Convenio Colectivo de Empresa de CONSELLO DA XUVENTUDE DE GALICIA (82000842012005) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

-. Convenio Colectivo de Empresa de CONSELLO DA XUVENTUDE DE GALICIA (82000842012005) de Galicia

Tiempo de lectura: 16 min

Resolución do 11 de agosto de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo dos traballadores e traballadoras do Consello da Xuventude de Galicia. (Diario Oficial de Galicia num. 196 de 07/10/2004)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Capítulo V Selección de persoal

Artigo 14º.-Principios xerais. A selección de persoal do Consello da Xuventude de Galicia seráorganizada pola comisión permanente do consello comunicándollelo aos representantes dos traballadores e traballadoras se os houbese, ou ácomisión

paritaria, os postos ofertados, o carácter destes e o procedemento selectivo para cubrilos.

En calquera caso sempre se cumprirán os principios de igualdade, mérito e capacidade asícomo o de publicidade. En relación a este último principio calquera oferta de emprego do Consello da Xuventude de Galicia deberalles ser remitida ás oficinas públicas de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15º.-O procedemento de selección. O procedemento de selección será, sempre que se trate de novas prazas e independentemente da duración dos contratos, de concurso-oposición, valorándose os méritos dos candidatos e candidatas, realizándose unha entrevista persoal, unha proba escrita ben sobre temario publicado nas bases ou sobre as áreas de competencias da praza ofertada e nos casos en que o desempeño das funcións do posto o requira, proba de coñecementos informáticos.

A comisión paritaria determinaráas porcentaxes que regularán cada unha das probas do proceso selectivo, asícomo os criterios que se van seguir en cada un deles.

A coordinación dos procedementos selectivos do Consello da Xuventude de Galicia correspóndelle á comisión permanente. A comisión de selección estaráformada polo presidente ou presidenta do consello, e dous membros máis da comisión permanente polo menos. Nela participaráa representación dos traballadores e traballadoras se a houbese.

Artigo 16º.-Postos de traballo. A comisión permanente do Consello da Xuventude de Galicia determinaráos postos de traballo que proceda crear, ou as vacantes que de producirse, procedan ser ocupadas, determinando as características exixidas para o seu desempeño, e a forma e o proceso que se vai seguir para a súa cobertura.

Os postos a cubrir poderán ser de persoal con cargo a programas específicos de colaboración coas distintas administracións públicas ou persoal con cargo áestrutura dos consello. No primeiro caso teranse en conta as especificacións previstas nos devanditos convenios de colaboración.

No caso dos postos con cargo áestrutura poderanse ofertar postos de traballo sempre que a viabilidade do orzamento de estrutura o permita.

Capítulo VI Retribucións e outras prestacións

Artigo 17º.-Principios xerais. As retribucións de persoal do Consello da Xuventude de Galicia para o 2005 son as establecidas no presente convenio colectivo, en atención ás categorías profesionais existentes.

Durante a vixencia do presente convenio, o incremento da masa salarial do persoal seráo que se derive das negociacións anuais coa representación de persoal, que se levarán a cabo durante o mes de decembro do exercicio inmediatamente anterior, e que, en calquera caso, se non as houbese, nunca poderáser inferior ao IPC (índice de prezos de consumo) previsto polo Goberno nas leis orzamentarias. Nese sentido, a comisión paritaria reunirase con anterioridade ao 31 de decembro de 2005 para negociar a mellora salarial a aplicar aos distintos niveis retributivos reflectidos na táboa nº 2 do artigo 18, co fin de harmonizar razoablemente as contías que hai que percibir co posto de traballo desempeñado e as titulacións do traballador a partir de 2005.

No caso de que o IPC de decembro a decembro sexa superior ao IPC previsto para o ano, aplicarase unha revisión salarial ao persoal incluído no ámbito deste convenio. Esta revisión salarial fixarase de forma que o incremento das retribucións do persoal, unha vez incorporada a revisión manteña a mesma diferenza en puntos respecto ao IPC rexistrado que a orixinal en relación ao IPC previsto. A devandita revisión incorporarase na nómina do mes de febreiro e será consolidable para todos os efectos.

Artigo 18º.-Conceptos salariais. O persoal do Consello da Xuventude de Galicia unicamente poderáser retribuído polos conceptos seguintes:

1. Salario base:

Éa retribución que lle corresponde a cada traballador por mes completo de prestación de servizos segundo o nivel retributivo ao que pertence a súa categoría profesional, conforme se establece na seguinte táboa:

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

2. Pagas extraordinarias:

Éa suma das retribucións correspondentes ao salario base segundo o nivel retributivo e ao complemento de antigüidade e o complemento de vinculación ou permanencia na empresa por cada seis meses de traballo efectivo ou a parte que corresponda en proporción ao traballo efectivo desempeñado nos seis meses precedentes ao de xuño e ao de decembro. Serán aboadas os días 20 de xuño e 20 de decembro, respectivamente.

