Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE CHANTADA. PERSOAL FUNCIONARIO de Lugo
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...IO de Lugo

Última revisión
18/01/2010

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE CHANTADA. PERSOAL FUNCIONARIO de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2009 en adelante

Tiempo de lectura: 95 min

Tiempo de lectura: 95 min

Documento oficial en PDF(Páginas 1-24)

Acordo regulador das condicions de traballo do persoal funcionario ao servizo do concello de chantada. (Boletín Oficial de Lugo num. 13 de 18/01/2010)

Preambulo

ACTOS EXTRAESTATUTARIOS. Exp. 0001- 2009. Visto o texto do acordo das condicións de traballo dos funcionarios públicos do Concello de Chantada, asinado o día 19 de xuño de 2009 (aprobado polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 1 de decembro de 2009), en representación do Concello o Sr. AlcaldePresidente, pola parte social o delegado de persoal e os representantes de C. I. G., CC. OO., CSICSIF e de conformidade co disposto no art. 36 da Lei 9/1987 do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das Administracións Públicas.

Este Departamento Territorial acorda ordenalo depósito do citado acordo no depósito de pactos extraestatutarios deste Departamento, remitilo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 28 de decembro de 2009.

- O Xefe Territorial, Antonio Dacal López.- P. A. o Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa (Art. 41.2. a Decreto 335/2009, do 11 de xuño), Vicente Correa Díaz.

ACORDO REGULADOR DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO AO SERVIZO DO CONCELLO DE CHANTADA.

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS.

 
Artigo 1. Representación e lexitimidade.

As partes que concertan este acordo son o Concello de Chantada no exercicio da súa autonomía local e a representación dos sindicatos, constituídos na Mesa Xeral de Negociación nos termos previstos no capítulo IV do título III do EBEP.

Artigo 2. Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación no ente territorial Concello de Chantada e na totalidade de organismos e entes públicos que formen ou poidan formar parte do mesmo.

Artigo 3. Ámbito persoal.

O presente acordo aplicarase integramente ao persoal funcionario de carreira que preste servicios no Concello de Chantada, así como ao persoal interino, en todo aquilo que sexa compatible coa natureza da súa relación de emprego.

Artigo 4. Ámbito temporal, vixencia e denuncia.

O presente acordo regulador entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, abarcando o seu período de vixencia dende o 01 de xaneiro de 2009 ata o 31 de decembro de 2011, data na que se entendera prorrogado por anualidades de non existir denuncia dalgunha das partes ata a entrada en vigor do novo acordo que substitúa ao anterior trala oportuna negociación.

O acordo considerarase denunciado cando así o faga calquera das partes con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, a fin de iniciar as negociacións e deliberacións do novo acordo, en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

Artigo 5. Obxecto.

O acordo regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo dentro do seu ámbito de aplicación e derroga as normas iguais ou de inferior rango no que se opoñan ao seu contido.

Artigo 6. Carácter.

O acordo ten un carácter necesario e indivisible para todos os efectos, no sentido de que as condicións pactadas neste constitúen un todo orgánico e unitario.

Artigo 7. Condicións máis beneficiosas.

Enténdese este acordo como o marco global máis favorábel, as condicións do presente acordo teñen carácter supletorio da normativa vixente no Réxime Estatutario do Persoal das Administracións Públicas.

Artigo 8. Irrenunciabilidade.

Terase por nula e por non feita a renuncia por parte dos traballadores de calquera beneficio establecido no acordo.

Artigo 9. Aplicación favorable.

Como norma xeral, unha vez aplicado o acordo, e trala consulta á Comisión paritaria de control e seguimento, tódalas condicións establecidas no mesmo, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade, en canto ao seu sentido e alcance, terán que ser interpretadas con sometemento pleno á lei e ao dereito.

Artigo 10. Aplicación directa.

As partes signatarias do acordo comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puideran supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.

Artigo 11. Publicidade do acordo.

Con independencia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia a publicidade do presente texto farase por conta do Concello de Chantada, dando coñecemento do mesmo a todos os empregados.

Artigo 12. Confl ictividade laboral.

Antes de adoptar medidas disciplinarias ou actitudes confl ictivas de carácter colectivo, as partes asinantes do acordo comprométense a esgotar a vía do diálogo dentro da propia institución, acudindo á Comisión paritaria.

CAPÍTULO II. SEGUIMENTO E CONTROL.

 
Artigo 13. Comisión paritaria de control e seguimento

1. Dentro dos quince días seguintes á entrada en vigor deste acordo, constituírase unha Comisión paritaria de control e seguimento, integrada polo AlcaldePresidente, e por parte dos sindicatos un representante de cada un dos sindicatos de maior implantación na Administración mais o delegado de persoal ou membro do comité de empresa.

2. A Comisión paritaria de control e seguimento terá as seguintes funcións:

a) Interpretar a totalidade dos artigos e cláusulas do acordo.

b) Vixiar o cumprimento do pactado e denunciar, no seu caso, os incumprimentos.

c) Estudiar, propor e, cando proceda, resolver aquelas cuestións ou reclamacións que, de común acordo, lle sexan sometidas polas partes.

d) Actualizar o contido do presente acordo para adaptalo ás modificacións que poidan derivarse de cambios normativos ou de acordos ou pactos subscritos entre as administracións públicas e os sindicatos.

e) Facer o seguimento e, no seu caso, desenvolvemento da aplicación do acordo. A tal efecto a Comisión emitirá, cando o considere conveniente, un informe sobre estes extremos.

f) Asegurala non discriminación da muller, controlando a igualdade de trato, os posibles abusos, agresións de orde sexual, laborais, físicas ou psíquicas, tanto por parte dos compañeiros de traballo, como dos superiores

g) Impedir a realización de toda conducta abusiva ou de violencia psicolóxica que se realice de xeito sistemático sobre un traballador, manifestada especialmente a través de reiterados comportamentos, palabras ou actitudes que lesionan a dignidade ou integridade psíquica do mesmo e que poñan en perigo ou degraden as súas condicións de traballo

h) Aprobar un regulamento interno no que se concretará o seu réxime de funcionamento e as funcións a desenvolver.

i) Calquera outra función que expresamente se lle atribúa no acordo ou que, de común acordo, as partes consideren conveniente.

Artigo 14. Réxime de funcionamento

1. A comisión paritaria reunirase con carácter ordinario semestralmente e de xeito extraordinario cando o solicite polo menos o 50% dos seus compoñentes.

2. A comisión paritaria poderá utilizar os servicios ocasionais ou permanentes de asesores, con voz pero sen voto.

3. A comisión paritaria contará cun Secretario, que será un técnico designado polo Concello e que actuará na mesma con voz pero sen voto.

4. As convocatorias das sesións da comisión paritaria realizaraas o secretario, co visto e prace dos voceiros, mediante citación por escrito na que conste, lugar data e hora, así como a orde do día. A convocatoria enviarase ás partes cunha antelación mínima de sete días hábiles, respecto da data prevista de celebración, no caso de sesións ordinarias, e dous días naturais para o caso de sesións extraordinarias.

5. A orde do día das sesións da comisión será fixada polo secretario, co visto e prace dos voceiros.

6. Para que as sesións da Comisión paritaria poidan celebrarse validamente será precisa a asistencia de, polo menos, o 51% dos seus membros, así como do Secretario ou de quen o substitúa no cargo.

7. Os acordos deberán adoptarse por mais do 50% de cada unha das dúas representacións, sendo de carácter obrigatorio e vinculantes para ambas partes.

8. De cada xuntanza e ao seu remate, o Secretario da comisión redactará a correspondente acta na que haberá de constar o lugar, data e hora de comezo e remate da reunión, nomes e apelidos dos presentes, os asuntos tratados, os acordos adoptados cun resumo das opinións emitidas e a expresión dos votos. A correspondente acta así redactada pasarase inmediatamente á aprobación e sinatura de tódolos asistentes.

9. As actas das sesións arquivaranse nun rexistro que custodiará o secretario, baixo a súa responsabilidade, tendo que expedir as certificacións oportunas dos acordos que as referidas actas conteñan, cando así se reclame por parte lexitimamente interesada.

10. Cando ámbalas partes así o consideren, crearanse comisións de traballo específicas para tratar temas concretos e predeterminados. Estas comisións elaborarán dictames que logo serán presentados á Comisión paritaria, non sendo estes vinculantes senón meramente informativos.

11. As comunicacións oficiais da Comisión verificaranse sempre directamente e por escrito, sen que poidan admitirse traslados e reproduccións a través doutras instancias.

CAPÍTULO III. SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS.

 
Artigo 15. Solución extraxudicial de confl ictos colectivos

1. O Concello de Chantada e os representantes do persoal funcionario acordan como mecanismo de resolución e mediación nos posibles confl ictos colectivos ou discrepancias significativas e insolubles, o diálogo e a negociación.

2. Esgotadas as vías de negociación e diálogo, a resolución extraxudicial de confl ictos deberá levarse a cabo por procedementos de mediación e arbitraxe, sempre e cando o ordenamento vixente o permita.

3. Mediante o procedemento de arbitraxe as partes poderán acordar de mutuo acordo encomendar a un terceiro a resolución de calquera confl icto, comprometéndose de antemán a aceptalo contido desta

4. O acordo logrado a través da mediación ou da resolución de arbitraxe terá a mesma eficacia xurídica e tramitación que os pactos e acordos regulados por Lei, sempre que quen adoptase o acordo ou subscrito o compromiso arbitral tivese a lexitimación que lles permita acordar, no ámbito do confl icto, un pacto ou acordo conforme ao previsto pola Lei.

5. Estes acordos serán susceptibles de impugnación. Especificamente caberá recurso contra a resolución arbitral no caso de que non se observaran no desenvolvemento da actuación arbitral os requisitos e formalidades establecidos para o efecto ou cando a resolución versase sobre puntos non sometidos á súa decisión, ou que esta contradiga a legalidade vixente.

6. A utilización destes sistemas efectuarase conforme aos procedementos que regulamentariamente sexan determinados tralo acordo cos representantes do persoal funcionario conforme ao regulado actualmente a este respecto. En todo caso, o esgotamento do procedemento previo ante a comisión paritaria, os procedementos de solución de confl ictos e de conciliación e mediación, así como de arbitraxe, seguirán o previsto no Estatuto Básico do Empregado Público.

CAPÍTULO IV. DEREITOS SINDICAIS.

 

SECCIÓN 1ª. DO DEREITO Á ACTIVIDADE SINDICAL.

 
Artigo 16. Dereito á sindicación.

1. O persoal funcionario do Concello de Chantada ten dereito a sindicarse libremente en defensa e promoción dos seus intereses profesionais, económicos e sociais.

2. O dereito á libre sindicación comprende o dereito a afiliarse ao sindicato da súa elección, a separarse do que estivese afiliado, non podendo ninguén ser obrigado a afiliarse a un sindicato, e a elixir libremente aos seus representantes.

Artigo 17. Protección para o exercicio do dereito a actividade sindical.

1. O Concello proporcionará a axeitada protección ao persoal ao seu servicio contra todo acto antisindical que implique discriminación ou demérito relacionado co seu emprego.

2. A dita protección exercerase especialmente contra todo tipo de accións ou actuacións que persigan:

a) Infl uír nas condicións de emprego do funcionario para que este se afilie ou non a unha central sindical, que deixe de ser membro dela, ou que renuncie á actividade sindical.

b) Fustigar ou relegar a calquera funcionario no seu lugar de traballo, ou prexudicalo de calquera xeito a causa da súa pertenza a unha central sindical ou da súa participación nas actividades sindicais.

c) Condicionar o emprego público á esixencia de afiliación ou non a calquera central sindical, ou á esixencia de causar baixa na mesma.

