Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE CUNTIS. PERSOAL LABORAL (36003902012004) de Pontevedra

Empresa Provincial.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Correccion de erro material do convenio colectivo do persoal laboral do concello de Cuntis, numero de codigo 3603902 16/11/2005 Boletín Oficial de Pontevedra
Resolución do 28 de xullo de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Cuntis. 30/08/2005 Diario Oficial de Galicia
CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE CUNTIS, CON Nº DE CODIGO 3603902 08/11/2004 Boletín Oficial de Pontevedra
Resolución do 19 de xullo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Cuntis. 20/09/2004 Diario Oficial de Galicia

Correccion de erro material do convenio colectivo do persoal laboral do concello de Cuntis, numero de codigo 3603902 (Boletín Oficial de Pontevedra núm. 220 de 16/11/2005)

Vistas as certificacións expedidas polo secretario do Ilmo. Concello de Cuntis, co visto e prace da Sra. alcaldesa en funcións, dos acordos acadados pola comisión informativa de planificación económica, en sesión ordinaria de data 22- 06- 05, e polo Concello en Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 24- 6- 05, sobre rectificación de erros, do parágrafo 1º do artigo 15 do convenio colectivo do persoal laboral do concello de Cuntis, aprobado na sesión plenaria extraordinaria do 06- 04- 04, e publicado no DOG número 183 do 20- 09- 04 e no BOP número 215, do 08- 11- 04, con número de código 3603902, e que tiveron entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, o día 06- 07- 05, e no senso que figura nas devanditas certificacións de acordos.

Que ao abeiro do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro. Rectificar o erro material sufrido no parágrafo 1º do artigo 15º do devandito convenio e no senso que figuran nas certificacións referenciadas.

Segundo. Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenio colectivos de traballo obrante nesta delegación provincial e notificar ás partes económica e social da comisión negociadora.

Terceiro. Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto. Dispoñer a súa publicación, no “Boletín Oficial” da provincia, e no Diario Oficial de Galicia.

Don Dalmiro Núñez Méndez, Secretario do Concello de Cuntis,

Certifico: Que o Concello en Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 24/ 06/05, cos quórum de constitución e votación legalmente establecidos, no punto 3 da parte resolutoria “Rectificación de erros apreciados na publicación no DOGA nº 183 do luns 20/09/04, do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Cuntis, aprobado na sesión plenaria  extraordinaria do 6/04/04”, por unanimidade dos Sres. Concelleiros, que supón 12 votos a favor (6 do PSOE, 4 do PP, 1 de ADDC e 1 do BNG), aprobou o seguinte Acordo:

Primeiro: Rectifica- lo erro apreciado no parágrafo 1º do artigo 15 do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Cuntis (“ fomento da mobilidade do persoal laboral”), de xeito que onde di “o Concello fomentará a mobilidade dos traballadores ao seu servizo e para tal efecto e de acordo co que se estableza na relación de postos de traballo o sistema de cobertura dos postos vacantes será o de concurso de méritos entre os traballadores do concello”, diga “o Concello fomentará a mobilidade dos traballadores ó seu servizo e a tal efecto e dacordo co que se estableza na relación de postos de traballo o sistema de cobertura dos postos vacantes será o de concurso de méritos entre o persoal laboral fixo do Concello”.

Segundo: Dar traslado á Consellería de asuntos sociais, emprego e relacións laborais, para que dispoña o rexistro, depósito e publicación, no Diario oficial de Galicia, do Acordo.”

E, para que así conste, expido a presente certificación, coa salvidade prevista no artigo 206 do R. D. 2568/1986, do 28 de novembro, de orde da Sra. Alcaldesa en funcións e co seu visto e prace, en Cuntis o día vinteoito de xuño de dous mil cinco.

Visto e prace, a alcaldesa en funcións, Fátima Monteagudo Pereira.

Don Dalmiro Núñez Méndez, Secretario do Concello de Cuntis,

Certifico: Que a Comisión informativa de planificación económica, en sesión ordinaria que tivo lugar o 22/06/05, cos quórum de constitución e votación legalmente establecidos, no punto 2 da parte resolutoria “Rectificación de erros apreciados na publicación no DOGA nº 183 do luns 20/09/04, do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Cuntis, aprobado na sesión plenaria extraordinaria do 6/04/04”, por unanimidade dos Sres. Concelleiros, que supón 12 votos a favor (6 do PSOE, 4 do PP, 1 de ADDC e 1 do BNG), aprobou o seguinte Acordo:

Primeiro: Rectifica- lo erro apreciado no parágrafo 1º do artigo 15 do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Cuntis (“ fomento da mobilidade do persoal laboral”), de xeito que onde di “o Concello fomentará a mobilidade dos traballadores ao seu servizo e para tal efecto e de acordo co que se estableza na relación de postos de traballo o sistema de cobertura dos postos vacantes será o de concurso de méritos entre os traballadores do concello”, diga “o Concello fomentará a mobilidade dos traballadores ó seu servizo e a tal efecto e dacordo co que se estableza na relación de postos de traballo o sistema de cobertura dos postos vacantes será o de concurso de méritos entre o persoal laboral fixo do Concello”.

Segundo: Dar traslado á Consellería de asuntos sociais, emprego e relacións laborais, para que dispoña o rexistro, depósito e publicación, no Diario oficial de Galicia, do Acordo.”

E, para que así conste, expido a presente certificación, coa salvidade prevista no artigo 206 do R. D. 2568/1986, do 28 de novembro, de orde da Sra. Alcaldesa en funcións e co seu visto e prace, en Cuntis o día vintecatro de xuño de dous mil cinco.

Visto e prace, a alcaldesa en funcións, Fátima Monteagudo Pereira.