Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE VEREA de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE VEREA de Ourense

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 19 de Mayo de 2016 en adelante

Tiempo de lectura: 13 min

Acordo plenario do 29.04.2016, de aprobacion da proposta da Alcaldia do 20.04.2016, sobre complementos das prestacions economicas na situacion de incapacidade temporal e outras situacions protexidas do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello de Verea (Boletín Oficial de Ourense num. 114 de 19/05/2016)

O mencionado acordo transcríbese integramente a continuación:

'5.- Proposta da Alcaldía sobre complementos das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal e outras situacións protexidas do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello de Verea.

A continuación, deuse conta da proposta da Alcaldía con data 20 de abril de 2016, sobre complementos das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal e outras situacións protexidas do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello de Verea.

Así mesmo, deuse conta do informe de Secretaría con data 19 de abril de 2016.

Tras a lectura de ambos os documentos, e sometida a votación ordinaria a aprobación da proposta da Alcaldía con data 20 de abril de 2016, o Pleno da Corporación acordou por unanimidade:

Aprobar a proposta da Alcaldía con data 20 de abril de 2016 e, polo tanto:

Primeiro.- Que a prestación económica derivada da situación de incapacidade temporal do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello de Verea se rexerá polo seguinte:

1º.- Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns:

a) Recoñecerase, desde o primeiro día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro día, un complemento retributivo ata alcanzar o cincuenta por cento (50%) das retribucións que se veñan percibindo no mes anterior ao de causar incapacidade, entendendo por tales retribucións os conceptos retributivos dunha mensualidade ordinaria, excluíndo os conceptos da nómina que non constitúan haberes fixos e periódicos (tales como: gratificacións, paga extra, produtividade variable, obxectivos), así como posibles pagas extras.

b) Desde o día cuarto día da situación de incapacidade temporal ata o vixésimo, ambos os dous inclusive, o complemento que se poida sumar á prestación económica recoñecida pola Seguridade Social, deberá ser tal que, sumadas ambas as dúas cantidades, se alcance o setenta e cinco por cento (75%) das retribucións que viñeran correspondendo ao dito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade, entendendo por tales retribucións os conceptos retributivos dunha mensualidade ordinaria, excluíndo os conceptos da nómina que non constitúan haberes fixos e periódicos (tales como: gratificacións, paga extra, produtividade variable, obxectivos) así como posibles pagas extras.

c) A partir do día vixésimo primeiro inclusive, recoñecerase unha prestación equivalente ao cento por cento (100%) das retribucións que se viñan percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade, entendendo por tales retribucións os conceptos retributivos dunha mensualidade ordinaria, excluíndo os conceptos da nómina que non constitúan haberes fixos e periódicos (tales como: gratificacións, paga extra, produtividade variable, obxectivos) así como posibles pagas extras.

As referencias a días realizadas no presente punto entenderase realizadas a días naturais.

2º.- Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais (accidente laboral, acto de servizo ou enfermidade profesional), recoñecerase unha prestación complementaria á da Seguridade Social ata alcanzar o cento por cento (100%) das retribucións que viñan correspondendo ao persoal afectado no mes anterior ao de causarse a incapacidade, entendendo por tales retribucións os conceptos retributivos dunha mensualidade ordinaria, excluíndo os conceptos da nómina que non constitúan haberes fixos e periódicos (tales como: gratificacións, paga extra, produtividade variable, obxectivos), así como posibles pagas extras.

A dita prestación complementaria aboarase desde a data de inicio da incapacidade temporal ata a data de finalización desta.

3º.- Determinar que no suposto de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns terá carácter excepcional e abonarase un complemento ata alcanzar o cento por cento (100%) das retribucións desde a data de inicio da situación de incapacidade temporal, nos seguintes supostos:

- Hospitalización - Intervención cirúrxica hospitalaria ou ambulatoria. - Risco por embarazo. - Risco durante a lactación natural. - Accidente grave ou moi grave. - Incapacidade temporal por enfermidade relacionada por discapacidades recoñecidas cun grao do 33 % ou superior.

- Incapacidade temporal sen hospitalización provocada por enfermidades graves, crónicas, dexenerativas, irreversibles e/ou incurables.

- Incapacidade temporal sen hospitalización, pero que requira tratamento ou terapia hospitalaria por enfermidades graves, crónicas, dexenerativas, irreversibles e/ou incurables (por exemplo, diálises).

- Procesos oncolóxicos. - Períodos de recuperación ou postoperatorios e a súa recaída. - Situacións de incapacidade temporal motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero.

- Enfermidades graves non incluídas nos supostos anteriores: para os efectos deste acordo, entenderanse por enfermidade grave as incluídas no anexo I do Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo (BOE n.º 182, do 30 de xullo de 2011).

4º.- Tratamento das recaídas: naqueles casos en que unha situación de incapacidade temporal se vexa interrompida por períodos intermedios de actividade e, de acordo coa normativa reguladora da Seguridade Social, se considere que hai unha soa situación de incapacidade temporal sometida a un único prazo máximo (e así se faga constar como recaída no parte médico de baixa correspondente), o interesado terá dereito a continuar

coa porcentaxe do complemento que tivera con ocasión da alta previa da incapacidade temporal da que deriva a recaída.

