas normas de funcionamento.

Artigo 2 - ORGANIZACIÓN

Dado o carácter paritario do C.S.S., todas as actuacións deberanse realizar de forma conxunta, tras o acordo previo coa representación de ambas as partes.

O cargo de presidencia e o da Secretaría, será exercido por un representante de cada unha das partes, empresarial e sindical.

Artigo 3 - COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE (ART. 38)

O C.S.S. como órgano de participación para a consulta regular e periódica sobre Saúde e Seguridade, (art. 38.1) coñecerán de todas as cuestións relacionadas con política de Prevención na Empresa e, especificamente, das seguintes cuestións:

a) A identificación dos riscos que deben ser obxecto de avaliación e control. b) A determinación dos criterios e procedementos para a avaliación dos riscos.

c) A elaboración posta en práctica, avaliación e revisión dos planos e programas de prevención.

d) O estudo previo do impacto para a saúde laboral de proxectásenos materia de planificación, organización do traballo e introdución de novas tecnoloxías.

e) Os procedementos, contido e organización das actividades de información e formación dos traballadores e traballadoras en materia de saúde e seguridade.

f) As iniciativas de mellora das condicións de traballo ou de corrección das deficiencias existentes por proposta dalgunha das partes.

g) A designación pola empresa de traballadores ou traballadoras para ocuparse de funcións preventivas, a determinación de devanditas funcións e a avaliación do seu cumprimento.

h) A selección da modalidade e entidade, composición e tipo de persoas expertas necesarias para a constitución do servizo de prevención, así como a planificación da actividade que estas deben desenvolver e a avaliación do seu funcionamento.

i) A asignación orzamentaria para a organización de recursos de prevención.

j) desempeño de programas de vixilancia da saúde adaptados aos riscos e a avaliación dos seus resultados coas limitacións previstas no art. 22.4 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Por acordo entre as partes e sen prexuízo do previsto no art. 5.F do presente regulamento, o C.S.S. poderá ocuparse tamén de temas ambientais relacionados coa seguridade e saúde laboral.

Artigo 4 - COMPETENCIAS DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE

(art. 39). Para o exercicio das súas funcións o C.S.S. ten as seguintes facultades:

a) Coñecer directamente a situación relativa á prevención de riscos no centro de traballo, realizar as visitas que considere oportunas aos lugares de traballo co fin de coñecer directamente a situación relativa á prevención (art. 39.2)

b) Acceder a toda a documentación existente na empresa sobre cuestións relacionadas coas condicións de traballo e os seus riscos para a saúde, así como calquera outra que sexa necesaria par o cumprimento das súas funcións.

c) Coñecer cantos informes e estudos obteña a empresa sobre as cuestións relacionadas coa prevención, procedentes dos servizos de prevención, das inspeccións de traballo ou doutras entidades.

d) Coñecer e informar sobre a programación anual dos servizos de prevención.

e) Solicitar a intervención ou o asesoramento do servizo de prevención diante de problemas específicos.

f) Promover e participar nas investigacións sobre:

Avaliación e control de riscos.

Incidencias dos danos derivados do traballo

Avaliación da eficacia da acción preventiva. Coñecer e analizar os resultados estatísticos das actividades de vixilancia da saúde, así como os indicadores de absentismos por enfermidade co fin de identificar eventuais relacións entre risco e dano.

h) Promover a participación e a colaboración dos traballadores e traballadoras en prevención, recollendo e estudando as súas cuestións e propostas.

i) Estudar e ditaminar sobre cantas propostas realice a empresa en relación coa prevención de riscos. Propor a ampliación, temporal ou permanente, do número de representantes en e C.S.S. en función das tarefas e necesidades da prevención.

k) Solicitar do empresario a adopción de medidas de carácter preventivo e para a mellora dos niveis de protección da seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras, podendo para tal fin efectuar propostas ao empresario, así como ao C.S.S. para a súa discusión neste.

l) O C.S.S. poderá constituír grupos de traballo para tratar ou facer o seguimento de problemas específicos que se rexerán polas mesmas normas de funcionamento tratadas no presente regulamento.

