Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS. PERSOAL LABORA...12011995) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
28/10/2005

-. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS. PERSOAL LABORAL (32000612011995) de Ourense

Tiempo de lectura: 16 min

Tiempo de lectura: 16 min

Convenio afectado por

Resolución do 12 de maio de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio regulador das condicións de traballo para o persoal laboral ao servizo do Concello do Barco de Valdeorras, para o ano 2005. (Diario Oficial de Galicia num. 208 de 28/10/2005)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Capítulo VIII Dereitos sociais

Artigo 33º.Créase un fondo social único tanto para o acordo como para o convenio, dotado cunha cantidade anual de 28.840,82 A non acumulables para o exercicio seguinte. Esta cantidade incrementarase todos os anos no IPC real.

Para a solicitude das axudas sociais abrirase un período comprendido entre o 1 e o 31 de decembro de cada ano, e faranse efectivas durante o primeiro trimestre do ano seguinte.

A conta da axuda do fondo social será proporcional ao tempo traballado durante o ano; en caso de que as axudas solicitadas superen a contía do fondo, este repartirase proporcionalmente.

Non se cargarán neste fondo social as contías por anticipos, primas de seguros e xubilacións anticipadas.

Artigo 34º.O concello designará ao seu cargo a defensa do traballador que como consecuencia do exercicio das súas funcións sexa obxecto de actuacións xudiciais, asumindo as custas e gastos que deriven de actuacións fronte a terceiros, incluídas fianzas, menos nos casos en que se recoñeza na sentenza dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe.

O tempo que o persoal laboral empregue nas actuacións xudiciais derivadas da súa función fóra da xor nada laboral será considerado para todos os efectos

como tempo de traballo efectivo. O concello garantirá a adscrición do persoal laboral público que preste os seus servizos como condutor a un posto de traballo axeitado aos seus coñecementos, en caso de retirada temporal ou definitiva do carné de conducir, cando esta derive do exercicio das súas funcións e non exista dolo ou culpa do persoal laboral.

Artigo 35º.Por pedimento do interesado e tras o informe da comisión de control, o concello concederalles aos seus empregados anticipos de ata 4 mensualidades, cun tope máximo de 3.493,3 A, devolvéndose estes mediante deducións mensuais en nómina, sen xerar xuro ningún. O prazo para a devolución será fixado polo interesado dentro dos seguintes máximos: 14 meses para os anticipos de 1 mensualidade; 24 meses para os anticipos de 2 mensualidades; 36 meses para os de 3; 48 meses para os anticipos de 4 mensualidades. A cancelación dun anticipo antes da data de remate de devolución implicará para o interesado unha espera de 6 meses antes da concesión doutro novo anticipo.

Todo iso enténdese en función das posibilidades orzamentarias e tras o preceptivo informe da intervención municipal. A partida que o concello asignará para anticipos fíxase en 10.815,30 A anuais.

As solicitudes destes anticipos serán fundamentadas en necesidades e faranse entre o día 1 e o 31 de decembro de cada ano.

A estas cantidades, así como a todas as axudas sociais aplicaráselles a desviación real do IPC.

Artigo 36º.Establécese unha axuda por natalidade (ou adopción legal) , e nupcialidade na contía de 180,27 A.

Tamén se establece unha axuda por defunción do traballador en servizo activo, na contía de 1.081,53 A,

que se aboará no momento da presentación da solicitude.

Estas axudas son independentes das que poidan conceder outros organismos.

Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de odontoloxía, consistente no 50% do importe da factura oficial, sen que a dita axuda poida superar a contía de 180,27 A

por beneficiario. Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de oftalmoloxía (lentes ou lentes de contacto graduadas) consistente no 50% do importe da factura oficial, sen que dita axuda poida superar a contía de 180,27 A por beneficiario e só se aboará cando os gastos deriven de modificacións das condicións oculares, debidamente acreditadas, e non cando deriven de perdas ou deterioración.

Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de adquisición e implantación de próteses ortopédicas, auditivas, etc., e que non sexan cubertas pola Seguridade Social ou seguro de accidentes, sempre e cando non aparezan recollidas nas epígrafes anteriores. A dita axuda será do 50% da factura oficial e non poderá superar a contía de 144,20 A, ano por beneficiario.

As facturas deberán ser orixinais. A estas cantidades, así como a todas as axudas sociais aplicaráselles a desviación real do IPC.

Artigo 37º.O concello formalizará un seguro de cobertura das posibles responsabilidades civís de todo o persoal que preste os seus servizos nel, polos actos que realicen por razón do seu traballo. Este seguro será concertado cunha casa especializada e na súa determinación será oída a comisión de control.

