Convenio Colectivo de Empresa de FLEX EQUIPOS DE DESCANSO, S.A.U. (38003921012003) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

-. Convenio Colectivo de Empresa de FLEX EQUIPOS DE DESCANSO, S.A.U. (38003921012003) de Galicia

Tiempo de lectura: 6 min

Resolución do 24 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Flex Equipos de Descanso, S. A. U. (Diario Oficial de Galicia num. 24600 de 21/12/2000)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Ós que non tiveran acadado os 30 anos de servicio, rebaixarase a cantidade que lles corresponde polo seu grupo de cotización nun 2% por cada ano que faltase para os 30 anos mencionados, desprezándose para este cálculo as fraccións de ano.

Terá igualmente dereito a estas percepcións o persoal con xubilación anticipada e os xubilados con anterioridade a este convenio.

As cantidades expresadas son máximas e reduciranse como sexa preciso, para que, a cómputo anual e en cada caso os ingresos en réxime de xubilación na iniciación desta, non superen os ingresos medios en xornada normal, nos últimos tres meses en activo.

Licencias retribuídas. Artigo 18º As licencias retribuídas regularanse polo disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores coas modificacións que, en canto ós períodos de tempo e por determinados motivos se expoñen a continuación:

a) En caso de falecemento de cónxuxe 4 días naturais.

b) En caso de falecemento de pais, irmáns, fillos, fillos políticos, netos e avós: 3 días naturais.

c) En caso de falecemento de tíos carnais (afíns e consanguíneos) : 1 día natural.

d) En caso de enfermidade grave de pais, fillos e irmáns consanguíneos ou políticos e cónxuxe que requira hospitalización: 2 días naturais.

e) En caso de matrimonio de fillos ou irmáns, consanguíneos ou políticos: 1 día natural.

f) En caso de parto da esposa, 2 días laborables.

g) En caso de matrimonio do productor: 15 días naturais.

Ampliándose ata cinco días naturais nos supostos recollidos no artigo 37, epígrafe 3 B do Estatuto dos traballadores.

Roupa de traballo. Artigo 19º Proveranse os traballadores de roupa de traballo adecuada, segundo determina o artigo 88 da Ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica. O persoal que exerza funcións de distribución deberá utilizar roupa de traballo facilitada pola empresa.

Gratificacións voluntarias. Artigo 20º Todo o persoal afectado polo convenio referenciado percibirá ademais gratificacións extraordinarias ó ano dunha mensualidade cada unha ó persoal empregado ou 30 días para o persoal obreiro.

Estas pagas aboaranse na segunda quincena dos meses de marzo e setembro, a todo o persoal en cadro de persoal na data da súa concesión, na parte proporcional ó tempo traballado, comprendido retribución de convenio, antigüidade e devengo extrasalarial con carácter periódico.

Excepcionalmente e sen carácter de dereito adquirido para o futuro, a cantidade de 23.134 pesetas que se aboa na nómina do mes de agosto.

Préstamos destinados á adquisición de vivendas. Artigo 21º Establécese a concesión de préstamos ó persoal afectado polo convenio referenciado, ata unha disposición mínima dun millón cincuenta e seis mil setecentas trinta e cinco pesetas.

A concesión do préstamo vivenda regularase e distribuirá de acordo co regulamento elaborado para iso.

Bolsas. Artigo 22º Establécese unha dotación de 158.510 pesetas destinadas a compensar parcialmente os gastos de estudios, tanto dos productores como dos seus fillos.

A concesión das bolsas regularase e distribuirase de acordo co regulamento elaborado para iso.

Premios Artigo 23º Establécese un premio de nupcialidade único consistente nun colchón Flex Gran Flex de 135 cm.

Así mesmo, aboaranse premios de natalidade e da primeira comuñón consistente en 2.000 e 3.000 pesetas respectivamente logo de presentación de xustificante.

Pago nómina. Artigo 24º O pagamento da nómina efectuarase dentro dos cinco días laborables para efectos de fábrica, do mes seguinte ó período devengado.

Excedencias. Artigo 25º Con independencia de que se considere subsistente a normativa vixente sobre esta materia, se un traballador solicitase unha excedencia voluntaria ó abeiro deste artigo e a súa solicitude fose aceptada pola empresa, pasará á indicada situación nas seguintes condicións:

a) Aboaránselle 750.000 pesetas se a excedencia é por dous anos, 1.500.000 pesetas se é por catro anos e 2.000.000 de pesetas se é por tempo igual ou superior a seis anos.

b) Trala súa solicitude por escrito, conservará o dereito á reincorporación automática no mesmo centro de traballo ó termo da excedencia e no posto de traballo que determine a empresa.

Acumulación de horas dos delegados de persoal. Artigo 26º Conforme co establecido no artigo 68 do Estatuto dos traballadores, os delegados de persoal poderán acumula-lo crédito de horas, conforme os seguintes requisitos.

-Cesión total das horas dispoñibles a favor dun ou dous delegados de persoal.

-Que o cedente estea en situación de activo tanto no momento da cesión como no período cedido.

Dereito supletorio. Artigo 27º O presente convenio colectivo subsistirá integramente nos seus propios termos, durante todo o período da súa vixencia, agás que por disposicións legais de rango superior se estableceran condicións máis beneficiosas en materia de xornada de traballo, vacacións ou salarios en cómputo anual; caso este no que habería que aterse ó disposto nelas.

Absorción e compensación. Artigo 28º As condicións económicas fixadas no presente convenio, absorben e compensan as que existiran con anterioridade, calquera que sexa a natureza ou a orixe da súa existencia.

O exceso que puidera aínda existir trala publicación deste convenio computadas sobre base anual as cantidades recibidas, legal ou convencionalmente por tódolos conceptos excepto horas extraordinarias, manterase co mesmo carácter co que foron concedidas.

De igual forma, as melloras económicas que se establecen serán absorbibles e compensables cos aumentos de retribución que puideran efectuarse en virtude de disposición legal de rango superior ó presente convenio, facéndose esta compensación tanto por concepto como no seu conxunto.

Comisión paritaria. Artigo 29º Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes obrigadas, así como situacións de prexuízo que se ocasionen como consecuencia da interpretación ou aplicación das estipulacións contidas neste convenio, serán sometidas, obrigatoriamente e como trámite previo, á comisión paritaria que estará constituída por un vocal da empresa e un vocal titular representante dos traballadores, designados pola propia comisión deliberadora de entre os seus membros, que emitirán informe escrito das conclusións obtidas sobre o tema.

Convenio de Flex Equipos de Descanso S. A. U. A Coruña

ANEXOI-II

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)