Artigo 18. Exercicio da actividade sindical

1. Os empregados públicos do Concello teñen dereito a dedicarse á acción sindical no lugar, tempo e forma previstos na Lei Orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de liberdade sindical, así como no establecido no EBEP e sempre que non se opoña o mesmo na Lei 9/1987, do 12 de maio, de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servicio das administracións públicas, así como en calquera outra norma que sexa de aplicación.

2. Para estes efectos, entenderase como ámbito material inmediato para a acción sindical no Concello os centros de traballo, considerándose como tales, tanto o propio de cada funcionario como calquera outra dependencia, establecemento ou local pertencente ao Concello, aínda que se encontre situado en sede distinta.

Artigo 19. Respecto ás necesidades do servicio.

Os dereito recoñecidos aos empregados municipais neste capítulo, exercitaranse co debido respecto ás persoas e bens, procurando sempre non interferir na boa marcha do traballo e na atención ás necesidades do servicio.

SECCIÓN 2ª. DAS SECCIÓNS SINDICAIS.

 
Artigo 20. Dereito a constituír seccións sindicais.

Os empregados públicos do Concello afiliados a centrais sindicais legal e validamente constituídas e recoñecidas poderán constituír seccións sindicais de conformidade co establecido no presente capítulo e coa lexislación vixente.

Artigo 21. Constitución das seccións sindicais.

Para a atribución das garantías, facultades, funcións e competencias recoñecidas neste acordo, as sección sindicais deberán acreditar que as centrais sindicais ás que pertencen obtiveron polo menos o 10% dos votos nas eleccións dos órganos de representación do persoal celebradas no Concello ou que teñen a condición de centrais sindicais maioritarias, de conformidade co previsto na LOLS.

Artigo 22. Atribucións das seccións sindicais. As seccións sindicais terán, entre outras, as seguintes facultades, garantías, funcións e competencias:

a) Representar e defender os intereses da central sindical a que pertencen e dos afiliados da mesma.

b) Posuír e exercer a través dos correspondentes comités, delegados ou representantes sindicais, a representación legal para asuntos sociolaborais de todos e cada un dos seus afiliados, sen prexuízo doutras formas legais de representación que puidesen solicitar os mesmos.

A atribución de representación ás seccións sindicais implica, entre outras facultades, a de realizar calquera clase de intervención, pedimento, reivindicación ou reclamación de índole sociolaboral, por escrito ou mediante comparecencia, en nome e representación de calquera afiliado, sen menoscabo do exercicio individualizado das mesmas que puidese realizar éste.

c) Recibir, do xeito previsto na normativa vixente, a máis completa información en todos os asuntos do persoal Concello por medio dos seus delegados.

d) Recoller as diversas reivindicacións sociolaborais do persoal ao servicio do Concello e propoñelas ás autoridades ou órganos correspondentes dos representantes do persoal funcionario ou da asemblea xeral.

e) Informarse por iniciativa propia de todas as cuestións que afecten ao persoal do Concello. Para estes efectos, os delegados ou representantes sindicais poderán ter acceso a toda a documentación relativa ás ditas cuestións, previa autorización da Alcaldía, dentro dos límites legais, así como da reserva e o non abuso. O concello garantirá a consulta ou reproducción gratuíta daqueles que se consideren precisos para o exercicio da actividade sindical, sen prexuízo das garantías que se consideren oportunas para evitar o extravío dos documentos, así como das responsabilidades legais en que os solicitantes puidesen incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional e sindical.

f) Exhibir e difundir libremente, en horas e lugares de traballo, calquera tipo de información, prensa, propagan da e publicacións de carácter sindical ou de interese laboral ou profesional. Para estes efectos, o Concello disporá a colocación, ás súas expensas, de taboleiros de anuncios sindicais para a exposición e divulgación de calquera documentación do tipo anteriormente sinalado en todos os centros de traballo pertencentes ao Concello, en lugares adecuados e visibles. O número, tamaño e distribución dos taboleiros, será o adecuado ás dimensións e estructura do centro, de xeito que se garanta a máis ampla publicidade e accesibilidade ao que se expoña.

g) Convocar e celebrar reunións e asembleas, tanto de afiliados como de todo ou parte do persoal nos termos previsto na Lei 9/1987, de 12 de xuño de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servicio das Administracións Públicas.

h) Empregar asesores en calquera actividade que realicen no exercicio das súas competencias.

i) Para recadar as cotas sindicais, a sección sindical poderá acordar co Concello o seu desconto en nómina, logo da autorización dos seus afiliados

j) Presentar e negociar perante os órganos resolutorios correspondentes cantos asuntos procedan en materia de condicións de traballo, seguridade e saúde laboral, réxime de asistencia, seguridade e previsión social, no que sexa competencia do Concello e de conformidade coa regulamentación relativa aos dereitos de negociación e participación que se recollen na lei e no presente acordo.

k) Expresar libremente opinións respecto das materias relativas á súa esfera de actividade.

l) Proporcionar asistencia e defensa, e obter audiencia no suposto de seguirse procedemento disciplinario contra calquera dos seus afiliados, sen prexuízo do dereito individual de audiencia, regulada no dito procedemento.

Artigo 23. Delegados sindicais

1. As seccións sindicais que obtivesen un 10% dos votos nas eleccións aos representantes do persoal funcionario terán dereito a elixir un delegado sindical. As seccións sindicais dos sindicatos que non acadase a dita porcentaxe estarán representadas por un so delegado sindical.

2. Os delegados sindicais terán as seguintes funcións e dereitos:

a) Exercitar as competencias atribuídas á sección sindical que representan.

b) Autentificar coa súa firma o que a súa sección sindical expoña nos taboleiros de anuncios.

c) Convocar as reunións da sección sindical

d) Dispoñer, sen menoscabo das súas retribucións, do mesmo número de horas sindicais que os membros

dos órganos de representacións dos traballadores dentro da xornada de traballo, sen prexuízo das que lle poidan corresponder por ser tamén membro dos mesmos.

e) Exercer en nome e representación da súa sección sindical cantas accións xudiciais ou administrativas requira o cumprimento da súa función.

f) Serlle admitida a súa abstención ou escusa no suposto de ser designado como instructor ou secretario nun expediente disciplinario.

Artigo 24. Sixilo profesional.

Tanto os delegados de persoal, como as seccións sindicais no seu conxunto observarán sixilo profesional no exercicio das súas funcións en todas aquelas materias sobre as que o Concello sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado polo Concello ás seccións sindicais e aos seus delegados poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito municipal e para fins distintos dos que motivaron a súa entrega.

SECCIÓN 3ª DO DEREITO Á REPRESENTACIÓN COLECTIVA.

 
Artigo 25. Os representantes do persoal funcionario.

Os delegados do persoal funcionario ou a Xunta de Persoal, de selo caso, son os órganos de representación específico do conxunto do persoal funcionario do Concello de Chantada, sen prexuízo da representación que corresponda aos delegados e seccións sindicais en relación cos seus afiliados.

A composición, estructura orgánica e funcionamento dos órganos de representación serán as que se determinen na lexislación ao respecto e nos seus propios regulamentos.

Artigo 26. Garantías e facultades. Os representantes do persoal funcionario terán as seguintes garantías e facultades:

a) Audiencia do órgano ao que pertencen no suposto de seguirse procedemento disciplinario a un traballador, sempre que exista pedimento expreso neste senso por parte do inculpado

b) Expresar individual ou colexiadamente con liberdade as súas opinións nas materias relativas á esfera da súa representación, podendo confeccionar, publicar e distribuír información de interese profesional, laboral ou social.

Para estes efectos, o Concello facilitará aos órganos de representación idénticos medios que os sinalados para as seccións sindicais

c) Non ser trasladados, sancionados nin discriminados no seu traballo, promoción económica ou profesional, durante o exercicio das súas funcións nin dentro dos dous anos seguintes á expiración do seu mandato por razón do desempeño da súa representación

d) Dispor dun crédito de 25 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións. Para estes efectos non se computarán as horas empregadas en xuntanzas con representantes da Corporación.

e) Poderanse acumular nun ou varios membros dos representantes do persoal funcionario ou delegados da sección sindical as horas sindicais correspondentes a outros delegados da mesma sección sindical ou membros dos órganos de representación, sen exceder do máximo total, podendo quedar relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.

f) Utilizar un local facilitado polo Concello na medida das súas posibilidades para actividades sindicais cunhas características e equipamento que satisfagan as diversas necesidades que, en canto a capacidade, dotación, material e situación física puidesen presentarse. Este local será compartido coas seccións sindicais

g) O Concello de Chantada dotará aos representantes do persoal funcionario dun orzamento anual para actividades sindicais. Para estes efectos o Concello aboará no primeiro trimestre de cada ano a cantidade de 500 € que se incrementarán na porcentaxe que anualmente se incrementen as retribucións do persoal.

Como consecuencia do anterior, o Comité estará obrigado a levar unha contabilidade pública e exacta na que se recollan todos os ingresos e gastos debidamente xustificados. A estes efectos o Comité nomeará de entre os seus membros un tesoureiro que será o responsable de levar as ditas contas.

h) Seralles admitida a súa abstención ou escusa no suposto de ser designados como instructores ou secretarios nun expediente disciplinario.

Artigo 27. Competencias.

Sen prexuízo do previsto na normativa vixente, os representantes do persoal funcionario terán as seguintes competencias:

a) Recibir, do xeito previsto na normativa vixente, a máis completa información en todos os asuntos de persoal do Concello.

b) Ser oídos na fase preparatoria do proceso de formación da vontade administrativa orientada á adopción de acordos en materia de persoal, consonte co previsto no presente capítulo e na normativa de xeral aplicación, sen prexuízo da preceptiva negociación sobre os asuntos indicados no presente acordo e na lexislación vixente.

Artigo 28 Capacidade e sixilo profesional

1. Recoñéceselle aos representantes do persoal funcionario capacidade para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ao ámbito das súas competencias.

2. En canto ao deber de manter sixilo no exercicio das súas funcións, aos representantes do persoal funcionario seranlles de aplicación as regras previstas neste acordo para as seccións sindicais e os seus delegados.

SECCIÓN 4ª DO DEREITO DE REUNIÓN.

 
Artigo 29. Dereito de reunión.

Os funcionarios do Concello de Chantada poderán exercitar o dereito de reunión cos requisitos e condicións sinaladas nesta sección e na demais normativa de aplicación.

Artigo 30. Lexitimación para o exercicio.

Están lexitimados para convocar reunións: - A Xunta de persoal ou os delegados do persoal funcionario.

- As organizacións sindicais, directamente ou a través dos delegados sindicais.

- Un número de traballadores non inferior ao 40% do colectivo convocado.

Artigo 31. Do lugar e momento da reunión

1. Poderán autorizarse reunións no centro de traballo dentro da xornada laboral ata un máximo de 36 horas anuais. Destas, dezaoito horas corresponderán ás seccións sindicais e o resto aos delegados do persoal funcionario ou Xunta de Persoal.

2. Sen prexuízo do anterior, en período electoral as candidaturas que se presenten poderán convocar e celebrar asembleas de persoal dentro da xornada laboral, por un tempo máximo para todas elas de 4 horas en cada centro de traballo.

3. Non existirá ningún tipo de limitación para celebrar reunións fóra da xornada de traballo, sempre que se garanta a seguridade das instalacións ou dependencias.

4. En calquera caso, a celebración da reunión non prexudicará a prestación dos servicios.

5. O Concello facilitará os locais adecuados para que as reunións poidan celebrarse. As súas características e equipamento satisfará ás diversas necesidades que en canto a capacidade, material e situación puidesen presentarse.