3. Horas extraordinarias: Retribuiranse, se éo caso, na nómina do mes no que se realicen e sempre suxeitas ao disposto no artigo 8º deste convenio.

4. Antigüidade: A antigüidade que os traballadores tivesen recoñecida con data 31-12-2004 denominarase complemento persoal de antigüidade consolidada, rateándose as fraccións inferiores a mencionada data. A dito concepto salarial aplicarase a partir da entrada en vigor deste convenio o mesmo incremento que ao salario base.

4. Complemento de vinculación: Con data do 1 de xaneiro de 2005 todos os traballadores percibirán un complemento de vinculación ou permanencia na empresa. Tal bonificación fíxase en trienios do tres por cento de salario base.

Artigo 19º.-Conceptos non salariais. Axudas de custo e desprazamentos: Atendendo ánatureza do servizo que vaia realizar, o persoal vinculado ao consello polo presente convenio

poderápercibir como máximo en concepto de axudas de custo as cantidades diarias seguintes:

Almorzo: 5 euros. Xantar: 12 euros. Cea: 12 euros. Aloxamento: 50 euros. Cando o servizo que se vaia realizar ocasione desprazamento e se realice no automóbil do traballador ou traballadora, aboarase a cantidade de 0,1683 euros por quilómetro percorrido.

Artigo 20º.-Outras prestacións. Anticipos reintegrables: Todo o persoal con máis dun ano de antigüidade terádereito a solicitar un anticipo sen interese ata o importe de catro mensualidades do salario real. A amortización deste anticipo non excederádo cinco por cento do seu salario.

Seguro colectivo: Establécese un seguro colectivo que garanta a todos os traballadores e traballadoras un capital de 18.000 euros para morte e 24.000 euros para invalidez permanente, derivada, en ambos os casos, de calquera continxencia.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal. En caso de incapacidade temporal, complementarase ao persoal a diferenza entre a prestación que por este concepto reciba da Seguridade Social e a percepción ao cento por cento que lle correspondera de estar traballando normalmente.

Capítulo VII Mellora das condicións no traballo

Artigo 22º.-Seguridade e hixiene. Seráobrigatoria a utilización de computadores de filtros ou monitores que cumpran a normativa vixente.

Efectuaranse revisións médicas específicas (vista, lombo, etc.) aos traballadores e traballadoras que desenvolvan os seus labores en equipamentos informáticos.

Artigo 23º.-Revisións médicas. O Consello da Xuventude de Galicia realizarápara todos os traballadores que voluntariamente o soliciten un recoñecemento médico específico, que serárealizado por aquelas entidades xestoras ou colaboradoras coas que o Consello da Xuventude de Galicia concerte o servizo, e con carácter anual.

O tempo empregado para este recoñecemento será aboado pola empresa.

Artigo 24º.-Formación e perfeccionamento profesional. Co obxecto de facilitar a formación e promoción profesional do persoal ao servizo do Consello da Xuventude de Galicia, os traballadores e traballadoras terán dereito a que se lles facilite a realización de estudos, cursos de perfeccionamento laboral e acceso a cursos de reconversión e capacitación profesional. A comisión paritaria ou, se éo caso, o representante ou a representante dos traballadores e traballadoras e da empresa reuniranse antes do 31 de xaneiro para elaborar o Plan de Formación Anual, sempre tendo en conta a partida orzamentaria dispoñible para tal fin e as necesidades que se advirtan.

Os gastos ocasionados por esta formación correrán por conta da empresa.

Capítulo VIII Réxime disciplinario

Artigo 25º.-Graduación das faltas. Os traballadores e traballadoras poderán ser sancionados pola comisión permanente, mediante a resolución correspondente, en virtude dos incumprimentos das obrigas contractuais, de acordo coa graduación das faltas e sancións que se establezan nesta epígrafe.

As faltas disciplinarias dos traballadores e traballadoras, cometidas con ocasión ou como consecuencia do traballo poderán ser leves, graves e moi graves.

Faltas leves: A leve incorrección co público e en xeral cos usuarios e usuarias do servizo, asícomo cos compañeiros e compañeiras ou subordinados e subordinadas.

O atraso inxustificado, neglixencia ou descoido no incumprimento das súas tarefas.

Non comunicar coa debida antelación a falta ao traballo por causa xustificada, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

A falta de asistencia ao traballo sen causa xustificada de un ou dous días ao mes.

O incumprimento non xustificado do horario de traballo entre tres e cinco veces ao mes.

