Convenio Colectivo de Empresa de EXPLOTACIONES CERAMICAS ESPAÑOLAS, S.A. de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
20/10/2004

-. Convenio Colectivo de Empresa de EXPLOTACIONES CERAMICAS ESPAÑOLAS, S.A. de Galicia

Tiempo de lectura: 6 min

Tiempo de lectura: 6 min

Resolución do 30 de xullo de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Explotaciones Cerámicas Españolas, S. A. (Diario Oficial de Galicia num. 204 de 20/10/2004)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Indicando por E, F e G cada unha das tres quendas de traballo e por M,T e X osrelevos de mañ á , tarde e descanso respectivamente. Esta distribución

érepetitiva cada tres semanas. No caso de funcionamento a tres quendas, caso a) , o persoal de canais farao na forma habitual de traballo a dúas quendas en relevo de mañ á e tarde con rotación semanal.

Os relevos de mañ á , tarde e noite axustaranse en todos os casos ao horario de 6.00 a 14.00 h, 14.00 a 22.00 h e 22.00 a 6.00 h, respectivamente.

Os traballadores que presten servizos nas quendas de produción en sábados ou domingos percibirán, ademais do seu salario, por cada sábado ou domingo efectivamente traballado no ano 2004, a cantidade resultante de aplicarlle ácorrespondente do ano 2003 de 11,02 euros a porcentaxe de elevación salarial recollida no artigo 21ºpara o dito ano 2004; e na cantidade resultante de aplicarlle ácorrespondente en 2004 o incremento salarial recollido no artigo 21ºpara o ano 2005 por cada sábado ou domingo efectivamente traballado no dito ano 2005.

Artigo 30º.-Bolsa de Nadal. Establécese a obriga empresarial de conceder unha bolsa de Nadal na dita festividade. Seráentregada a cada un dos traballadores na segunda decena do mes de decembro.

Artigo 31º.-Fondo social. Nutrirase dunha contribución anual de 3.000 euros achegados pola empresa. A súa administración corresponderalle ao comitéde empresa, actuando como interventora dos acordos que se adopten a dirección da empresa.

Artigo 32º.-Seguro de invalidez e morte. A empresa manteráas actuais pólizas de seguro colectivo de invalidez e morte que ten establecidas con independencia do seguro de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, con indemnizacións de 4.508 euros e 9.015 euros en cada suposto.

Artigo 33º.-Xubilación. En caso de que os traballadores incluídos no ámbito persoal do presente convenio quixesen acollerse ao Real decreto 14/1981, para xubilárense con 64 anos cumpridos co 100% dos dereitos, a empresa sóse veráobrigada a substituír o traballador xubilado cando a praza ocupada por este non sexa amortizable.

Os traballadores que se xubilen encontrándose activamente ao servizo da empresa ata os 65 anos quedan relevados da súa actividade durante os dous últimos meses, os cales, non obstante, lles serán retribuídos.

Artigo 34º.-Condicións máis beneficiosas. Os traballadores que, con anterioridade a este convenio, viñesen desfrutando de mellores condicións que as aquípactadas, serán respectadas por todos os conceptos salvo polo que se refire ao artigo anterior no que respecta áxubilación voluntaria aos 64 anos, que, en calquera caso, estaría en vigor e especificado no presente convenio.

Aqueles traballadores que, non estando afectados polo convenio colectivo anterior, soliciten a súa inclusión neste ou nos sucesivos, terán as condicións xerais nel pactadas con expresa renuncia ás que tivese anteriormente.