Artigo 38º.Establécese unha axuda para os empregados públicos que cursen estudos en centros de ensino oficial, consistente no 100% do importe da matrícula. Esta axuda enténdese para estudos relacionados co seu posto de traballo. En caso de materias repetidas, non asistirá tal dereito. Esta axuda é incompatible con calquera outra que teña a mesma finalidade. Así mesmo, establécese unha axuda de escolaridade que percibirá o persoal laboral público en servizo activo e por cada fillo matriculado en centro de ensino oficial e polas contías seguintes: ensino infantil e primario 144,20 A/ano; ESO, FP e acceso á universidade: 216,30 A ano; universidade ou escola técnica: 432,61 A/ano.

Tamén se establece unha axuda para sufragar os gastos de fillos menores de 3 anos de 28,84 A/mes.

A estas cantidades, así como a todas as axudas sociais aplicaráselles a desviación real do IPC.

Artigo 39º.O persoal laboral público con cónxuxe ou fillo en situación de minusvalidez, incapacidade absoluta ou parcial superior ao 33% e que non realice traballos retribuídos, percibirá mensualmente a cantidade de 135,96 A salvo que perciba pensión de minusvalidez ou incapacidade de organismo oficial, superior ao 75% do SMI.

Artigo 40º.O concello subscribirá un seguro coas seguintes coberturas: morte ou invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e grande invalidez, ata os 65 anos, sempre e cando neste último suposto o traballador afectado non poida ser destinado a outro posto dentro dos existentes no concello, por calquera causa, durante as 24 horas do día, cobertura nacional e capital asegurado de 36.051,02 A. Este seguro será concertado cunha casa especializada e na súa determinación será escoitada a comisión de control. O prazo para a súa concertación será de tres meses desde

a publicación do convenio; mentres tanto prorrogarase o anterior ata que o novo produza efectos.

A estas cantidades aplicaráselles a desviación real do IPC.

Artigo 41º.Crearase un fondo de pensións para traballadores fixos, fixos descontinuos e interinos. O concello achegará 6.000 A no ano 2005, 9.000 A no ano 2006 e 0,5% da masa total retributiva no 2007 e seguintes e fará a súa repartición de xeito lineal entre os traballadores.

Artigo 42º.O concello garantirá, en todo caso, o quebranto de moeda, sempre que non exista dolo ou culpa grave no traballador.

Artigo 43º.Todo aquel traballador que prestase servizos no Concello do Barco de Valdeorras, durante 25 anos percibirá, ao momento do cumprimento destes e por unha soa vez e en concepto de premio á constancia, a cantidade de 4.326,32 A e 15 días de licenza. A esta cantidade, así como a todas as axudas sociais aplicaráselles o incremento real do IPC.

Calquera empregado que se xubilase antes dos 25 anos de servizos pero que teña máis de 20 traballados no Concello do Barco de Valdeorras percibirá polo mesmo concepto e no momento de xubilarse, a cantidade de 2.523,56 A. A estas cantidades aplicaráselles o incremento real do IPC.

Artigo 44º.-Xubilación anticipada. Os empregados municipais terán dereito a percibir unha prima por xubilación voluntaria anticipada de acordo coa seguinte escala: aos 64 anos: 3.605, 10 A;

aos 63 anos correpóndenlles 7.003,81 A; 62 anos: 10.815,30 A; aos 61 anos: 17.420,42 A, e os 60 anos: 26.630,62 A. A esta cantidade, así como a todas as axudas sociais aplicaráselles a desviación real do IPC. Esta prima poderá ser efectiva por pedimento do solicitante nun ou en varios prazos.

O concello comprométese a cubrir todas as vacantes que se produzan no seu cadro de persoal como consecuencia de xubilacións anticipadas, unha vez que teña feita a clasificación dos postos de traballo prevista na cláusula adicional a) deste convenio.

Capítulo IX Saúde laboral

Artigo 45º.O concello constituirá nesta entidade un servizo de medicina de empresa e un comité de seguridade e saúde.

Artigo 46º.O servizo de medicina de empresa, nunha primeira fase, estará constituído por un médico que controle as baixas por enfermidade e todo o relacionado coas

condicións médico-sanitarias dos empregados públicos, colaborando directamente co comité de seguridade e saúde. Este tipo de asistencia poderá ser concertada.

Artigo 47º.Con carácter xeral anualmente efectuaráselles un recoñecemento médico a todos os empregados públicos, do que se lles deberá dar coñecemento. Quedará ao xuízo do servizo médico o tipo de recoñecemento a que deba someterse o persoal laboral. Este recoñecemento, que será voluntario, realizarase preferentemente na xornada laboral.

Poderánselle realizar tamén revisións periódicas e específicas ao persoal que realice unha actividade que a faga conveniente.