Artigo 32. Convocatoria da reunión. Os requisitos para celebrar unha reunión son os seguintes:

a) Comunicar por escrito a súa celebración con antelación de dous días hábiles se a reunión ten lugar fóra da xornada de traballo, e de tres días se é dentro da xornada laboral

b) Indicar no escrito: a. Día, hora e lugar de celebración. b. Colectivo ao que se convoca. c. Orde do día. d. Identificación dos asinantes, que deberán estar lexitimados para convocar a reunión consonte o disposto neste capítulo.

c) As reunións entenderanse autorizadas e poderán celebrarse sen outro requisito se a autoridade competente non formula obxeccións á mesma mediante resolución motivada cando menos vintecatro horas antes da celebración.

SECCIÓN 5ª DOS DEREITOS DE NEGOCIACIÓN E PARTICIPACIÓN COLECTIVA.

 
Artigo 33. Do dereito á negociación colectiva.

A negociación colectiva e a participación na determinación das condicións de traballo dos empregados do Concello de Chantada efectuarase mediante a capacidade representativa recoñecida ás organizacións sindicais na normativa vixente.

Artigo 34. Mesa Xeral de Negociación do Concello de Chantada.

Para os efectos do disposto no artigo anterior constituirase unha mesa de negociación no ámbito do Concello de Chantada na que estarán presentes dunha parte os representantes do Concello e doutra os representantes das organizacións sindicais nos termos previstos no capítulo IV do título III do EBEP.

Por acordo entre as partes designarase a un empregado municipal do Concello para asumir as funcións de secretario da mesa de negociación, que será o encargado de redactar a correspondente acta de cada reunión, da que dará fe. Esta acta será ademais asinada por todos os membros da mesa. O secretario encargarase tamén das tarefas administrativas propias da preparación, convocatoria e publicidade da mesa de negociación.

As reunións da mesa de negociación do Concello terán lugar cunha periodicidade anual. Igualmente terán lugar reunións cando o soliciten de común acordo as partes ou por decisión dos representantes do Concello.

As partes recibirán notificación formal da celebración das reunións cunha antelación mínima de 48 horas, poñendo simultáneamente á súa disposición toda a documentación relativa aos asuntos incluídos na orde do día para os efectos do seu coñecemento e estudio previo.

Calquera das partes poderá deixar sobre a mesa os asuntos que, ao seu entender, requiran dun máis detido exame ou emisión de informe, ou cando considere que faltan datos ou antecedentes de importancia para fundamentar a adopción de acordos ou resolucións. Do mesmo xeito, calquera dos representantes sindicais poderá facer constar, tanto na acta da reunión como na parte expositiva da posterior resolución, o dictame ou informe que emitan ao respecto os órganos da corporación, as discrepancias de calquera índole e os argumentos en que se fundamenten.

Artigo 35. Obxecto da negociación

1. Serán obxecto de negociación no ámbito da mesa de negociación do Concello de Chantada, as establecidas no punto 1 do artigo 37 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2. Así mesmo quedan excluídas da obrigatoriedade da negociación, as materias que se citan no punto 2 do artigo 37 da Lei 7/2007, de 12 de abril

Artigo 36. Principio de boa fe.

En todo caso as negociacións realizaranse sempre baixo o principio de boa fe.

SECCIÓN 6ª. DO DEREITO DE FOLGA.

 
Artigo 37. O dereito de folga.

O persoal municipal poderá exercer o dereito de folga nos termos recollidos na lexislación vixente, sen prexuízo do establecido especificamente para a Policía Local na Lei Orgánica de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

CAPÍTULO V. DEREITOS E DEBERES.

 
Artigo 38. Dereitos laborais

1. Os funcionarios teñen como dereitos básicos, co contido e alcance que para cada un destes dispoña a súa normativa específica, os de:

a) Traballo e libre elección de profesión ou oficio e o desempeño das súas funcións con total independencia.

b) Libre sindicación

c) Negociación colectiva

d) Adopción de medidas de confl icto colectivo

e) Folga

f) Reunión

g) Participación

2. Na relación de traballo, e sen prexuízo do previsto nas normas de xeral aplicación, o persoal funcionario ten dereito:

a) Á ocupación efectiva do posto

b) Á promoción e formación profesional no traballo

c) A non seren discriminados para o emprego ou unha vez empregados, por razóns de sexo, estado civil, pola idade, raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas, afiliación ou non a un sindicato, así como por razón de lingua. Tampouco poderán ser discriminados por razóns de diminucións físicas, psíquicas e sensoriais, sempre que se atopasen en condicións de aptitude para desempeñar o traballo ou emprego de que se trate.

d) Ó respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual e fronte ao acoso por razón de orixe racial ou étnico, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual.

e) Á súa integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene.

f) Á percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida.

g) Ó exercicio individual das accións derivadas do seu nomeamento.

h) A cantos outros se deriven especificamente do nomeamento.

Artigo 39. Deberes laborais.

Sen prexuízo do previsto nas normas de xeral aplicación, os funcionarios teñen como deberes básicos:

a) Cumprir coas obrigas concretas do seu posto de traballo, consonte coas regras da boa fe e dilixencia.

b) Observar as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.

c) Cumprir as ordes e instruccións dos correspondentes órganos municipais no exercicio regular das súas facultades directivas.

d) Non concorrer coa actividade do Concello, nos termos fixados na Lei

e) Actuar de acordo cos principios de eficacia, economía e eficiencia, e vixiar a consecución do interés xeral e o cumprimento dos obxectivos do Concello.

f) Cantos se deriven, se é o caso, da súa vinculación laboral co Concello.

CAPÍTULO VI. CALENDARIOS LABORAIS, XORNADAS E HORARIOS.

 
Artigo 40. Calendario laboral ordinario.

O calendario laboral ordinario para o persoal do Concello de Chantada será o establecido e publicado no B. O. P. de Lugo nº 148 de 29 de xuño de 1995.

Os calendarios laborais anuais elaboraranse, preferentemente, antes do 15 de decembro de cada ano, e deberán ser expostos nos taboleiros de anuncios ao principio do ano. Poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas ou sobrevidas o esixan. As modificacións deberán motivarse e se notificarán con antelación oportuna os interesados e a representación sindical.

Artigo 41. Días non laborábeis.

Os días 24, e 31 de decembro, non serán laborábeis para o persoal do Concello de Chantada e permanecerán pechadas as oficinas públicas, agás os servicios de Información e Rexistro Xeral.

O día 22 de maio, Santa Rita, patroa da Administración Local, será celebrado como día patronal dos empregados públicos locais. No suposto de que este día coincida con festivo, sábado ou domingo substituirase polo día hábil inmediato anterior.

Artigo 42. Xornada laboral

1. A xornada anual ordinaria de traballo máxima establecese, por aplicación da lexislación vixente en 1.647 horas anuais, segundo se especifica no artigo 94 da Lei 7/85.

2. A xornada diaria realizarase con carácter ordinario de luns a venres, preferentemente en quenda de mañá de 8,30 horas a 15,00 horas, establecéndose unha xornada variable para cumprir co cómputo anual das 1.647 horas efectivas, que se poderán realizar as tardes de luns a venres ou mañás dos sábados, sen prexuízo dos horarios específicos que se establezan para cada servicio.

3. Para a Policía Local manterase o réxime de traballo por quendas, cumpríndose o cuadrante de quendas da Policía anexado ó presente convenio.

Cadros de traballo. Pola Alcaldía ou concellería delegada fixarase os cadros de traballo correspondentes para o persoal de servicios.

Para o persoal da Policía Local e Medio Ambiente

fixaranse os cadros correspondentes que garantan o funcionamento en quendas para os fins de semana e festivos a tenor da natureza do traballo.

O Alcalde ou persoa en quen delegue poderá autorizar con carácter excepcional, persoal ou temporalmente, a modificación do horario fixo para atender ás necesidades de conciliación da vida laboral e familiar.

O tempo de asistencia aos cursos de formación programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal para a capacitación profesional ou para a adaptación a un novo posto de traballo e de asistencia obrigada e considerarase tempo de traballo a tódolos efectos.

Artigo 43. Tempo de traballo efectivo.

Todo o persoal en réxime de xornada continuada disporá dunha pausa mínima de 30 minutos no medio da xornada, computándose como de traballo efectivo.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ao comezo como ao remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar e gardar roupa, materiais e útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir coas normas de seguridade e hixiene.

Para o persoal que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir da súa presencia no lugar de recollida ou reunión establecido ou no centro de control, tanto na entrada como na saída do traballo.

Artigo 44. Calendario de servicios especiais.

Naqueles servicios municipais que pola natureza da súa actividade deban organizarse por quendas de traballo, estas efectuaranse mediante a rotación entre todos os traballadores. Procurarase que nos servicios nos que a actividade se desenvolva en domingos, festivos, horas nocturnas, ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade as xornadas traballadas nas devanditas circunstancias sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ao servicio.

Os calendarios de servicios especiais deberán dispor un sistema de quendas, atendendo á dispoñibilidade de persoal e os servicios a realizar, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas, que non poderá ser inferior a 12 horas. Así mesmo, non poderán traballar dous fins de semana consecutivos, garantíndose librar como mínimo un fin de semana de cada dous. A xornada non excederá en cómputo anual do que se sinale para o resto do persoal. Os calendarios de servicios especiais preverán a xornada laboral ordinaria dos mesmos.

A elaboración e tramitación destes calendarios rexérase polos mesmos criterios establecidos para os calendarios ordinarios.

Entenderase por distorsión horaria o prexuízo do traballador que teña que prestar servicio, alternativamente, en quendas variábeis de mañá, tarde ou noite.

Anexarase un calendario de todo o persoal que traballe a quendas.

Artigo 45. Servicios extraordinarios fóra da xornada laboral.

1. Terá a consideración de hora extraordinaria cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo estipulada para cada posto ou traballador.

O incremento do importe das gratificacións por servicios extraordinarios e especiais e das correspondentes ao réxime especial de gratificacións por asistencia a sesións, reunións, etc. será o valor da hora normal incrementada no 75% en xornada normal de luns a venres, no 150% en horario nocturno, ou festivo.

Artigo 46. Traballo en período nocturno e festivo.

Entenderase por traballo en período nocturno o efectuado entre as 10 da noite (22: 00 p

m) e as 7 da mañá (7: 00 a. m.). No suposto de traballo por quendas, terá a consideración de quenda nocturna aquela realizada alomenos durante seis horas no horario propio do traballo en período nocturno.

Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 10 da noite (22: 00 p

m) do venres ou véspera de festivo e as 10 da noite (22: 00 p. m.) de cada domingo ou festivo.

As horas que se realicen en horario nocturno ou festivo, compensaranse mediante a súa retribución específica ou a reducción da xornada que corresponda, segundo o sistema establecido no Acordo Regulador do Sistema de Compensación do Traballo en período festivo e nocturno. No caso de persoal que debe exercelas súas funcións, especificamente en horario nocturno ou festivo, e aqueles que, pola natureza do traballo, realicen quendas neste horario, nas súas retribucións teranse en consideración estas circunstancias.

Aqueles postos de traballo que teñen establecido o seu servicio normal ou parcialmente en horario nocturno teñen retribuído este concepto dentro do seu complemento específico segundo valoración asignada pola RPT.

O réxime de nocturnidade da Policía Local, ademais do recollido no apartado anterior, queda suxeito ás seguintes especialidades:

a) Todo axente que supere o número de 10 noites ó ano terá en compensación un día de descanso a maiores por cada noite realizada.

b) Os días de compensación serán disfrutados xuntos ou por separado en datas a elixir polo axente coa única salvedade de que non afecten ó normal desenvolvemento dos servicios, preferentemente xunto cos seus propios de descanso e en fins de semana.

c) Estes días disfrutaránse no mesmo ano ou no seguinte

d) Os días de descanso comunicaranse ó Xefe da Policía Local.

A compensación horaria por traballos nocturnos e festivos será acumulable.