O descoido na conservación dos locais, material e documentos da empresa.

En xeral, o incumprimento nos deberes por neglixencia ou descoido inescusable.

Faltas graves: A falta de disciplina no traballo ou do respecto debido aos superiores, compañeiros e compañeiras ou subordinados e subordinadas.

O incumprimento das ordes ou instrucións dos superiores relacionadas co traballo e das obrigas concretas do posto de traballo ou as neglixencias das que se deriven ou poidan derivarse prexuízos graves para o servizo.

A desconsideración co público no exercicio do traballo.

O incumprimento grave das obrigas en materia de prevención de riscos laborais recollidas na normativa vixente.

A falta de asistencia ao traballo sen causa xustificada de tres ou catro días no período dun mes.

O incumprimento non xustificado do horario de traballo entre seis e dez ocasións ao mes cando acumulados suporían un mínimo de dez horas mensuais.

O abandono do posto de traballo durante a xornada sen causa xustificada.

A simulación de enfermidade ou accidente. A simulación de faltas doutros traballadores e traballadoras en relación cos seus deberes de puntualidade, asistencia e permanencia do traballo.

A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal ou pactado.

A neglixencia que poida causar graves danos na conservación dos locais, materia ou documentos da empresa.

O incumprimento dos prazos ou outras disposicións de procedemento en materia de incompatibilidades, cando non supoña o mantemento dunha situación de incompatibilidade.

A utilización ou difusión indebidas de datos ou asuntos dos que se teña coñecemento por razón do traballo.

Cometer falta leve, tendo anotadas e non canceladas, ou sen posibilidade de cancelar, polo menos dúas faltas leves.

O abuso de autoridade no desenvolvemento das funcións encomendadas. Considerarase abuso de autoridade a comisión por un superior dun feito arbitrario, con infracción do dereito dun traballador ou traballadora recoñecido legalmente por este convenio, Estatuto dos traballadores e demais leis vixentes, de onde se derive un prexuízo notorio para o subordinado ou subordinada, xa sexa de orde material ou moral.

Faltas moi graves: A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas.

A manifesta insubordinación individual ou colectiva. A notoria falta de rendemento que comporte inhibición no cumprimento das tarefas encomendadas.

O falseamento voluntario de datos e informacións de servicio.

A falta de asistencia ao traballo non xustificada durante cinco ou máis días ao mes.

O incumprimento non xustificado do horario de traballo durante máis de dez ocasións ao mes, ou durante máis de vinte ao trimestre.

Cometer falta grave, tendo anotadas e non canceladas, ou sen posibilidade de cancelar polo menos dúas faltas graves.

O acoso sexual e/ou moral. A obstaculización ao exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

O quebrantamento do segredo profesional; a manipulación de datos e programas con ánimo de falsificación ou a utilización dos medios técnicos do Consello da Xuventude de Galicia para intereses particulares de tipo económico.

A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercuten negativamente no traballo.

O incumprimento moi grave das obrigas en materia de prevención de riscos laborais recollidas na normativa vixente, entendendo como tal cando do mesmo poidan derivarse riscos para a saúde e a integridade física ou psíquica de outro traballador ou traballadora, ou de terceiros.

Artigo 26º.-Sancións. As sancións que poidan impoñerse, en función da cualificación das faltas, serán as seguintes:

Por faltas leves: * Amoestación verbal.

* Amoestación por escrito.

* Suspensión de emprego e soldo ata dous días. Por faltas graves: * Amoestación por escrito.

* Suspensión de emprego e soldo de entre tres días e trinta días.

Por faltas moi graves: * Suspensión de emprego e soldo entre trinta e un días e sesenta días.

* Inhabilitación para a promoción e ascenso por un período máximo dun ano.

* Despedimento. Non se poderán impoñer sancións que consistan na redución das vacacións ou outra minoración dos dereitos ao lecer do traballador ou traballadora ou multa de haber.

Artigo 27º.-Prescrición das faltas. As faltas leves prescribirán aos dez días; as graves aos vinte días e as moi graves aos sesenta días, contados todos eles a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, aos seis meses de cometerse.

Artigo 28º.-Cancelación das faltas. Todas as sancións impostas anotaranse nun expediente persoal do sancionado ou sancionada que se habilitarápara tal fin e cancelaranse de oficio ou por instancia de parte, unha vez transcorrido o prazo dun mes cando se trate de falta leve, seis meses se a falta égrave e un ano se a falta émoi grave.

Capítulo IX Acción sindical

Artigo 29º.-Dereitos sindicais. En todo o relativo aos aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, seguirase o que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Artigo 30º.-Garantías dos representantes dos traballadores e traballadoras.