Artigo 35º.-Antigüidade. As variacións do complemento de antigüidade, establecido para premiar a permanencia continuada do traballador ao servizo da empresa, rexeranse polas seguintes regras:

Primeira: os aumentos por ano de servizo para os traballadores cunha antigüidade na empresa anterior ao 1 de xaneiro de 1995 devengaranse na forma que segue:

Aos tres anos: 5%. Aos seis anos: 10%. Aos once anos: 20%. Aos dezaseis anos: 30%. Aos vinte e un anos: 40%. Aos vinte e seis anos: 50%. Aos trinta e un anos: 60%. Este complemento de antigüidade ten un límite de percepción do 60% do salario base. Alcanzada a dita porcentaxe, esta queda consolidada. A partir dese momento a antigüidade serárevisada cada ano para manter inalterable a citada porcentaxe do 60% do salario base que exista en cada momento.

Segunda: os traballadores que a partir do 1 de xaneiro de 1995 pasen a ser fixos de empresa devengarán os aumentos por ano de servizo exclusivamente por trienios. Cada trienio cumprido devengaráo 3% do salario base que o traballador perciba en cada momento.

O complemento de antigüidade teráun límite de percepción do 21% do salario base.

As porcentaxes de antigüidade son acumulativas ata o 21%. Alcanzada a dita porcentaxe, esta queda consolidada. A partir deste momento a antigüidade revisarase cada ano para manter inalterable a citada porcentaxe do 21% do salario base que exista en cada momento.

Terceira: se calquera traballador con contrato eventual ao asinamento do presente convenio pasase a fixo, respectaráselle para a antigüidade a data do citado contrato.

Cuarta: a empresa comprométese, durante a vixencia do presente convenio, a pasar a fixos do cadro de persoal a tres traballadores dos eventuais existentes o día da data.

Artigo 36º.-Excedencia. Os traballadores fixos do cadro de persoal poderán desfrutar dunha excedencia dun ano de duración, durante o cal se lles reservaráun posto de traballo de igual ou similar categoría.

A solicitude desta excedencia deberáser solicitada polo traballador cunha anterioridade de dous meses, e a empresa resolveráa súa concesión pola orde de presentación de solicitudes.

Durante este ano, o traballador non poderáreingresar na empresa. Con polo menos un mes de antelación á finalización do ano de excedencia, o traballador débelle notificar áempresa se, unha vez rematada esta, se reincorporará á empresa ou non.

O número ideal de traballadores acollidos a esta excedencia non serámaior de dous en ningún momento, édicir, non poderán coincidir nesta situación de excedencia máis de dous traballadores á vez. O traballador que fixese uso desta excedencia non poderádesfrutala outra vez ata transcorridos catro anos desde que rematase a anterior.

Para o non previsto neste punto aplicarase o recollido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Cláusulas adicionais: Primeira.-Mediante solicitude da central sindical correspondente e logo de conformidade do traballador, reteráselle a este o importe da cota de afiliación sindical, poñ é ndoa ádisposición daquela ou ingresándoa na conta bancaria que indique; deberá en cada caso sinalar o importe da cota que se vai reter.

Segunda.-Os traballadores que, por aplicación da cuarta quenda de traballo, non realicen o mesmo número de xornadas efectuadas durante o ano polo persoal de xornada partida, regularizarán a súa situación como máximo, nos primeiros quince días do ano seguinte; de tal forma que o traballador que, por aplicación de descanso ou outras circunstancias, exceda en días traballados dos do persoal de xornada partida, compensaráselles neses quince días primeiros do ano seguinte, como máximo, as xornadas ás que sexa acredor, e o persoal que non chegue a cumprir o número de xornadas anteriormente sinaladas do persoal de xornada partida, deberácomo máximo neses mesmos días, cubrir coa súa débeda de traballo coa empresa. Esta regularización non implica que en circunstancias singulares de común acordo a empresa e o traballador poida ser compensada doutra forma, tanto economicamente como en descansos alternativos ao longo do ano, no caso do traballador ao que a empresa debe obrigas pendentes ou, para o caso contrario, o chegar a acordos que permitan a prestación de traballos en distintas

épocas ás sinaladas dos quince primeiros días do ano seguinte.

Burela, 7 de xullo de 2004.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)