Artigo 47. Descanso entre xornadas.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servicio municipal, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

CAPÍTULO VII. VACACIÓNS, PERMISOS, LICENCIAS E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS.

 
Artigo 48. Vacacións anuais

1. O calendario de vacacións elaborarase anualmente e nel teranse en conta as necesidades dos servicios, oídos os órganos de representación dos funcionarios.

2. As vacacións terán a duración dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais por ano completo de servicio ou en forma proporcional ao tempo de servicios efectivos, debéndose disfrutar de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte. Disfrutaranse en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos, de acordo coa planificación que se efectúe por parte da dirección de cada departamento ou servicio. Para estes efectos, os sábados non serán considerados días hábiles.

3. No suposto de completar os anos de antigüidade na Administración refl ectidos no cadro posterior terase dereito ao disfrute dos seguintes días de vacacións anuais.

15 anos de servicio: 23 días hábiles. 20 anos de servicio: 24 días hábiles. 25 anos de servicio: 25 días hábiles. 30 ou máis anos de servicio: 26 días hábiles. O dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ao cumprimento da antigüidade referida.

2. As vacacións disfrutaranse preferentemente e con carácter xeral entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, respectando sempre as necesidades do servicio.

3. No caso do persoal que traballa a quendas, non poderá comezalo período vacacional en descanso semanal establecido

4. No suposto de baixa por maternidade, enfermidade ou accidente, interromperase o cómputo do período vacacional e reanudarase unha vez recuperada a alta polo traballador, de acordo coas necesidades do servicio.

5. O plan de vacacións anuais será elaborado antes do 1 de marzo de cada ano, de xeito que cada un poida coñecelas datas que lle correspondan, polo menos con dous meses de antelación á data de comezo daquelas. O calendario será consultado cos representantes dos traballadores

6. Nos servicios onde se poidan producir colisión de intereses, organizaranse as quendas de forma obrigatoria, de xeito rotativo, comezando polo traballador con maior antigüidade no servicio e, no seu defecto, no Concello.

7. As vacacións non poderán ser compensadas en metálico nin en todo nin en parte.

8. No suposto de producirse colisión de intereses entre un traballador afectado por unha enfermidade ou por un accidente e aqueles outros do seu mesmo servicio, que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel, que en todo caso haberá de supeditarse ás necesidades do servicio.

9. O calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, trala solicitude dos interesados, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servicio, e non se afecte a intereses de terceiros no ámbito das quendas establecidos.

10. Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia de elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de 12 anos ou maiores dependentes ao seu coidado.

11. Os permisos de maternidade, paternidade e lactación, así como os de incapacidade temporal derivados do embarazo, poderanse acumular ao período de vacacións, mesmo despois do remate do ano natural ao que aquelas correspondan (Lei da Función Pública de Galicia).

Artigo 49. Permisos e licencias retribuídos.

Sen prexuízo do disposto na lexislación sobre función pública aplicable ao persoal ao servicio da Comunidade autónoma galega en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos e licencias retribuídos.

Agás no suposto de permisos por asuntos persoais, nos demais casos os traballadores deberán achegar en canto sexa posible a documentación acreditativa do feito causante do permiso.

A) Por paternidade.

Polo nacemento, acollida ou adopción dun fillo, o pai traballador terá dereito terá dereito a un permiso nos mesmos termos que estipula a Lexislación aplicable aos funcionarios.

O traballador terá dereito a un permiso de paternidade de 29 días naturais de duración, que se computará a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción, con independencia da situación laboral da nai. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días O devandito permiso será acumulable a calquera outro dereito recoñecido na normativa aplicable, inclusive ao permiso de nacemento. O permiso de paternidade computarase dende a finalización do permiso de nacemento no caso de acumularse a éste.

Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambos os proxenitores fosen persoal ao servicio do Concello de Chantada, o permiso poderase distribuír á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración.

Este permiso é independente do gozo compartido dos permisos previstos nas alíneas maternidade e adopción e acollemento.

A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos de maternidade e por adopción e acollemento nos seguintes supostos:

- Cando o pai falecese antes da utilización íntegra do devandito permiso.

- Se a filiación paterna non estivese determinada. - Cando os proxenitores non estivesen casados nin estivesen unidos de feito en análoga relación de afectividade.

- Cando a resolución xudicial dictada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a garda do fillo ou da filla que acaba de nacer. No suposto de matrimonio de mulleres ou unións de feito en análoga relación de afectividade, ao ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ao permiso de paternidade nos termos fixados nesta alínea.

No caso do permiso por paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, maternidade e adopción e acollemento o tempo transcorrido durante o gozo destes permisos computarase como de servicio efectivo para todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal funcionario durante todo o período de duración do permiso, e, se é o caso, durante os períodos posteriores ao gozo deste, se, de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de gozo do permiso.

Os funcionarios que fixesen uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade ou adopción ou acollemen to terán dereito, así que finalice o período de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ao gozo do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidese ter dereito durante a súa ausencia.

B) Por enfermidade grave, accidente ou falecemento. Polo falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade, e 7 días hábiles si existe convivencia previa co familiar finado.

Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, acollidos/acollidas ou familiares conviventes, e para atender o seu coidado, o persoal do Concello de Chantada terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Polo falecemento dun familiar do terceiro grao de consanguinidade ou afinidade o permiso consistirá no tempo indispensable para asistir ao enterro.

C) Por traslado de domicilio. O traballador terá dereito por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día na mesma localidade e dous días se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está composta por dous o máis membros, o permiso será de dous días se non hai cambio de localidade e de catro se existe cambio. Non se poderá repetir o permiso por este concepto máis dunha vez ao ano.

D) Por asistencia a exames. Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais, durante os días da súa celebración.

E) Por asuntos persoais. Os empregados municipais poderán dispor como máximo de ata noves días de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servicio. Así mesmo, terase dereito ao gozo de dous días adicionais ao cumprir o sexto trienio, dereito que se incrementara nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo (EBEP) e que poderán ser disfrutados ata o 15 de xaneiro do ano seguinte.

F) Polo cumprimento dun deber inescusable.

Poderá concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida laboral ou familiar. (EBEP).

G) Realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto.

As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade de realización delas dentro da xornada de traballo.

Para acompañar o seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ao parto, o persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións que os previstos para estes permisos na lexislación vixente.

H) Fillos prematuros ou con necesidade de hospitalización. Polo nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, o traballador ou traballadora terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias percibindo as retribucións íntegras. Así mesmo, terá dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional de retribucións (Estatuto Básico).

I) Acompañamento a revisións médicas de fillos e fillas e persoas maiores ao seu cargo.

Os traballadores terán dereito a ausentarse do traballo para acompañar ás revisións médicas os fillos e fillas e as persoas maiores ao seu cargo polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo.

J) Tratamentos de fecundación asistida. As traballadoras terán dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días.

K) Por matrimonio ou inicio de vida en común. Por matrimonio propio ou por constitución de parella de feito en rexistro público, o persoal terá dereito a unha licencia retribuída de 21 días naturais ininterrompidos, podendo acumulalos ás vacacións.

Por matrimonio de parentes (ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade), 1 día; 2 días se fose a máis de 200 kms. de distancia e 3 días se fose a máis de 500 km. O permiso deberá coincidir coa data da celebración.

L) Por maternidade e por adopción e acollemento. No suposto de parto, a duración do permiso será de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou filla, e por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple (EBEP). O permiso distribuirase a opción da funcionaria sempre e cando seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do permiso.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, en caso de que a nai e o pai traballen, esta, ao iniciar o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de xeito simultáneo ou sucesivo coa nai. O outro proxenitor poderá seguir gozando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal (EBEP).

Nos casos de parto prematuro e naqueles en que, por calquera outra causa, o neonato tivese que permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais (EBEP).

No suposto de matrimonio de mulleres, ao ser unha delas a nai biolóxica, garantiráselle á que non o fose, de ser persoal funcionario ao servicio do Concello de Chantada, que, por elección daquela, poida aproveitar parte da licencia de maternidade que se lle podería transferir ao pai (disposición adicional novena da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e mulleres engadida pola disposición adicional primeira da Lei 2/2007, de 28 de marzo do traballo en igualdade das mulleres de Galicia para o persoal funcionario, eventual, interino, estatutario o laboral da Administración Pública Galega).

Nos supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple (EBEP), o permiso terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple. O cómputo do prazo contarase a elección do traballador, a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción, sen que un mesmo menor poida dar, en ningún caso, dereito a varios períodos de gozo deste permiso (EBEP). En caso de que a nai e o pai traballen, o permiso distribuírase a opción dos interesados, que poderán disfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos.

Se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado ou acollido, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata tres meses de duración, e durante este período percibiranse exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozarse de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses.

Con independencia do permiso de ata tres meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto previsto no devandito parágrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, o permiso poderase iniciar ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial do acollemento (Estatuto Básico e Lei da Función Pública de Galicia).

Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia, e o acollemento simple deberá ter unha duración non inferior a un ano (EBEP).

Nos casos de disfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade do fillo ou filla (EBEP) ou das que correspondan en caso de parto múltiple.

Os permisos a que se refire este apartado poderán disfrutaráse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, a solicitude dos traballadores e se o permiten as necesidades dos servicios, nos termos que regulamentariamente se determinen.

Durante o gozo destes permisos poderase participar nos cursos de formación que convoque a administración (EBEP).

A traballadora xestante terá dereito a ocupar durante o embarazo, un posto de traballo ou xornada distinto ao seu, sempre que, segundo prescrición médica, o posto de traballo habitual resulte nocivo para a súa saúde ou a do feto. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría nin diminución dos seus dereitos económicos. Rematada a causa que motivou o cambio do postos de traballo procederase á reincorporación ao seu destino orixinal.

M) Por lactancia. Por lactancia dun fillo ou filla menor de doce meses, a funcionaria terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderase substituír por unha reducción da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou ben nunha hora ao inicio ou ao final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.

Igualmente, poderá substituírse o tempo de lactancia por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente ou ben por un crédito de horas, podéndose aproveitar, en ambos casos, en calquera momento, despois do gozo do permiso de maternidade.

A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabilizar o total de horas ás que se tería dereito si se dispuxese do permiso de lactancia na súa modalidade dunha hora diaria de ausencia.

Este permiso incrementarase proporcionalmente no caso de parto múltiple.

Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento

O Estatuto Básico maniféstase en termos semellantes, coa salvidade do crédito horario e dos supostos de adopción ou acollemento.

N) Por razóns de garda legal. Quen por razón de garda legal, teña ao seu coidado directo algún menor de 12 anos, a unha persoa de idade avanzada que requira especial dedicación ou a un diminuído psíquico ou físico que non desempeñe ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha diminución dun tercio ou un medio da xornada de traballo, coa reducción proporcional das súas retribucións.

Terá o mesmo dereito o persoal funcionario que precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída (EBEP).

Ñ) Reducción de xornada para atender a un familiar de primeiro grao por enfermidade moi grave.

Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal funcionario terá dereito a solicitar unha reducción de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses.

Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo desta reducción poderase ratear entre eles, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, o de dous meses. (Texto Refundico da Lei da Función Pública de Galicia). O Estatuto Básico maniféstase en termos semellantes, agás no referente á prorroga a 2 meses en circunstancias excepcionais.

O) Permiso por razón de violencia de xénero sobre o persoal funcionario.

As faltas de asistencia do persoal funcionario víctima de violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servicios sociais de atención ou saúde, segundo proceda. Así mesmo, o persoal funcionario víctima de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terá dereito á reducción da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario fl exible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que lles poidan ser aplicables, nos termos que para estes supostos estableza a administración do Concello de Chantada (Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia e Estatuto Básico do Empregado Público).