Os membros do comitéde empresa e os/as delegados/as de persoal terán as garantías que se establecen no artigo 68 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e as que se determinen deseguido:

a) Non se computarádentro do máximo legal de horas mensuais dispoñibles para o exercicio das súas funcións de representación, o exceso que sobre este se produza con motivo da designación de delegados/as de persoal ou membros do comitéde empresa como compoñentes das comisións negociadoras de convenios colectivos nos cales sexan afectados, e polo que se refire ácelebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito da negociación referido.

b) Sen excederen o máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros dos comités de empresa ou delegados/as de persoal, co fin de prever a asistencia destes a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institucións de formación e outras entidades.

Capítulo X Comisión paritaria

Artigo 31º.-Constitución e composición da comisión paritaria.

Nos quince días seguintes áentrada en vigor do presente convenio, quedaráconstituída a comisión paritaria composta por unha parte polo delegado ou delegada de persoal e un asesor ou asesora, e doutra por dous representantes da comisión permanente do Consello da Xuventude de Galicia.

Artigo 32º.-Regulamento da comisión paritaria. Os acordos que se adopten quedarán reflectidos como tales na acta da correspondente reunión que subscribirán os representantes do Consello da Xuventude de Galicia e dos traballadores e traballadoras, e incluiranse como parte integrante do convenio colectivo.

As reunións da comisión paritaria celebraranse cando sexan convocadas por calquera das partes cun mínimo de cinco días de antelación incluíndo ademais na orde do día, a documentación necesaria para a súa discusión.

O Consello da Xuventude de Galicia estáobrigado a facilitar toda a información solicitada polos membros da comisión paritaria en cuestións de competencia desta.

Os membros da comisión paritaria disporán do tempo necesario para a asistencia de todas as reunións ás que se lles convoquen. Artigo 33º.-Funcións da comisión paritaria. A interpretación, vixilancia e seguimento do convenio colectivo.

Velar polo mantemento da paz social durante a vixencia do contrato e no momento da denuncia, mentres se desenvolva a negociación colectiva.

Interpretar o convenio con carácter previo a calquera outro órgano administrativo ou xurisdicional, e ofrecer o seu arbitraxe no seu caso, en supostos de conflito colectivo suscitados pola aplicación de preceptos deste convenio, calquera das dúas partes asinantes no mesmo solicitaráa inmediata reunión da comisión paritaria para efectos de ofrecer a súa mediación. Os promotores do conflito deberán, en todo caso, remitir por escrito á comisión paritaria o detalle da controversia ou dúbida suscitada. Intentado sen efecto o obrigado trámite interpretativo ante a comisión, ou transcorridos quince días hábiles desde a súa solicitude sen que se tivera celebrado, quedarálibre a vía administrativa ou xurisdicional correspondente. Os acordos da comisión, interpretativos deste convenio, terán a mesma eficacia que a da cláusula que fora interpretada.

Velar polo cumprimento das normas de seguridade e saúde, asícomo acordar as medidas oportunas para a adopción de métodos e mecanismos que sobre esta materia fosen necesarios.

Elaborar o plano de formación anual da entidade. Todas as resolucións que a comisión deba emitir sobre consultas presentadas a ela deberán producirse nun prazo máximo de dez días hábiles, a partir da recepción formal delas, acompañadas da documentación correspondente.

As diferenzas e discrepancias existentes no seo desta comisión someteranse ao AGA.

Capítulo XI Garantías sociais

Artigo 34º.-As partes asinantes comprométense a seguir as directrices en materia de acción social que marca o Consello da Xuventude de Galicia.

Non se discriminaráa ningún traballador ou traballadora en función do seu sexo, nacionalidade, raza, relixión, orientación sexual, discapacidade, enfermidade ou ideoloxía.

Equipararanse para todos os efectos os matrimonios coas parellas de feito. Seránecesario achegar xustificación do Rexistro de Parellas de Feito aláonde o houbese ou do censo onde se xustifique a convivencia da parella.

Respectarase a permanencia no Consello da Xuventude de Galicia daqueles traballadores e traballadoras que, por accidente laboral, sufran unha discapacidade sobrevida con posterioridade áincorporación áempresa.

Artigo 35º.-Protección ao embarazo. A traballadora xestante terádereito a ocupar, durante o embarazo, un posto de traballo e/ou quenda distinta á súa, se a prescrición do especialista que atende o seu embarazo asío aconsellase.

Este cambio de posto de traballo non suporámodificación na súa categoría, nin merma nos seus dereitos económicos. Finalizada a causa que motivou o cambio, procederase á súa reincorporación ao seu destino orixinal.

En todo caso seráde aplicación o artigo 26 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.