Artigo 5 - REUNIÓNS

O C.S.S. reunirase de forma trimestral e sempre que o solicite algunha das representacións de devandito comité.

O C.S.S. poderase reunir con carácter extraordinario cando concorran algunha das seguintes situacións:

a) Accidentes ou danos graves.

b) Incidentes con risco grave.

c) Situacións de risco grave por falta de medidas de seguridade.

d) Balance anual do Plan de Prevención e informe de memoria e programación do Servizo de Prevención.

e) Sancións por incumprimento.

f) Denuncias por problemas ambientais relacionados coa seguridade e saúde laboral.

Artigo 6 - CONVOCATORIA DE REUNIÓNS

As reunións do C.S.S. convocaranse por escrito con 72 horas de antelación, como mínimo, e unha orde do día previamente pactada entre a presidencia e a secretaria, excepto nos casos de reunións extraordinarias por motivos de urxencia, con indicación do motivo da reunión, temas a tratar e facilitando a documentación que houbese.

Artigo 7 - REDACCIÓN DAS ACTAS DE REUNIÓN

A secretaría tramitará as convocatorias e redactará o acta de cada reunión recollendo nela todos os asuntos tratados e os acordos adoptados, así como os puntos en que non se chegase ao acordo e os motivos do desacordo.

Artigo 8 - DIFUSIÓN

Tanto as convocatorias como os acordos do C.S.S. deberán facerse público entre os traballadores e traballadoras da Empresa, que poderán facer chegar as súas queixas e protestas ao C.S.S. ben persoalmente ou por escrito, a través dos Delegados de Prevención.

Artigo 9 - INFORMACIÓN A PRESENTAR POLOS RESPONSABLES TÉCNICOS DE PREVENCIÓN DA EMPRESA

Anualmente en reunión ordinaria, a empresa presentará ao C.S.S. un informe que conteña, polo menos, os seguintes aspectos:

a) Nivel de aplicación e resultados do Plan de Prevención e Acción.

b) Resultados dos eventuais controis ambientais (Medidas Hixiénicas) ou actividades de vixilancia da saúde.

c) Incidencias (accidentes de traballo e enfermidades profesionais) relacionados co traballo. d) Incidencia de enfermidades que causen baixas laborais.

Artigo 10 - PARTICIPANTES (ART. 38.2)

Nas reunións do C.S.S. poderán participar, por acordo unánime do Comité, e con voz, pero sen voto, os Delegados de Persoal e as persoas responsables de prevención da empresa.

En idénticas condicións poderán participar, por solicitude dalgunha das partes e en relación cos temas obxecto do debate, persoas asesoras internas ou externas á empresa ou traballadores e traballadoras da propia empresa.

Artigo 11 - GARANTÍA DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN (ART. 37 LEI PRL)

Será considerado como tempo de traballo efectivo e polo tanto non computará como crédito horario sindical o correspondente a:

a) Reunións do C.S.C.

b) Reunións convocadas pola empresa para tratar temas de prevención de riscos e para achegar información cando ocorran danos na saúde dos traballadores/as.

c) O destinado a acompañar aos técnicos nas avaliacións de carácter preventivo.

d) O destinado a acompañar os Inspectores de Traballo e Seguridade Social nas visitas e verificacións que realicen no centro de traballo relacionadas coa seguridade e saúde laboral. e) O dedicado a recibir formación en materia de seguridade e saúde laboral.

f) Realizar visitas aos lugares de traballo segundo o artigo 36.e da Lei de PRL.

ANEXO III (ANEXO INFORMATIVO PARA LICENZAS RETRIBUÍDAS)

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

Vigo, a 26 de outubro de 2012.A Xefa Territorial, P.A. (D.109/12, do 22 de marzo), A xefa do Servizo de Coordinación Administrativa, María Peón Fernández.