P) Flexibilidade horaria en supostos especiais: Os que teñen ao seu cargo persoas maiores, fillos menores de 12 anos ou persoas con discapacidade terán dereito a fl exibilizar nunha hora o seu horario fixo habitual.

En casos de familias monoparentais, os empregados públicos con fillos con discapacidade, terán dúas horas de fl exibilidade horaria a fin de conciliar os horarios dos centros de educación especial e outros centros onde o fillo reciba atención cos horarios propios do posto de traballo. Igualmente, existirá o dereito a ausentarse do traballo para asistir a reunións de coordinación e apoio asistencial.

Artigo 50. Licencias non retribuídas.

Por asuntos propios poderanse conceder licencias sen retribuír, dunha duración determinada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos, condicionadas ás necesidades do servicio.

Artigo 51. Situacións administrativas.

As situacións nas que poden atoparse os funcionarios do Concello de Chantada son as de:

a) Servicio activo

b) Servicio noutras Administracións Públicas

c) Excedencia forzosa ou voluntaria

d) Excedencia voluntaria por razón de violencia sobre a muller funcionaria.

e) Servicios especiais

f) Suspensión de funcións

g) Excedencia derivada da existencia dun caso de violencia de xénero; dereito a unha excedencia para facer efectiva a súa protección ou a súa asistencial integrada sen necesidade de ter prestado un tempo mínimo de servicio e sen prazo de permanencia na mesma. Durante os dous primeiros meses de esta excedencia percibiranse retribucións íntegras.

h) Excedencia de duración non superior a tres anos, para atenderó cuidado de cada fillo, tanto o sexa por naturaleza como por adopción ou acollemento permamente ou preadoptivo, a contar desde a data de nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Ditas situacións regularanse pola normativa básica estatal, e pola lexislación da función pública da Comunidade Autónoma Galega e, supletoriamente, pola lexislación dos funcionarios da Administración do Estado, tendo sempre en conta as singularidades do Concello de Chantada.

CAPÍTULO VIII. SELECCIÓN, PROMOCIÓN INTERNA E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.

 

SECCIÓN 1ª INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN.

 
Artigo 52. Relación de postos de traballo

1. A relación de postos de traballo do Concello de Chantada é o instrumento técnico por medio do que se realiza a ordenación do seu persoal, de acordo coas necesidades dos servicios.

2. A relación de postos de traballo comprenderá conxuntamente os postos de traballo do persoal funcionario, o número e características dos que poidan ser ocupados por persoal eventual así como os que poidan ser desempeñados por persoal laboral e que son:

a) Os postos de natureza non permanente e aqueles de actividades dirixidas a satisfacer necesidades de carácter periódico e descontinuo.

b) Os postos de actividades propias de oficios

c) Os postos de traballo de organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo, agás aqueles que impliquen o exercicio de autoridade, inspección ou control, que se reservarán a funcionarios.

3. A relación de postos será pública

4. A creación, modificación, refundición e supresión de postos de traballo realizarase por medio da relación de postos de traballo.

5. A provisión de postos de traballo, así como a formalización de novos contratos, requirirá que os correspondentes postos figuren detallados na relación de postos. Este requisito non será preciso cando se trate de realizar tarefas de carácter non permanente mediante contratos de traballo de duración determinada e con cargo a créditos correspondentes a persoal laboral eventual ou ao capítulo de inversións.

Artigo 53. Oferta de emprego público

1. De acordo co previsto na lexislación básica, as prazas vacantes da relación de postos, dotadas orzamentariamente, que non sexan susceptibles de ser cubertas por persoal da Corporación, constituirán anualmente a oferta de emprego público, que será obxecto de negociación na mesa de negociación.

2. Na oferta de emprego público reservarase unha cota non inferior ao 5% das vacantes para seren cubertas entre persoas con discapacidade que teñan un grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, de xeito que, progresivamente se acade o 2% dos efectivos totais do Concello de Chantada, sempre que superen as probas selectivas e que, no seu momento, acrediten o indicado grao de minusvalía e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes, segundo se determine regulamentariamente. Para estes efectos, o 5% de reserva computarase con carácter acumulativo para cada tipo de praza nas sucesivas ofertas de emprego aprobadas polo Concello a partir da aprobación deste acordo.

SECCIÓN 2ª SELECCIÓN E ACCESO.

 
Artigo 54. Principios xerais e normativa aplicable

1. A selección do persoal ao servicio do Concello de Chantada realizarase de acordo coa oferta de emprego público, mediante convocatoria pública e a través do sistema de oposición ou concursooposición que deberán incluir, en todo caso, unha ou varias probas para determinar a capacidade dos aspirantes e establecer a orde de prelación.

2. En todo caso, na selección do seu persoal, o Concello de Chantada estará ao disposto no presente acordo e no Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ao servicio da Administración Xeral do Estado, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma Galega e no Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local.

Artigo 55. Regras xerais de acceso e selección do persoal funcionario.

1. As convocatorias de procesos selectivos deberán publicarse nos Diarios Oficiais que procedan e nun xornal de tirada provincial.

2. Garantirase o anonimato dos aspirantes nas probas eliminatorias nas que sexa posible.

3. As bases xerais e específicas de cada convocatoria, así como para a promoción interna e a provisión de postos de traballo, serán aprobadas previa audiencia e informe dos representantes do persoal.

4. Os Tribunais e Comisións de selección estarán integrados do xeito que sinala o Estatuto Básico do Empregado Público (Lei 7/2007, de 12 de abril).

5. En ningún caso poderá constituír mérito para acceder ao emprego público o ter desempeñado un posto de traballo con carácter eventual ou de confianza na administración.

6. Para poder participar nos procesos selectivos convocados no Concello de Chantada será necesario reunilos seguintes requisitos:

a) Posuíla nacionalidade española, a dun Estado membro da Unión Europea ou a de cónxuxe, ou fillo de nacionais españois ou comunitarios nos termos previstos na lexislación vixente.

b) Estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela no prazo de presentación de solicitudes.

c) Posuíla capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas habituais do Grupo, Categoría ou praza correspondente.

d) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade de xubilación forzosa, agás naqueles postos que teñan determinada por Lei outra idade de ingreso ou xubilación.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións públicas, nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.

7. A extensión e profundidade dos programas adecuaranse aos niveis de titulación esixidos e á especialidade profesional dos correspondentes grupos de clasificación e categoría profesional de persoal laboral.

8. Nos sistemas de selección que se realicen terá que demostrarse o coñecemento da lingua galega.

SECCIÓN 3ª PROMOCIÓN INTERNA.

 
Artigo 56. Promoción interna

1. A promoción interna consiste no acceso dende unha corpo ou escala dun grupo a outro do grupo inmediatamente superior e, excepcionalmente, dende un corpo ou escala a outra do mesmo grupo.

2. Como criterios xerais en materia de promoción teranse en conta os seguintes:

a) A promoción interna haberá de constituír un instrumento indispensable para a implementación dun modelo avanzado de carreira profesional.

b) A promoción interna deberá selo instrumento para incrementala capacidade de traballo dos empregados públicos e, en definitiva, os niveis de motivación e integración.

c) A promoción deberá basearse no esforzo profesional, o historial profesional e a carreira, a formación e cualificación adquiridas, debendo ser tamén obxecto de consideración a antigüidade.

d) De acordo con estes criterios, previa a aprobación do cadro de persoal que deba formar parte dos orzamentos ordinarios do Concello de cada ano, analizaranse na Mesa de Negociación a cualificación, formación do persoal e as funcións desempeñadas polos distintos postos de traballo, co fin de determinar a implementación de procesos de promoción e a modificación dos postos e a súa adscrición.

e) Os procesos de promoción interna poderán realizarse en convocatorias independentes dos procesos de ingreso.

Artigo 57. Requisitos para participar na promoción interna

1. Para participar en probas de promoción interna os aspirantes deberán posuír unha antigüidade de, polo menos, dous anos en categorías profesionais do grupo de titulación inmediatamente inferior ao da categoría á que pretendan acceder, así como posuír a titulación esixida, reunir os requisitos e superalas probas que para cada caso se establezan.

2. No suposto de promoción do grupo E ao grupo D e do grupo D ao grupo C eximirase do requisito de posuír a titulación requirida aos traballadores cunha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala dos grupos de procedencia, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación ao que se accederá por criterios obxectivos.

3. Con carácter xeral, nas probas de promoción interna eximirase aos candidatos da acreditación de coñecementos sobre aquelas materias cuxos coñecementos xa fosen acreditados suficientemente nas probas de ingreso ás categorías profesionais de orixe.

4. Asemade, aos traballadores que participen en procesos de promoción interna recoñeceránselle os mesmos dereitos que recoñece a normativa vixente aos funcionarios públicos que participen en procesos similares.

Artigo 58. Sistemas de promoción

1. Como regra xeral, a promoción interna que poderá ser vertical ou horizontal, efectuarase mediante o sistema de concursooposición, con suxeición aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade. Excepcionalmente a promoción dentro dun mesmo grupo de titulación poderá facerse polo sistema de concurso ou por medio da superación de cursos específicos.

2.- A tal efecto establécese para a carreira horizontal un sistema de grados, categorías ou escalóns de ascenso.

3. Os procesos selectivos de promoción interna regularanse polas mesmas regras que os indicados para os funcionarios públicos, agás o previsto no presente acordo. En todo caso, e como norma xeral, a fase de concurso será valorada como máximo co 40% da puntuación total.

SECCIÓN 4ª PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.

 
Artigo 59. Sistemas de provisión

1. Con carácter xeral, a provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario realizarase a través dos sistemas de concurso ordinario de méritos, concurso específico de méritos ou libre designación, de conformidade co que determine a relación de postos de traballo en atención á natureza das súas funcións. As convocatorias e resolucións que se dicten para prover postos de traballo por concurso ou por libre designación serán publicas.

2. Excepcionalmente, nos supostos previstos neste acordo, os postos de traballo poderán ser provistos mediante comisión de servicios, atribución temporal de funcións, adscrición provisional e traslado voluntario ou forzoso.

3. En todo o non previsto neste acordo será de aplicación a normativa sobre provisión de postos de xeral aplicación aos funcionarios do Concello de Chantada.

Artigo 60. Concurso ordinario e concurso específico

1. O concurso ordinario constitúe o sistema normal de provisión. No mesmo teranse en conta unicamente os méritos esixidos na correspondente convocatoria, entre os que figurarán os adecuados ás características de cada posto de traballo, a categoría profesional adquirida, a valoración do traballo desenvolvido en anteriores postos, o coñecemento do idioma galego e os cursos de formación e perfeccionamento superados que teñan relación cos postos de traballo a cubrir.

2. No concurso específico, reservado para aqueles postos que polas súas especiais características se determinen na convocatoria, os méritos adecuados ás características de cada posto de traballo serán obxecto de valoración independente dos demais, podendo, asemade, ser obxecto de valoración por medio da elaboración de memorias e/ou entrevistas persoais que se especificarán na convocatoria.

3. Co fin de valorar os méritos referidos crearanse comisións de valoración que axustarán a súa composición ao previsto na normativa aplicable aos funcionarios públicos.

4. Os traballadores deberán permanecer en cada posto de traballo de destino definitivo obtido por concurso un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos ordinarios ou específicos de provisión, a non ser por supresión do posto de traballo. No cómputo de dito período incluirase o tempo de destino provisional.

5. As convocatorias dos concursos, que deberán ser públicas, conterán as bases das mesmas, coa denominación, nivel, descrición e localización dos postos de traballo ofrecidos, os requisitos indispensables para o seu desempeño, os méritos a valorar e o baremo por medio do que se puntuarán os mesmos, puntuación mínima para a adxudicación das vacantes, así como a previsión, no seu caso, de memorias ou entrevistas, a composición das comisión de valoración e o prazo de presentación de solicitudes que, en ningún caso, poderá ser inferior á publicación da convocatoria (RD 365/1995).