5º.- Os supostos de carácter excepcional regulados no punto 3º deberán ser xustificados mediante a presentación do correspondente parte de baixa médica e da documentación que proceda segundo o caso:

a) Hospitalización e intervención cirúrxica: xustificante de hospitalización emitido polo centro hospitalario ou certificado médico que acredite a práctica dunha intervención cirúrxica ou dunha intervención médica invasiva incluída na carteira de servizos do sistema sanitario.

b) Situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero: a acreditación da condición de vítima de violencia de xénero efectuarase consonte o previsto no artigo 5 da Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

c) Resto de supostos: certificado ou informe médico que xustifique a circunstancia que corresponda.

6º.- Para os efectos do aboamento do complemento do 100 % das retribucións, enténdese incluída a hospitalización en réxime de internamento, a hospitalización a domicilio e máis a estancia nos hospitais de día, incluíndo os períodos de observación nos servizos de urxencias hospitalarias.

Para os mesmos efectos, consideraranse intervencións cirúrxicas, sempre que estean incluídas na carteira de servizos do sistema sanitario, as intervencións cirúrxicas con internamento, as intervencións de cirurxía maior ambulatoria e de cirurxía menor ambulatoria e máis as intervencións médicas invasivas, como colonoscopias, gastroscopias ou outras de características similares.

Segundo.- Durante o desfrute dos permisos por parto, adopción, acollemento e paternidade aboaránselle ao persoal funcionario os complementos necesarios ata acadar o 100% das retribucións, durante todo o período de tempo que comprenda o permiso.

Terceiro.- O réxime anterior será de aplicación ás situacións de incapacidade temporal e permisos por parto, adopción, acollemento e paternidade iniciadas/os a partir do 1 de maio de 2016.

Cuarto.- Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de edictos do concello para xeral coñecemento.'

Verea, 5 de maio de 2016. O alcalde. Asdo.: Juan Antonio Martínez González.

Edicto

El Pleno de la Corporación, en la sesión extraordinaria de fecha 29 de abril de 2016, acordó aprobar la propuesta de la Alcaldía de fecha 20 de abril de 2016, sobre complementos de las prestaciones económicas en situación de incapacidad temporal y otras situaciones protegidas del personal funcionario y laboral al servicio del Ayuntamiento de Verea.

El mencionado acuerdo se transcribe íntegramente a continuación:

'5.- Propuesta de la Alcaldía sobre complementos de las prestaciones económicas en la situación de incapacidad temporal y otras situaciones protegidas del personal funcionario y laboral al servicio del Ayuntamiento de Verea.

A continuación, se dio cuenta de la propuesta de la Alcaldía de fecha 20 de abril de 2016, sobre complementos de las prestaciones económicas en la situación de incapacidad temporal y otras situaciones protegidas del personal funcionario y laboral al servicio del Ayuntamiento de Verea. Asimismo, se dio cuenta del informe de Secretaria de fecha 19 de abril de 2016.

Tras la lectura de ambos documentos, y sometida a votación ordinaria la aprobación de la propuesta de la Alcaldía de fecha 20 de abril de 2016, el Pleno de la Corporación acordó por unanimidad:

Aprobar la propuesta de la Alcaldía de fecha 20 de abril de 2016 y, por lo tanto:

Primero.- Que la prestación económica derivada de la situación de incapacidad temporal del personal funcionario y laboral al servicio del Ayuntamiento de Verea se regirá por lo siguiente:

1º.- Cuando la situación de incapacidad temporal derive de contingencias comunes:

d) Se reconocerá, desde el primer día de la situación de incapacidad temporal hasta el tercer día, un complemento retributivo hasta alcanzar el cincuenta por ciento (50%) de las retribuciones que se vengan percibiendo en el mes anterior al de causar incapacidad, entendiendo por tales retribuciones los conceptos retributivos de una mensualidad ordinaria, excluyendo los conceptos de la nómina que no constituyan haberes fijos y periódicos (tales como: gratificaciones, paga extra, productividad variable, objetivos), así como posibles pagas extras.

e) Desde el día cuarto de la situación de incapacidad temporal hasta el vigésimo, ambos inclusive, el complemento que se pueda sumar a la prestación económica reconocida por la Seguridad Social deberá ser tal que, sumadas ambas cantidades, se alcance el setenta y cinco por ciento (75%) de las retribuciones que correspondan a dicho personal en el mes anterior al de causarse la incapacidad, entendiendo por tales retribuciones los conceptos retributivos de una mensualidad ordinaria, excluyendo los conceptos de la nómina que no constituyan haberes fijos y periódicos (tales como: gratificaciones, paga extra, productividad variable, objetivos) así como posibles pagas extras.

f) A partir del día vigésimo primero inclusive, se reconocerá una prestación equivalente al cien por cien (100%) de las retribuciones que se venían percibiendo en el mes anterior al de causarse la incapacidad, entendiendo por tales retribuciones los conceptos retributivos de una mensualidad ordinaria, excluyendo los conceptos de la nómina que no constituyan haberes fijos y periódicos (tales como: gratificaciones, paga extra, productividad variable, objetivos) así como posibles pagas extras.