Ademais do recoñecemento voluntario, os maiores de 50 anos poderán solicitar, con carácter voluntario, a realización dun exame cardiovascular.

Artigo 48º.O comité de seguridade e saúde é instrumento legal ao servizo do concello para o cumprimento das prescricións legais nesta materia.

Artigo 49º.Estará constituído por dous representantes do grupo de goberno e dous dos traballadores (un funcionario e un laboral) , e como presidente o concelleiro de réxime interior ou persoa en quen delegue.

Artigo 50º.As súas funcións serán:

a) Promover o coñecemento e a observancia da normativa nesta materia.

b) Coñecer e recibir información dos riscos profesionais.

c) Estudar as situacións de perigosidade, accidentes ocorridos, analizar as súas causas e realizar propostas motivadas de prevención.

d) Confeccionar un ficheiro de locais do concello e estudar as súas condicións de seguridade e salubridade, para o que deberá contar co máximo apoio da corporación.

e) Realizar campañas de mentalización e prevención de accidentes.

f) Poñer en coñecemento dos órganos competentes as situacións de perigosidade e risco que se produzan de xeito eventual e con carácter de urxencia.

g) Promover a paralización profesional de traballos ante a presenza dun risco grave e inminente.

h) Realizar plans de evacuación.

i) Estudo do tipo e número de uniformes. Artigo 51º A competencia do comité de seguridade e saúde abrangue todos os centros de traballo propios ou dependentes do concello.

As conclusións deste comité trasladaranse á comisión de control.

Artigo 52º.O concello proporcionará uniformes de traballo en concordancia co posto e a función que se realice. O comité de seguridade e saúde informará antes sobre esta materia. Só terán dereito a uniforme os postos de traballo que exixan un vestiario especial.

Artigo 53º.Cada centro de traballo contará imperativamente cos medios precisos de primeiros auxilios en perfectas condicións de utilización en todo momento.

Artigo 54º.Os membros do comité de seguridade e saúde disporán do tempo necesario para asistiren ás reunións ou para realizaren os cometidos sinalados polo propio comité. O réxime de control será o mesmo que para o comité de empresa ou delegados de persoal.

Capítulo X Dereitos sindicais

Artigo 55º.A corporación e os representantes legais dos empregados comprométense a desenvolver as condicións que permitan o pleno exercicio da liberdade sindical.

Artigo 56º.A representación do persoal desenvolverase de conformidade co Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica de liberdade sindical e cantas disposicións desenvolvan esta materia.

Artigo 57º.É competencia dos representantes dos empregados a defensa dos intereses xerais e específicos dos empregados públicos, e en particular, a negociación das súas condicións salariais, sociais e sindicais. Os representantes dos empregados deberán ser informados:

a) Das cuestións que afecten o persoal e vaian ser tratadas na comisión informativa de persoal. Enviarase orde do día e acta da reunión anterior. Permitirase na devandita comisión a presenza dos representantes legais dos empregados, para que expoñan as súas opinións, pero non estarán presentes na deliberación e votación.

b) Darase audiencia en materia de sancións e expedientes disciplinarios.

c) Informarase dos contratos de conformidade coa lexislación vixente.

d) Da asignación de complementos, gratificacións, honores e distincións.

Artigo 58º.Os representantes dos empregados terán a capacidade xurídica que o ordenamento xurídico lles outorga para o exercicio das accións administrativas ou xudiciais que procedan, no ámbito das súas competencias.

Artigo 59º.Os representantes dos empregados deberán ser consultados preceptivamente en relación cos cambios de horarios e quendas, agás modificacións transitorias, así como na reestruturación do cadro de persoal e reorganización deste.

Artigo 60º.Recoñécese o dereito de folga, de conformidade coa Constitución, e a súa normativa de desenvolvemento, ben que as partes se comprometen a exercelo en último caso.

Artigo 61º.Os representantes legais dos empregados non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica. Ningún deles pode ser trasladado nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, por motivos sindicais.

Cada un dos membros dos órganos de representación, así como o secretario xeral da sección respectiva e os delegados sindicais disporán de 18 horas mensuais para realización das súas actividades, coas seguintes especificacións:

a) Quedan fóra de cómputo as empregadas en negociación colectiva ou por proposta da Administración.

b) A comunicación do seu uso realizarase con 24 horas de antelación, 48 horas se se ten traballo a rolda, ante o Servizo de Réxime Interior e no propio servizo. No caso de que non se poida facer así, respectaranse as necesidades do servizo, pasando posteriormente notificación a réxime interior.

c) Tamén, coa antelación que sexa posible, os membros de comisión negociadoras comunicarán nos seus servizos as devanditas ausencias.

d) Mensualmente poderanse acumular as horas dos empregados presentes nos distintos órganos de representación, así como as do delegado da sección sindical, nun ou varios dos compoñentes das seccións sindicais, dando coñecemento diso con antelación suficiente á dirección de persoal, con expresión de quen acumula, de quen procede e sempre por decisión do sindicato ao que pertenzan.