6. Os postos de traballo provistos mediante concurso ordinario ou específico poderán ser removidos por causas sobrevidas, derivadas dunha alteración no contido do posto, realizada a través da relación de postos de traballo, que modifique os supostos que serviron de base á convocatoria, ou dunha falla de capacidade para o seu desempeño manifestada por rendemento insuficiente que impida realizar con eficacia as funcións atribuídas ao posto. A remoción levarase a cabo logo de expediente contradictorio instruído para o efecto e informe do órgano de representación do persoal, mediante resolución motivada do órgano que efectuou o nomeamento.

Artigo 61. Libre designación

1. Polo sistema de libre designación só se cubriran aqueles postos que así se determinen nas relacións de postos de traballo

2. A designación realizarase previa convocatoria pública na que, ademais da denominación, grupo, categoría, localización, nivel de complemento de destino e complemente específico, prazo de presentación de solicitudes, que non poderá ser inferior á publicación da convocatoria (RD 365/1995), e demáis requisitos para o desempeño do posto, poderán recollerse as especificacións derivadas da natureza das funcións encomendadas ao mesmo.

3. Os traballadores nomeados para postos de libre designación poderán ser cesados con carácter discrecional. A motivación desta resolución referirase á competencia para adoptala.

Artigo 62. Traslado voluntario e forzoso

1. O órgano municipal correspondente poderá trasladar aos traballadores a postos de traballo en distinta unidade ou centro de traballo, previa solicitude baseada en motivos de saúde ou rehabilitación do traballador con previo informe do servicio médico oficial legalmente establecido e condicionado a que existan postos vacantes con asignación orzamentaria, que o nivel do complemento de destino e específico non sexa superior ao do posto de orixe e se reúnan os requisitos para o desempeño do mesmo. Este traslado terá carácter definitivo.

2. O órgano municipal correspondente, previo informe preceptivo dos representantes do persoal funcionario e mediante resolución debidamente motivada, poderá trasladar aos funcionarios que ocupen postos de traballo non singularizados, a unidades, departamentos ou organismos públicos distintos aos do seu destino, respectando a súas retribucións, condicións esenciais de traballo e modificando, no seu caso, a adscrición dos postos de traballo dos que sexan titulares.

Artigo 63. Adscrición provisional

1. Os postos de traballo poderán proverse por medio de adscrición provisional nos supostos de remoción ou cese nun posto de traballo, supresión do posto de traballo ou reingreso ao servicio activo de traballadores sen reserva de posto.

2. No caso de adscrición provisional por remoción, cese ou supresión do posto, por necesidades de servicio ou funcionais a departamentos ou unidades distintos os do seu destiño ao traballador deberá asignárselle un posto de traballo non inferior nivel que viña ocupando e de igual categoría profesional e retribucións.

3. Os postos cubertos mediante adscrición provisional convocaranse para a súa cobertura con carácter definitivo polos sistemas previstos na relación de postos de traballo.

Artigo 64. Comisión de servicios

1. Cando un posto de traballo quede vacante poderá ser cuberto, en caso de urxente e inaprazable necesidade, en comisión de servicios de carácter voluntario, cun traballador que reúna os requisitos establecidos para o seu desempeño na relación de postos de traballo.

2. Poderán acordarse tamén comisións de servicios de carácter forzoso cando, celebrado concurso para a provisión dunha vacante, esta se declare deserta e sexa urxente para o servicio a súa provisión. Neste caso será destinado ao posto o funcionario que, reunindo os requisitos para ocupar o posto, teña menores cargas familiares e, en igualdade de condicións, menor antigüidade.

3. As comisións de servicio terán unha duración máxima dun ano prorrogable por outro no caso de non terse cuberto o posto con carácter definitivo.

Artigo 65. Reingreso ao servicio activo

1. O reingreso ao servicio activo nun determinado posto dos traballadores que non teñan reserva de posto de traballo efectuarase mediante a súa participación nas convocatorias de concurso ou de libre designación para a provisión de postos de traballo.

2. Así mesmo, o reingreso poderá efectuarse por adscrición provisional, condicionado ás necesidades do servicio e sempre que se reúnan os requisitos para o desempeño do posto. Os postos asignados con carácter provisional deberán convocarse para a súa provisión definitiva e os traballadores terán a obriga de participar nas convocatorias, solicitando o posto que ocupa provisionalmente ou, de existir, os demais postos correspondentes á súa categoría profesional. De non participar en ditas convocatorias os traballadores serán declarados de oficio na situación de excedencia voluntaria.

Artigo 66. Mobilidade entre Administracións Públicas

1. Os traballadores/as do Concello de Chantada terán preferencia para acceder aos postos de traballo do Concello nos procesos de provisión de postos, ou mediante procesos de promoción interna.

2. Unha vez rematada a quenda de promoción profesional e de provisión de postos de traballo, previa a aprobación da oferta de emprego público, o Concello de Chantada poderá abrir a provisión de postos de traballo a traballadores/as doutras administracións. En todo caso, será requisito imprescindible para este tipo de traslado, que a administración de orixe teña regulado un sistema de reciprocidade que tamén o permita.

CAPÍTULO IX. INCOMPATIBILIDADES.

 
Artigo 67. Réxime de incompatibilidade. A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste Acordo aplicaráselle o réxime de incompatibilidades de conformidade coas normas estatais e autonómicas vixentes na materia.
Sin contenido.

CAPÍTULO X. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

 
Artigo 68. Normalización lingüística

1. Os traballadores do Concello de Chantada teñen o dereito e o deber de desenvolvela súa actividade laboral e profesional en idioma galego, como lingua propia de Galicia e da súa Administración Local, e polo tanto a acceder á formación lingüística precisa para un adecuado desempeño do seu posto de traballo.

2. En todo o relacionado co uso do galego no Concello, será de aplicación o estipulado na normativa vixente en materia de normalización lingüística, así como o especificado na ordenanza de impulso do uso do Galego no Concello de Chantada.

3. O Concello de Chantada proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento adecuado da lingua galega. Os traballadores do Concello de Chantada teñen o dereito e o deber de asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma galego precisos para un adecuado desempeño do seu posto de traballo.

4. O tempo investido na asistencia aos devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo e os gastos de desprazamento e axudas de custo xeradas pola asistencia aos mesmos serán de conta do Concello cando se trate de cursos programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal e de asistencia obrigada.

CAPÍTULO XI. CLASIFICACION PROFESIONAL.

 
Artigo 69.- Grupos profesionais.

O persoal funcionario ao servicio do Concello de Chantada clasificarase por servicios homoxéneos en función da titulación e demais requisitos esixidos para o acceso á praza, así como das aptitudes profesionais e contido xeral, nos seguintes grupos:

Grupo A1: Integrado por tódolos traballadores ós que se lles esixiu o título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou equivalente.

Grupo A2: Integrado por tódolos traballadores ós que se lles esixiu para o acceso ou é preciso para o desempeño do posto o título de Enxeñeiro Técnico, Diplomado Universitario, Arquitecto Técnico, Formación Profesional de terceiro grao, ciclo formativo superior ou equivalente.

Grupo B: Integrado por tódolos traballadores ós que se lles esixiu para o acceso ou é preciso para o desempeño do posto o título de Técnico Superior ou título de Técnico Especialista.

Grupo C1: Integrado por tódolos traballadores ós que se lles esixiu para o acceso ou é preciso para o desempeño do posto o título de Bacharelato ou Técnico, amais dos que accedan a este grupo de clasificación por promoción interna e que reúnan os requisitos esixidos na correspondente convocatoria.

Grupo C2: Integrado por tódolos traballadores ós que se lles esixiu para o acceso ou é preciso para o desempeño do posto o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, Graduado Escolar, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente, amais dos que accedan a este grupo de clasificación pro promoción interna que reúnan os requisitos esixidos na correspondente convocatoria.

Grupo E: Integrado por tódolos traballadores ós que non se lles esixiu para o ingreso estar en posesión de ningunha das titulacións previstas no sistema educativo.

Ata tanto non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios a que se refire o artigo 76 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, para o acceso aos grupos de clasificación definidos neste convenio seguirán sendo válidos os títulos universitarios oficiais vixentes á entrada en vigor do propio Estatuto Básico do Empregado Público.

CAPÍTULO XII. SISTEMA RETRIBUTIVO.

 
Artigo 70. Estructura retributiva

1. A estructura retributiva do persoal funcionario integrarase polas seguintes retribucións básicas e complementarias:

a) Retribucións básicas: a. O soldo, que se asigna en función da pertenza a cada un dos grupos

b. Os trienios, consistentes nunha cantidade igual para cada grupo por cada tres anos de servicio no mesmo. Para estes efectos computaranse a totalidade dos servicios prestados mediante relación laboral ou estatutaria en calquera administración pública. No caso de que o traballador preste os seus servicios sucesivamente en diferentes escalas ou corpos de distinto grupo, terá dereito a seguir percibindo os trienios devengados en grupos anteriores.

c. As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano co importe establecido ao respecto pola normativa orzamentaria de aplicación.

b) Retribucións complementarias: a. O complemento de destino correspondente ao nivel do posto que se desempeñe.

b. O complemento específico destinado a retribuír as condicións particulares dos postos de traballo en atención á súa especial dificultade técnica, adicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade.

c. O complemento de productividade destinado a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interés ou iniciativa con que o traballador desempeñe o seu traballo.

d. As gratificacións por servicios extraordinarios fóra da xornada laboral.

3. Os traballadores percibirán tamén as indemnizacións correspondentes por razón do servicio.

2. En todo o non previsto neste acordo será de aplicación a normativa sobre retribucións aplicable ao persoal funcionario do Concello de Chantada.

Artigo 71. Contía das retribucións

1. As retribucións básicas dos traballadores do Concello de Chantada devengaránse cada ano na contía e coa periodicidade previstas na correspondente Lei de Presupostos Xerais do Estado.

2. O complemento de destino dos traballadores do Concello de Chantada devengaráse cada ano na contía e coa periodicidade previstas na Relación de Postos de Traballo e Lei de presupostos xerais do Estado. A tal fin, fíxanse como niveis mínimos e máximos dos postos de traballo en función do seu grupo de pertenza os seguintes:

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)

Tódolos postos de traballo que teñan asignado un nivel inferior aos niveis mínimos que se establecen serán clasificados automaticamente co nivel mínimo do correspondente grupo.

3. A contía a percibir en concepto de complemento específico, será a estipulada na relación de postos de traballo do Concello de Chantada.

4. Corresponde ao Alcalde a distribución e asignación individualizada da contía global fixada nos orzamentos para complemento de productividade, de acordo cos criterios xerais previamente establecidos polo Pleno.

Os criterios xerais de distribución e asignación individual dos complementos de productividade serán obxecto de negociación coa representación sindical, e deberán basearse en circunstancias obxectivas relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo e os obxectivos asignados a este. As cantidades que perciba cada traballador por este concepto serán de coñecemento público dos demais traballadores, así como dos representantes sindicais.

5. As gratificacións, que non poderán ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo, deberán retribuír servicios extraordinarios realizados fóra da xornada habitual de traballo.

As contías dos servicios extraordinarios serán percibidas no mes seguinte ó da súa realización.

O valor da hora normal de traballo será o resultado de dividir a retribución anual bruta correspondente a cada posto (deducidos os trienios e a productividade) entre a xornada anual de traballo.

Artigo 72. Indemnizacións por razón do servicio

1. Darán orixe a indemnización ou compensación os supostos recollidos na normativa vixente ao respecto e aplicable ao funcionarios locais.