Las referencias a días realizadas en el presente punto se entenderán realizadas a días naturales.

2º.- Cuando la situación de incapacidad temporal derive de contingencias profesionales (accidente laboral, acto de servicio o enfermedad profesional), se reconocerá una prestación complementaria a la de la Seguridad Social, hasta alcanzar el cien por cien (100%) de las retribuciones que venían correspondiendo al personal afectado en el mes anterior al de causarse la incapacidad, entendiendo por tales retribuciones los conceptos retributivos de una mensualidad ordinaria, excluyendo los conceptos de la nómina que no constituyan haberes fijos y periódicos (tales como: gratificaciones, paga extra, productividad variable, objetivos), así como posibles pagas extras.

Dicha prestación complementaria se abonará desde la fecha de inicio de la incapacidad temporal hasta la fecha de finalización de esta.

3º.- Determinar que en el supuesto de incapacidad temporal derivada de contingencias comunes tendrá carácter excepcional y se abonará un complemento hasta alcanzar el cien por cien

(100%) de las retribuciones desde la fecha de inicio de la situación de incapacidad temporal, en los siguientes supuestos:

- Hospitalización - Intervención quirúrgica hospitalaria o ambulatoria. - Riesgo por embarazo. - Riesco durante la lactancia natural. - Accidente grave o muy grave. - Incapacidad temporal por enfermedad relacionada por discapacidades reconocidas con un grado del 33 % o superior.

- Incapacidad temporal sin hospitalización provocada por enfermedades graves, crónicas, degenerativas, irreversibles y/o incurables.

- Incapacidad temporal sin hospitalización pero que requiera tratamiento o terapia hospitalaria por enfermedades graves, crónicas, degenerativas, irreversibles y/o incurables (por ejemplo, diálisis).

- Procesos oncológicos. - Períodos de recuperación o postoperatorios y su recaída. - Situaciones de incapacidad temporal motivadas por la situación física o psicológica derivada de la violencia de género.

- Enfermedades graves no incluidas en los supuestos anteriores: a los efectos de este acuerdo, se entenderán por enfermedad grave las incluidas en el Anexo I del Real Decreto 1148/2011, de 29 de julio (BOE n.º 182, de 30 de julio de 2011).

4º.- Tratamiento de las recaídas: en aquellos casos en que una situación de incapacidad temporal se vea interrumpida por períodos intermedios de actividad y, de acuerdo con la normativa reguladora de la Seguridad Social se considere que hay una sola situación de incapacidad temporal sometida a uno único plazo máximo (y así se haga constar como recaída en el parte médico de baja correspondiente), el interesado tendrá derecho a continuar con el porcentaje del complemento que tuviera con ocasión del alta previa de la incapacidad temporal de la que deriva la recaída.

5º.- Los supuestos de carácter excepcional regulados en el punto 3º deberán ser justificados mediante la presentación del correspondiente parte de baja médica y de la documentación que proceda, según el caso:

d) Hospitalización e intervención quirúrgica: justificante de hospitalización emitido por el centro hospitalario o certificado médico que acredite la práctica de una intervención quirúrgica o de una intervención médica invasiva incluida en la cartera de servicios del sistema sanitario.

e) Situación física o psicológica derivada de la violencia de género: la acreditación de la condición de víctima de violencia de género se efectuará conforme a lo previsto en el artículo 5 de la Ley Gallega 11/2007, de 27 de julio, para la Prevención y Tratamiento Integral de la Violencia de Género.

f) Resto de supuestos: certificado o informe médico que justifique la circunstancia que corresponda.

6º.- A los efectos del abono del complemento del 100 % de las retribuciones, se entiende incluida la hospitalización en régimen de internamiento, la hospitalización a domicilio y la estancia en los hospitales de día, incluyendo los períodos de observación en los servicios de urgencias hospitalarias.

A los mismos efectos, se considerarán intervenciones quirúrgicas, siempre que estén incluidas en la cartera de servicios del sistema sanitario, las intervenciones quirúrgicas con internamiento, las intervenciones de cirugía mayor ambulatoria y de cirugía menor ambulatoria y las intervenciones médicas invasivas, como colonoscopias, gastroscopias y otras de características similares. Segundo.- Durante el disfrute de los permisos por parto, adopción, acogimiento y paternidad se abonará al personal funcionario los complementos necesarios hasta alcanzar el 100% de las retribuciones, durante todo el período de tiempo que comprenda el permiso.

Tercero.- El régimen anterior será de aplicación a las situaciones de incapacidad temporal y permisos por parto, adopción, acogimiento y paternidad iniciadas/os a partir de 1 de mayo de 2016.

Cuarto.- Publicar el presente acuerdo en el Boletín Oficial de la Provincia de Ourense y en el tablón de edictos del ayuntamiento para general conocimiento.'

Verea, 5 de mayo de 2016. El alcalde. Fdo: Juan Antonio Martínez González.

R. 1.393