Artigo 62º.As reunións nos centros de traballo autorízanse fóra da xornada laboral, agás o acordo en contrario. Neste caso concederanse autorizacións ata un máximo de 36 horas anuais: destas, 15 horas corresponderán ás seccións sindicais e o resto ao comité de empresa. En calquera caso, a realización de reunións non prexudicará a prestación dos servizos públicos e procurarase que coincida coa entrada ou saída dos empregados.

Artigo 63º.Os representantes dos empregados públicos desde concello están obrigados expresamente a:

a) Cumprir e respectar o pactado e negociado coa corporación.

b) Desenvolver labores de estudo e asistencia ao labor sindical.

c) Notificarlle á corporación calquera cambio de membros que se produza no seu seo.

Artigo 64º.Calquera conflito colectivo que xurda no ámbito desde convenio requirirá, para a súa consideración de licitude, o previo coñecemento da comisión de control, que deberá arbitrar a solución do conflito. No caso de que non se chegue a unha solución, a comisión poderá determinar as condicións e persoas que someterán a arbitraxe a cuestión controvertida. Tamén se poderá acudir ás vías da Lei 7/1990 e a outras vías legais que poidan ser de aplicación.

Capítulo XI Formacion profesional

Artigo 65º.O persoal laboral público poderá acceder á realización de calquera curso relacionado co seu posto de traballo convocado polo concello ou calquera outro organismo, respectándose o principio de igualdade de oportunidades. A asistencia aos cursos terase en contra para a promoción profesional, sempre e cando se expida certificación que amose o aproveitamento das materias impartidas. Anualmente elaborarase un programa destinado á formación permanente do persoal laboral público pola comisión de control.

Capítulo XII Réxime disciplinario

Artigo 66º.O réxime disciplinario e o procedemento para a imposición de sancións, con plena observancia e en defecto do disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación laboral que sexa de aplicación, será o previsto para os funcionarios da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cláusulas adicionais

a) O concello comprométese a realizar unha clasificación de postos de traballo ao longo da vixencia desde convenio regulador.

b) O calendario laboral anual, as vacacións e o calendario escolar do conservatorio de música e da escola de gaitas virán determinados polas ordes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que regulan o funcionamento dos conservatorios públicos de música.

c) O persoal adscrito ás brigadas realizará a xornada laboral continuada entre as 8.00 e as 15.00 horas, adiantándose este horario nunha hora nos meses de xuño, xullo e agosto.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

As seguintes categorías verán incrementadas as súas retribucións a partir do 1 de xaneiro de 2001 e ata o 31 de decembro de 2005 nas seguintes cantidades:

Peón, conserxe e subalterno en 1.514,55 A, distribuídos en 14 mensualidades de 21,64 A durante 5 anos, que se aplicará ás táboas salariais unha vez revisados co IPC de cada ano.

Oficial de 1ª, 2ª, operador de cine, encargado en 1.766,98 A, distribuídas en 14 mensualidades de 25,24 A, durante 5 anos, que se aplicará ás táboas salariais unha vez revisados co IPC de cada ano.

e) As retribucións mensuais correspondentes ao desempeño de cargos directivos do conservatorio de música e da escola de gaitas serán: dirección (228,33 A) , xefatura de estudos (228,33 A) e secretaría (228,33 A) .

f) Independentemente do anterior, a todos os traballadores laborais incrementaráselles a súa retribución na porcentaxe que marquen os orzamentos do Estado.

g) Os uniformes de traballo daqueles traballadores que teñan dereito a eles seranlles entregados cada seis meses.

Cláusula adicional

a) O concello asume o compromiso de fomentar o emprego público así como o compromiso de cubrir todas as vacantes de forma fixa mediante a correspondente oferta pública de emprego, así como o compromiso de orzar nos orzamentos de 2005 a cantidade de 30.000 A para sacar a concurso a realización da RPT.

b) Os métodos de provisión, selección e cantas probas sexan necesarias xuntaranse ao posto que se vai cubrir, e serán similares ás realizadas na Xunta de Galicia para o persoal funcionario e laboral, e tendo en conta o acordo regulador e o convenio colectivo do Concello do Barco de Valdeorras.

A entrada en vigor deste convenio está supeditada en todo caso á súa aprobación polo Pleno da Corporación municipal, así como ao cumprimento do resto de disposicións ao respecto vixentes no ordenamento xurídico.

O Barco de Valdeorras, 1 de abril de 2005.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)