2. As contías fixadas neste artigo actualizaranse anualmente de acordo cos criterios que ao efecto fixe a administración Xeral do Estado

Artigo 73. Indemnizacións por razón do servicio

1. Darán orixe a indemnización ou compensación por razón de servicio os supostos previstos no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio.

2. Terán a consideración de gastos de desprazamento as cantidades a pagar ao persoal polos gastos ocasionados pola utilización de calquera medio de transporte por razón do servicio encomendado. Este concepto equivale a viaxar por conta da entidade utilizando o medio de transporte que se determine e procurando que o desprazamento se efectúe por liñas regulares de transporte.

Para o ano 2009, o importe da indemnización a percibir como gastos de viaxe por uso do vehículo particular establécese en 0,19 € por km percorrido polo uso de automóbiles e 0.078 € por motocicletas.

3. Para o ano 2009 a indemnización por asistencia a sesións de tribunais ou comisións de seleccións para o acceso ou promoción no emprego público serán as seguintes, segundo o grupo da praza seleccionada:

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)

5. Así mesmo, os traballadores deberán recibir unha indemnización especial como compensación polos danos, perdas ou gastos extraordinarios que se produzan sobre o patrimonio do empregado por razón ou como consecuencia dos servicios encomendados.

6. As contías fixadas neste artigo actualizaranse cos criterios que ao efecto fixe a Administración Xeral do Estado.

Artigo 74. Nómina.

Tódalas percepcións do persoal local realizaranse a través da nómina, establecéndose a prohibición de facelo doutro xeito. O cobro da nómina deberá poder efectuarse o último día do mes, podendo derivarse responsabilidades noutro caso. A nómina, que se deriva do Libro de Rexistro de Persoal, deberá conter tódolos datos persoais precisos e os conceptos retributivos detallados e en concreto, sempre de xeito claro, o importe bruto, as deduccións e o importe líquido, procurando a maior transparencia e claridade posibles.

CAPÍTULO XII. ACCIÓN SOCIAL.

 
Artigo 75. Fondo social e saúde laboral

1. En virtude das dispoñibilidades orzamentarias e co fin de mellorar o benestar social dos funcionarios locais, o Concello de Chantada favorecerá a constitución nos orzamentos ordinarios do Concello para os anos de vixencia do Acordo, unha cantidade de 500 € por funcionario, para financiar accións e programas de carácter social, de tal xeito que cada funcionario poderá optar como máximo no conxunto das accións sociais a devandita cantidade por anualidade.

2.- As accións que poderán ser obxecto de financiamento poderán consistir en subvencións de:

a) Adquisición de vivenda que será o lugar de residencia habitual e permanente do solicitante. Esta axuda será exclusivamente sobre os intereses e suporá o pagamento do 25% dos mesmos, previamente aboados polo solicitante. Será condición inescusable ter concedido un préstamo cunha entidade financeira, acreditar non dispor doutra vivenda, nin adquirila durante a vida do préstamo.

b) Bolsas de estudios para cubrir os gastos orixinados polos estudios oficiais realizados polo persoal, os seus cónxuxes, fillos e orfos en tódolos niveis de ensino, establecéndose unhas axudas por:

Ensinanza Universitaria: 300 €.

Bacharel ou equivalente: 150 €.

E. S. O., primaria e gardería: 75 €

c) Servicios médicos especiais ou non concertados, monturas e cristais de gafas, próteses de calquera tipo, empastes, ortodoncias, etc., serán subvencionados co 75% do importe total da factura, e serán debidamente xustificados coa correspondente prescrición médica e aportación de factura.

d) O Concello poderá establecer outras axudas sociais para o seu persoal, en todo caso arbitrará o modo de acceso do persoal a instalacións, sociedades, clubs, etc., dependentes do mesmo ou subvencionados, ou ben concertando dito acceso con outras Administración Públicas.

Artigo 76. Anticipos

1. O Concello determinará nas normas de xestión dos orzamentos anuais unha contía máxima sobre a masa salarial anual, para a concesión de anticipos ao persoal cos seguintes criterios.

a) O Concello de Chantada comprométese a manter unha consignación no presuposto municipal para esta finalidade, cun máximo de 10.000,00 euros, como préstamo vivo total, consignado a cantidade suficiente no orzamento municipal para facer fronte os mesmos.

b) Os empregados municipais terán dereito a percibir anticipadamente ata o 90% das súas retribucións mensuais brutas, que se descontará automaticamente na nómina do mes en que se conceda, que se reintegrarán sen xuro no prazo máximo de 14 meses.

2. Por pedimento do interesado os anticipos poderán amortizarse en prazos inferiores aos establecidos ou mediante entrega de contías a tanto alzado. Non se poderá percibir outro anticipo ata que remate o prazo elixido orixinalmente para a amortización dun anterior.

A concesión dos distintos tipos de anticipos que se establecen serán compatibles entre si. Nembargante, a concesión simultánea de anticipos previstos no presente artigo obriga aos beneficiarios á amortización simultánea e individualizada de cada un deles.

3. Será requisito imprescindible para poder solicitar o anticipo salarial que o traballador se atope incluído na nómina de haberes, polo menos, dende o mes anterior á formalización da solicitude, que a súa vinculación laboral co Concello de Chantada teña, de principio, unha duración superior ao período de devolución do anticipo e que non teña outro anticipo sen cancelar.

4. No suposto de que o traballador a quen se lle outorgou un anticipo causara baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión da relación laboral, con excepción da dimanante de incapacidade temporal ou maternidade na muller traballadora, deberá reintegrar as cantidades non devoltas dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa.

Artigo 77. Asistencia xurídica e responsabilidade civil

1. O Concello garantirá a prestación de asistencia xurídica a todo o persoal que a precise por razón de confl ictos con terceiros derivados da prestación do servicio.

2. Así mesmo, o Concello asumirá as posibles responsabilidades civís que puidesen derivarse da prestación do servicio dos empregados municipais, agás nos casos de neglixencia debidamente probada. A estes efectos, o Concello poderá subscribir unha póliza de seguro que garanta unha cobertura adecuada por este concepto

3. O Concello concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes para os seus traballadores, que cubra os riscos de morte e invalidez garantindo os seguintes capitais:

a) Morte por accidente: 30.100 €

b) Invalidez total: 45.000 €

c) Invalidez parcial: Segundo baremos. O incumprimento do disposto no presente artigo suporá a obriga do Concello de asumir subsidiaria e directamente as indemnizacións establecidas en cada caso

Artigo 78. Incapacidade laboral.

O Concello cando o motivo da baixa, sexa accidente laboral, completará as percepcións dos funcionarios durante a situación de baixa por Incapacidade Temporal, ata o 100% das súas retribucións mensuais durante o período, debéndose xustificar tal situación mediante o correspondente parte facultativo.

Artigo 79. Xubilación

1. A xubilación do persoal municipal poderá ser

a) Voluntaria, a solicitude do/a interesado/a

b) Forzosa, ao cumprir a idade legalmente establecida.

c) Pola declaración de incapacidade permanente para o exercicio dás funcións propias da súa categoría profesional, ou polo recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou incapacidade permanente total en relación co exercicio dás funcións dá súa categoría.

d) Parcial. De acordo co establecido nos apartados 2 e 4.

2. Procederá a xubilación voluntaria, a solicitude da/interesado/a, sempre que o/a traballador/a reúna os requisitos e condicións establecidos no Réxime Xeral dá Seguridade Social.

3. A xubilación forzosa declararase de oficio ao cumprir o/a traballador/a os sesenta e cinco anos de idade.

4. Os/as traballadores/as municipais integrados en calquera Réxime da Seguridade Social, que teñan 60 anos cumpridos e reúnan as demais condicións esixidas para ter dereito á pensión contributiva de xubilación da Seguridade Social, poderán acceder á xubilación parcial nos seguintes termos:

- O/a traballador/a concertará co Concello un contrato a tempo parcial polo que aquel/a reduza a súa xornada de traballo e o seu salario entre un mínimo do 25% e un máximo do 85%. Estas porcentaxes entenderanse referidos a unha xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable.

- Se o/a traballador/a accede á xubilación parcial con menos de 65 anos de idade real (sen que, a tales efectos, se teñan en conta as bonificacións ou anticipacións de idade de xubilación que correspondan), a empresa concertará simultaneamente un contrato de substitución con outro/a traballador/a en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada, con obxecto de substituír a xornada de traballo deixada vacante polo traballador que se xubila parcialmente.

Artigo 80.- Contratos de substitución a tempo parcial.

O contrato a tempo parcial do/a traballador/a que se xubila formalizarase por escrito e no modelo oficial. Deberán figurar no mesmo os elementos propios do contrato a tempo parcial, así como a xornada que o/a traballador/a realizaba antes e a que resulte como consecuencia da reducción da súa xornada de traballo, así como as características do posto de traballo que vaia desempeñar o substituto.

A celebración do contrato non suporá a perda dos dereitos adquiridos e da antigüidade que correspondan ao/á traballador/a.

O posto de traballo do/a traballador/a substituto poderá ser o mesmo do/a traballador/a substituído ou un similar, entendendo por tal o desempeño de tarefas correspondentes ao mesmo grupo profesional ou categoría equivalente. Terá unha duración igual á do tempo que falte ao traballador substituído para alcanzar a idade de xubilación ordinaria. Se ao cumprir a devandita idade, o traballador xubilado parcialmente continuase na empresa, o contrato de substitución que se celebrou por duración determinada poderá prorrogarse mediante acordo das partes por períodos anuais, extinguíndose, en todo caso, ao finalizar o período correspondente ao ano no que se produza a xubilación total do traballador relevado.

Artigo 81.- Incentivos por xubilación

1.- Definición. Co fin de favorecer o proceso de renovación do cadro de persoal municipal e a creación de emprego o Concello incentivará a xubilación do persoal, e especificamente daquel que ocupa prazas declaradas a extinguir, postos de traballo de segunda actividade ou que non reúna as condición físicas ou psíquicas para ou desempeño dás súas funcións.

2.- Requisitos. Os requisitos persoais que deberán cumprir os interesados son os que seguen:

a) Estar en situación de servicio activo non momento de solicitar o pase á xubilación.

b) Non estar inmerso en causa de expediente disciplinario ou pendente de cumprimento dunha sanción.

c) Cumprir os requisitos legais previstos para ter dereito á xubilación.

3.- Contía dous incentivos por xubilación. O Concello pagará como incentivos económicos aos xubilados as seguintes contías, correspondentes a retribucións mensuais íntegras, a cada traballador/a, en función dá súa idade de xubilación.

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)

O persoal municipal terá dereito tamén a percibir os incentivos por xubilación cando se produza unha declaración de incapacidade permanente para o exercicio dás funcións propias dá súa categoría profesional, ou polo recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou incapacidade permanente total en relación co exercicio dás funcións dá súa categoría, sempre que a declaración de incapacidade implique a baixa efectiva no cadro de persoal.

4.- Tramitación. As solicitudes dos incentivos deberán presentarse con alomenos un mes antes e como máximo un mes despois dá data prevista para a xubilación. De non solicitarse neste prazo considerarase que renuncia a este dereito.

As cantidades acordadas como incentivo económico estarán condicionadas á efectiva baixa non cadro de persoal e resolveranse por decreto dá Alcaldía, facéndose efectivas por medio de orde de pagamento.

Pola declaración de incapacidade permanente para o exercicio dás funcións propias dá súa categoría profesional, ou polo recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou incapacidade permanente total en relación co exercicio dás funcións dá súa categoría.

Artigo 82. Plan de pensións.

De conformidade coa Lei de Presupostos Xerais do Estado créase un plan de pensións para o persoal funcionario, de carácter voluntario, establecéndose unha aportación do 0,5% da masa salarial para financialas aportacións de acordo co establecido igualmente na disposición

final segunda do TR da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións. A tal fin constituirase unha Comisión Promotora para o posta en marcha e adxudicación e desenvolvemento do plan que estará constituída por representantes da Entidade Local e do persoal.

Artigo 83. COBERTURA CONTINXENCIAS PROFESIONAIS.

A representación unitaria dos traballadores, no caso de detectar deficiente cumprimento das funcións derivadas da súa condición de entidade colaboradora na protección das continxencias profesionais por parte da MATEP que concertara a súa empresa, poderá remitir informe motivado á comisión paritaria do convenio, previa comunicación á empresa. Tras a análise das circunstancias concorrentes, e excepto que o informe resulte infundado, dita comisión dirixirase á mutua facéndolle a correspondente advertencia. De persistir a situación, no exercicio seguinte á advertencia, a representación unitaria poderá decidir motivadamente rexeitar a mutua afectada, salvando sempre o dereito da empresa de optar por calquera outra mutua.

CAPÍTULO XIII. RÉXIME DISCIPLINARIO.

 
Artigo 84. Réxime disciplinario.

1. O persoal do Concello de Chantada poderá ser sancionado pola comisión das faltas tipificadas e a través do procedemento establecido na normativa básica estatal de aplicación aos funcionarios locais e subsidiariamente polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O réxime disciplinario establecido enténdese sen prexuízo da responsabilidade civil ou penal en que poidan incorrelos empregados públicos, que se fará efectiva na forma que determine a Lei.

3. As faltas cometidas polos funcionarios no exercicio dos seus cargos poderán ser moi graves, graves e leves, tal e como se establece na lexislación referida.

4. As persoas responsables, infraccións e sancións disciplinarias, extinción de responsabilidade e tramitación do procedemento configurarán no seu conxunto o réxime disciplinario.

5. En todo caso garantirase a audiencia do interesado e a presentación pola súa parte das alegacións que estime oportunas ao longo do procedemento, así como a audiencia dos órganos de representación sindical nos momentos procesuais determinantes da resolución final, como son a incoación do expediente e a formulación do prego de cargos e da proposta de resolución.

CAPÍTULO XIV. FORMACIÓN NO CONCELLO DE CHANTADA.

 
Artigo 85.- Obxectivos.

A formación dos empregados municipais constitúe un valor fundamental para calquera proxecto que queira afrontala modernización dunha administración local. Neste contexto a formación debe ser considerada como unha necesidade e unha obriga, constituíndo un obxectivo básico para incrementala motivación e a integración dos empregados e un mecanismo eficaz e indispensable para articulala mobilidade e a promoción.

E manifesta, pois, a importancia da formación no momento actual para desenvolver unha administración máis eficaz, polo que as súas principais funcións serán as seguintes:

a) Unha función de adaptación permanente á evolución das profesións e do contido dos postos de traballo e, polo tanto, de mellora das competencias e cualificacións indispensables para incrementala eficacia e a calidade dos servicios que presta o concello e o persoal ao seu cargo.

b) Unha función de promoción que permita aos empregados municipais evitalo estancamento na súa cualificación profesional.

c) Unha función de adecuación e integración das previsións dos plans de emprego, entendidos como mecanismo de planificación estratéxica de recursos humanos.

Artigo 86.- Plans de formación continua do Concello de Chantada.

1. O Concello de Chantada elaborará un Plan de formación continua para o seu persoal, en congruencia cos obxectivos e as prioridades da organización, e integrado na planificación estratéxica dos recursos humanos do Concello. Para estes efectos levará a cabo unha enquisa cara a detección de necesidades formativas

2. Na elaboración do Plan de formación continua do Concello poderán ser tidas en conta as actividades formativas desenvolvidas por outras Administracións Públicas.

3. O Plan de formación continua do Concello de Chantada poderá agruparse ou integrarse parcialmente noutros plans de concellos limítrofes, co fin de garantir unha maior eficacia e eficiencia da formación.

4. O Plan de formación continua terá, como mínimo, o seguinte contido:

- Obxectivos e descrición das accións a desenvolver. - Ámbito de aplicación do plan e unidades administrativas ás que afecta.

- Colectivo afectado e número de participantes. - Calendario previsto de execución. - Custo estimativo das distintas actividades formativas.

- Criterios de selección, que garantirán o principio de igualdade.

- Modalidade de xestión das actividades formativas. - Institución responsable da impartición.

Artigo 87.- Acceso aos plans de formación

1. Tódolos empregados deste Concello deberán ter a posibilidade de accede aos plans de formación continua, así como a plans agrupados que engloben a esta Administración Local. Para estes efectos, disporán de 40 horas anuais que serán consideradas xornada efectiva de traballo.

2. Nos plans de formación recolleranse primordialmente accións de formación que teñan unha alta demanda e que non se solapen con accións xa desenvolvidas ou que poidan ser realizadas noutra Administración.

CAPÍTULO XV. SAÚDE E SEGURIDADE.

 
Artigo 88.- Introducción

1. Aos efectos de prevención, seguridade e saúde laboral, será de aplicación no Concello de Chantada a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.

2. A acción en saúde laboral debe estar dirixida á prevención e ao control dos riscos nos lugares de traballo.

Artigo 89.- Funcións de prevención

1. A Alcaldía designará a un ou varios empregados municipais para ocuparse da actividade de prevención de riscos profesionais. Para estes efectos será oída a representación sindical.

2. As funcións dos responsables de prevención axustaranse ao disposto no artigo 31 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Artigo 90.- Consulta e participación

1. O exercicio da función de participación en materia preventiva levarase a cabo a través dos delegados de persoal.

2. A representación sindical terá dereito a participar nos procesos de determinación.

Artigo 91.- Comité de seguridade e saúde

1. O Comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á proposta e consulta regular e periódica dos plans, programas e avaliación de prevención de riscos nas administracións locais.

2. Constituirase un único Comité de seguridade e saúde no ámbito do persoal funcionario e laboral ao servicio do Concello de Chantada, que estará integrado polos delegados de prevención designados nos ditos ámbitos e por representantes do Concello en número non superior ao de delegados.

3. A constitución do Comité de seguridade e saúde farase proporcionalmente ao número de efectivos do persoal funcionario e laboral existente.

4. Nas reunións do Comité de seguridade e saúde poderán participar, con voz pero sen voto, os delegados sindicais e os responsables técnicos.

5. O comité de seguridade e saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións neste.

6. O Comité de seguridade e saúde adoptará as súas propias normas de funcionamento.

Artigo 92.- Delegados de prevención

1. Os delegados de prevención, ao abeiro do disposto no artigo 35.4 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, serán designados polas organizacións sindicais con representación no Concello.

2. A designación dos delegados de prevención deberá realizarse entre os empregados municipais.

3. O número de delegados de prevención que poderán ser designados no Concello de Chantada axustarase á escala establecida no artigo 35.2 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

4. O tempo utilizado polos delegados de prevención para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de prevención de riscos laborais, será considerado como de exercicio de funcións de representación.

Os empregados públicos designados como delegados de prevención que non disfrutaran de ningún tipo de crédito horario, a partir da súa designación contarán co mesmo crédito horario que os delegados sindicais.

5. Os órganos competentes proporcionarán aos delegados de prevención os medios e a formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións.

6. A formación deberá ser facilitada pola Administración polos seus medios ou mediante concerto con organismos ou entidades especializadas na materia.

7. O tempo dedicado á formación en materia de prevención de riscos será considerado como tempo de traballo, e o custo da súa asistencia asumido polo Concello, cando se trate de cursos programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal e sexan de asistencia obrigada.

Artigo 93.- Saúde pública

1. O Concello de Chantada desenvolverá as accións e medidas en materia de seguridade e saúde laboral que sexan necesarias para lograr unhas condicións de traballo que non afectan a saúde dos traballadores.

2. A formulación destas accións e medidas deberán estar encamiñadas a lograr unha mellora da calidade de vida e ambiente de traballo, a desenvolver obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellora das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación de riscos na súa orixe e a participación sindical nos centros de traballo, e a dotarse dunha planificación preventiva de acordo coa Lei de Prevención de Riscos Laborais. Os representantes dos traballadores participarán e velarán polo seu cumprimento en todo momento.

3. As técnicas preventivas deberán tender á eliminación do risco para a saúde da persoa traballadora desde a súa propia xeración, tanto no que afecta ás operacións que se realicen como nos elementos empregados no proceso.

4. A formación en materia de saúde laboral e o adestramento profesional é un dos elementos esenciais para a mellora das condicións de traballo e seguridade: As partes asinantes do presente acordo significan a importancia da formación como elemento de prevención e comprométense así mesmo a realizala de forma eficiente.

Artigo 94.- Roupa de traballo

1. O Concello de Chantada facilitará a todo o persoal ao seu servicio, de acordo cos representantes do persoal funcionario, a roupa de traballo e calzado profesional homologado e de uso obrigatorio ou que se considere necesario para o adecuado desempeño das funcións propias do posto de traballo. Tamén facilitará os equipos de protección individual axeitados para o desempeño das súas funcións, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran.

2. Os equipos de protección individual deberán empregarse cando os riscos non se poidan evitar ou non se poidan limitar por medios técnicos de protección colectiva ou mediante medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo. Os equipos de protección individual repoñeranse sempre que sexa preciso.

3. O Concello de Chantada facilitará cada ano, naqueles postos que resulte preciso, un equipamento completo de inverno e outro de verán, que serán entregados en outubro e maio respectivamente. No caso de rotura dalgún dos elementos do equipo, este será substituído. (Neste punto, propoñemos que se asigne unha cantidade económica por persoa que formaría parte dunha partida orzamentaria única. Posteriormente, os traballadores farían as peticións concretas da roupa de traballo (sen que necesariamente sexa un equipamento completo) que precisan mediante comunicación a persoa encargada da dotación presupostaría para despois facer un único pedido por temporada a través do encargado de xestionalo).

Artigo 95.- Protección da saúde

1. O Concello garantirá a correcta vixilancia da saúde de todos os seus traballadores por medio das probas e exames médicos previstos neste artigo.

2. As probas e exames médicos serán acordes ás funcións que se realizan en cada categoría, diferenciándoas en funcións dos riscos específicos dos respectivos postos de traballo. As probas médicas serán, por iso, específicas e repetiranse coa periodicidade suficiente para detectar posibles alteracións.

3. Os exames médicos serán voluntarios, agás aqueles imprescindibles para avaliar os efectos negativos das condicións de traballo sobre a saúde, para protexer a saúde, ou se, polas características do posto de traballo, a saúde do traballador puidera constituír un perigo para si mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas.

4. A periodicidade das probas será como mínimo anual, podendo ser menor se o caso o require.

5. O resultado das probas terá carácter persoal e privado, polo que o seu uso e difusión suxeitarase ao previsto na normativa vixente sobre esta materia.

6. As probas e exames efectuaranse, de ser posible, dentro da xornada laboral. O tempo empregado será o estrictamente necesario, incluíndo o de desprazamento, e considerarase para todos os efectos como tempo efectivo de traballo no caso das probas de carácter obrigatorio. Nestes suposto os gastos de transporte correrán a cargo do Concello.

7. No suposto de probas ou exames obrigatorios efectuados fóra da xornada laboral o tempo empregado nos mesmos será compensado deducíndose da súa xornada laboral.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 
D.A. 1ª:

No regulado no capítulo VIII, serán de aplicación aquelas melloras que se deriven das reformas e modificacións normativas aplicables aos funcionarios locais.

D.A. 2ª:

De acordo co establecido no artigo 67 do Estatuto Básico do Empregado Público, procederá a xubilación parcial dos funcionarios ao servicio do Concello de Chanta da, a solicitude do interesado, sempre que o funcionario reúna os requisitos e condicións establecidos no Réxime de Seguridade Social que lle sexa aplicable.